sábado, 30 de maio de 2015

Llabios.

Non hai días núa sola vida
para contar as mulleres das que me enamoro
nun solo día.

Non hai bocas que conten
os llabios que mordería
desgarrándome eu.

E cadaldía prométome que ha ser
el última,
a definitiva.

E cadaldía afógome
                             (hasta morrer)
nus llabios
que non me han tocar.

quarta-feira, 27 de maio de 2015

Cuatro poemas grises para un día gris.

Se mañá se apagasen todos os versos,
todas as lluces,
todos os ollos,
os meus ollos,
quen los botaría en falta?

Se non salira úa palabra máis
da mía gorxa,
del meu bolígrafo,
destas maos balleiras,
quen choraría por ellas?

Probablemente
naide.


       *  *  *

Xesús alzóu a voz e berrou:
«Llázaro, érguete e anda!»

Palabras balleiras
de vidas balleiras,
balleiras coradas.

Pero Llázaro nunca andou.
Aínda menos mal.
Non tía ónde ir.

        *  *  *

Inxectarse señardá
dos tempos que non foron
é,
probablemente,
el xeito máis fato
de suicidarse.

Querer soñar
sen abrir os ollos
é,
probablemente,
e xeito máis fato
de vivir.

Inxectarse e valor
para vivir realmente
é,
probablemente,
el xeito máis heroico
de morrer.

Quiciabes 
feliz.

     *  *  *


«algunes llàgrimes han difuminat les lletres de velles cartes que repassaves».
Autoodi -  Foscor (Brams, Aldea Global)

Ás veces,
ás veces demasiadas veces,
teño señardá infinita
de lo que tu
               (tu
                 todos os tus
                                 tu)
e eu puidimos fer.
Del que puiden ser
xunta ti
          (ti
             todos os tis,
                            xunta ti).

Ás veces,
ás veces demasiadas veces,
teño señardá de ti.
Outras veces,
son infinitamente máis estas veces,
teño señardá de min.

Ás veces búscome
e non soi quen a atoparme
senón en ti
               (en ti
                     en todos os tis,
                                        en ti).

Mal coñazo condo non te atopo.
Mal coñazo condo me atopo.

quinta-feira, 21 de maio de 2015

Exilio.

A soledade del exilio
é aínda máis dura
condo estás na casa.
Estás na casa
e, con todo,
estás tan
           tan llonxe.

A soledá del exilio
é  aínda máis dura
condo sabes que poderías estar
aínda moito máis llonxe;
tan
    tan llonxe
que marea pensar nello.

A soledade del exilio
é realmente dura
condo te soñas llonxe,
mui
     mui llonxe;
noutros mundos
de outras xentes.

Mundos de xentes extrañas
de extrañas falas,
de extrañas roupas,
guapos cantares
e exóticas comidas
(falo tamén de gastronomía).

A soledade del exilio
é aínda máis dura
condo non hai nin Reino
                                  (nin República)
nos Célos nin na Terra
que espere por daquén desterrado;
desterrado de sí mesmo.

quarta-feira, 20 de maio de 2015

25 de Maio.



Era maio de 1808 e el Exército francés invade el Reino de España. Probablemente podemos falar da historia de úa das invasiois máis ridículas del mundo, e é que España ábrelle as portas del reino aos franceses para que Napoleón invada Portugal, reino aliado del Reino Unido, enemigo acérrimo de Francia e de España. Entonces Carlos IV e Fernando VII andan a palos entre ellos pol poder de este reino e van pedirlle a Napoleón axuda, cadaquén para a súa causa, e Napoleón, que era ben cachondo él, dizlles «nin para un nin para el outro, para el meu irmao Xosé».

Era maio de 1808 e as tropas francesas invaden este reino. Era maio de 1808 e a ciudade de Uviéu sale ás rúas, encabezados por dúas mulleres, Xuaca Bobela e Marica Andayón. Era maio de 1808 e a Xunta Xeral, que andaba reunida de casualidade por aquellas fechas, lle declara a guerra a Napoleón. Era maio de 1808 e a Xunta Xeral organiza un Exército asturiano, manda embaxadores al Reino Unido e encarga a Xovellanos a creación de úa bandeira para Asturias (España ainda non la tía, la que conocemos como a bandeira de España era, en aquel entós, a bandeira da Armada española).

Era maio de 1808 e a Xunta Xeral ponlle cara a Real Audiencia (el órgano dependente de Madrid). Era maio, e, por suposto, aquella non foi úa revolución socialista, nin foi úa declaración de independencia, pero si foi úa mostra de soberanía.

É maio del 2015 e el mundo, obviamente, cambiou moito. Caeu el Réxime Vello e triunfaron as democracias burguesas. É maio de 2015 e, como pasou históricamente, moitos asturianos e moitas asturianas reivindicamos ese 25 de Maio como Día de Asturias, ou como Día da Soberanía Asturiana, ou como... En colquera caso, como un día reseñable nel noso calendario político, como úa data en colorado na que salimos ás rúas a reclamar a soberanía necesaria para el desenvolvemento del noso poblo. Porque os poblos namais se desenvolven nun marco de soberanía, esto é, nun marco nel que se xenera poder popular, nel que el poblo, como na Grândola del cantar, é quen máis ordena, quen é amo dos sectores estratéxicos da economía, quen é amo da vivenda, quen é amo das decisiois políticas que se toman, de cómo se esplotan os recursos, de qué políticas educativas se fain... E, en definitiva, nun marco nel que el poblo é quen a lliberarse del discurso dominante que non poucas veces fai que quira as cadeas.

