domingo, 31 de julho de 2016

De minorías lingüísticas en Asturias, os xordos.

Davezo neste blogue fálase moito de linguas, é un pouco el leit motiv deste blogue, ou un delos. Fundamentalmente das nosas linguas propias, el galego e el asturiano. Pero non todos os asturianos tein como lingua propia úa destas dúas linguas. A inmensa maioría, como sabemos, por mor da sustitución lingüística, ten como lingua el castelán, e hai outras minorías lingüísticas, normalmente xente migrada ou os sous fillos (falantes de darjila, de amazigh, de woloff, de chinés, de rumano, de sherere... que viven en Asturias ou mesmo naceron aqui). Outra xente que fala outra lingua que non é nin galego nin asturiano é a xente que fala romaní (ou caló), del que espero falar en outro momento, porque quiciabes haxa que fer política lingüística tamén para os falantes desta lingua.

Pero agora veño a falar das outras linguas. Veño a falar da comunidade xorda de Asturias, signantes da lingua de signos española (LSE), úa das tres linguas de signos que se falan (que se signan, que é a espresión que tamén se usa para estas linguas) na Península Ibérica, a lingua de signos española (LSE), a lingua de signos catalana (LSC) e a lingua de signos portuguesa (LSP).

Estas linguas son linguas autónomas, non relacionadas coas linguas orales. Dito doutro xeito, a lingua de signos española non é español en xestos, nin se estende necesariamente nel mesmo dominio lingüístico que el español. De feito, a lingua de signos española sígnase tamén en Galicia, en Asturias, nel País Vasco, en Aragón... sen que haxa lingua de signos galega, asturiana, vasca ou aragonesa. De feito a lingua de signos portuguesa é distinta lingua que a lingua de signos brasileira, a pesar de que os ouguintes brasileiros falen a mesma lingua oral que os ouguintes portugueses, e lo mesmo pasa coas linguas de signos española e mexicana, que son distintas linguas.




Digo esto por que moitas veces hai quen pergunta por qué hai úa lingua de signos catalana e non úa asturiana, e mesmo quen insinuou que haberá que fer úa lingua de signos asturiana (resultado de pensar que a LSE é falar español con señas, pois del mesmo xeito cabe pensar que se podería falar asturiano con señas). E quiciabes esta seña úa razón pola que el asturianismo non puxou pola LSE, mentres que, pol contrario, el catalanismo si puxou pola LSC, que é oficial en Cataluña (a única lingua de signos oficial na Península Ibérica), colas ventaxas que eso supon para os xordos catalais.

Nel noso caso, é el que hai, non hai úa lingua de signos asturiana, polo que os xordos de Cuaña ou de Uviéu signan na mesma lingua que os de Madrid e Ciudad Real (anque con diferencias dialectales, que as linguas de signos tamén tein, ou con palabreiro propio, por caso, os xordos asturianos signan distinto a palabra amigo). Pero, como ben sabemos os falantes de galego de Asturias, as linguas tein moito que ver coa identidade, pero non van esactamente da mao (de este xeito, a lingua galega vese neste caso vinculada a identidade asturiana, e, por suposto, hai un gran peso identitario na súa defensa). As linguas de signos van, evidentemente, moi unidas a úa identidade xorda, porque si, hai úa identidade xorda. Haila dende el momento que existe úa comunidade xorda e, en consecuencia, úa identidade de grupo. As persoas xordas, como é natural, síntense identificadas coas persoas da súa propia comunidade de signantes, e coa xente xorda que signen outras linguas (colos que comparten problemáticas, experiencias vivenciales...).

Linguas de signos da Península Ibérica. En marello
a LSE (con variedades dialectales reseñables en Galicia,
Asturias e a Comunidade Autónoma Vasca e con filiación
discutida nel País Valenciano), en colorado
a LSC e en verde a LSP.

Máis aló das cuestiois estrictamente identitarias, non hai que esqueicer úa realidade obvia, as linguas sirven para comunicarse, e neste sentido, as persoas xordas non poden comunicarse oralmente núa lingua oral (si poden felo por escrito, pois é normal que os xordos asturianos sepan escribir castelán). Anque máis aló da función comunicativa, as linguas tein úa función cultural. Nese sentido temos a comunicación audiovisual; un xordo pode ver perfectamente a televisión subtitulada (os televisores inclúin hoi todos a posibilidade de subtitular el programa), pero podendo ler el que pon, non é lo mesmo ler nun idioma que non é el sou que poder ver a teleisión nel propio idioma (neste caso xestual, non oral), por máis que podas entender el castelán escrito.

