domingo, 29 de outubro de 2017

Berrar nel monte.

E que esperades de min?
Estranxeiro na mía terra.
Escondendo linguas
                                     didos
                                                soños
como as mancaduras del leproso
que tapa el terrible secreto que lo condena.

Que esperades de min?
Morto del medo dos covardes
condo pasades ondiando bandeiras,
rompendo cristales,
levando xudeos
aló ben lonxe.
A aquelos países estraños
onde a terra non pesa embaxo dos pes,
onde a terra pesa enriba das cabezas.

Afuxo dos vosos ollos,
non vaia ser que sepades os meus secretos
e me acusedes coel dido.

Bruxa!
Bruxa!
Bruxa!

Que esperades de min?
Orfo de patria.
Orfo de futuro.
Orfo de vosoutros,
meus verdugos vecíos.

Que esperades?,
decídeme.
Que esperades?
Senón que me erga en rebeldía
berrando.
Berrando nel monte,
si,
pero berrando.

Mala soledade sufriría
se tamén eu mesmo me abandonara.

terça-feira, 24 de outubro de 2017

El "problema" catalán (en resposta a David Piñeiro).

Sr. David Piñeiro:

Non me gusta fer esto. Non me gusta escribir "cartas en respostas a", pero creo que é preciso ás veces, poer mouro sobre branco as cousas. Leo na páxina de Facebook de La Voz del Occidente un artigo sou titulado El problema catalán, e, como dirían os de Alguna pregunta més, "de moment, esto va molt malament". Pero empezo a ler. "¿Son los catalanes un pueblo superior con más derechos que el resto de los mortales de España?". Talmente parece que hai us que son os mortales de España e outros os mortales de Tanganica, con úa condición mortal distinta, porque os non nacionalistas tein úa referencia terriotorial perfectamente acotada que, oi, coincide coa del Reino de España, incruíndo prazas coloniales en África.

Ben, pois podemos dicir que os cataláis non sólo non son un poblo superior, senón que el catalanismo non avoga precisamente por definirse por úa hipotética superioridade. El que si son os cataláis (como lo somos os asturianos) é un poblo. Nin superior nin inferior, senón distinto. É úa constante del non nacionalismo español aludir a discursos de superioridade ou mesmo raciales que non sentimos nos discursos catalanistas. Máis al contrario, e el non nacionalismo español el primeiro en resaltar, como un aspecto negativo, a condición de txarnegos (ou charnegos, como escribe el non nacionalismo español) de líderes republicanos como Gabriel Rufián, por caso. Elo é, son os non nacionalistas españolesos que avezan a catalogar como non catalais aos que non teñan rancio abolengo.

Afirma, ademáis, que "se les ha dado el derecho a imponer una lengua cooficial", esqueicendo que tamén nos países del Estado con lingua oficial el castelán é úa lingua oficial, e é imposta. Esqueicendo que a imposición del castelán nel Reino é el única imposición dúa lingua fóra del sou ámbeto territorial. Ten muita coña que en Asturias, que nunca se esmoleceu porque NOS IMPOIN EL CASTELÁN en detrimento das nosas linguas, se esmoleza por úa suposta imposición del catalán en Cataluña. E é que, onde imos parar? Falando catalán en Cataluña, que barbaridade! Que digan esto en Asturias, onde nin el galego nin el asturiano están debidamente escolarizados, onde non é posible vivir en outra lingua que non seña la de Castela, é un insulto á intelixencia. Evidentemente, señor Piñeiro (ou debera castelanizar "Piñero" en honor a lingua patria?), se daquén quer traballar nel administración pública en Cataluña, é razonable que teña que saber catalán. Del mesmo xeito que se daquén quer opositar en Asturias debera saber asturiano e/ou galego. Por que? Porque eu, como ciudadano, teño dereto a que me atendan na mía lingua, a non ser ciudadano de segunda. Porque mal que lle pese (polo que leo nos comentarios) en Asturias non se falan falas dispares, fálanse dúas lingas, a lingua galega (non, en Bual non se fala asturiano) e a lingua asturiana (que non é máis distinta de Cangues a Uviéu de lo que poda selo a lingua castelana de Burgos a Logroño). Máis alá de eso, vostede si ten el dereto a falar castelán en todo el Reino, mesmo nos países onde esa lingua non 
é a propia, non como eu, que non teño dereto a falar galego de Asturias na mía propia terra. Pero deberá vostede entender a diferencia sustancial entre el sou dereto como ciudadano del deber del funcionario. Como ciudadano, vostede pode escoller, como funcionario, non. Del mesmo xeito que se eu oposito para un posto nel que se require úa titulación específica, non me podo queixar se non teño a titulación específica que se me require. Aparte de que el que vostede afirma, é falaz, al menos al que se refire al País Basco, onde en muitísimos postos non se require el basco.

Grande a súa preocupación pol "bable de laboratorio". Quixera eu saber se el sou castelán é "de laboratorio" ou se a súa vola de Burgos falaba nese castelán que vostede esrcribe... Señor Piñeiro, lamento dicirlle que el castelán que vostede gasta non lo vai sintir en ningún lugar de Castela, nin del mundo (non sendo previo paso pola escola). Respecto aos sous profundos desconocementos de filoloxía, non vou dicir nada que non dixera xa. 

