quarta-feira, 1 de julho de 2009

Cua vista nubrada.





Falín chegóu a casa y puxo a televisión. Nella un homón grande y outro dalgao turnábanse pra martellar con un mazo nun muro, al tempo qu'un feixe de xente emocionada berraba tolla d'alegría, dous rapaces saltaban enriba da parede y úa moza roxa choraba y ría al tempo. Nesto el home dalgao deu en fer un furaco na parede y el homón metéu as maos nél y púxose a tirar hasta que d'aquel furaco fexo un boquete enorme. ¡Detrás da parede había muita máis xente furando nella! El neno vía todo esto na tele con úa emoción que nun era quén a esplicar d'únde salía. Entós el home del parte dixo <> y a gayola chegaba a todo el mundo.
En todo el mundo falábase da reunificación, da Perestroika, del fin da Guerra Fría... Pasóu el tempo y parece qu'aquellas búas intencióis quedaran en ben pouco. Tras a caída del comunismo as antiguas repúblicas soviéticas pouco conoceron d'aquellas bondades del capitalismo. Quizabes, quén sabe, os políticos nun souperon tar al altura das circunstancias; quén sabe se foi qu'el bloque occidental nun quería compartir el pastel col antiguo enemigo. Llougo chegóu el apertura del mercao chino y a gran potencia "comunista" foi tamén a potencia dos productos Disney made in China y da roupa a precio baxo.
Á xente da xeneración de Falín, os nacidos nas décadas dos 80 y 90, enseñáranyes que todo el que quixeran taba na súa mao. Féranyes crer que veran al mundo pra mercar minicadías y ligar cuas rapazas de minifaldas imposibles que taban nel fondo del bar, das qu'entre el escuridá s'adiviaban as máis guapas. Peró Falín nun tía cuartos prá minicadía y as nenas guapas da minifalda metíanye a llingua na gorxa a outros que nun eran él, a os que Falín odiaba y admiraba a un tempo, y a os que, sobre todo, envidiaba.
Pasaron os anos y inda condo Falo nun touvo nunca a minicadía nin a moza da minifalda --nin a da minifalda nin el outra--, siguiron contándoye qu'el mundo taba a un paso, qu'el futuro era d'él. Llougo dixéronye aquello de que na súa terra <<¡claro qu'hai trabayo!>> y ben cedo sóubose a sí mesmo feito toda úa llenda urbana, sóubose a sí mesmo marchando da súa terra a trabayar de daqué que nun tía que ver colo qu'estudiara.
__________________
Falín chegóu a casa --vaya, casa é un dicir, porque taba mui llonxe da súa casa-- y puxo a televisión. Nella un grupo de mozos franceses y inmigrantes queimaban un autobús porque parece ser que nun taban mui contentos cos prais d'empreo qu'el sou Goberno tía pra ellos. Un mozo árabe tiróu úa pedra a un Mercedes y úa rapacía berraba cabreada mentres enseñaba el dido del medio á cámara. D'aquellas palabras en francés Falín sólo soubo descifrar us poucos nomes --"Villepain", "Chirac"-- y parece que falaba del Contrato del Primeiro Empreo condo dicía "merde, merde". Falín nun podía entender el que dicía aquella nena, peró de dalgún xeito sintíu que lo convencía. Daqué nél ye dicía que tía dalgo en común que lo unía irremediablemente con aquellos mozos franceses.
--Chegóu úa carta d'Asturias --dixo el sou compañeiro de piso, condo lo víu entrar pola porta.
