sexta-feira, 28 de setembro de 2012

Contra el monopolio da violencia del Estado.



Tras as recentes movilizacióis nas portas del Congreso dos Diputados, as posteriores cargas policiales sucédense, como nun pode ser d'outro xeito, as correspondentes declaracióis, por medios oficiales, personales ou oficiosos. El mundo das tecnoloxías dixitales é asina, y as declaracióis máis controvertidas nun son as verquidas en entrevistas ou en artículos periodísticos, nin en un comunicado oficial ou non de colqueira das partes litigantes. Non, as declaracióis máis controvertidas nin sequera foron un post en un blogue, senón as declaracióis en Twitter del secretario xeneral del SUP, señor José Manuel Sánchez Fornet (en Twitter @sanchezfornet ), qu'en sucesivas declaracióis que nun sobrepasan os 140 carácteres puxo á opinión pública patas arriba.

Sen entrar a valorar el carácter provocativo das súas declaracióis (fendo da espresión "leña y punto" úa especie de coletilla, el sou particular Carthago delenda est*, cabe resaltar algúas das súas ideas. A primeira, por entrar en evidente contradicción col discurso del estado den benestar que supón defender, é a innecesidá de qu'os policías vayan debidamente identificados, a pesar de que posteriormente núas declaracióis a un medio de comunicación aseguróu qu'él y el sou sindicato foron os primeiros en reclamar qu'os policías llevaran el sou númaro d'identificación visible, asegurando qu'esas palabras mencionóulas porque ye molestaba qu'a xente ye dera máis importancia al númaro d'identificación qu'ás agresióis á policía. En colquera caso, úa persona que representa al principal sindicato policial del estado, nun debería botar a llingua a pacer con tanta facilidá y debería axustar máis as palabras al que quer dicir, exercer un cargo de representación impide, en gran midida, qu'un poda dicir lo primeiro que ye veña á cabeza.

Peró, a pesar de qu'esa declaración del señor Sánchez Fornet foi úa das máis polémicas (despóis del sou leña y punto), nun é a que máis m'interesa. Úas declaracióis nas qu'asegura qu'a Policía é quen tén el monopolio da violencia son as que máis interesantes me resultan. Nos estados modernos el Estado resérvase el monopolio da violencia, a través dos sous corpos de seguridá y, chegado el momento, das súas forzas armadas. Esto é asina en aras de manter úa seguridá mínima, pois según el razonamento de colquera, se todos pudéramos ir por ei exercendo de xusticieiros, andaríamos a tiros todo el día. Ben, el razonamento qu'a priori parece válido y case de perogrullo, tras d'úa segunda llectura convértese nun razonamento máis que custionable. Peró pra custionar el monopolio da violencia por parte del Estado, primeiro hemos d'entender el Estado, y, se pinta, custionallo tamén.



Haberá personas que xustifiquen os sous actos y as súas decisióis en función á llegalidá. Lo qu'é llegal pode ferse, lo que non, non. Ben, según ese razonamento se me fumo un canuto en Holanda nun tou fendo nada cuestinable, pero se mo fumo nos Estados Unidos tou fendo daqué deplorable. É bon que nel Reino d'España a xente case cua xente del sou propio sexo, peró al tempo, en Irán é bon que s'execute á xente homosexual, pois é a llei de cada país lo que determina qué ta ben y qué ta mal. Lo qu'é bon nun país é terrible noutro... Evidentemente, a nosa sociedá occidental xeneróu úa serie de valores que se consideran universales ou, a lo menos, universalizables. Úa llista de valores máis ampria ou máis curtia según el poblo que los xenere (por caso, en Francia nun hai matrimonio homosexual, por máis que tamén señan úa sociedá occidental como España), peró qu'en colquera caso, consideramos qu'hai universalizar (as personas que defendemos el matrimonio igualitario nel Reino d'España tamén lo defendemos prá República Francesa y pral mundo). D'esta manera, a llei nun é úa norma moral absoluta, senón que se presenta como as reglas qu'un poblo acorda pra desarrollar a súa actividá cotidiana, y que, nun plano máis realista, resulta ser, máis que nada, a norma qu'as oligarquías establecen pra xestionar a súa producción económica y pra manter un statu quo ventaxoso prás clases dominantes. Núa situación de lluita de clases, resultaría iluso prantiar qu'as lleis son iguales pra todos ou qu'as lleis nun tein carga ideolóxica. Igual qu'os medios de comunicación asumen con toda naturalidá qu'a lleis d'un estado como Cuba son lleis ideolóxicas (en efecto, sonlo), hai qu'asumir qu'as lleis d'un estado como el Reino d'España son lleis ideolóxicas. Por caso, el incremento del IVA grávase sobre as capas populares da población, mentres qu'el IRPF grávase sobre as capas da población que máis rentas tein, polo que nun é d'estrañar que mentres qu'el Goberno d'España suba el IVA mentres que dá úa amnistía fiscal a aquellas personas que defraudaron al fisco (y nun é precisamente el fontaneiro que nun fexo factura el que vei sacar grandes réditos d'esta amnistía).