É maio de 2015 e a Xunta Xeral está ausente da política asturiana. É maio de 2015 e a Xunta Xeral non ten ningún interés en abrir marcos para a soberanía. É maio de 2015 e non hai nada que nos faiga pensar que a partir del 24 vaia haber úa estructura na Xunta que aposte por úa visión non sucursalista de Asturias. 

É maio de 2015 e chega el 25, ese día que ven despois del 24, e a esquerda soberanista asturiana sale á rúa a reivindicar úa Asturias ama de sí mesma e, por qué non dicillo, a ensinarse. A ensinarse, porque é preciso que a sociedade asturiana, allea por completo al noso discurso, vexa que a esquerda soberanista está aí e que, ademais, ten un proxecto político que ofertar. Un proxecto en construcción, discutible, matizable... pero un proxecto lexítimo e aceptable. Un proxecto, porriba de todo, nel que (e esto non pode dicirse de todos os proxectos) todos temos daqué que dicir e daqué que aportar.

É maio de 2015 e a esquerda soberanista quer pensar en maio de 2016, 17, 18... É maio de 2015 e está todo por fer. É maio de 2015 e non podemos esperar que as soluciois aos nosos problemas veñan de úas intituciois que vai moito que nos están dando as costas. É maio de 2015 e as rúas están cheas de xente que quer fer e traballar. De xente que ten agallo. É maio de 2015 e está todo por fer, pero temos as ferramentas necesarias para fello.

É maio de 2015 e el soberanismo de esquerdas convoca úa concentración delantre da Xunta Xeral (c/ Fruela, 13) na que imos reivindicar úa Asturias xamais vencida.


A traducción del texto que dende La Llegra se amañou para acompañar a convocatoria é esta: 

Este lúis 25 de maio, ás 19:30h femos un chamado a non esqueicer, a salir á rúa e defender, 207 anos despois del levantamento de 1808, a soberanía popular asturiana para cambialo todo.

En 1808, despois da invasión francesa, prodúcense us feitos que alcanzan el carácter de revolucionarios nel noso país.

A Xunta Xeral declárase soberana, declara a guerra al imperio económino e militar del sou tempo, Francia, envía embaxadores asturianos a Inglaterra e crea a bandeira asturiana e el Exército Defensivo Asturiano. E para que pasasen estos feitos históricos, el puxo popular nas rúas foi determinante: mesmo coa participación de dúas mulleres, Xuaca Bobela e Marica Andayón, como dos estudiantes da Universidade.

Pero nun hemos quedar namais nel recordo e a señardade. Hemos de anovar e seguir dotando de contido e de sentido a esta data e al Asturias que nos rodea hoi, en 2005.

Vivimos el Asturias del paro, da emigración forzada que deixa el país ermo, da reconversión industrial permanente, da falta de deretos colectivos e individuales. Vivimos el Asturias del auto-odio, da negación e ridiculización de lo propio, da desaparición dos sectores productivos clásicos del país, del patriarcado que se ceba cola metade del noso poblo. El Asturias dos desaloxamentos, dos EREs e dos postos de traballo cadaldía máis precarios, da sanidade e a educación cada volta máis deterioradas e en peores condiciois lo mesmo para os traballadores e a traballadoras que para os usuarios e as usuarias. El Asturias del especulación urbanística e a depredación selvaxe del país, da recapitalización da banca, da corrupción e as redes clientelares, del despoblamento del mundo rural. El Asturias que pasa frío porque non pode pagar a enerxía que se produce a montois.

Pero ante este panorama tamén hai outra Asturias. La que luita, la que fala nas súas linguas, la que caltén espacios populares. El Asturias que está nas rúas, la que se moviliza contra a represión, la que se auto-organiza en colectivos de traballadores contra os despidos. La que é heredeira da memoria e a resistencia popular na larga noite del franquismo. La que defende el territorio e aposta porque as que marcharon volvan e las que están aquí non teñan que marchar. La que mira por un modelo productivo propio, axeitado con procuro al noso medio ambente. La que cre nas redes de consumo cercano. La que aposta pola multiculturalidade e el intercambio e non pola imposición aculturizadora. La que quer traballar para vivir e non vivir para traballar. El Asturias que quer outra Asturias.

En ano pasado, despois de emprincipiar a dinámica aberta dos bloques unitarios soberanistas en movilizaciois, convocáramos úa concentración delantre da Xunta Xeral que, coa escusa de ser xornada de reflesión, foi prohibida pola Xunta Electoral Central. Nada máis exemplificante da situación na que está este país.

