quinta-feira, 28 de novembro de 2019

Reflexiois post-electorales.

Este post escribinlo a mao al día seguinte das elecciois, pero por distintas razois estuven sen ordenador e non se me amañaba escribirlo coel móvil pra subilo. Asina que, tarde, aí vai.

Como non podía ser doutro xeito, despois dúas elecciois, e, neste caso, despois dúas elecciois que prometían ser polémicas, pol ascenso del fascismo, vein as análises pertinentes (ou non).

El primeiro que todos temos na cabeza é a subida del partido abertamente fascista de 23 a 52 deputados. Tres millois de españoles votaron por úa opción abertamente fascista, de entre elos, 88.052 asturianos, que mantein un deputado dos sete que Asturias ten nel Congreso.

Sen duda é grave, mui grave. Ademais temos que ter presente que hai úa diferencia entre el votante medio de Vox e el votante medio del PP, Ciudadanos ou mesmo el PSOE ou Podemos. Estos últimos cuatro partidos tein militantes e simpatizantes máis ou menos forofos, por suposto. Pero a súa maioría electoral componse de xente que vai votar, con máis ou menos fidelidade, e volve a casa. El votante de Vox, ou muito me equivoco (e a reiz da dimisión en masa de Murcia pode que me equivoque) ou é, maioritariamente, un votante-militante. Esto é, máis aló de votar por un partido, ten un compromiso e úa identificación con él. Esto é, naturalmente, mui subxectivo e podo equivocarme, claro, pero é a sensación que percibo falando con xente que me diz que votou a Vox. Porque, si, conozo xente que votou por Vox. Pode ser que haxa votantes menos militantes que non manifesten a quen van votar pra que non los tilden de fascistas, non che sei.

El caso é que, como el propio Abascal se apresurou a dicir nada máis conocer os resultados, agora tein deputados abondos pra recurrir al Tribunal Constitucional as "leyes liberticidas". E é que Vox comprobou os bos resultados que lle dá utilizar a Xusticia como arma política. En Cataluña presentáronse como acusación conntra os principales nomes del procés, e eso non solo lles trouxo mui bos resultados electorales, senón que, ademais, fexo moverse al Goberno e aos tribunales, al aparato del Estado, a encarcelar xente e reprimir á población. Esto é, muito antias de ter representación relevante nas Cortes, xa condicionaban os movementos del Estado.

En Asturias os fascistas sacaron un deputado prás Cortes. Un deputado que, outra volta, non sacaron en Galicia (en outras partes tampouco, pero dende el Eo-Navia e dende Asturias, en xeral, interésanos ben el que pase al outro lado del Eo). E recuperaron os galegos un deputado del BNG, mentres nós temos us partidos que viven na marxinalidade, e na marxinalidade se sinten cómodos, as cousas como son. Urxe, estós, que nel soberanismo asturiano nos póñamos as pilas al hora de xerar un espacio común de encontro e luita, xeremos úas dinámicas propias e téñamos daqué de presencia real na sociedade asturiana. Se non, podemos tirar pra casa.

Hai que reconocer, con todo, que al hora de fer comparaciois con outras Comunidades Autónomas hai que ter mui en conta el feito demográfico. Porque se é verdade que el BNG sacou un deputado, sacou un deputado dos oito que ten A Coruña (namais un porriba de Asturias), pero tamén é namais un dos 23 que ten Galicia, colo que se contamos 1 de 8 el éxito é importante, pero se contamos 1 de 23, a cousa mengua.

Mesmo as CUP, os outros que chegan agora al Congreso, tein dous deputados, pero dous de 32 que lle corresponden a Barcelona e dos 48 que lle corresponden a Cataluña.

É importante compararse con outros poblos, pero non está de máis non perder de perspectiva el factor demográfico que condiciona tanto o máis os resultados electorales que el factor ideolóxico. Non condiciona solo os resultados electorales, senón tamén a realidade política nel día a día. Se nel día a día un nota a diferencia de moverse de Cuaña-Navia a Uviéu (sen que os uviedíos señan mellor ou peor que os cuañeses ou os naviegos), a diferencia nas grandes ciudades é maior.

Con todo, esto non pode valir pra xustificarnos polos malos resultados en Asturias, pra ver con certa distancia el deputado galeguista (3.000.000 hab.,  23 escanos), tamén ten que valirnos pra ver a muitísima representatividade que supón un deputado de Vox pral millón de asturianos frente aos dous deputados de Vox praos 7.000.000 de catalais ou el ausencia del partido fascista praos 3.000.000 de galegos.

