quarta-feira, 29 de setembro de 2021

Oficialidade plena prá nosa lingua.


1. El asturiano y el galego-asturiano, como linguas propias d'Asturias, tein, col casteyano, el carácter de linguas oficiales.

2. Os poderes públicos d'Asturias, atendendo á realidá sociolingüística del asturiano y del galego-asturiano, tein que garantizar el dereto a conocelas y usalas.

3. Úa lei da Xunta Xeneral vai afixar os términos y ámbitos territoriales del uso oficial das linguas propias d'Asturias y ha establecer as zonas d'uso predominante d'entrambas.

4. Ningúa persona vai poder ser discriminada en Asturias pola lingua que libremente escoya pra comunicarse.


Ésta é a proposta que presentaron conxuntamente a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) e a Plataforma pola Oficialidá del Galego-Asturiano prá reforma del Estatuto de Autonomía de Asturias que se presenta sobre a mesa nestos momentos.


Frente a esta proposta, féxose pública a proposta de Adrián Barbón aos grupos parlamentarios da Xunta Xeral prá «declaración de la oficialidad de asturiano, con un tratamiento similar para el eo-naviego (sic.) en su exclusivo ámbito territorial, con previsión de que una ley de la Junta del Principado de Asturias regule el uso oficial y la protección del asturiano y del eo-naviego. Se tomaría de base el artículo correspondiente del Estatuto de Autonomía de Galicia».


Non é difícil ver que hai úa diferencia relevante entre as dúas propostas. Por úa banda temos úa proposta de oficialidade que non estrema entre ámbitos territoriales e fala das dúas linguas como linguas propias de Asturias, e deixa a cuestión da política lingüística territorial pra úa posterior lei na que se poda filar máis fino. Por outra banda temos úa proposta que relega á nosa lingua al sou ámbito territorial, pero non relega al asturiano al sou (tal fora que úas linguas tein ámbitos territoriales e outras non).


Por otro lado non é menos importante que mentres a Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana e a Plataforma pola Oficialidá del Galego-Asturiano usan el termo galego-asturiano, Adrián Barbón acolle plenamente el termo eonaviego que a Academia de la Llingua Asturiana ven promocionando sustentándose núa falsa popularidade (que, nel colmo del que é non saber el que se fai, renoman como eo-naviego).


Ben é verdade que a Plataforma pola Oficialidá del Galego-Asturiano e a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana falan del galego-asturiano e non mencionan nada sobre a súa filiación lingüística (colo que trae consigo prá apricación, especialmente, nas instancias estatales), pero non compartindo con elos postura, é comprensible que me sinta máis cerca da proposta da Xunta e da Plataforma que da proposta de Barbón (podemos dicir que a proposta da ALLA?, al menos no que refire al glotónimo, si).


Oficializar a nosa lingua en todo el territorio asturiano é vital pra garantizar os deretos dos falantes. Por qué? Entre outras cousas porque el Eo-Navia non é centro político nin de poder.


Imos poer un caso pra entendéremonos. Un paisano de Ribadeo vai nel coche dirección a Lourenzá e en Barreiros poinlle úa multa que él considera inmerecida. Pode tramitar na DXT (administración estatal) el sou recurso en galego, porque nel sou ámbito territorial (Galicia), el galego é oficial. Agora ben, a este señor a multa chégalle condo iba a Uviéu e a multa puxeronlla en Xarrio, en Cuideiru ou en Avilés. Este señor non pode recurrir en galego ante a DXT asturiana (aínda que é a mesma administración estatal), como non podería recurrir en galego se a multa lla poin en Madrid ou en Zamora. Porque? Porque estos ámbitos territoriales el galego non é oficial. Esto é, un ciudadano español pode ser atendido en galego nas instituciois españolas que estean radicadas nel ámbito territorial de Galicia. Evidentemente, lo mesmo no que se refire ás instituciois autonómicas galegas.


Tanto se falamos de intituciois autonómicas como se falamos de instituciois estatales, Asturias divídese administrativamente de distintos xeitos dependendo da administración ou del servicio del que falemos. Asturias divídese en distintos concellos, pero tamén en distintos partidos xudiciales, en distintas áreas sanitarias, en distintas comarcas orientadas al turismo, en distintas mancomunidades... 


Se falamos dos partidos xudiciales, no que toca al Eo-Navia temos úa serie de concellos nel partido xudicial de Castripol, estos ciudadanos, oficializándose el galego asturiano nel sou ámbito territorial, poderían ir al Xulgado de Castripol e tramitar el que fose en galego asturiano. 