Agora, como en 1808, tócanos chamar a concello. Tócanos ser a Xuaca Bobela, a Marica Andayón e os estudiantes de 1808 dos nosos tempos. Tócanos empuxar pola soberanía popular asturiana. Para cambialo todo.

El 25 de maio,

Asturias Xamáis Vencida!
Boliga Asturias libre!







terça-feira, 19 de maio de 2015

Sobre el Día das Letras Gallegas.


Nel país vecín vein de celebrar, vai dous días, el Día das Lletras Gallegas. Úa reivindicación que deste llado del Eo non parece ter ningúa trescendencia (como non parece tello deste llado de Frexulfe el Día das Lletras Asturianas, e é que al final el discurso dominante cómenos), núa clara desconexión entre os falantes e escribintes de gallego en ambos países (dalgún podería reseñar que tamén hai úa evidente desconexión a os dous llados del Miño, e esa é úa realidade que non imos negar aquí).

Nel país vecín vein de celebrar un día que é reseñable por dúas razois. Por un llado porque é el día institucional para celebrar a escritura nesta llingua e a reivindicación de normalidade para esta llingua nel Reino de España (a niveles prácticos a reivindicación de normalidade queda namais en Galicia). Por outro llado porque a institución que supostamente lidera esta celebración, a Real Academia Galega, e a sociedade civil gallega déronse ás costas (ou mellor dito, a RAG deulle as costas á sociedade civil gallega) e dende a institución decidiron dedicar el Día das Lletras Gallegas a un franquista que, ademais de delatar a varios galleguistas durante a dictadura, traballou para manter el gallego como llingua subsidiaria de castellán. Mal coñazo, non sei en que estarían pensando na RAG.

A cousa é que, ante esta perspectiva, a sociedade civil gallega decidiu convocar el sou propio Día das Lletras, dedicándollo á literatura tradicional. E é que a final, en colquera llingua, os escritores son mui importantes para colquera proceso de normalización, e, por suposto, para a creación literaria, pero ben de veces esqueicemos el valor que ten a literatura tradicional, el valor de transmisión da llingua que tuvo e ten a literatura tradicional, esos contadores e esas contadoras de historias, chistes, romances, canciois... que anónimamente foron mantendo vivas as llinguas as culturas, as identidades... Sen los que os escritores non serían naide e nada poderían fer.

Al final hai que mirar el llado bon hasta ás cousas máis malas, e é que ante úa Academia gallega que quer conmemorar a un franquista, hai úa sociedade civil que quixo máis conmemorar a literatura tradicional. Dende Asturias hai que lamentar que, hasta agora, non fóramos a pensar en fernos eco, anque fora mínimamente, dun día que conmemora as lletras nesta llingua que é, tamén, nosa. E é que non é el primeiro ano que se llegan a ouguir insinuaciois da necesidade de participar de dalgún xeito desta celebración dende Asturias, pero como tantas outras cousas queda sempre augua de ovos.

Hai quen pensa que dende el Eo-Navia temos que escoller se queremos participar del Día das Lletras Asturianas ou del Día das Lletras Gallegas, llegando a xurdir úa extraña pergunta, qué son as lletras gallegas ou as lletras asturianas? Non vai tanto na Pola Siero houbera úa mesa redonda sobre lliteratura asturiana/lliteratura de Asturias, con autores en llingua asturiana, gallega e castellana. E a pergunta era esa, qué é a literatura asturiana? Non parecía que tuvera mui claro se a literatura escrita por asturianos en llingua castellana era ou non literatura asturiana, anque naide parecía dudar que a etiqueta lle quedara ben a os escritores en gallego-asturiano. Pola mía parte, téñolo mui claro, se a literatura asturiana é la que se fai en Asturias, un autor en castellano ou en wolof que fai literatura en Asturias, fai literatura asturiana. Se a literatura asturiana é la que se fai en llingua asturiana, un autor que escribe en gallego en Asturias non fai literatura asturiana, pero si la fai un autor que, en Lleón, por caso, escriba en llingua asturiana.

Máis alló da definición de literatura asturiana, literatura gallega, lletras asturianas, lletras gallegas, cabe destacar que el Día das Lletras (xa as gallegas, xa as asturianas) é un día de conmemoración lingüística, pero tamén é un día de reivindicación política. Nel caso asturiano é, sempieternamente, el día da reivindicación da oficialidade. E en ese sentido é máis que evidente que os asturianos de llingua gallega temos a nosa reivindicación en Uviéu (non parece ter moito sentido manifestarnos pola oficialidade da nosa llingua en Santiago, nin pola escolarización, nin pola normalización social que ten que xestionar el Goberno asturiano e lexislar a Xunta Xeneral), polo que a presencia da xente del Eo-Navia en Uviéu el Día das Lletras Asturianas parece máis que razonable. Por outra banda, dende el entendemento de que as comunidades lingüísticas que forman parte de distintas comunidades políticas non tein que tar aislladas entre si (úa recomendación que, por certo, xa fixera a UNESCO vai ben de anos), non parece nada extraño que a xente del Eo-Navia pudéramos tar en Santiago el Día das Lletras Gallegas, ou que se pudera fer dalgún acto en Asturias, particularmente nel Eo-Navia, este día (como se fai tamén nel caso das Lletras Asturianas). De feito, a naide parece sorprenderlle que todos os anos se desplace xente del País Lleonés a Uviéu a participar del Día das Lletras Asturianas, e todos parecemos entender que non se debe namáis a úa cuestión de solidaridade. Esto é, non é lo mesmo que haxa bandeiras de Castella ou de Canarias en Uviéu el Día das Lletras Asturianas (que las houbo este ano) que que haxa bandeiras de Lleón, onde comparten llingua (as dúas llinguas, en realidade) con Asturias.