Cuase como un poseso, Falo abríu el sobre pra ller as lletras de súa madre, que ye escribía pra dicirye máis ou menos lo de sempre, que todos tán ben, qu'el sobrín medra qu'é un primor, qu'el outro día tuvo por ei Mengana pra convidalla á boda del fiyo que vei ser en mayo, que nun sabe ella se en mayo atopará igresia, que claro, a esas alturas tarían xa piyadas, anque nunca se sabe, como agora casa menos xente, qu'agora lo que se lleva é irse a vivir xuntos, y qué qués que che diga, fain ben, que lo outro é toda pra gastos, que mira cua boda del neno de Manulo, a boda mui guapa, peró pra lo que duraron miyor aforraban os cuartos... En fin, cuntábaye esas cousas que cuntan as madres. Y a Falo, a verdá, a boda d'este ou del outro importábaye máis ben pouco, peró aquellas lletras sabíanye a gloria.
Cuntaban naquel chigre nel que paraban ben de veces un peteirín d'asturianos, qu'houbera dalgúa movilización en Asturias pol tema del peche dos astilleiros, peró Falo nun s'enteróu muito ben del que pasara, porque na tele xugaba el Barça y, claro, eso naquel barrio madrileño abondaba pra qu'a taberna s'enchera de xente que mostraba efusibamente as súas pasióis fuboleiras.
Al chegar al portal, Anna, aquella mocía rusa d'oyos enormes que vivía nel terceiro dereta miraba delantre del buzón el correo.
--Hola, ¿qué tal? Parece que vei quedar bon día, ¿eh? ¿Cómo vei todo?
--Hola, ¿qué tal? --chapurriaba en castellano a moza con certo esforzo--, estoy mirando el buzón, no llega nada de papeles.
Y se quen espera desespera, aquella moza tía úa pacencia digna d'admirar, porque todos os días abría el buzón cua mesma ilusión; al final subía as escaleiras canturriando cousas da súa terra. Aquella moza sempre cuntaba cousas de Rusia, de condo caera a URSS, de condo tuvo que vir a España a trabayar, y con aquellas cousas Falo quedaba sempre empavolao como un neno pequeno.
Na soledá da cama axuntábanse os pensamentos, a moza francesa que berraba a súa indignación, os compañeiros de chigre que falaran daqué de novos xalés adosaos nel sou conceyo, as lletras da súa madre dicíndoye que Bastián fora pra Xixón pra fer nun sei qué d'ordenadores, y Xuaco marchara pra Bilbao a úa fábrica, Anna, a súa voz canturriando cousas d'aquella terra tan llonxe metíaseye na cabeza hasta que durmia con aquellos sois.
Un día chegóu a policía á porta da nena rusa. Sabicheiro, Falo miróu pola mirilla cómo ye apricaban a llei d'estranxeiría a aquella moza que cantaba sempre aquellas cancióis de llonxe que pola noite aneinaban al asturiano y os llúis alegrábanye as mañás nos qu'a xelada --nel sur tamén xela-- ye apegaba as sabas al corpo. Detrás da porta el rapaz choróu en silencio. Pasóu el tempo y nunca puido superar aquella sensación de balleiro cada vez que subía as escaleiras silenciosas.
__________________
Falín chegóu a casa --desque llevaran a Anna era menos casa que nunca-- y puxo a televisión. Nella un homón grande y outro dalgao turnábanse pra martellar con un mazo nun muro, al tempo qu'un feixe de xente emocionada berraba tolla d'alegría, dous rapaces saltaban enriba da parede y úa moza roxa choraba y ría a un tempo (¡cónto se parecía a aquella outra moza roxa que conocera y qu'úa llei y us homes d'uniforme ye quitaran!). Úa voz en off dicía <>. El documental sobre a cayida del Muro recordóuye a Falo aquel día nel que sendo neno vira na tele aquellas mesmas imaxes, aquellos días unde aquella alegría ye nubrara a vista a toda úa xeneración que creu qu'el mundo taba al alcance da mao. A voz en off siguía falando con aquel ritmo monótono <>. Falín apagóu a televisión y salíu de casa. Tía que despexar a cabeza.