      Partidos Xudiciales de Asturias.


Agora ben, os ciudadanos de Cuaña, Bual, Eilao, Navia e Villaión (destos dous concellos imos falar máis tarde) que forman parte del partido xudicial de Valdés e os ciudadanos de Ibias e das parroquias galego-falantes de Allande (tamén falaremos máis tarde de Allande) pertenecen aos partidos de Cangas e Tinéu, respectivamente.

Cuando un vecín de Cuaña teña que xestionar daqué nos Xulgados de Ḷḷuarca, vai considerarse fóra del sou ámbito territorial?


Capitanías Marítimas de España.                    


Asturias tein, ademais, dúas Capitanías Marítimas, la de Xixón e la de Avilés, a la que pertenecen os portos del Eo-Navia. Avilés queda fóra del ámbito territorial del galego-asturiano. Van poder xestionar os marineiros da nosa terra en galego documentos en Avilés?


Áreas Sanitarias de Asturias.        

Probablemente a división territorial máis conocida en Asturias seña la das áreas sanitarias. En Asturias temos oito áreas sanitarias, las dúas del Occidente tein el Hospital Comarcal en Xarrio e en Cangas, respectivamente. Coel modelo de oficialidade que propón Barbón, el asturiano oficial en toda Asturias e el galego nel sou ámbito territorial, un vecín de Ḷḷuarca habería ter garantizado al uso del asturiano nos sous trámites coel Hospital de Xarrio, pero un ciudadano de Berducedo ou de Ibias non sabemos se iba ter esa posibilidade en el Hospital de Cangas, xa que en Cangas el galego asturiano non iba ser oficial. Se cada lingua fose oficial namais nel sou ámbito territorial el ciudadano valdesano iba ter el mesmo problema pra ser atendido en Xarrio, por eso é importante que as dúas linguas señan oficiales en todo el territorio.

Por outra banda, no que toca al tema sanitario, temos oito áreas sanitarias cos sous correspondentes Hospitales Comarcales, pero temos que ter presente que hai úa área sanitaria (a IV, Uviéu) que non ten por cabeza un Hospital Comarcal, senón el Hospital Central Universitario de Asturias, esto é, el hospital de referencia de toda Asturias, aínda que el presidente Barbón non pensou nelo condo escruíu á nosa lingua del monumento El Tejo de la Memoria/El Texu de l'Alcordanza, nel HUCA, e nel HUCA, precisamente, por ser el hospital central.



Poderán os ciudadanos del Eo-Navia ser atendidos na súa lingua nel Hospital Central? Van dotarse de medios pra que eso poda ser asina? Ou vai depender todo da voluntade del funcionario de turno?


El Eo-Navia é un territorio fundamentalmente rural, e esto implica que é un territorio que depende doutros ámbitos territoriales pra acceder a determinados servicios administrativos. Os nosos ciudadanos actualizan el sou DNI en Ḷḷuarca (imos poder xestionalo na nosa lingua?). Os nosos mozos estudian na Universidade de Uviéu (e al distrito universitario uviedín pertenecemos), que non ten ningún campus nin facultade nel Eo-Navia (vai quedar a nosa lingua fóra da Universidade?) e, apesar de que hai ben de documentos que podemos xestionar nel Eo-Navia, non poucas veces temos que felo en Ḷḷuarca (onde temos as oficinas de Facenda, por caso) ou mesmo en Uviéu (hai documentos catrastrales que non se poden xestionar en Castripol, por caso). Os nosos vecíos son, cuando hai que felo, desprazados del hospital de Xarrio al HUCA, e muitos delos tein como hospital de referencia el de Cangas, onde el galego asturiano parece que non vai ser oficial, os nosos marineiros xestionan os papeles en Avilés... Os concellos del Eo-Navia divídense entre cuatro partidos xudiciales, pero namáis un ten a cabeceira nel Eo-Navia, e non temos nin úa sola facultade.

Por ese motivo, falar de ámbitos territoriales é non reconocer os nosos deretos. Al final imos estudiar a Uviéu, xestionar papeles a Ḷḷuarca ou a Avilés, ser atendidos nos hospitales (salvo nun), renovar el DNI... fóra del noso ámbito territorial, como el ciudadano de Ribadeo que tía que recurrir úa multa en Madrid, pero nós nas propias instituciois que nos son de referencia territorial.