Como sempre, neste blog preténdese fer análisis en clave asturiana e en clave eonaviega (se me permitides el xentilicio, que tampouco é que acuñara eu), e en esa clave miramos para el día das nosas lletras nel país vecín. Quiciabes pouco a pouco tendamos máis pontes que, como a Ponte dos Santos, salten el Eo e comuniquen estos dous países nun traballo conxunto pola dignificación lingüística. Como todo, se non é, haberá que fello.

segunda-feira, 18 de maio de 2015

Debullando perlas.

A todos os nenos e a todas as nenas que vein a os almorzos e al apoio escolar.
A todos os nenos e a todas as nenas que non vein.
Al meu sobrín. 

Se de todas as perlas 
que el mar esconde
puidera coller sólo úa,
collería todas as perlas
que esconden os vosos pequenos
                                               xigantes
sonrisos.

Collería todas as perlas
que brillan infinitas
nos vosos ollos de sorpresas
                                        de perguntas.
Todas as perlas collería
por fer con ellas úa coroa
para vos coroar.

Úa coroa que fose helmo
para que ellos,
los dos brazos al aire,
los das fames sangrantes,
los das mortes galopantes
non vos puideran nin alcanzar
nin poer a mala coroa
de espinas,
de sacrificios infames,
de sacrificios e fames,
de noxentos latrocinios
que rouban el toucín de célo
das vosas barrigas de ánxeles.

Se de todo el ouro que a terra enterra
puidera un granín guardar,
arrancaríalle á terra todo el ferro
para fer miles de millois de espadas
para cortar as inmundas gorxas
que engullen futuros
e enchen de fame os ollos.

Os ollos vosos
de sorpresas 
                de perguntas
                                 de sonrisos.

Os ollos que alimentan el meu soño.
Os ollos que arroupan el meu sono.
Os ollos que acougan a conciencia del home
demasiado conscente para ser vil,
demasado covarde para ser home.     

quinta-feira, 14 de maio de 2015

Proceso constituínte, motivos para el optimismo.

Nestos tempos que está tan de moda falar de procesos constituíntes cabe chamar el atención sobre a necesidade de definir que ou quen se constitui. Baxo a expresión un tanto pomposa moi ben de veces el que queda al descuberto é a demanda de reformar a Consitución española. Evidentemente que un Estado constitucional reforme a súa constitución non supón un proceso constituínte, senón úa reforma constitucional (polo demais en el Reino de España xa se abordaron varias reformas constuticionales, de maior ou menor calado, e está claro que úa reforma constitucional podería ser de fondo, é dicir, que podería abordar cuestiois fundamentales del ordenamento político del Estado). Pola contra, un proceso constituínte supón dotarse de Constitución ou constituírse (como Estado, por caso). A diferencia é que nel primeiro caso habería úas Cortes Xenerales que tomarían un texto base (a Constitución española) e reformarían máis ou menos (despóis esta reforma podería ser refrendada). Pola contra, un proceso constituínte impricaría a disolución das Cortes Xenerales, a creación de úas Cortes Constitucionales e a redacción (de cero) de úa Constitución nova.

Aclarada esta idea, que é e que significa un proceso constituínte para Asturias en clave soberanista? Por un llado poderíamos pensar nun proceso de independencia, onde Asturias se constituiría como Estado independente (dotándose, de cero, da súa propia Constitución e das instituciois al uso del colquera Estado independente). Resulta evidente que nel marco político asturiano non está a independencia del noso país, polo que condo dende el soberanismo falamos de un proceso constituínte, obviamente, nun estaríamos refiríndonos a eso. Un proceso constituínte asturiano non pode entenderse como úa maior asunción de competencias por parte del Principado (estaríamos falando entós de úa reforma estatutaria, que é importante e se fai urxente, pero que non é un proceso constituínte). Un proceso constituínte, en clave soberanista, non pode entenderse como un “seguir a onda” del proceso constituínte estatal, ainda sen definir. Un proceso constituínte asturiano en clave soberanista (e atrévome a dicir que en clave asturiana) vería a ser un proceso político, social, económico... e en definitiva, humano, pol que Asturias constitúise como axente político. Nun marco nel que as Autonomías poden ter máis ou menos competencias administrativas, pero nel que el suxeto político suposto é España (esta lóxica rómpese noutras Comunidades, pero non é el caso da nosa), Asturias vería a ser únicamente «un pedazo de España», sen maior personalidade propia que la que podan dar os cuatro tópicos que se nos poden vir a todos á cabeza. Pero sabemos que humananmente Asturias é moito máis que eso. Sabemos que hai úa identidade, úa realidade lingüística, cultural, idiosincrática, histórica... que fai de Asturias un territorio con personalidade propia. Un proceso constituínte asturiano sería, entós, llevar esta identidade propia al discurso político, á nosa propia construcción política. Constituirnos políticamente é, en definitiva, poer Asturias nel centro del mapa político e da nosa axenda. E malamente é esto daqué que se poda fer dende arriba. Os Concellos, as Parroquias, os llugares, os barrios... son imprescindibles para entender a construcción de úa Asturias realmente soberana, de un proceso constituínte da xente e para a xente, ou lo que é lo mesmo, para construir el poder popular que é imprescindible para que, de verdade, as cousas señan dende abaxo.