Entendendo, entós, qu'esiste úa disonancia entre os intereses que representa el Estado y os intereses das clases trabayadoras españolas y internacionales (a solidaridá y a lluita nun pode enzarrarse núas fronteiras, del mesmo modo qu'as agresióis contra as clases populares son globalizadas), el Estado deixa de ser un representante real das clases populares. Ben, agora el llector poderá dicirme, "xa, peró a esos políticos votóulos el poblo, votóulos a xente", y nun imos negar esa realidá. Nun imos negar qu'esiste un sistema electivo que s'acerca muitísimo al turnismo decimonónico nel qu'os dos grandes partidos caciquiles se turnaban nel poder tras úas democráticas eleccióis pra manter el statu quo nel mesmo punto. Nun imos negar que temos un sistema de democracia participativa que deixa pouco sito á ciudadanía (y a os que nun son ciudadanos peró viven y trabayan neste país, que son, polo tanto, parte d'este país y d'este estado). Un sistema que, sendo formalmente democrático, adolece úa serie de carencias democráticas realmente preocupantes.

Y ante a merma de llibertades, ante as agresióis económicas, políticas, sociales ás que someten ás clases populares as clases pudentes, ante a violencia silenciosa da que somos víctimas, úa violencia en forma de desahucios, d'EREs, en forma da eliminación da Seguridá Social, que xa causóu mortos en dalgús centros de salú (tamos falando de daqué tan terrible como daquén que morre núa sala d'espera d'un ambulatorio, nun estado que presume de ser úa potencia europea), úa violencia que s'exerce xa dende as escolas, tanto aculturizando a os nenos d'este Reino que nun forman parte nin da llingua nin da cultura únicas d'esta Una, Grande y Libre España, como negándoyes os comedores y impedindo a os mozos y mozas fiyos de trabayadores qu'accedan a os estudios superiores. Ante esta situación, ¿de verdá el Estado se sinte llexitimado pra considerarse representante dos poblos? Y se nun podemos considerallo como tal... ¿d'únde mana ese ese dereto a exercer el monopolio da violencia? É evidente que nun mana del consenso del pueblo, é evidente que nun son nin un monopolio nin una representatividá aceptadas por la inmensísima mayoría da población, y, polo tanto, nun é llexítimo. A llei nun pode sirvir d'elemento llexitimador d'ese monopolio da violencia, porque é úa llei unillateral por parte del Estado ás costas dos poblos y ás costas das clases populares.

As oligarquías políticas (y non, nun creo que todos os políticos son iguales) que conforman el Estado (ou el nudo forte del Estado), y os sous organismos armados han d'entender que ningúa llexitimidá é incustionable, y qu'os poblos a os que dicen sirvir tán custionando hoi a súa llexitimidá. Y esto é precisamente el que llexitima acabar col monopolio da violencia por parte del Estado, el non reconocemento da llexetimidá d'este monopolio.

Deberán ver hasta qué punto queren tensar a corda, hasta qué punto queren referirse en términos militronchos al hora de falar del sou propio poblo, de falar de baxas y enemigos. Porque de tanto d'usar un palabreiro de guerra, de tanto erguer úa muria entre os trabayadores y ellos, van consiguir qu'ese llinguaxe y ese odio se materialice en formas de violencia máis crudas. A base d'agredirnos y violentarnos económicamente, a base que deixarnos morrer de noxo nos centros médicos, d'arrancarnos das nosas casas, d'arrancarnos das nosas terras, han consiguir qu'a prósima vez qu'a xente tire pral Congreso seña con armas al ombro.



_____________

* Condo as guerras púnicas (± 150 a.C.) Catón el Veyo acababa todas as súas intervencióis nel Senado romano con estas palabras, "Cartago debe de ser destruída", independentemente de qué falara.