Cinco deputados, por certo, ten Cantabria e un deputado del PRC. Certo, certo, asina como el BNG, Bildu, as CUP, Puyalón, etc. son referentes políticos, son dos nosos, el PRC non é, nin de broma, dos nosos. Pero cabe analizar, non el movemento soberanista asturiano en comparación coel movemento soberanista cántabro, senón a sociedade asturiana en comparación coa sociedade cántabra.

Cantabria, non hai que esqueicelo, foi hasta os 80 úa provincia de Castela a Vella. Cumpre non esqueicelo porque davezo dende Asturias se mira con condescendencia al cantabrismo, pero elos, como os rioxanos, foron quen a conseguir que se lles reconocera como suxeitos políticos (úa Comunidade Autónoma) independente de Castela. Pouca broma.

E se Revilla é un españolista con aires folclóricos, cabe recordar que Álvarez-Cascos apuntaba a ser un Revilla asturiano e Foro podía ser un equivalente al PRC. Vemos al PRC e vemos a Foro. Vemos á sociedade cántabra e vemos á asturiana.

E está Teruel Existe. Desconozo se está vinculado a algún partido de ámbeto estatal (algo sintín de que tein vinculaciois con Ciudadanos), pero aínda que teñan un único deputado, é a forza máis votada na provincia aragonesa. Non solo conseguiu un dos tres escanos que ten Teruel (un dos 13 escanos que ten Aragón), senón que é a primeira forza teruelana, porriba del PSOE e del PP, pois a pesar de ter os mesmos deputados, ten máis votos.

Neste sentido, extrapolándolo ás elecciois autonómicas, venme á cabeza a cantidade de veces que me falaron da necesidade de fer un partido eonaviego ou un partido occidental (importante a diferencia, porque na circuncripción occidental, os eonaviegos somos minoría).

É verdade que a provincia de Teruel leva muitísimos anos denunciando el sou especial abandono, non solo de Madrid, senón tamén de Zaragoza. Tamén imaxino que Teruel Existe non será precisamente un partido soberanista. Esto é, parece que en Aragón, en particular en Teruel, hai espacio pra un partido localista que demanda máis atención de Madrid (acaso non é eso el PRC ou Foro?), que un partido soberanista como pode ser Puyalón de Cuchas. Daqué que pode fernos reflexionar, porque Foro perdeu por mérito propio a posibilidade de ser un PRC asturiano, pero penso que hai un espacio máis claro pra un partido asina que pral soberanismo.

Evidentemente nós non pretendemos xerar un PRC asturiano ou un Teruel Existe. Non pretendemos reavilitalizar Foro. Nós luitamos por xerar un movemento e un referente soberanista, pero temos que felo entendendo a nosa sociedade e a comparación con outras realidades pode lanzar luz á análise da nosa. Hai espacio en Asturias pra un discurso rexionalista/autonomista que sirva de base pra un discurso soberanista? Ou debemos apostar por úa estratexia abertamente soberanista de primeiras?

Seña como seña, en Asturias urxe un asturianismo político aglutinador, que nos aglutine a todos, mesmo a aquelos colos que nos pegamos vai anos. Será posible ver a IAS, Conceyu Abiertu ou Andecha Astur nun proxecto xuntos? E urxe, aínda máis, un movemento antifascista máis amplo. Haberá que resucitar de entre os mortos Asturies pa Toes?

E toca ser xenerosos, pero non fatos. E toca axuntar forzas, librarnos de prexuicios... En definitiva, el que tanto tempo leva tocando.

Binormativismo.

Vai us anos, en concreto en novembre del 2014, publiquei un artigo neste blog titulado Gallego, nel que defendía úa postura pra nada parida na mía mente estéril, sinón presente dende, al menos, Dámaso Alonso e presente nos comenzos da reivindicación lingüística nel Eo-Navia, que a nosa fala é úa variedade del galego. Ou mellor dito, del galego-portugués, pois a mesma lingua que se fala aos dous lados del Eo é común tamén aos dous lados del Miño. E con elo comecei a cuestionar a norma presentada pola Consellería de Cultura presentada nel 1993 e asumida pola Academia de la Llingua Asturiana nel 2007.

Xa en maio del 2015 resolvín, núa mezcla de coherencia e pragmatismo, asumir a norma que a MDGA publicara en 1992, polos motivos que espriquei neste outro post.