Un proceso constituínte, el noso, que ainda está por definir, por moitas razois (si, foron moitas as cousas que non se fixeron), pero que non está llonxe de definirse. Non está llonxe de definirse porque, de primeiras, hai úa voluntade moi clara de fello. As persoas que dende vai tantos anos llevan traballando en Asturias por un proxecto (cada quen el sou) de país tein a voluntade clara de traballar xuntos, de tender pontes, de construir un discurso colectivo... En definitiva, de fer país. Un proceso constituínte que ten moi boa traza por dúas razois; a primeira é que hai úa honestidade incuestionable, a xente que traballa por fer país ta disposta a dicir as cousas á cara, a discrepar dende a camaradería e a discutir, sen présas, sen acritude. A segunda é que hai un interés real de fer país e úa responsabilidade histórica enorme. Hai moita xente, coa que teño el honor de compartir espacios, que llevou alantre úa evolución política monumental porque comprendeu (e eso non é nada fácil) que colquera tipo de diferencia non podía quitarnos de fer país, e que non se pode fer país escruíndo a naide, nin autoescruíndose.
Un proceso constituínte, el noso, nel que teremos que poer sobre a mesa muitas cousas. Nel que haberá que falar de territorio, de cómo queremos ordenar ese territorio, de llinguas (das propias de estas terras, das que nos trouxeron de fóra, da que vein colos asturianos que vein de outras terras...), de feminismo (tamén para paisanos), de xénero, orientación sexual, de traballo, de ecoloxía, de símbolos, das relaciois con outros países, de economía, de xente nova, de xente vella, de adicciois, de deporte... de tantas e tantas cousas que convén non atropellarnos antias de tempo. Un proceso constituínte nel que, en definitiva, séñamos nosoutros mesmos os que póñamos enriba da mesa qué queremos.

Os Bloques Soberanistas son un bon exemplo del traballo en comuña del que falo. As llinias discursivas que ben de veces nos presentan organizaciois políticas como Conceyu Abiertu o Darréu, el aparición de un espacio como La Llegra, el bon rollo que vein tendo distintos centros sociales, a maior aceptación e naturalización de discursos netamente soberanistas en espacios que non formaban parte del chamado asturianismo político (quiciabes ese fora un gran error, el non entender a cantidade de espacios soberanistas que había fóra del asturianismo oficial) e, en definitiva, a constatación de úa serie de espacios políticos para el soberanismo de esquerdas e de úa serie de circunstancias que poden favorecer que estos espacios grilen poden fernos séremonos realmente optimistas.

Non se trata del optimismo fato del que asegura que todo vai ir ve porque todo ten que ir ben, pol mero desexo de que todo vaia ben. Trátase del optimismo pousado que pode ser constatado día a día.

Nese sentido, creo que hai moitas razois para séremonos prudentemente optimistas, para esfoutarse na xeira de abrir un proceso constituínte tanto para Asturias como para el movemento soberanista asturiano. Un proceso constituínte nel que se constitúa un movemento soberanista con un criterio e úas llinias de actuación unificados e, em definitiva, un proceso constituínte onde emprecipiemos a darnos voz a nosoutros mesmos e darlle voz a Asturias.





quarta-feira, 13 de maio de 2015

Úa nova caída del caballo camín de Damasco.


Este post ten que entenderse como úa secuela (por chamallo asina) del post que publiquei el 14 de novembre del 2014 titulado “Gallego”. Vou fer moitas referencias tanto a ese post como aos comentarios que saliron a reiz dél, tanto nel propio blogue como nas redes sociales ou en persoa.

Repítome. Repítome máis que el allo. Nel Eo-Navia falamos gallego (gallego-portugués, portugués... pero por que non chamallo gallego?). Xa, xa, ben sei que xa lo dixen mais dúa vez. Tamén sei que nin soi orixinal, nin soi el primeiro, nin hei ser el último, nin tampouco el meu criterio persoal é que seña relevante en ningún sentido (case podo dicir que afortunadamente). Insisto, non ten ningún sentido traballar por disgregar a nosa llingua en Asturias del resto del dominio llingüístico, e non quita falar, defender e promocionar as variedades del gallego-portugués (en Cuaña ou en Minas Gerais) con defender úa unidade llingüística, del mesmo xeito que pasa col castellano e que entendo que habría de pasar col asturiano; asina, non parece ter moito sentido que en Asturias e en Miranda del Douro se usen dúas normativas distintas, e é sabido que, na medida do realista, houbo e hai intentos para acercar gráficamente as variedades mirandesas, as lleonesas e as asturianas del asturiano (asturiano-lleonés, astur-lleonés, lleonés... por que non chamallo asturiano?), sen que eso quira dicir en ningún momento que naide pretenda que se poñan a falar en Miranda como en Uviéu. Del mesmo xeito que os arxentinos pronuncian (como ben de españoles) haser por máis que escriban hacer, ou non reproduzan al escribir a súa peculiar (peculiar para os castellano-falantes de España) maneira de pronunciar el Y.