Falábamos arriba de Navia, Villaión/Viḷḷayón e Allande. E é que estos concellos (tamén en Ibias se pensamos na parroquia da Estierna) entran dentro dos dous ámbitos territoriales. Vai ser el asturiano oficial tanto nas parroquias asturianofalantes como nas galegofalantes destos concellos e el galego nas parroquias galegofalantes? Van ser as dúas linguas oficiales en todo el concello de Navia, en todo el concello de Viḷḷayón, en todo el concello de Allande e en todo el concello de Ibias ou vai ser cada concello quen decida se entra nel área galegofalante ou nel asturianofalante? Imos entender como concello galegofalante Navia porque a capital lo é e como concello asturianofalante Allande porque La Puela lo é? Hai pensado dalgún tipo de política concreta pra estos concellos?


Cuál é a razón pra que non señan oficiales as dúas linguas en tódala Comunidade Autónoma? Daquén podería prantiar que non ten sentido rotular en galego en Morcín, pero por un lado, eso non vai pasar, por otro lado, significa que non é absurdo rotular en asturiano en Santiso? Se el razonamento pra que el galego non seña oficial nel conxunto de Asturias é que non é lingua propia nel conxunto de Asturias... Non tería sentido emplear ese mesmo argumento coel asturiano? Ou acaso el asturiano é lingua propia en Grandas?

Entender el asturiano como lingua propia de Asturias e el galego (eonaviego/eo-naviego/fala) como esa outra lingua que está nel sou ámbito territorial é entender que el discurso de asturianía pode ferse en asturiano pero non en galego. Non é eso un xeito de dicir que somos menos asturianos? Porque al final, se a nosa lingua non vale pra articular un discurso de asturianía...







Pensemos non solo nos ámbitos territoriales que se cruzan e se reviran según qué división de Asturias téñamos. Pensemos na proxección esterior de Asturias. Son ben conocidos os selos de calidade Galicia Calidade ou el EuskoLabel. Selos de calidade cos que a sociedade galega ou a vasca presentan fóra das súas comunidades os sous productos na súa propia lingua, identificando asina el producto coel territorio a través da lingua. Nel caso asturiano temos Alimentos del Paraíso, un selo que pide a gritos que lo refaigan. Entendemos que neste tipo de proxecciois de Asturias al esterior namais caben el castelán e el asturiano? Al cabo, tal parece que el eo-naviego non é úa lingua propia de Asturias... Qué efectos ten esto na autoestima dos falantes de galego de Asturias e, da mao, na normalización da nosa lingua?


Ábrese en Asturias un proceso esperanzador, pero chen de dúbidas. Tanto pral asturiano como pral galego (todos os discursos da non obligatoriedade que deben fernos saltar as alarmas), pero especialmente pral galego, onde nin sequera aquelos que parecen defender a oficialidade nos defenden (léase Adrián Barbón, pero igual tamén temos que pensar en personas relevantes del PSOE nel Eo-Navia, especialmente aquelos, e aquelas, que tein a alcaldía del sou Concello). Non pode ser que a oficialidade asturiana seña úa oficialidade de mentira. Non levamos tantos anos tirando por esto pra conformarnos coa primeira cousa que nos dean. Pero, especialmente, non podemos aceptar que se faigan diferencias entre modelos de oficialidade praos falantes de asturiano e de galego. Que se alcancen mui poucos deretos pra us, pero ningún dereto real pra outros. E non pode ser que el movemento de reivindicación lingüística lo apoie.

Soi mui conscente de que a actual situación é filla da belixerancia de dalgús sectores del Eo-Navia tuveron e tein hacia todo el que soara a galego (neste sentido non acabo de entender qué aporta que a lingua se chame eonaviego ou galego-asturiano a quen prantía que a nosa lingua ten que normalizarse como úa realidade lingüística aislada). Pero, dende as discrepancias, a proposta de oficialidade en todo el territorio das dúas linguas de Asturias que propoin tanto a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana como a Plataforma pola Oficialidá del Galego-Asturiano é a mesma proposta que eu defendo, e que defendemos muitos, aínda que pódamos discrepar noutras cousas.

Por esa razón, aínda que seña con espíritu crítico, penso que aquelos que defendemos el galego de Asturias temos que estar presentes na manifestación que el sábado 16 de outubre convoca a XDLA na Estación del Norte de Uviéu. Porque a proposta que presentan é la da oficialidade das dúas linguas de Asturias en todo el territorio asturiano e presentan a idea de que el galego-asturiano é úa lingua propia de Asturias, al tempo que, aínda que non reconozan a filiación lingüística del galego de Asturias, opoinse como eu a esta campaña del eonaviego que non tein outro fin que el de invisibilizar a nosa lingua.