Pero, el alarde non nacionalista español vai máis aló. Vostede non sólo ataca a diversidade lingüística e el dereto en igualdade ás linguas de España. Vostede, ademáis, fai algo insólito na esquerda española, desfaise en vivas á Guardia Civil e a Policía nacional, pidindo úa fusión nun mesmo corpo (non sabemos se civil ou militar), al tempo que non dedica nin úa letra a represión sufrida en Cataluña por defender as urnas, e é que para vostede hai que "dejar de hacer politiqueo  con lo realmente importante e inamovible, como es la integridad nacional, las pensiones , los derechos laborales o la libertad de expresión, por poner cuatro ejemplos". Bon, vexo que lle dá máis importancia a unidade nacional que a liberdade de espresión, visto que el sou posicionamento é col Goberno de España. E, qué cousas, ser independentista non é de esquerdas, pero alinearse con un Goberno de raigaños franquistas que quer acabar manu militari con colquera disidencia, el primeiro Goberno del Reino de España que ve al sou presidente nun banco de acusados, eso, é a esencia da esquerda. Ese transversalismo que de repente se contaxa de non ser nin de deretas nin de esquerdas, senón que se é un defensor de Rajoy por España e para España é a quinta esencia del republicanismo español.

Núa cousa estamos de acordo. A unidade nacional non é de esquerdas nin de deretas. Non é nin de esquerdas nin de deretas el independentismo (que, como el unionismo, pode ser tanto de deretas como de esquerdas), el que si é de esquerdas é defender el dereto a decidir, é defender a vontade dos poblos, porriba de caducas ideas nacionalistas (perdón, non nacionalistas españolas) decimonónicas coas que se xustifica colquer atropello contra a dignidade humana en nome da unidade da patria. Porque el que si é de deretas é el esencialismo. Ese "sempre foron e sempre serán españoles" é de deretas. Non, señor Piñeiro, dende a esquerda todo é discutible, as realidades nacionales son discutibles. España, Asturias, Cataluña, son discutibles, porque non, nin foron nin tein por que ser sempre. As naciois, señor, contruinse e morren. Algúas, como España, pasan toda a súa esistencia intentando construirse en vano, fracasando como proxecto aglutinador de vontades populares (eso é úa nación para os que non somos esencialistas) e reafirmándose namáis que pola forza. Pola forza policiaco-militar (seguimos sen saber se a unidade entre a Guarcia Civil e a Policía Nacional debe de ser militar ou civil), como se amosou el 1 de Outubre, con policías comportándose como paramilitares contra as urnas. Úa forza que se impoin vía xudicial, como el encarcelamento de persoas por defender úas posturas políticas (mencionei xa que el presidente al que vostede apoia estuvo nun banco de acusados por corrupción, pero non vai pisar cárcele nunca?). Úa forza que se impoin por vía político-xudicial, col 155. Úa forza que acabará impoéndose porriba das persoas, con sangre, quiciabes, porque, como diría el sou aplaudido Albert Ribera, impórtanos España, non as persoas. Porque enténdese que eso si debe ser de esquerdas, ou patriótico... Porque algús queremos construir un país (que nin é eterno nin indiscutible, cousas que temos os nacionalistas) para as persoas. Ah, claro, vostedes tamén... porque según a lóxica non nacionalista española, os que discutimos España non defendemos as pensiois, os salarios, os deretos laborales, as liberdades civiles... Os que calan ante as violaciois máis elementales de deretos civiles e políticos en Cataluña al tempo que aplauden (dende a esquerda, claro) a Albert Ribera, vostedes, son a flor e nata da esquerda de esta España que funde os sous raigaños en Atapuerca.

El problema non é catalán. El problema non é de Cataluña. El problema é del que entre ser español e ser mínimamente demócrata (xa non vou dicir de esquerdas), antepon ser español.


E ter que ler tales despropósitos nun periódico que presumía de ser a referencia da esquerda nel Occidente, é para mexar e non echar gota.

Reciba un saludo republicano e internacionalista.






Foto de Moisés Cima Fernández.

quarta-feira, 18 de outubro de 2017

De costo e tortellas.

Cheira a costo nas esquinas,
nos alentos clandestinos
embaxo das puchas rapeiras.
N
Y
La Corredoria.

Cheira a costo.
Cheira,
tamén,
a tortella
nas casas nas que esperan
as mais
polos fillos.
Fillos da terra.
Fillos del asfalto.
Carne de cañón.
Carne del Ikea.
Carne del cabalo.

Cheira a tortella
                            a leite
                                      a cuito.
Estou na casa.

Esta xente
de puchas estrañas
e rabia
            odio
                    medo
na mirada
é
a mía xente.
Mía patria.

segunda-feira, 7 de agosto de 2017

Soños pequenos.

Noite noiteira
con volo de andolía,
andolía pequena
como.úa vella-ceando
das que entraban nun tarro
para alumar os soños dos nenos
e acababan morrendo
como morren os paisanos.

Noite noiteira
de soños
               de sonos
de ollos abertos
por non ver el que hai dentro
                                           das coradas.

