domingo, 12 de março de 2023

Prioridades.

 

Leo en La Nueva España que « El supuesto AVE cantábrico” no está en elorden del día del encuentro entre los gobiernos del norte que ha convocado elPaís Vasco para el lunes ni “estamos hablando de eso”. El vicepresidente delPrincipado, Juan Cofiño, no se apea del tren a la Meseta, de la Variante dePajares y “nuestra unión con el corredor ferroviario del noroeste”. Esa es “laapuesta clara”, “la gran prioridad”. “No podemos distraernos con otros asuntos”».

 

Non podemos distaernos da prioridá central, claro, que non é outra que el AVE a Madrid. Son palabras, nin máis nin menos, que del vicepresidente de Asturias, Juan Cofiño. Núa Cimeira cantábrica establécese que a prioridá non é un AVE cantábrico, senón un corredor del Noroeste, que estaría mui ben... se podéramos concluir mellor qué é. De primeiras, el corredor del Noroeste sería úa conexión coel Corredor Atlántico. Si, ese corredor que entra por Irún e vai correr directamente a Madrid sen pasar por ningúa das comunidades atlánticas. Esto é, as prioridades asturianas son dúas, un AVE a Madrid con parada en Ḷḷena, Uviéu e Xixón e un corredor (non sabemos de qué ancho) a Irún e de aí a Madrid, por el corredor non-atlántico.

 ´

El chamado Corredor Atlántico.



Dende Asturias non se valora, en ningún momento, criticar en absoluto el trazado del Corredor (non) Atlántico. Non se pensa cuestionar, en ningún momento, por qué el trazado atlántico non pasa por Asturias, por Galicia e nos conecta con Portugal. Dende Galicia as críticas vein porque el Goberno de España está en maos del PSOE, non porque Feijoo teña outro modelo pra España. Curiosamente é dende el sur del Miño, dende Portugal, onde máis se insiste que el Corredor Atlántico ten que pasar por Galicia e contectar a Comunidá galega coel Norte de Portugal. Imaxino que aos portugueses lles dea un pouco igual se despois esa conexión tira por Asturias ou por León, como igual parece que lle dá al vicepresidente Cofiño.

 

Non podemos distraernos, diz Cofiño. Non podemos distraernos nin reclamando un AVE cantábrico que vertebre as nosas Comunidades, nin apricando el noso Estatuto de Autonomía, que diz nel sou artículo 10:

 

«El Principado de Asturias tén a competencia exclusiva nas materias que a continuación se sinalan:

[...]

5. Os ferrocarriles, estradas e camíos cuxo itinerario desenvólvase íntegramente nel terrorio da Comunidá Autónoma, e nos mesmos termos el transporte fluvial, por cable ou tubería».


Non cabe distraerse en xerar úa empresa propia, como fixeron nel País Vasco coel Euskotren, e ofertar us servicios á población rural asturiana que a antigua FEVE (xestionada dende Madrid aínda que alí non hai nin un metro de vía de ancho métrico), inxerta na RENFE, non ofrece.


Mentres el País Vasco asumíu as competencias
en materia ferroviaria, Asturias abstúvose de
desenvolver el sou Estatuto de Autonomía,
deixando que a FEVE se desmorone baxo a xestión
dun Estado al que non lle importa muito este escaso millón
de habitantes.


 

Non cabe distraerse comunicando Asturias coas Comunidades que la rodean. Non cabe distraerse xerando outros centros, us centros que non nos deixen eternamente na periferia.

 

Non, non cabe distraerse, porque quiciabes a Xunta Xeral seña pequena e a nosa verdadeira aspiración seña calentar algún Escano nel Senado.

quarta-feira, 8 de março de 2023

Orbeie onírico.

Ás veces el mundo dos soños é fascinante e presenta realidades paralelas. Eu pasei a mía primeira infancia nel lugar coañés de Orbeie, pra marchar a fer a Primeira Comuñón a Mouguías. Lo certo é que de Orbeie teño poucos recordos, aínda que algún ben vivo. Máis recordos teño de Mouguías, onde pasei a maior parte da infancia. 