Supoño que esta é a razón pola que el asociación de persoas xordas Idendeaf empezou a sacar en Youtube a serie Mírame cuando te hablo (ver primeiro capítulo aquí), úa serie dafeito en LSE, anque doblada tamén al castelán (para as personas ouguíntes), úa serie que tuvo ben de éxito nas redes e que, según informa El Faro de Vigo foi nominada á mellor comedia internacional nel Miami Web Fest. Pero por desgracia a web non dá ingresos, e por desgracia os proxectos televisivos necesitan un presuposto se queren ser algo máis que cuatro amigos con úa videocámara gravando na casa. A pesar dos éxitos ningúa cadea de televisión quixo emitir úa serie núa lingua de signos, que ten como protagonistas a persoas xordas, que prantía en primer plano a vida das persoas xordas coas súas circunstancias concretas...

E se úa televisión privada non vai apostar por úa lingua oral minoritaria (caso excepcional foi el da BBC que creou úa canal núa lingua minoritaria como el gaélico escocés, a BBC Alba), como imos pensar que vai apostar por úa lingua de signos? Neste caso cabe perguntarse para que sirven as cadeas públicas de televisión. A TVE ou a TPA ben poderían apostar por proxectos similares (se non directamente por este proxecto). Neste sentido a TVE emite un noticieiro en LSE (Con otras palabras e En lengua de Signos, polo que vexo na súa web), e a TPA... bon, se non fai nada polas linguas orales deste país... Podemos esperar que lo faigan pola lingua de signos?


El acceso á cultura, al ocio e a información é esencial
para colquera persoa, e non debera ser testimonial.
Na imaxe, el programa Lengua de signos da TVE.


Pero non é namáis a nivel televisivo, anque el ocio e a información son primordiales para colquera persoa, hai cuestióis de referencia. Por caso, a asistencia sanitaria, a educativa... Asturias namáis contaba con úa escola de xordos (en Uviéu), e agora penso que non conta con ningúa. Estas escolas eran escolas onde os xordos vivían internos durante a semana (fundamentalmente porque namáis había úa en Asturias). Un sistema que hoi parece obsoleto, pero... Están as escolas convencionales adecuadas para incluir aos alumnos xordos? Ten el profesorado non especialista algún tipo de formación respecto á lingua de signos ou a interacción con persoas xordas (ou con colquera outra diversidade funcional)? Existen intérpretes en todos os centros de salude asturianos? Hai intérpretes en todos os Concellos, nos organismos del Principado, del Estado, etc.?

Anque el Congreso proclamara a LSE oficial en todo el territorio español (houbo que esperar a que el Parlamento catalán aprobara a oficialidade da LSC para que España aprobara a oficialidade da LSE, aquí vemos el peso identitario da cuestión...), lo certo é que a comunidade xorda está ben lonxe que ter lo máis básico, intérpretes en todos os centros públicos... Hailos nel Concello de Cuaña? e nel de Uviéu? Hailos en Xixón, na Veiga ou nel Franco? Pergunto dende el desconocemento, anque creo sinceiramente improbable que los haxa en Concellos como el cuañés. Lo mesmo podemos falar de empresas públicas como Renfe... Mesmo para pedir cita nel Servicio Público de Empreo del Principado de Asturias (SEPEPA) hai que solicitar por adelantado un intérprete... Tan inviable é que haxa persoal disponible sempre nas propias oficinas?


A normalización ha darse en todos os
ámbitos. Tamén nos académicos.


Xa non vamos meternos en por que é tan difícil que úa persoa ouguinte que non quera dedicarse profesionalmente a ser intérprete ou traballar con persoas xordas poda aprender LSE en Asturias. Por que non se pode un matricular en LSE na Escola Oficial de Idiomas. Deste modo, promocionando que a ciudadanía en xeral teña acceso a esta lingua poderíamos conseguir que, por caso, colquera camareiro, colquera mecánico, colquera tendeiro... ou colquera viandante que é interpelado pola rúa, soubera e pudera comunicarse con úa persoa xorda. Un estado, como el español, e úa comunidade autónoma como a asturiana tan avezados al monolingüísmo (si, por sorprendente que pareza, Asturias está terriblemente avezada al monolingüísmo castelán), non entende a necesidade e as ventaxas para el conxunto da sociedade de poder comunicarse núa lingua de signos.