É úa realidade que a norma asumida pol ALLA é a oficial, núa paradoxa peculiar, de ter úa norma oficial en Asturias pra úa lingua que non é ofical en Asturias. Pero con paradoxa e todo, ese non é agora el tema, a realidade é que a norma que se ensina nas escolas é a publicada nel 2007 (que ten algúas, poucas, innovaciois respecto á del 1993), que tamén é a que usan as instituciois, xa autonómicas xa municipales ou outras (como pode ser el Parque Histórico del Navia) as poucas, mui poucas, veces que fain comunicaciois na nosa lingua.

Con todo, outra realidade é que a maior parte da población eonaviega desconoce completamente colquera norma (atrévome a fer extensiva esta afirmación a úa parte nada despreciable del profesorado de Gallego-Asturiano). E úa realidable nada despreciable nun territorio como el noso, é que parte da población concienciada coel idioma cuestiona esa norma e, ou ben escribe á súa bola, ou ben escribe siguindo as normas da MDGA (máis xente de la que, a priori, pensaríamos) ou directamente escribe na norma da RAG ou outras (reintegracionista), se ven estas dúas posturas si son máis anecdóticas.

As realidades son necias, e por muito que nos emperremos, por muito que nós téñamos úa postura mui clara, as cousas son como son. Eu podo aneciar na mía postura reintegracionista, mesmo dende a postura posibilista de usar a norma MDGA (remítome aos artigos citados arriba), pero a maior parte da xente del Eo-Navia/Navia-Eo (hasta nesto confrontamos, ben de veces fatamente) escribe esclusivamente en castellano. Dos que escribimos nesta lingua (galego de Asturias/galego-asturiano/fala/eonaviego/asturgalego...), a maioría usan úa norma distinta á mía, e eso non podo obvialo.

Por outro lado, outra xente usa a norma ALLA, pero tampouco poden obviar que, pese a ser maioría dentro dos que escribimos nesta lingua, non deixan de ser minoría na nosa sociedade, como non poden obviar que non somos poucos, non tan poucos como se aveza a presupoer, os que usamos a norma da MDGA ou os que poderían usala sen problema e que, en ben de casos, non la usan pra publicar porque eso supón, case con seguridade, non publicar en Asturias.

El binormativismo galego.

As discusiois entre os defensores dúa norma ou de outra non é nova. Os aragoneses foron exemplo, durante muito tempo, de dous bloques de partidarios de dúas normas ben estremadas entre elas. Máis cerca, tamén os galegos foron exemplo de partidarios de dúas normas ben distintas. Hai diferencias importantes entre el caso galego e el aragonés, e entre ambos dous e el eonaviego. Por úa banda, en Aragón discutíuse muito sobre a norma, pero non sobre a filiación lingüística del aragonés. Nel caso de Galicia e del Eo-Navia a discusión sobre a norma ven da mao da discusión sobre a filiación lingüítica. Por outra banda, apesar de que nel Eo-Navia hai, como apuntábamos arriba, úa norma oficial e en Aragón chegaron a un acordo normativo vai pouco, en ningún dos dous casos houbo un verdadeiro proceso normalizador, onde téñamos úa parte importante da población aragonesa ou eonaviega alfabetizadas nas súas linguas ou úas administraciois que faigan uso normal delas, mentres que, ben que mal, as administraciois galegas fain uso normalmente da súa lingua na norma da RAG e a maior parte dos galegos e das galegas tein un grado alto de alfabetización en galego (coa norma da RAG), manténdose a norma de AGAL viva en sectores mui militantes.

Resultado de imagen de normas aragonésResultado de imagen de propuesta ortografica de l'Academia de l'Aragonés 
As discusiois ortográficas en Aragón non foron pouca cousa.


Temos en Galicia dous discursos lingüísticos distintos. Ún (RAG) que prantía que el galego e el portugués son dúas linguas irmás, pero estremadas. Outro (AGAL), que prantía que el galego e el portugués son, en realidade, a mesma lingua.

Podemos fer el paralelismo entre el discurso da RAG respecto al portugués coel del ALLA/Xeira respecto al galego, e el de AGAL coel da RAG/MDGA (hai que resaltar a incoherencia discursiva da RAG neste tema, pero eso daría para outro post). Nos dous casos, nel galego e nel eonaviego, temos dúas posturas lingüísticas e, en consonancia, dúas propostas normativas. Respecto al Eo-Navia cabe resaltar que úa proposta lusista nunca chegou a prantiarse. Penso que namais Crisanto Veiguela escribe con grafía reintegrada, a pesar de que el discurso reintegracioinsta chega a máis xente (a este que escribe, sen ir máis lonxe).