Noite noiteira,
noite de soños,
os grandes
                   xigantes
                                  babilónicos
de orlas
              corbatas
                             mercedes
e un rólex.

Noite noiteira,
noite de soños,
os pequenos
                      diminutos
                                       fraguelróticos
de chuchos
                    abrazos
                                  caricias
e ollos pechados.

E penso,
en que pensan os xigantes da que se deitan?
Ben sei que os enanos temos
noites de estrelas
e grilos cantando.

quinta-feira, 20 de julho de 2017

As cinzas de Babilonia.

Condo caera Babilonia
eu estaba alí.
Estaba alí
condo arderon as torres de ouro,
os palacios,
os reis.
Estaba alí,
condo ardeu Babilonia.
Caeume a cinza enriba.
Queimoume.

segunda-feira, 10 de julho de 2017

Socios para La Llegra.

Dende que La Llegra se constituíu na Madreña, primeiro, e na rúa del Postigu, despois, participei en maior ou menor midida (dependendo da situación persoal, dos ánimos ou desánimos...) neste proxecto que pode ter cousas amillorables (como colquera proxecto), pero que tamén é un proxecto que pode aportar abondo al asturianismo anguano.

Non hai ningún proxecto político que seña el único, a panacea, el salvador... Mais non hai tampouco ningún proxecto que sobre, que non aporte, que non sirva. Al menos, se lo hai, ese proxecto non é La Llegra. Ben de veces lamento que a militancia nel Eo-Navia estea baxo mínimos, mas penso e espero que pouco a pouco pódamos construir un espacio asturianista nel Eo-Navia e un espacio eonavieguista nel asturianismo, para establecer un disturso nacional firme que, entre outras cousas, asuma que el galego é úa lingua nacional de Asturias.

Pero non sólo na visión dun eonaviego eonavieguista, asturianista... senón na visión dun asturiano, é primordial que un espazo como La Llegra poda consolidarse na capital de Asturias e que podan xurdir máis noutros territorios. É primordial que pódamos atopar espazos de encontro, de traballo... 

Por eso La Llegra fae úa chamada para atopar socios, que eu faigo mía (con esta traducción). 

Ánimo e luita!




Campaña de Socios.

La Llegra, espacio da esquerda soberanista asturiana, naceu vai máis de tres anos como colectivo e dende hai máis de dous e medio desenvolve a súa actividade na rúa El Postigu Baxu de Uviéu. Para facelo non emprea ningún tipo de financiación pública, sinón que aposta pola autoxentión que se desenvolve a través da distribución de materiales, rifas solidarias, etc.



Todos os debates, presentacióis, proxecciois, campañas, a biblioteca, a cesión como espacio de reunión e traballo para distintas organizaciois... foron posibles grazas a vós. Máis de 140 persoas que apoiastes el crowfunding del entamo e que participastes aportando ideas, cedendo materiales ou, xinxelamente, pasando a tomar daqué.



Pero todo esto non dá abondo como para ter un pouco de seguridade económica, colo que colquera imprevisto faise un problema. Agora, para poder manter el local aberto e siguir coa actividade, pedímosvos ás que vos sintades parte del proxecto -e podades aportar daqué- que vos faigades socias.



As aportaciois van ser flexibles (5, 10€... al mes) e fáciles de fer. Deste xeito non queremos namais consilidar el espacio, senón tamén ter a posibilidade de apoiar a outras organizaciois da nosa redolada condo lo necesiten (campañes, represión, etc.). Tamén animámosvos a pasar polos concellos abertos e participar nos distintos eventos del espacio. El mellor xeito de fer que La Llegra siga esistindo é darlle vida!



Se ques ser úa das 35 (ou máis!) persoas que necesitamos para siguir con este proxecto, escrívenos a espaciulallegra@gmail.com ou por privado na páxina de Facebook para que deamos toda a información que necesitas.

Si quies ser una de les 35 (o más!) persones que necesitamos pa siguir con esti proyectu, escríbinos a espaciulallegra@gmail.com o per priváu nesta páxina de Facebook pa que te deamos tola información que necesites.


Grazas por anticipado a todas as que siguides e apoiades a nosa actividade. La Llegra é úa iniciativa del soberanismo asturiano para todas as que quiran disfrutala. Síntete parte!



quinta-feira, 22 de junho de 2017

Nel tren.

Todos os nenois estridentes suben en Pravia.
Todos baxan en Grau.
Ás veces,
onde seña,
suben pelegríos de acentos raros,
como el da maestra de música ucraniana
que sube en Nuviana
con un neno
con un gato.

Outras veces suben "asturianos"
de acebto neutro da tele ou
peor,
como hoi;
"jotiosea mira mi reloj de oro y mi banderita de España".
Nenois que son quen a rirse da xente que diz Xixón
ou dos paisanos con pucha,
ou das mulleres de mandil
gris
con florías rosas.

Queixanse davezo da FEVE,
elos
que non avezan a usala.
Será que esto en Madrid no pasa.

Nunca,
enxamais,
subíu naide de Al-Qaeda.
Debe darlles galbana.
Tanta coma min.

quarta-feira, 21 de junho de 2017

Partixas.

Hei morrer.
Hei morrer como morren os homes.
Tamén morren os cais,
os gatos...
Morre a raposa
e morren as ratas,
tamén as de dúas patas.