E el asturianismo, tanto político como lingüístico como cultural, ten el deber de incorporar as demandas lingüísticas desta comunidade de signantes, dúa realidade lingüística que nos é tan propia como a realidade lingüística dos falantes de galego ou de asturiano.




segunda-feira, 25 de julho de 2016

Patria Galega.


Pode parecer extraño, a dalgún lle parecerá provocativo, que dende un blogue asturianista se fale da patria galega, e máis dende el Eo-Navia asturiano, pero estando como estaremos todos (al menos dentro del soberanismo asturiano) de acordo en que Galiza é un país, non debería extrañarnos falar da patria galega. Dun país que é un país vecín, pero non é un vecín colquera.

Galiza é, sen dúbida algúa, el país que máis se asomeña a Asturias en moitas cousas, úa delas é la de ser un país con úa identidade colectiva realmente forte pero con un discurso españolista institucional fortemente arraigado, pois a pesar de que en Galiza hai un movemento soberanista importante nas instituciois, coel BNG, A Nova, as mareas... é o PP quen históricamente goberna el país vecín. Un país cúas necesidades concretas moi aparecidas ás asturianas, cúa gandeiría similar á nosa e coas mesmas ameazas, cúas reivindicaciois pesqueiras tamén asomeñadas, quiciabes con menos peso da mineiría, que seria a principal diferencia económica entre os dous países.

De feito, mesmo houbo propostas federalistas de crear un Estado Galego e Asturiano núa hipotética República Federal Española, anque el Partido Federal apostaría, finalmente, por reivindicar el Estado Galego, por un lado, e el Estado Asturiano por outro. Entre 1878 e 1882 publicábase en Madrid La Ilustración Gallega y Asturiana, na que aparecían artigos en castelán, galego e asturiano (persoalmente desconozo que postura tían respecto al Eo-Navia, se é que tían algúa postura). Elo é, como vai sernos alleo el que pase en Galiza?




Celebran hoi os galegos el sou día nacional, el día de Santiago. Non poucas veces en Asturias debatimos os soberanistas sobre a convenienza ou inconvenienza, sobre lo acertado ou desacertado de conmemorar el Día Nacional de Asturias el 8 de setembre (día da Virxe de Cuadonga). Dividímonos normalmente entre os que defendemos como Día Nacional el 25 de maio e os que defenden el 8 de setembre. Mesmo hai quen, e quiciabes seña a postura máis acertada por distintos motivos (un delos el de conciliazón entre os distintos posizonamentos), defende un Día da Nazón Asturiana (el 8 de setembre) e un Día da Soberanía Asturiana (el 25 de maio). Ben sei que entre os galegos tamén existiron posizonamentos distintos respecto al 25 de xullín, pero desconozo como se prantiou el debate ou cuales foron as posturas. Fora como fora, quedou el Día del Apóstol como Día Nacional. E, quiciabes, téñamos que perderlle el medo a esas cousas, a entendernos como poblos con úa tradición cristiana, anque séñamos profundamente laicos e mesmo ateos, ou mesmo profesemos outras relixiois, (eu sen ir máis lonxe, soi adorador de Odín). Por certo, que a mesma paranoia temos ben de veces con que a bandeira asturiana (a oficial e a que usa el soberanismo coa estrela colorada) teña úa cruz, aí os galegos non tuveron maior problema coa bandeira e no escudo el soberanismo sustituíu o cáliz por úa foucía e úa estrela (un escudo que, como aficionado a heráldica, apaixóame, anque namáis seña por a serea tenante).

Un día, el 25 de xullín, que, ademais, vincula Galiza con Asturias, pois foi Alfonso II quen inagurou el Camín Xacobeo (e ten úa estatua en Santiago por este motivo), un Camín que vinculou, ainda mais, Asturias con Galiza.

E é que Asturias e Galiza son dous pobos distintos, pero en gran midida poderían ser un mesmo pobo, pois a nosa cultura, a nosa idiosincrasia, os nosos usos e costumes non son particularmente distintos. Cuestiois históricas e identitarias configuraron os nosos pobos como pobos diferenciados, pero non por séremonos pobos distintos imos vivir ás costas us dos outros, como se non fóramos familia (moitas veces literalmente, a xulgar polos moitos apelidos galegos que topamos en Asturias). A fin de contas, os dous pobos somos ben de veces escravos, anque xuráremos preferir ser antes mortos que escravos, a fin de contas é moito máis el que nos une que el que nos separa. Al fin de contas, máis que irmaos, somos xemelgos. Dous pobos que deberían caminar sempre xuntos.



quinta-feira, 21 de julho de 2016

Autonomismo.