Entós, temos que os galegos tamén se pegan, e muito, coel tema da norma. E a pesar de que hai úa norma que é a oficial en Galicia (e aquí podemos dicir oficial con todas as letras), os galegos siguen pegándose coel tema da norma. Ademáis, cada vez máis en Galicia sale xente que pretende fer acercamentos a Portugal e al portugués, mesmo asumir que son a mesma lingua, pero sen usar a norma reintegrada. Pretendendo reintegrar doutro xeito, introducindo os neoloxismos dende el portugués e non dende el castellano, por caso.

Resultado de imagen de associaçom galega da língua
A proposta de AGAL pasa por entender el galego dentro
del dominio galego-portugués.


Neste post el que pretendo é defender que a proposta binormativa que AGAL fai pra Galicia é extrapolable al Eo-Navia, fendo este paralelismo. Onde AGAL fala del portugués ou del galego reintegrado, nós podemos falar del galego de Asturias e da norma da MDGA. Onde AGAL fala del galego na norma actual (la da RAG), nós podemos falar del galego-asturiano na súa norma actual (la del ALLA). Non falo eu de propoer a norma AGAL pral Eo-Navia porque entendo que é úa postura que está enriba da mesa en Galicia pero que a niveles prácticos non está enriba da mesa (ou se lo está, é de forma mui testimonial) nel Eo-Navia.


Entós, entendemos que hai discusiois coa norma,  nel Eo-Navia ou en Galicia, ou en Aragón, ou en Miranda del Douro ou en tantos outros lugares.Pero, qué é a estratexia binormativista? Asina lo define AGAL:

O binormativismo é a coexistência, em paridade legal, de dous modelos gráficos para representar umha mesma língua: um modelo mais local e outro semelhante ou compartilhado com um ou vários estados vizinhos. Os usos correspondentes a ambos os modelos nom têm de ser simétricos, mas é importante que ambos contem con reconhecimento legal.


El subrallado é meu. Poin, ademais, a xente de AGAL, el exemplo de Noruega ou el, quiciabes menos conocido, de Luxemburgo:
Os casos que melhor se adaptan às nossas  circunstâncias som o luxemburguês e o norueguês.
No caso do Luxemburgo, a língua culta à qual se subordinava a variedade luxemburguesa até 1986 era o alemám padrom. Um modelo parecido permitiria aos galegos e galegas usarem, para a lingua escrita, quer o português padrom quer o galego oficial atual, segundo fosse a sua conveniência. Para todos os efeitos, ambos teriam consideraçom de línguas diferentes, mas oficiais, que é o que interesa.

Vou deixar adrede fóra el tema del portugués padrón nel Eo-Navia por siguir coel esquema presentado (galego MDGA=galego reintegrado AGAL / galego-asturiano ALLA=galego RAG). Neste caso, seguindo el paralelismo, AGAL non fala del galego reintegrado nel que redactan, sinón del patrón lisboeta, asina que extrapolando el exemplo al Eo-Navia, un modelo parecido permitiría aos eonaviegos e ás eonaviegas usar, para a lingua escrita, quira el galego oficial en Galicia (norma RAG, non la da MDGA), quira el galego-asturiano oficial en Asturias (norma ALLA), considerando el galego e el galego-asturiano como linguas distintas pero oficiales as dúas a tódo-los efectos en Asturias.

El outro exemplo que presenta AGAL, el noruegués, éche ben distinto:
No caso da Noruega convivem duas normas que, ao contrário do que acontece em Luxemburgo, son consensualmente consideradas formas da mesma língua norueguesa: a bokmål, mais próxima á lingua dinamarquesa, e a nyorsk, elaborada a partir dos dialetos ocidentais do país. Todos os ciudadãos têm de conocê-las de forma passiva, mas cada pessoa e cada Administraçom pode usar a que entender. Com um modelo parecido, no contexto galego, as pessoas poderiam estudar quer um português galeguizado (bokmål), quer um galego de elaboraçom autónoma assente nas falas populares (nynorsk) para depois usar, para a língua escrita, o galego-português (com qualquer umha das suas variantes) ou o galego "oficial" atual, segundo qual fosse a sua conveniência.