El caso é que eu,
como home,
hei morrer.

E vendrán as partixas,
os testamentos,
os choramiqueos desconsolados,
os choramiqueos impostados...
En fin,
el que pasa condo morre a xente.

Hei morrer 
e deixar legado.

A ti,
fillo,
deixoche a mía palabra,
quixera que firme.
Deixo el meu silencio,
para que escuites
máis que el que falas.

A ti,
filla,
deixoche el meu silencio,
para que medres.
Deixote a mía palabra
para que non la apague 
ningún fillo.

Deixovos meu amor,
todo voso.
Deixovos meu odio,
porque para romper cadeas
ides necesitar todo el odio
e ainda vai ser pouco.

Quixera deixarvos un lanzallamas
para que limpedes todo,
pero non teño.

Déixovos linguas,
tantas como para min tomei.
E un par de versos,
todo el que atesouro.

Non vos deixo nin un soño.
Todos os consumín,
consumíronme todos.
Non vos deixo nin un soño
para que señades libres
para soñar os vosos,
vivilos,
morrer por elos.

sábado, 17 de junho de 2017

Babilonia.

Dicían que era úa puta,
Babilonia.
Que qué culpa terán as putas
de lo que fora Babilonia?

Dicían que era un imperio,
Babilonia.
Un imperio
cua cabeza del ouro
das coroas
                    das moedas
                                           dos amos.
Col corpo del bronce
das espadas
                       dos helmos
                                             dos soldados.

Cos pes del barro
das galochas
                        das fames
                                           dos escravos.

Dicían de Babilonia
que caera por úa torre feita
núa cabeza emprendedora
pra chegar a Deus.


David
matou
a Goliat.
Féxolo por librar das tiranías dos xigantes
al sou poblo de pastores,
lindadores de fames
de pes enlamados.

David
matou
a Goliat.
Féxolo e erexiuse en rei.
Rei del poblo de Israel,
poblo escollido.

Dicían que iban vir us trompetistas,
que iban arrasar,
que iban caer os muros de Xericó.
Que iba ser la de Dios.
E
a Babilonia
estouparianlle os pes.
E esbarrumbaría.

Al final enlamaronlle un pouco a súa cara de ouro con barro e volvimos ser clase media. Y colorín colorado este cuento no ha acanado.

E
polas noites,
en soños,
volvo picar nos pes de barro.
Dese mesmo barro
del que fun tomado.

segunda-feira, 24 de abril de 2017

Memoria.




Un cementerio é un espacio de referencia. El espacio onde descansan os mortos, pero tamén a memoria dos poblos. É el camposanto, terra sagrada, en colquera relixión. Mesmo para a xente que non profesamos relixión algúa, os cementerios son espacios a respetar.

El mes de abril sempre é un mes nel que, nel Reino de España, se recorda a represión franquista e, con ela, as fosas comuis. Eu recordo de neno condo iba al cementerio de Mouguías que me chamara muito el atención úas cruces de ferro (ou ferralla) chantadas nel terrén de colquera manera. Chamábanme muito el atención porque estaban de colquera forma, todas mui xuntías. Al perguntar a daquén, a historia que me contou era que aí estaban enterrados os nenos que naceran mortos e os que morreran primeiro de seren bautizados. Col tempo souben que aquelo era a fosa común. Úa fosa que, polo que se vía, debía ocultar algúa vergonza, condo daquén sintíu a necesidade de contarlle aquela estraña historia a un neno. Parece ser que constan al menos dúas persoas enterradas alí nos anos da guerra (se mal non recordo, nel 36), un de 50 anos e outro de 30, un de Navia e outro de Viḷḷapedre (que tamén é curioso, pois Navia e Viḷḷapedre tein cementerios, non?).

Fosa común de Mouguías, coas cruces xa desaparecidas.


Os poblos esconden as súas vergonzas e é prohibido falar delas. Hai temas que a xente non quer tocar, hai culpas que expiar ou que esconder...

E aí siguíu a fosa común de Mouguías, calada. Hasta vai us anos. Hai us anos as cruces ferruñentas chantadas nel terrén desapareceron misteriosamente. Curiosamente condo el cementerio se tuvo que ampriar por falta de espazo... E condo hai un serio problema para fer nichos novos. E, úa vez máis, un manto de silencio cubre todo el que teña que ver coa fosa común de Mouguías. A fosa desaparece, deixa de ter nada que faiga entender que hai daqué aí, e pasa a ser un desos pedacíos de céspede del cementerio, desos espacios que non tein uso... Desos espacios que poden aprovetarse para levantar (e vender) úa filía de nichos?


As vergonzas dos poblos son difíciles de descubrir, naide quer falar delas... Pero máis difíciles son de cubrir, porque rescamplan. Os cementerios son espacios de referencia, nelos descansa a memoria dos poblos. E un poblo é fácil de comprender en véndose como trata al sou cementerio, á súa memoria.


segunda-feira, 17 de abril de 2017

Roxíos.

Roxíos é un lugar da parroquia de Bual que resulta realmente acolledor. E máis acolledor se el tou anfitrión é Quique Roxíos, úa desas persoas que traballan pola terra a pouco e a pouco, sen fer muito ruído nin grandes aspaventos, con tranquilidade.