Pero todo esto xa lo dixen, asina que non vou repetirme máis. Non é esto el que vía dicir aquí, que xa lo dixen en outra ocasión. Agora vía a falar doutra cousa.

Pasa que ás veces un dá un paso e el paso queda en nada. Ás veces un bota as campás al volo e non soan. Pois eso me pasou a min. É necesario reconocer os fracasos para seguir caminando. Pretendía eu abrir un debate sobre a norma a usar nel Eo-Navia. Pretendía (pretendo) sobre todo, abrir un debate sobre as posturas a tomar. Porriba da norma, que anque ben sei que moitos non lo cren, que muitos pensan que estou un tanto “obsesionado” col tema da norma (quiciabes haxa daqué deso, a saber), creo que lo que é importante é superar a formulación da defensa, protección e recuperación da llingua. Si, recuperación, porque a llingua hai que recuperalla, a situación na que vivimos xa hai moito que non é la dúa cimpre diglosia que nos fai ver a llingua nun estado menor que a castellana. A situación da llingua xa é de perda real entre a xente máis nova (a pouca xente nova que queda nel Eo-Navia). E creo que eso non se pode fer (xa lo dixen nel outro post) dende úa norma que ten como obxectivo disgregar as nosas variedades del resto del dominio por cuestiois de identidade política (nel meu último post creo que enarborei el asturina lo suficiente como para que naide vaia agora a cuestionar cual é a mía identidade política). Pero os debates namais poden formularse nas sociedades se as sociedades queren debatir. E lo mesmo pode dicirse dos colectivos sociales. Malamente podemos abrir el debate dentro del movemento de reivindicación llingüística del Eo-Navia se el movemento de reivindicación llingüística del Eo-Navia se cerra a abrir un debate. Moito máis malo ta de abrir se el movemento de reivindicación llingüística cae nun letargo, pero eso xa é outro tema para outro día. Eso é asina. En ese sentido un ten que reconocer condo fracasa nun proxecto, e eu fracasei. Quixen ver á xente que defende a llingua propia del Eo-Navia debatindo, con calma, sen nedesidade de aspaventos, sobre el mellor modelo llingüístico e propoñéndose un cambeo de paradigma. Non pasou. Quixen dar el primeiro paso formulándolo e escribindo con úa grafía que, contrariamente al que se dixo en máis dúa ocasión, non era úa proposta normativa (como xa dixen nel outro post, non ten xeito ningún fer propostas unipersoales). Pensaba que tía razois para crer que había un peteirín de xente con un discurso aparecido, se non igual, al meu, pero sen dúbida estaba equivocado. Hai que asumir os errores e entender que a vida segue e que as discrepancias que poidan darse non son outro que úa fonte de enrriquecemento entre as persoas discrepantes.

A cuestión é que non por quedar núa clara minoría un ten por que renunciar al que pensa e al que defende, xa que, entre outras cousas, as maiorías fórzanse dende el traballo e dende el argumentación. Al final, sería un craso error pretender silenciar ás minorías disidentes, pero peor sería el error de autosilenciarse por saberse minoría disidente. Digamos que a peor censura é la que se aplica un mesmo. De silenciarnos por ser minoría este blog estaría escrito en castellán, ou nin sequera existiría.


Este post ten como obxecto espricarme. Porque entendo que despois de tanto tempo (este blog naceu nel 2009) escribindo dun xeito, cambiar de grafia pode fer que el que se acerque alo que escribo se sorprenda e quira saber a que se debe. Sobre todo porque é xa a segunda vez en pouco tempo (a primeira foi vai seis meses) que cambio a forma de escribir, pasando de utilizar as Normas ortográficas del gallego-asturiano del Academia de la Llingua Asturiana a usar ese modelo meu de escritura (que como dixen non pretendeu ser nunca úa proposta normativa) al que estou escribindo agora, que para el que las conoza, xa caería en conta de que son as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias que a Mesa pola Defensa del Galego de Asturias editou en 1990, e que foi a primeira proposta normativa que se formlou nel Eo-Navia (nel 1993 vería a proposta del Principado, que se reformularía nel 2007 nas normas del ALLA).


Pero, por que a norma da MDGA? El carro delantre dos bois.