Ben de veces defendemos aquelo de que Asturias é nación e dende vai un tempo boa parte del soberanismo asturiano usamos el hasgstag (agora que están de moda esas cousas) #LuitandoPolaSoberania 
(#LluchandoPolaSoberanía  na súa versión en asturiano). Pero ás veces esqueicemos empricipiar pol principio... Asturias é un país sen demasiada voluntade de ser país, as cousas como son. E primeiro de falar de soberanismo non estaba de máis defender el autonomismo. Ser autonomista, na Asturias del século XXI é reivindicar, primeiro de nada, el cumprimento del Estatuto de Autonomía. Reivindicar, por caso, que se estructuren as parroquias rurales con personalidade xurídica propia, tal cual relata el Estatuto. É reivindicar el traspaso de competencias aí onde non se deu (por caso, na xestión ferroviaria), é reclamar que as instituciois asturianas traballen acorde col sou marco xurídico na normalización (e oficialización) da lingua galega e da lingua asturiana en Asturias. Que a Xunta Xeral traballe nestas linguas. Que a Xunta Xeral teña a capacidade para convocar elecciois ela mesma, como ten el Parlamento galego, el catalán ou el vasco. 

Reivindicar el autonomismo é reivindicar úas instituciois asturianas que, sen necesidade de ser de ninguna forma rupturistas, nen sequera renovadoras, xinxelamente apricando el marco legal que xa garantiza (supostamente) a Constitución, prantíen políticas pensadas para Asturias y dende Asturias.

E, nun plano máis íntimo, reivindicar el autonomismo é reivindicar que el movemento soberanista asturiano conoza el Estatuto de Autonomía, lo lea e lo debata. Que el movemento soberanista asturiano conoza algo de lexislación asturiana, algo das nosas instituciois... e a ser posible, algo del noso dereto consitudinario. Porque podemos enarbolar a bandeira dúa Asturias libre, soberana, socialista... Pero el poblo asturiano, mentres, vai siguir mirando para a TPA, para La Nueva España, para todos os factores ben lonxe de ser soberanistas. En definitiva, podemos falar de soberanía, pero non ten xeito nengún se lle falamos de soberanía a un poblo que nin sequera pensa na autonomía, nun poblo que non ten maior conciencia dél mesmo e ten os ollos clavados en Madrid.

Reclamar el autonomismo, é, en definitiva, estar cerca da xente de Asturias e, a partir de aí, intentar transformar a sociedade hacia el soberanismo. Debatir e fer política achegada á realidade de cadaldía dos asturianos e as asturianas.


sexta-feira, 15 de julho de 2016

Un Deus.

Rezarlle a un Deus
que non condenara a Caín
el sou acto de amor.
Que non perdoara a Noé
a súa soberbia servil;
un Deus que non deixara árbol
pral pé da palomba;
que la afogara.

Rezarlle a un Deus
que fixera por buscar
dez homes
              dez mulleres
de xusticia en Sodoma.
Rezarlle a un Deus
que non sacrificara al Fillo
nun holocausto caníbal
Cordeiro de Deus que quitas...
Divina soberbia!
pra perdoar el pecado del Pai.

Un Deus que non puxera frutales
pra alimentar ás pegas
e vestir aos fillos.

Rezarlle a un Deus
que trouxera úa banda de trompetas
a montar un maraballo
dos que derrumban murallas
e queiman pasados.

Rezarlle a un Deus de odio,
que sei eu,
a Odín,
xa que este Deus de amor
Yahveh
          Xehová
                   Alá
ten as venas enchidas
del amor del maltratador
(él tamén nos mata porque somos sous).

Rezarlle a un Deus llabrego,
non pastor,
que matase a todos os pastores.

Un Deus llabrego que nos sulfatase
con azufre e napalm
e nos deixara dormir,
descansar.

Un Deus que non estea feito á nosa
horrenda
imaxe.
Que non se nos asomeñara en nada.

En definitiva,
un Deus que non dera tanto noxo como nós.

sexta-feira, 1 de julho de 2016

Noites de morte.

Mais perto de min são as estrelasneste jardín,do que os homens sentados a meu lado.
Rui Cinatti, 'A pequena anguistia'.


Noite
       noite
              noite
de escuras estralas que non aluman,
de fogueiras que non calentan
as maos que non se apretan.

Noite
       noite
              noite
famenta noite
que traga homes,
infestada
de chupacabras,
de curuxas,
de lobishomes,
de Santas Compañas.

Infestada
de camas sen almofadas,
suspiros de ventolín,
morte asegurada.