É boa cousa visitar Roxíos, pero mellor cousa se a visita se dá por un feito que poderíamos considerar un fito histórico para a reivindicación lingüística, cultural e territorial deste país asturiano de fala galega. Ointe, sen grandes aspaventos nen feitos fundacionales, deuse un acontecemento que, sinceiramente, creo que vai ser recordado na pequena Historia da reivindicación lingüística del Eo-Navia. Un encontro en Roxíos entre distintas persoas (del Eo-Navia e de fóra del Eo-Navia) interesada por puxar por esta terra e por esta lingua. Cerca dúa treintena de persoas interesadas en asistir, anque por distintas razois sólo puidemos ser úa ventena, que non é, nin muito menos, un número despreciable. Persoas chegadas dende distintas sensibilidades, con distintas traxectorias e distintas culturas militantes, sentadas a úa mesa compartindo inquietudes.




A xornada comenzou tranquila, tomando úa caña nel Zángano. Despois dimos úa voltía por Roxíos, visitamos el molín de Quique, falamos cadaquén das súas cousas... Puiden falar con varias persoas un pouco sobre a historia da nosa reivindicación lingüística a finales del século XX, naquelos anos 80-90 nos que a xente del Eo-Navia empezou a reivindicar un espacio para a súa lingua. Despois, na mesa de debate falaríamos más en serio daquelo. Xantamos. Xantamos de maravilla, e é algo que hai que agradecerlle a Quique a á súa familia, a espléndida acollida que nos deron. Na xanta, obviamente, tamén falamos. Eu puiden falar con xente interesante sobre atlantismo e celtismo e sobre a Lusofonía e el marco interesante que supón para Asturias, non sólo para el Eo-Navia, sinón para Asturias nel sou conxunto. Mesmo acabaron salindo ideas de poder traer a Bual artistas portugueses que mesmo poderían atraer prensa portuguesa... e poñer un pouco el Eo-Navia nel mapa lusófono.


E despois de xantar subimos al salón e xa, máis organizadamente (Nedi Mallada dirixiu mui ben todo el debate, de forma que encamiñou sempre el que falábamos a buscar puntos de encontro e úa análise positiva) falamos del que nos preocupaba. Úa análise da situación que non por repetida foi menos interesante. Saliron as principales preocupaciois, a perda da fala e da transmisión xeracional, a non presencia da nosa lingua nas administraciois, na RTPA, nas empresas... Mesmo a falta de traballo e el despoblamento (se non hai xente, non pode haber falantes), a falta de proxectos culturales e económicos, a necesidade dun selo de calidá asemellado al Euskolabel ou a Galicia Calidade, a falta de previsión agropecuaria (problemas como el da avespa asiática ou a polilla guatemalteca que están mermando el agro)... Pero tamén se falou del potencial que a sociedade civil ten para traballar estos temas. Falouse de que a propia sociedade civil pode impulsar cousas, que a propia sociedade civil pode etiquetar en galego, que a propia sociedade civil pode organizarse. Prantiouse tamén (aquí é onde sí houbo máis diversidade de posturas) el apertura da nosa realidade a Galicia e, máis en particular, á Galicia máis inmediata. Prantiouse tamén el galego como lingua de Asturias, non sólo del Eo-Navia (falando da Xunta Xeral, da RTPA...).

Féxose un pequeno repaso á historia da reivindicación lingüística, xente que vivíu en primeira persoa esa reivindicación nos 80-90 recordaron cómo xente que vía que nel Estatuto de Autonomía se ignoraba el galego-asturiano e el Principado levaba úas políticas lingüísticas caóticas, se organizaron e cómo empezou a haber dalgúas diferencias, cómo el movemento se polarizou en dúas normas e cómo finalmente a Lei de Uso del 98 incluíu el galego-asturiano na lei asturiana. Había, e é importante, na sala usuarios das dúas normas. E se algo importante tuvo, para min, este encontro, foi a máxima de «non repetir os errores dos 90», e con elo ter claro que aquí estamos todos luitando pola nosa terra e a nosa lingua. Esa máxima, xunta a máxima de que non é obrigatorio que téñamos todos úa mesma visión da lingua, nin us mesmos ámbitos de actuación, nin úas mesmas análises, foron el que fixeron posible que, independentemente de que esas análises fosen úas ou outras, non esistira ningún conato de confrontación entre as persoas que alí estábamos.

Esta foi úa primeira toma de contacto despois de muitos, demasiados, anos de silencio nel Eo-Navia. Non estaba na axenda, nin podería estalo, alcanzar grandes acordos fundacionales (non era el propósito, pois sería irreal), pero foi úa primeira toma de contacto importante, mui importante. Sen aspaventos, con suavidade. É algo que se prantiou, para este encontro e para el futuro, «necestiamos establecer as relaciois na amabilidade», el futuro desta terra, da reivindicación da lingua, da cultura, da economía, del territorio pasa, imprescindiblemente, pola cordialidade. E quedou pendente que non fora un encontro para el recordo, senón un encontro para el futuro, el primeiro encontro doutros muitos que han chegar, enchendo de contido esta toma de contacto que foi profundamente frutífera para poñernos cara e acercar posiciois.