Creo que entre este post e el que escribin en novembre enténdese moi ben por que decido deixar de usar úa norma determinada (máis allá de que se comparta a decisión, que evidentemente é outro tema). Pero queda nel tinteiro el tema de por que usar a norma da MDGA. Non quedáramos en que apostamos por úa reitegración con todo el dominio gallego-portugués? Non era a Lusofonía el noso marco de referencia llingüística? Si. El marco de referencia que reivindico é a Lusofonía. Teño que reconocer que hai úa cousa que sempre lles botei en cara a os reintegracionistas (con todos os matices que quéramos poer), e é que ás veces parecen vivir de costas á sociedade que queren normalizar. Úa sociedade (esto vale tanto para a gallega como para a asturiana, moito máis evidentemente para a asturiana) que se desenvolve baxo el teito del castellán. El castellán domina os principales ámbitos da vida e a xente del Eo-Navia, igual que a xente del resto de Asturias ou a xente de Galicia, temos el castellán como única llingua de referencia e nesta llingua é na que estamos alfabetizados. Naide pode pretender poer el carro delantre dos bois e pretender escribir en gallego reintegrado ou en português padrão da noite á mañá e non ter un estrañamento e un rechazo por parte dúa sociedade que únicamente conoce a referencia escrita del castellán.

Esfoyar e esfollar.

«Na zona de palatalización de L- y -LL- llatinos é evidente qu'esto nun é un fenómento de yeísmo: un bon falante pronuncia coyello, allargarye, cebolla, coye, estremando ben os dous sonidos» dicen as Normas ortográficas del gallego-asturiano en resposta (moi claramente) al texto da MDGA que diz «con todo, convén utilizarmos el dígrafo ll e non adminirmos el "yeísmo" na escrita».

Se en novembre non empecei a usar as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias foi precisamente porque hai dalgúa cousa como esta. Nin soi filólogo nin vou fer de filólogo, pero é evidente que, anque hai úa zona con un yeísmo de vello (esa zona onde ta Cuaña ou Navia, onde se diz de vai tempo yobo, yeite... ou iobo, ieite... según quíramos grafiallo), na maior parte del Eo-Navia el que temos non é úa confusión de dous fonemas nun, sinón a pronunciación clara e diferenciada dos dous fonemas. El xa clásico esfoyar (quitar a foya) e esfollar (quitar a pelella), que el bon falante (non como este que escribe) diferencia de primeiras. Efectivamente, de apostar por non reproducir esa diferenciación na escritura sería moito mellor dicir daqué asina como (e é un supoer): «Os grupos latinos LJ, K'L, G'L que nel resto del gallego resultaron nel fonema /ʎ/ nel galego de Asturias resultou nel fonema /ʝ/, que non diferenciaremos gráficamente por ser minoritario nel conxunto del dominio», marcando nel alfabeto que el dígrafo ll reproduz el fonema /ʎ/ e el fonema /ʝ/ (del mesmo xeito que nas normas de ALLA márcase que a lletra y reproduz indistintamente os fonemas /ʝ/ e /i/).

Como dixen, non vou fer el traballo de filólogo, que non lo soi. Tampouco é que acabe de caer dúa parra e sei perfectamente que na fala dos bus falantes hai úa diferenciación dos dous sonidos, outra cousa é se esa diferenciación é necesaria manifestalla na escritura ou non. Outras diferenciaciois de sonidos se dan na fala e non se reproducen na escritura, sen que naide sinta traizoada a súa fala (pero claro, tampouco pretendo dicir que todos os casos señan el mesmo caso), asina naide se sorprende porque escribamos igual a [β] de Cuba que a [b] de barco, e, insisto, non estou dicindo que os dous casos señan comparables.


En colquera caso, de abrirse un debate sobre el modelo normativo a usar, poderíamos formular (eu prantiaríalo) como temos que escribir este fonema (que parece ser, en realidade) el gran problema pra poder aceptar esta norma. Creo que aceptar úa norma que nega a filiación llingüística del gallego-asturiano únicamente porque a norma que parte da filiación llingüística del gallego-asturiano ten cabos soltos é un error. El gran problema penso que foi non formar parte, en ningún momento, del proceso de normativización del gallego. Un proceso que se formulou para úa realidade política, Galicia, e del que, en consecuencia, quedamos excluídas as demais realidades políticas (Asturias, El Bierzo, Zamora e Extremadura). Ese foi, probablemente, un error para el conxunto da llingua, como un error foi virar as costas á realidade lusófona. Pero xa non podemos volver atrás, el que si podemos é avanzar nese camín que non fixemos.



Realidade?

«Realidade?», paréceme tar sintindo a máis dun dos que botades el tempo en llerme. «El meu volo nunca dixo realidade». Efectivamente, nun se me escapa que eu digo realidá, e non realidade. Antes de que me tiredes pola Bobia para abaxo imos calmarnos. Xa tou vendo a máis dun dicirme, «meca, entós, agora que escribes realidade, sigues dicindo realidá?» (xa vexo a máis de un poendo acento portugués para dicirmo). En realidade en Galicia, na maioría de Galicia, alo menos, tamén dicen realidá, anque grafíen realidade.