Por esto eu vou estar na manifestación, como outros eonaviegos. Pra levar, tamén ás rúas, a nosa voz propia.




terça-feira, 7 de setembro de 2021

Asturianía de tódalas Asturias.

Chega el día de Asturias e parece un tópico xa neste blog escribir daqué en relación a esta efeméride. É comprensible, sendo como é un blog soberanista.


Con todo daqué parece estremar el 8 de Setembre de 2021 del resto de 8 de Setembre. En primeiro lugar é el segundo 8 de Setembre pandémico que vivimos, colo que esto supón pra colquera celebración ou pra colquera reivindicación.


En segundo lugar, precisamente Setembre de 2021 é a data afixada pra abrir el proceso de oficialidade del asturiano e del galego de Asturias, aínda que, nel caso da lingua del extremo occidental del país parece que haxa que fer rocambolescas carambolas pra rechazar, xa non el glotónimo galego de Asturias, senón mesmo el glotónimo galego-asturiano, otrora el glotónimo dos bos.


Ábrese, non sabemos se con misa en Cuadonga mediante, ou non, un curso que vai ser duro e pedregoso pral reconocemento dos deretos lingüísticos dos asturianos e as asturianas. Pero... Quen son os asturianos? Ben, parecera que a resposta debera ser fácil, os asturianos somos aquelos que formamos parte da Comunidade Autónoma de Asturias. Mas, se esta definición abonda, sen duda, pra explicar quen somos os ciudadanos asturianos, parece que se falamos de qué el que conforma el ser asturiano, a comunidade humana asturiana, esta definición pode quedarse curtia.


Podéramos dicir que os asturianos somos esa comunidade humana que unidos por úa cultura, úa historia... e un xeito de ser e de estar nel mundo tomamos consciencia política da nosa asturianía e tomamos a decisión colectiva de conformar Asturias. E, como é sabido por todos, as cuestiois lingüísticas avezan a ter un peso importante na construcción das identidades; e, pola contra, a cuestión identitaria aveza a ter un peso importante na concepción das linguas (deso temos falado abondo neste blog).


Dicen, davezo, en Galicia, que se Galicia é Galicia e os galegos son galegos, é por obra e gracia da lingua galega. Esto é, a defensa e el uso da lingua propia dun territorio (independentemente de que esa lingua se dea ou non noutros territorios con outras identidades) é daqué que, sen duda, xune á xente aínda máis al territorio e a colectividade formada. Dito doutro xeito, é comprensible que un galego que defenda que ser galego é máis que úa xeografía, que defenda que ser galego é un xeito de ser e estar nel mundo, defenderá a lingua galega. E del mesmo xeito fairá un vasco, un catalán, un aragonés, un sardo, un bretón... e un asturiano que compartan ese discurso da identidade como xeitos de ser e estar nun mundo enorme e plural.


Pero ben é verdade que un galego lo ten máis fácil, pois a lingua propia de todo el territorio galego é el galego. En Cataluña tein un pequeno trozo que fala outra lingua (e é úa realidade que articulan dun determinado xeito), que é el Vale de Arán, pero se nos imos al concepto dos Païssos Catalans (e non imos neste post a entrar a validez ou non dese proxecto político, porque non é cousa nosa), topámonos que nel País Valenciano hai amplas áreas que non son catalanofalantes, senón castellanofalantes... Lo mesmo nos pode pasar en Navarra, colo que igual temos que darlle úa volta a que el que fai catalán ou vasco a úa persoa é a lingua (ou darlle úa volta ás reivindicaciois territoriales, úa de dúas). Xa non falemos da diversidade lingüística sarda ou del feito de que na capital bretona non se fale bretón.


Os galegos son galegos por obra e gracia da lingua galega. Esto non quer dicir que todos os que compartamos esta lingua séñamos galegos, nin al outro lado del Miño nin a este lado del Eo. Non falta quen quera entender que os asturianos somos (son?) asturianos por obra e gracia da lingua asturiana, independentemente de que fóra de Asturias tamén se fale esta lingua e esto non converta a leoneses ou mirandeses en asturianos. El problema está, non xa en que fóra de Asturias tamén se fale asturiano sen necesidade de que estos asturianofalantes formen parte deste proxecto colectivo que é Asturias, senón que xente que formamos parte deste proxecto colectivo que é Asturias non falamos asturiano (nin úa fala local eonaviega que é pero non é pero hai que fer porque seña pra poder pechar a cuadratura del círculo aquel de un pueblu, una llingua, una nación).