Non podo estar máis contento. Este día ha quedar gravado na Historia del Eo-Navia. Un Eo-Navia que boliga, que non morre, porque hai quen puxe por él.



sexta-feira, 14 de abril de 2017

Adaptabilidade.




Máis ou menos, el mesmo artigo pode verse en LSE aquí.


Construir Asturias é construir úa Asturias igualitaria, onde todos os que habitamos Asturias séñamos iguales, sen importar el orixe, a idade, el sexo, a orientación, el xénero... ou as capacidades de cada un.

Vai pouco estuven con úa persona xorda nel HUCA. Debera ESCANDALIZARNOS que as administraciois públicas non teñan intérpretes de lingua de signos. Non hai úa administación en Asturias que los teña. Debera escandalizarnos que seña el propio usuario quen teña que encargarse de buscar un intérprete. Intérpretes que ufertan fundaciois privadas (por máis que teñan concertos col Principado), nel caso que nos ocupa úa fundación del Bispado, a Fundación Padre Vinjoy. Pode ser grave que non haxa intérpretes nas instituciois públicas, pero máis grave é que as instituciois públicas, e en concreto el HUCA, non poña nada del sou lado para el traballo dos intérpretes. Porque parece que é IMPOSIBLE saber a qué hora un médico vai fer a súa visita para poder avisar con tempo al intérprete para que estea presente, porque, en palabras das enfermeiras, «esto no se sabe, ellos vienen... cuando vienen». Dá igual que espriques que hai que avisar a un intérprete. E é que parece que os enfermeiros e os médicos del HUCA, por algúa razón que non soi a enteder, pero que me parece gravísima, non se comunican. En todo momento os enfermeiros dan a entender que non saben nada dos médicos e os médicos dicen que non sabían que necesitabas úa adaptación especial, apesar que llo espricaras aos enfermeiros cinco veces. Se para úa cousa tan xinxela a comunicación entre enfermeiros e médicos é tan difícil... Que pasa para cousas compricadas? Cómo podemos esperar que haxa un tratamento médico adecuado condo parece que os médicos e os enfermeiros non se falan.

Aparte deixamos cuestiois como que as televisiois dependan dúa empresa privada, que se lucra por minuto que el pacente ve a tele (e as estancias largas encamado poden ser mui aburridas). Televisiois que nin tein audiodescripción para as persoas cegas nin subtítulos para as xordas. Aparte deixamos que os servicios sanitarios ás veces parecen tratar á persoa xorda como menor d’idade, asumindo que non tein capacidade para entender, xa que non se pode comunicar. Pero obvian que, se ven e verdade que a persoa xorda non pode comunicarse oralmente, elos, ouguintes, non son quen a comunicarse por signos, polo que a falla de comunicación está dos dous lados. Ou mellor dito, está do lado dúa Administración que non ten interés ningún en comunicarse colos pacentes, en espricar el que padecen de forma que el pacente seña a entendelo (e esto vale para xordos e para ouguintes), dito doutra forma, que parece que quer el usuario seña obxecto pasivo. Igual é que non queren que falemos?


Non pode enchérsenos a boca de integración condo os casos de discriminación activa son constantes e naturalizados. E tamén nós, os soberanistas, temos que fer desto a nosa luita, para que as persoas que forman parte da nosa sociedade señan, percisamente, soberanas.

República Asturiana.

Úa das primeiras manifestaciois ás que fun en Uviéu (quitando as del Día das Letras Asturianas) foi vai anos, non recordo cóntos, contra a Constitución e a monarquía. Non era sensu stricto pola República Española nin pola República Asturiana porque convocaban, conxuntamente, el PCPE e Andecha Astur.

Eu collín a mía bandeira tricolor, enfundeila al pescozo e pranteime alí, hasta que vin aparecer us rapaces del PCPE e axunteime a elos, pois, recén chegado a Uviéu, non conocía a naide. Aquela bandeira da República Española mercárala na tenda da Feve, el mesmo día que me instalei en Uviéu. Estuvera comendo colos meus pais na casa e xa vira (nalgún daquelos viaxes prévios a instalarme) aquela bandeira, asina que decidín que úa das primeiras cousas que fixera naquela nova vida na capital tía que ser mercar esa bandeira (que me costara 14€, einda lo recordo, falo del ano 2003). Naturalmente xa fora a muitas manifestaciois en Navia e ás manifestaciois pola lingua que pudera haber en Uviéu, pero a primeira manifestación á que iba desque me instalara en Uviéu foi esa.

Alí me prantara eu, coa mía bandeira da República Española, que eu daquela chamaba, a secas, republicana, depois dinme conta de que bandeiras republicanas hai muitas, colquera que represente a un estado que se constituia en República, sen ir máis aló.

E prantárame coa mía bandeira republicana e colos meus idearios asturianistas e sintínme nel meu lugar. Despois militei en distintos sitios. Militei sobre todo na reivindicación lingüística, pero tamén na política. Empecei a militar (sería nel 2007) en Mocedá d’Izquierda Asturiana (MIAS) e, con elo, en Izquierda Asturiana (IAS). E alí, en aquelas organizaciois soberanistas, defendía úa postura federalista. Un Estado asturiano dentro da República Federal Española. E, como hoi, defendía tamén el municipalismo, pois nin entendía nin entendo a posibilidade de descentralizar España pero non descentralizar Asturias.