«Quando no séc. XIX há um processo de recuperaçom escrita da nossa língua, escreve-se o “normal”, com a ortografia do castelhano, a única em que foram alfabetizados(as) os escreventes. No galeguismo que viria a seguir há sempre umha visom do português como referente de integraçom e do castelhano como referente de oposiçom. É por isso que começam a usar-se palavras “raras” como galego, Galiza, estrada, liberdade, dúvida, Deus ou rua. Estas palavras foram substituídas por palavras castelhanas que eram as “normais” entre os nossos coetáneos(as).»


A mesma AGAL reproduz tamén, sobre a palabra liberdade esta anécdota:

Em 1904 tivo lugar um dos mais destacados atos de reafirmaçom regionalista por meio de um monumento aos mártires de Carral, os falidos revolucionários de 1846. O facto de erguer um monumento exigia o beneplácito das autoridades. Contra o que poda parecer, o desencontro com as autoridades nom surgiu polo motivo da homenagem. O ditame da “Academia de S. Fernando”, a instituiçom encarregada da autorizaçom expressou assim o seu mal-estar:
la inscrición, de no redactarse en castellano, [que] se haga en el dialecto provincial más correcto sin mezcla de portugués”( ).
Que é o que aparecia na inscriçom para molestar a Academia?:
Aos mártires da libertade” (sic).



Eso non quita para que, evidentemente, vaia seguir pronunciando realidá ou llibertá. Mesmo en principio entendo que pode ter utilidá escribillo asina na poesía, onde é común axustar as normas a realidades concretas (en Portugal apostrofan cousas que na prosa non apostrofarían, en castellano se marcan silabaciois distintas á normativa para que cuadre a métrica... e non pasa nada).


Insisto, el aposta por úa norma ou outra é úa aposta política, e ten que ver con posturas políticas distintas. Non vou insistir máis en que posturas son esas nin en cual é a mía, porque xa máis non lo podo dicir, el que non entendera el que formulo xa non lo vai entender (outra cousa é que el que lo entenda tea ou non de acordo coa mía postura, evidentemente cadaquén é ben llibre de posicionarse onde quira).


Conclusión.

Nel Eo-Navia formuláronse dúas posturas normativas. Fundamentalmente podemos dicir que houbo úa postura que partía de que nel Eo-Navia se fala gallego, que xenerou en 1990 as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias, e outra postura que partía de que el que se fala nel Eo-Navia non é gallego, senón un conxunto de falas de transición entre el gallego e el asturiano, que deu en 1993 na Proposta de Normas ortográficas y morfolóxicas del ga(l)lego-asuriano, que nel 2007 se reeditarían xa como as Normas ortográficas del gallego-asturiano. Poderemos atopar moitos peros ás tres propostas (que en realidade son dúas). Poderemos, tamén, atopar moitas virtudes a estas propostas. As dúas son propostas para esta llingua e para sociedade del Eo-Navia e para a sociedade del conxunto de Asturias. Pero a escolla entre úa ou outra é, máis que nada, úa cuestión política.

Non, non vou esqueicer que a postura que reivindicaba a galleguidade llingüística del Eo-Navia ben de veces foi da mao da postura que reivindicaba a nosa galleguidade territorial, non poucas veces baxo discursos etnicistas e esencialistas que asustarían a colquera. Tampouco imos obviar que el discurso que defendeu el asturianía territorial, cultural e política del Eo-Navia foi da mao, tantas veces, da reivindicación da asturianidade da llingua del Eo-Navia, con discursos tan etnicistas e esencialistas como os dos gallegos.

Afortunadamente creo que hai razois para crer que tamos superando esa fase. Afortunadamente creo que hai razois para crer que aos dous llados del Eo imos aceptando que el Eo-Navia é Asturias. Que forma parte clara del país asturiano. Que forma parte clara dende a llingua gallega. En definitiva, que a unidade llingüística del Eo-Navia verque para un llado e a política e identitaria hacia el outro, sen que esto seña maior problema.



Por favor...

Esta é a postura que estou defendendo... cadaquén pode opinar el que quira, pode tomar a postura que quira. Evidentemente, sólo faltaba que me fora a enfadar porque daquén non comparta el meu análise ou a mía praxe. Non, eso sería absurdo. Pero con todo e con esto, vou pedirvos un favor... Por favor, a mía postura é esta, estou aberto a discutilla e debatilla condo seña, con quen seña... Sería ridículo que demande dende aquí que se abra un debate na sociedade asturiana e nel movemento de reivindicación llingüística del Eo-Navia e non quixera discutir... Pero eso é úa cousa e outra cousa é que quira discutir a cada momento, ou que a cada momento vaia a repetir el que xa dixen... Por favor, non me perguntedes el que xa espuxen (porque vou dicir exactamente el mesmo, e eso é úa pérdida perda de tempo para min e para vosoutros). Por favor, non me saquedes el tema da norma a cada post que colgue... Se daquén quer discutir sobre esto, perfecto, pero se mañá colgo un poema ou un post sobre a reprodución del arizo na Praia de Torbas, por dicir daqué, é un pouco absurdo que me faledes da norma en ese post... Podedes falarme de ella sen falta de que seña nun post, digo eu.