Volvendo deixar fóra del debate eonaviego el portugués padrón (aínda que podemos introducilo, pero agora non vou felo), e siguindo el esquema que nos marcamos (galego MDGA=galego reintegrado AGAL / galego-asturiano ALLA=galego RAG), cun modelo parecido, no contexto eonaviego, as persoas poderían estudiar, quer un galego eonavieguizado (sería, grosso modo, el que representa a norma da MDGA), quer un galego-asturiano de elaboración autónoma, asentado nas falas populares (sería, grosso modo, el que representaría a norma del ALLA).


E esto pra que?


Se AGAL se pregunta "que ganha a língua da Galiza com o binormartivismo?", e respóndese rápidamente que con esta proposta pretenden "resolver un conflito que a muitas pessoas tem parecido negativo, tornando-o propício para a normalizaçom do idioma". Esto é "o binormativismo fomentaria a colaborçom das posturas autonomista e reintegracionista, salientando que ambas podam ter benefício para o galego".

Nel noso caso, el paralelismo parece máis que evidente. El movemento de reivindicación lingüística nel Eo-Navia xebróuse xa nas orixes en dous grandes bloques (con muitos matices e muitos puntos intermedios, máis del que ás veces quixemos ver), un que poderíamos chamar, con muitas aspas, "galeguista", representado nos 80/90 pola MDGA, e outro que podemos chamar, coas mesmas aspas, "asturianista", representado nos 80/90 por Xeira. Apesar de que el galeguismo en Galicia e el asturianismo nel Centro de Asturias (onde realmente se move el asturianismo) avanzaron muito na súa consideración mutua, e hoi podemos ver organizaciois asturianistas falando del galego de Asturias e organizaciois galeguistas reconocendo el asturianía del Eo-Navia, el propio Eo-Navia quedou á marxe de estos avances nas relaciois entre el galeguismo e el asturianismo, e no que esto influi na normalización del noso idioma. Quedamos, os eonaviegos, enquistados nel conflicto dos anos 90, mentres el conxunto del asturianismo e del galeguismo (atrévome a dicir el conxunto de Asturias e Galicia) avanzaron por outros camíos.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEilj-uww56wSxRdmLpsEiK4PkAS1tYjozdUkazZPrRmobknf097YA4HOfrOX3oStjSXbGgYary3RzBwAWHr65wk7ziSh_2eTKNv7__8Xv-FRyYNpRJ0EMb4DgnFlIiA8sp_u4QSr0UbN596/s1600/normas+MDGA.jpgResultado de imagen de normas gallego asturiano
Das diferencias del movemento de reivindicación lingüística nel
Eo-Navia nos 80/90 xurdeu a aparición de dúas normas distintas.


AGAL, na súa proposta, non esconde que hai puntos fracos. Asina lo espoin elos:
Por um lado, introduzir o ensino da ortografía portuguesa mas aulas de galego faría que os sectores do galeguismo mais adversos ao reintegracionismo sentissem questionada a independência da língua galega.

Por outro lado, generalizar o ensino do portugu
ês como segunda língua estrangeira (com um padrão lusitano uniforme, mesmo fonético), para além de nom ser priotário no orçamento da Administaçom pública, que está a permitir que a Extremadura e outras Comunidades venham a liderar no futuro a relaçom com Portugal, poderia colidir com o uso ativo das modalidades em construçom do português galego (refletidas da Ortografia Galega Moderna), que deveriam ser reconhecidas no futuro polas instituões do português a nivel internacional, asunto que fica fora neste momento.

Evidentemente, soi conscente de que, por un lado, de aceptar el binormativismo á norueguesa, pode resultar duro para a xente que defende el galego-asturiano como úa lingua distinta del galego e del asturiano porque se aceptaría a posta en práctica da grafía dos que pensamos que é úa variedade del galego. Pois discusión non é se poemos ou non un apóstrofo (de ser asina, a solución sería máis xinxela, como se pode dicir que lo foi en Aragón, pero a discusión non é ortográfica solamente). 

Por outro lado, el sistema luxemburgués, que entendo que non é el que convence máis á xente de AGAL, e non é el que me convence a min, pois incorporaría el uso, non xa da norma da MDGA, sinón da norma da RAG, pero nel uso dúa lingua entendida como distinta. Esto é, entenderíamos a escritura en galego RAG como poderíamos entender a escritura en catalán.