Bandeira dos Estados Unidos Esta é tamén úa bandeira republicana.

Conocín e conozo muitos asturianistas federalistas, pero, a verdade, é que non conocín a ningún republicano asturianista. Esprícome. Toda a xente que conocín (veinme varios nomes á cabeza) que postulaba el mesmo que eu, aquela República Federal Española na que Asturias tuvera capacidade de gobernarse a sí mesma, orbitaban en torno al movemento asturianista, porque al final non nos sentíamos cómodos nun movemento republicano que, na teoría, defendía os nosos deretos como poblo, pero que na práctica estaba controlado por el PCE, as JCA, as UJCE... xente a la que non era raro verlles un bico de desagrado ou de burla condo un falaba, fora en asturiano, fora en galego (que tamén nel movemento republicano español de Navia sintín aquelo).

E é que un esforzouse muito por ser español, por querer a España. Un fexo esforzos grandes por integrar un discurso asturianista dentro de España... Pero España e el españolismo, tamén el españolismo republicano, sempre botou a un para fóra. É úa esperiencia que, falando con outra xente (esos nomes que me vein á cabeza) se repetíu sistemáticamente. E é que os asturianistas federalistas que conocín, ou abandonaron el federalismo ou abandonaron el asturianismo (que tamén los houbo). Algún integrouse dentro de IU e apostou por asturianizar a formación. Persoalmente admiro muito a esos compañeiros. Eu estuven a punto de fer el mesmo (mesmo fun de interventor á mesa electoral de Ortigueira por IU), pero precisamente falando con esa xente dinme conta de que el asturianismo é, para esquerda española, a nota de color. Sen que esto seña un cruce de acusaciois, podemos ver cómo, por caso, el proxecto asturianista de IU (Faciendo País) nun chegou a esporpollar, pesie que era un proxecto político que ben de xente (xente dentro de IU e xente, como eu, fóra) víamos con mui bos ollos.

Recordo a manifestación que se improvisou condo abdicou Xoan Carlos I (traduzo el nome pola mesma razón pola que falamos de Isabel II e non de Elisabeth II). Despois viron distintas movilizaciois... Un amigo independentista e eu (que de aquela era federalista) chegamos a un conceyo republicano, para ver el que se falaba, e prantiábanse varias datas. A que máis se postulaba coincidía coel Conciertu pola Oficialidá, que a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana levaba meses preparando. «Bueno, ¿pero qué es más importante, el bable o la República?», «¿podrían cambiar ellos la fecha del concierto?» (un concerto que levaban meses preparando e que, obviamente, non se podía cambiar), «Pueden adelantar el concierto y despues venir a la mani» (mani que era en Uviéu e el concerto en Xixón), «oye, que a mí también me gusta en bable, que soy de Felechosa, rapaz» (en ese mesmo momento lamentei non ter úa pistola), «sí, sí, para contentar a todos podemos poner la pancarta también en bable» (mais pistolas, por favor). Falábamos dúa movilización que non estaba sendo unitaria nel Estado, que en Asturias quería ferse coincidir coa de Madrid, pero que en outros sitos iban ser un día antias ou un día despois. Nese mesmo punto entendín que non, que el republicanismo federal non iba a ser nunca asturianista. Que non, que el federalismo é un proxecto político pol que xa naide aposta. Os antiguos federalistas foron posicionándose, us hacia el soberanismo, outros hacia el centralismo.

E pouco a pouco fun vendo que el republicanismo español acaba sendo úa reivindicación da II República, non da III República. Que a III República habería ser úa reidición da II, ou, lo que é máis cutre, a mera ausencia de rei e recuperación da bandeira tricolor e el escudo coa coroa mural, pero el mesmo modelo social e de estado que temos hoi.


E hoi, 14 de abril de 2017, as redes sociales de amigos énchense na señardade daquela II República e nel recordo dos represariados (sen fer muito exercicio en estremar entre republicanos, comunistas, anarquistas, trostkistas achuquinados pol PCE, independentistas...). Non imos negar el que supuxo a II República. Nin lo bon, nin lo malo, nin a reforma agraria, nin que os agraristas de El Aldeano de Castripol queixáranse de que aquela reforma era prantiada para as necesidades de Castela e non para las de Asturias, nin á República que nel 36 confrontou el fascismo nin la que nel 34 (Lerroux tamén era república) foi fascista. Pero, en definitiva, non imos esqueicer a todos aquelos vellos republicanos que aínda hoi buscan aos sous mortos. Non imos esqueicer a aquelos que defenderon á democracia, non imos a esqueicer que a República si supuxo un avance en laicismo... Pero non, non imos ser señaldosos, non imos obviar que os proxectos políticos del século XXI tein que mirar para el século XXI, non imos esqueicer que, entre os que hoi enabolan a bandeira tricolor en Asturias, cóntanse colos didos dúa orella os que tein un proxecto asturianista, os que non fain un seguidismo absoluto de Madrid. Como dicía Purna núa campaña de vai us anos, hai que retomar «viellas valors ta nuevos prochectos».



domingo, 5 de março de 2017

Noites de grilos.