Porque chega el Día de Asturias e chegarán os discursos en asturiano e, sí, probablemente tamén, en fala eonaviega, onde entre outras cousas quereran, outra volta, fernos crer que é a voluntade popular esta concepción tan tan concreta da lingua del extremo occidental de Asturias. E chega el tan ansiado mes de Setembre e abriránse mil debates sobre la 'llingua' y la 'fala', onde el valor identitario vai recaer sobre la que é 'lingua' e non sobre la que é 'fala'. 


Algús pensamos que se Asturias é aínda Asturias é por obra e gracia da lingua asturiana e da lingua galega, e que, pra muitos asturianos, falar galego é el que afirma a nosa asturianía, sendo el galego úa lingua de noso.


Aínda vai un par de días tuven ocasión de falar cúa persoa representante dúa formación política asturiana que está apostando por ter relaciois internacionales con outros poblos deste Reino. E, en concreto, col poblo galego. Falábame este compañeiro que falando con organizaciois galegas chegaban á conclusión de que Galicia había respetar a nosa identidade asturiana e Asturias había de representar a nosa lingua galega, sendo que, ademais, os conceptos pechados que avezamos a ter das fronteiras habería mudar hacia un concepto máis poroso, úa idea coa que, eu, non podo estar máis de acordo (e sobre la que xa falamos neste blog). Aínda máis, estas organizaciois asturianas e galegas chegaban á conclusión de que, nel fondo, Asturias e Galicia non son dúas realidades particularmente diferentes.


Esta é a estratexia que a parte máis vanguardista del soberanismo asturiano e del soberanismo galego están tomando, la de fer das fronteiras lugares de encontro e non de separación. E esto ten muito que ver sobre a identidade asturiana e el concepto de asturianía que queremos xerar, poque se xeramos úa identidade monolítica, irredenta, pechada... pouco lugar imos ter os falantes de galego asturiano. Se pretendemos asturianizar aos eonaviegos, del mesmo xeito que Wert pretendía españolizar aos catalais, estaremos partindo de que a xente dos 18 concellos máis occidentales somos menos asturianos. Se pretendemos xerar conceptos e discursos como los que hai detrás del termo fala eonaviega, similar al LAPAO ou al formenterés, que diría Casado, non podemos esperar outra cousa que úa castellanización galopante, aínda máis, nel Eo-Navia. Pero non xa úa castellanización, senón úa desmantelación ás carreiras de todo el noso patrimonio cultural inmaterial. Entrando en guerras cuturales absurdas, da mao de negaciois lingüísticas (e de deretos) sen sentido, non imos conseguir máis que diluir a nosa cultura e a nosa identidade nel mar del globalismo uniformador que nos amenaza a todos. Porque al final, con qué autoestima podemos enfrentar ese globalismo uniformador os eonaviegos se sempre estamos ante el discurso da negación? Non podemos definirnos polo que non somos, polo que dicimos que non falamos, pero sabemos que si falamos... Porque esto namais crea úa sociedade acomplexada que difícilmente vai ter ferramentas pra afrontar el futuro.


Porque chega el Día de Asturias, pero tamén el Mes de Asturias, el mes nel que se abre el proceso nel que os asturianos e as asturianas séñamos ciudadanos de pleno dereto, pero tamén nel que Asturias se constrúa como Asturias, que constrúa a súa asturianía sobre os deretos e sobre a nosa cultura, mui especialmente nas nosas linguas, nun proceso que non nos deixe fóra e que non nos obrigue a cambiar el xeito que temos de ser asturianos pra estar dentro (porque igual non queremos cambiar el xeito de ser e estar nel mundo que temos, e acaban botándonos a muitos deste proxecto común).


Chega el Día de Asturias e ábrese un debate que debe establecer se Asturias quer siguir autopercibíndose con complexo, limitando a nosa identidade al nacional-cachopismo e escondendo nun grandonismo de portas pra fóra el que de portas pra dentro non é outro que un complexo de identidade grande (os bables, a fala eonaviega, el desprecio á identidade, al patrimonio...). E daqué importante pral autopercepción dos asturianos é entender a nosa realidade lingüística. Acabar coel discurso dos bables («no es lo mismo el bable de Mieres que el de Llanes que el de Boal») e presentar el galego asturiano á sociedade asturiana, axudando a que os asturianos e as asturianas del Eo-Navia pódamos, con tódolos demáis asturianos, fer as paces coa nosa lingua e a nosa identidade.


Bon día de tódalas Asturias.