Con todo, el binormativismo á norueguesa pode ser aceptable pra todos, xa que supón aceptar legalmente el que é xa úa realidade social. Que hai xente que escribimos nesta lingua coa norma da MDGA e outros coa norma del ALLA. E se ben cabe a discusión filolóxica ou sociolingüística, a niveles pragmáticos, podemos deixar de lado el por qué lo femos dun xeito ou doutro e practicar a discrepancia na convivencia.

Estamos núa situación particularmente ruía pral Eo-Navia. El aparente fortaleza que tían dalgúas organizaciois, desapareceu. Al lado ou enfrente desas organizaciois parecían boligar outras organizaciois, outra xente que fía cousas núa direccion ou outra. E entre us e outros sumábamos (apesar de que poucas veces quixemos sumar) un peteirín amañoso de organizaciois e de xente que foi diluíndose nun silencio preocupante.

Non son tempos pra ver de quen foi a culpa. Nin sequera de analizar quen tuvo que responsabilidade. Pra eso tempo haberá condo limpemos un pouco as mancaduras. Quiciabes é tempo de axuntar forzas. Pero eu non lle podo pidir a naide que se axunte a min arrenunciando al sou discurso, aos sous vezos e á súa norma. Del mesmo xeito non estou disposto a aceptar que naide mo pida a min. Si podemos, úrxenos, diría eu, pidirnos e obrigarnos a nós mesmos a renunciar aos nosos prexuicios, aos nosos roces, e axuntar pasín a paso, respetandonos e apreciándonos os us aos outros, escribamos núa norma ou nel outra, porque todos nós queremos luitar pola nosa lingua (chamémosla como la chamemos) e pola nosa terra.

Aquí a mía proposta, que como xa dixen, non é el resultado del meu xenio intelectual, máis ben probe, sinón úa solución na que outros traballan pra elos e nós podemos traballar pra nós. Non é posible que haxa publicaciois eonaviegas en galego-asturiano con textos nas dúas normas? Mesmo asociaciois e organizaciois eonaviegas que se presenten al mundo nas dúas normas? Pode ser que, sen grandes esparabanes, asumamos que el que escribe na outra norma nin é menos nin ten por qué ser invisibilizado? E esta pergunta fáigola, que conste, hacia os dous lados.


Nel 2017 escribín sobre a Xuntanza de Roxíos. Escribín, parafraseando, en realidade, as palabras de outra asistente, que "necesitamos establecer relaciois de amabilidade". Son palabras ben guapas, pero necesitan levarse á práctica. Axuntar xente de distintas sensibilidades e xantar xuntos é bon, pero se despois cada un volve prá súa casa e siguimos mirando de costas pral outro, pouco amañamos. Penso que esta proposta binormativa coincide con aquel espíritu de Roxíos que, apesar de que algún pesara lo contrario, non foi resucitar úa MDGA 2.0, xa que de ser asina non cabería esta proposta, sinón a defensa única dúa norma determinada. Agora haberá que ver quen se vai sumando a esta empresa. E haberá por fer que seña un espacio cómodo pra todo el mundo, que naide se sinta marciano.

Resultado de imagen de castropol
Imos fer boligar a nosa terra?
Imos fer boligar a nosa lingua? 

segunda-feira, 4 de novembro de 2019

A casa patrucia.

y vólvese dolo noutro anoitecer
d'outro inverno 
d'outra vida máis, 
feita d'aquel mesmo sangre.
              Xosé Miguel Suárez, A casa patrucia. 

Non era mala casa, 
a casa patrucia. 
Non era desas casas grandes, 
ás cuatro auguas, 
pero érache úa boa casa. 
Os vellos cambiaran el piso 
de madeira de pino
por caoba americana. 
As ventás de bon castañeiro
deran paso a outras de aluminio, 
mais cos tempos. 

Nunca tuveron grandes eiros, 
pero si us mazueiros
que se extenden hasta a lende, 
entre algún pexegueiro, 
limueiros pequenacos
que paren
descumulanes limois. 
Aquela naranxeira, 
nenía dos ollos del pai. 
As figueiras fillas
da figueiroa del vecín
e a xoia da coroa, 
a noceira que deitada medra
asomeñando a quilla dun barco. 

Un pouco máis abaxo xace, 
en eterno descanso, 
aquela mula que morrera, 
como morría a xente, 
cansa dos traballos. 

E úa pedra 
arrancada á terra
que sirve al reposo. 
Al abrir os ouguidos al chorar
del río
que aló abaxo
corre enrabiado
a morrer al mar.

Como as vidas nosas.