Hai noites que son luz.
Outras,
en cambeo,
son escuridá.
Hai noites frías,
noites cálidas,
noites de torbuada,
noites de xelada
e noites de grilos tolos
berrando desesperados
por safarse del calor que los abrasa.
E hai homes fatos
que pensan que cantan
alegrías estivales,
os grilos.


Os grillos visten de mouro.
Parecera que andan enluitados.



quinta-feira, 23 de fevereiro de 2017

Fazer caminho.

Vai pouco puxéronse en contato comigo para escribir un artigo para Sermos Galiza, que estaban amañando un semanal que titularon O galego no exterior, Eo-Navia, Bierzo e As Portelas (anque a ese punto habería que poñerlle muitos peros, xa que en realidade el galego, galego-portugués, portugués... fora de Galiza fálase en muitos sitios máis que en Asturias, El Bierzo e As Portelas de Zamora, ademais de que el termo exterior non é el que eu usaría, por galegocéntrico, para falar desta lingua común). Pidíronme un artigo de 2.000 carácteres sobre el galego-portugués falado nel Eo-Navia, algo que teño que reconocer que me costou pola mía pouquísima capacidade de síntesis.

Condo me prantiaron escribir un artigo xurdíronme dúas dúbidas. A primeira, sobre que escribir. Ben, tía claro que a temática era el galego asturiano, pero non sabía mui ben que contar, tendo en conta que tía que ser escueto. Decidín falar del que me parece úa urxencia, a necesidade de xuntar esforzos. E decidín dar úa visión reintegracionista, a visión que levo tempo defendendo (aquí e, máis claramente, aquí e aquí, podedes ler a mía xa conocida opinión). E eso levoume a mía segunda dúbida, que normativa iba a usar? E é que este blogue xa conocéu varias grafías, as Normas ortográficas del gallego-asturiano editadas pola Academia de la Llingua Asturiana, úa grafía propia transitoria á espera de dalgúa nova proposta, e a grafía que uso agora, as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias (editadas en Eilao en 1990 pola Mesa pola Normalización del Galego de Asturias e a cultura da comarca - MDGA). Con todo, a mía postura é reintegracionista (xa espliquei que aposto polas normas da MDGA por úa cuestión táctica, pero que a estratexia a medio prazo sería reitegracionista). Asina que había dúas opciois, apostar por usar a norma que veño usando aquí, a da MDGA, ou úa grafía que pudera ser netamente eonaviega (entendendo dalgús discursos reintegracionistas que se dan en Galiza que se prantían precisamente úa forma reintegrada que non por eso deixe de ser galega).

Se aposto por esta grafía da MDGA por úa cuestión táctica para el Eo-Navia, non é menos certo que aposto, en termos estratéxicos, por úa grafía reintegracionista, asina que non foi tan difícil apostar por úa grafía reintegracionista (colos consellos dun bon amigo filólogo) para úa publicación non eonaviega. Úa grafía que espero e conto incorporar a pouco e a pouco nun proceso reintegracionista que pode ser lento pero é imparable.

E este foi el artigo que escribín, apostando por úa maior comunicación entre Asturias e Galiza, e entre Asturias e a Lusofonía.





Fazer caminho.


Pidem-me que escreva sobre o galego das Astúrias, e pidem-me que o faga nom polos meus conhecementos linguísticos, senom pola minha militança política na reivindicaçom lingüística. Ũa militancia da que de posturas ilhacionistas fum cambiando ás posturas reintegracionistas que podedes intuir na minha grafia, se bem é verdade que a sociedade asturiana e a sociedade eonaviega (o Eu-Návia, as Astúrias de fala galega) nom evolucionam os seus discursos nem o mesmo ritmo que eu, nem na mesma direçom necesariamente. Tampouco tenho nada claro que comparta os discursos do galeguismo, reintegracionista ou nom.

A sociedade do Eu-Návia nom asume que fala galego. Nom o asume porque teme que isso suponha renunciar à sua identidade asturiana (e muitas vezes o galeguismo linguístico e político ajudou a fomentar este medo). Isso dificulta a difussom do reintegracionismo, razom pola que eu normalmente uso a norma da MDGA (ũa vez descartada a norma da ALLA e a filosofia que conleva).  Apartir daí o que diga a ciência importa pouco a niveis de normalizaçom. E nom podemos esperar que as Administrações assumam um papel protagonista na normalizaçom nem na normativizaçom da língua (isso seria normal num pais onde o autoódio nom fosse tam patentente). A iniciativa tem que toma-la a sociedade civil comprometida. O galeguismo tem um normal interesse na língua comum, e o asturianismo tem um interesse normal em que as línguas das Astúrias se normalicem. E isso só se pode traduzir nũa colaboraçom e num múto conhecemento entre os dous paises e os dous movimentos dende o respeito e a irmandade, sem vitimismos nem paternalismos. A pergunta é se seremos quem a facê-lo ou nom. Eu tenho ũas esperanzas moderadas, mas esperanzas, ao fim, e estou disposto a trabalhar nesse caminho e sei bem que como eu hai muitos dispostos a anda-lo, assim que adiante.