sexta-feira, 15 de julho de 2016

Un Deus.

Rezarlle a un Deus
que non condenara a Caín
el sou acto de amor.
Que non perdoara a Noé
a súa soberbia servil;
un Deus que non deixara árbol
pral pé da palomba;
que la afogara.

Rezarlle a un Deus
que fixera por buscar
dez homes
              dez mulleres
de xusticia en Sodoma.
Rezarlle a un Deus
que non sacrificara al Fillo
nun holocausto caníbal
Cordeiro de Deus que quitas...
Divina soberbia!
pra perdoar el pecado del Pai.

Un Deus que non puxera frutales
pra alimentar ás pegas
e vestir aos fillos.

Rezarlle a un Deus
que trouxera úa banda de trompetas
a montar un maraballo
dos que derrumban murallas
e queiman pasados.

Rezarlle a un Deus de odio,
que sei eu,
a Odín,
xa que este Deus de amor
Yahveh
          Xehová
                   Alá
ten as venas enchidas
del amor del maltratador
(él tamén nos mata porque somos sous).

Rezarlle a un Deus llabrego,
non pastor,
que matase a todos os pastores.

Un Deus llabrego que nos sulfatase
con azufre e napalm
e nos deixara dormir,
descansar.

Un Deus que non estea feito á nosa
horrenda
imaxe.
Que non se nos asomeñara en nada.

En definitiva,
un Deus que non dera tanto noxo como nós.

Nenhum comentário:

Postar um comentário