En Orbeie vivimos arrendados na Escola, aquela escola de postguerra que abaxo tía a escola e arriba a casa del maestro. Coel tempo aquela escola deixou de ter uso e os nenos baxaron al colexio de Xarrio, e na casa deixou de haber maestro. E coel tempo el Concello arrendou aquela casa a un matrimonio chegado de Uviéu, que resultaron ser meus pais.


Como dicía, el mundo dos soños pode ser curioso. El outro día soñei con Orbeie, e cúa realidá paralela...


Orbeie onírico.


Subo a Orbeie. Non sei cómo subín, imaxino que en coche. Por algúa razón vou solo.


Vou á Escola, a mesma na que vivíramos dende el 1987 ou el 1988 hasta 1992, cuando xa vía muito que non cumplía as funciois de escola, pero aí seguía a casa e el Concello arrendáralla aos meus padres chegados de recén. Entro coa idea de entrar a ver se topo úa xarra pra coller augua na fonte. Despois han chegar mamá, Lucía e os demais pra xantar.


Chego e entro. A porta, contra todo pronóstico, está aberta. Empezo a topar xente na casa. Qué fedes aquí?, pregunto. Este é un centro social, respóndeme amable un rapaz de rastas. Un centro social okupado? Claro.


Á mao dereta entro nel salón. Aí está a mesa disinorme na que comíamos. Topo cousas que pra min son pequenos tesouros. De pronto Diana e Raúl están aí. Non sei como e cuando chegaron. Tampouco lles pregunto.


—Mira, Diana, este era el noso raiador de queixo.


Salio del salón e vou a un cuarto. Aí está aquel osín de plástico naranxa, cúa orella mordida, de cuando era neno. Emociónome. Úa moza detrás de min pergúntame se quero levalo. Non, non quero. Este é el sou sito.


Salio coa moza fóra. Hai cada vez máis xente. Us cen hippies bailan tecno-folk aí afora.


Xa non queda nada da caseta de Sultán. Aí hai un horto. Onde tíamos el horto tamén hai un horto. Úa estaxa de patacas. «Aí mesmo tían os meus pais úa estaxa de patacas».


Miro nel terrén e topo úa xoia. Un medallón en forma de corazón que pon 1ºB (en realidá eu iba al A). En grande «Moisés Cima Fernández» e en pequeno «este alumno dispone de electricidad en casa» e úa central hidroeléctrica gravada. Explicolle á moza, que é abondo máis nova que eu, «antias muitas casas non tían electricidá, a maioría destas casas non tían, esta porque fora úa escola, asina que nel colexio de Xarrio puíannos esto». As dúas cousas son realidá namais nel soño, nin esistían esas chapas nin é certo que houbera casas sen electricidá nos 80-90 en Orbeie, pero os soños sonche asina, funcionan con outra realidá.


Ven outra moza. As dúas mozas parecen estar al cargo de aquela comunidá hippie. Falan comigo. Explicolles outa vez que eu vivía alí e que despois marchamos pra Mouguías. Que a mía mai vive nel Espín agora, que a mía irmá vive na casa familiar en Mouguías e que eu vivo en Uviéu, pero ando de visita por aquela Arcadia del pasado. Por certo, tanto a mía mai como a mía irmá xa tían que estar aquí.


A segunda moza dizme que vai buscarme un boletín del centro que amañaron e entra por úa porta.


A lo lonxe vexo a Elvira cúa carga de herba. Na vida real Elvira fai anos que morreu, mais non nel soño. Pergúntolle á primeira moza cómo se levan cos vecíos. Díceme que mui ben. Penso que teño que ir ver a Suso. Suso, en verdá, xa morreu, e Julia peme que foi a úa residencia, pero neste mundo onírico paralelo os dous siguen en Ca Congosta.


Faise de noite e a xente prende fogueiras. A festa sigue. Aquel lugar parece úa festa continua. Miro pra aquelas montañas. Onde van mamá e ous outros?