"Entrambasauguas", nº 24, Primavera 2007

TVG.

Sí, confésolo, préstame ver a TVG y, sobre todo, sintir a Radio Galega. Paréceme úa radio de calidá, claro que tamén tén programas chorras y zarapalladas, peró polo xeneral préstame. Además, por qué nun dicillo, préstame a RTVG porque lo fain en gallego, éntrame úa envidia (sana, eso sí). Anoxo que dende este llao del Eo a cultura sólo se poda presentar en castellano, sobre manera a cultura audiovisual. Se é en gallego-asturiano ou en asturiano xa parece que nun vale.
Sí, préstame sintir a Radio Galega, úa radio de calidá y en gallego. Nun entendo por qué, ás veces, condo digo qu'escuito a Radio Galega, sinto risías nerviosas, condo non focicos torcidos y hasta daquén m'espeta "pos eu non, cos gallegos nun quero saber nada". É absurdo, tamén me presta ver a ETB ou Canal Sur. Peró non, se es del estremo occidental parece que teis que xustificar úa sorte de pureza asturiana, en fin, supoño qu'inda somos un pueblo pequeno, con miras estretas.
A cousa é qu'hoi escuito úa entrevista al músico avilesín Xune Elipe (con motivo a un concerto que vei fer Dixebra nel país vecín). Na RPA tan entrevistando a miss Asturias, y é qu'as comparacióis poden ser odiosas, peró son tan descriptivas... Anque pra ser xustos diréi que despós poin un programa musical, Latitud Norte, que nun tén mala pinta. El programa que sintimos na Radio Galega chámase Aberto por reformas, un programa musical nel qu'entrevistan telefónicamente, como digo, a Xune. Por certo, que sorprende lo ben que fala en gallego. El locutor chámaye el atención sobre el poco que saben os gallegos dos asturianos y lo pouco que sabemos os asturianos dos gallegos, "¿por qué será?" pergúntase. Xune fai referencia a un programa da RPA unde Ambás entrevistaba a un músico gallego, y parece ser qu'Ambás comentaba qu'os gallegos y os asturianos tamos de cul us respecto a os outros. Y penso qu'é búa verdá. Y nun lo entendo. Seique os gallegos y os asturianos temos úa relación curiosa d'amor-odio, porque ta claro qu'en cuanto un asturiano pisa Galicia todo son atencióis pra con él, y penso que lo mesmo se pode dicir de condo os gallegos cruzan del Eo pr'acó. Peró por outro llao hai dél desprecio d'os gallegos hacia os asturianos y, hai que dicillo, dos asturianos pra cos gallegos. Incomprensible.
Sí, préstame sintir a Radio Galega, préstame ver a TVG, babo vendo qu'hasta os programas d'esos de sabichar son el gallego, por nun falar da programación infantil (pertenezo a esa xeneración d'asturianos occidentales que se crióu vindo el Xabarín Club), condo d'este llao del río toda a cultura, y en especial a audiovisual, ta vetada pral asturiano (salvo escepcióis que nos sirven pra confirmar a norma) y pral gallego-asturiano (aquí a falta de escepcióis sirven pr'amosar úa sociedá que se deixa morrer de tedio y noxo). Préstame tamén cruzar a Ponte dos Santos y ver esos lletreiros de carretera en gallego, incluso lletreiros del Estao ("Autovía do Cantábrico, perdonen as molestias", "O Estado invirte aquí", etc.), el Eroski de Ribadeo, cuas súas rotulacióis en gallego, a toponímia normalizada, etc., etc.
Vivimos de cul os us pra cos outros, peró polo menos ei temos a nun sei contos gallegos y a polo menos un asturiano escuitando a música de Dixebra (Dios salve a Trevín) y a Xune falando en gallego, eso é daqué. "¿Sigues facendo o programa Rockmería?, ¿cómo podemos sintonizarvos?" pergunta el locutor, "Si, claro, de feito xa hai galegos que nos escuitan", contesta Xune, remitíndoye á páxina da RTPA, anque seique del mesmo xeito qu'a Radio Galega se sinte en Cuaña, sintiráse tamén a RPA en Ribadeo ou A Fonsagrada, digo eu. Por certo, que Rockmería é úa d'esas escepcióis das que falaba antias, úa rara avis.
Y sólo eso, que sintín a Xune na Radio Galega y prestóume abondo, y quería compartillo con vosoutros. Ois, ¿y cómo será que me ta apetecendo tomar úa caña con Roi?

Mouguías,26 de Xunio del 2009.