sábado, 29 de agosto de 2015

Políticas lingüística para fer país (I).


Vai tempo que el asturianismo político está querendo abrir (veremos se somos quen a fello) un proceso de constitución nacional ou, polo menos, de constitución política del propio asturianismo político (valia a rebundancia). Faise, entós, necesario abrir un proceso de debate político e social en torno a úa serie grandísima de cousas, el que un amigo e compañeiro chama, fendo a coña col procès de Vinarós, el procesu de Ḷḷaciana. Pois ben, este proceso de Ḷḷaciana (que en realidade pinta que vai ser máis ben un proceso de Uviéu) necesita de úa serie de debates profundos e, como persona interesada en que este proceso grume, quero aportar el meu granín de area.

Quixen empezar coa cuestión llingüística, anque ben sei que a cuestión llingüística é usada en demasiadas ocasiois como carta de presentación del asturianismo político, acabando por confundir el asturianismo político col llingüístico. Con todo, quixen fello asina porque vai us anos encargáranme, para úa formación política estatal na que militaba daquella, un artículo sobre a cuestión llingüística para el programa electoral en Asturias, que por distintos motivos nunca se puxo sobre a mesa de debate. Despois estropiaraseme el ordenador e perdera aquel documento, pero máis ou menos recordo as ideas que espoía, e quixera recuperallas.


Llinguas propias, llinguas nacionales.

As llinguas propias de Asturias son as que se xeraron históricamente en Asturias, esto é, el asturiano e el gallego. Hoi, en Asturias, fálase maioritariamente castellano, que é úa llingua xerada fóra das actuales fronteiras asturianas pero que forma xa parte da nosa realidá cultural e llingüística. É llingua maioritaria por mor de un proceso de sustitución llingüística non rellacionado con procesos migratorios (esto é, non se trata de que un montón de personas de Castella chegaran a Asturias traendo con ellas a súa llingua, senón de que por cuestiois de prestixio social e de presiois políticas parte da población asturiana foi abandonando a llingua propia, fora el asturiano ou el gallego, pola castellana). É verdade que Asturias tuvo, históricamente, migraciois dende Castella ou outros territorios peninsulares (castellano falantes ou non), como é verdade que esas personas adaptáronse llingüísticamente al territorio e acabaron falando asturiano ou gallego, según el caso.

Hoi non é posible fer un mapa (socio)llingüístico de Asturias obviando el castellano, polo que temos que entender, para mellor ou para peor, que el castellano é llingua de Asturias.

Inmersos como estamos en un proceso de recuperación llingüística (tanto del gallego, nel Eo-Navia, como del asturiano, nel resto de Asturias), temos que entender que úa cousa é considerar el castellano llingua de Asturias e outra llingua propia (ou llingua nacional, entendendo el proceso nun marco de construcción nacional) de Asturias. ¿Por que? Moi xinxello, é difícil recuperar el gallego en Cuaña e frenar a súa sustitución pol castellano se entendemos que el castellano é a llingua propia de Cuaña. É difícil recuperar el asturiano en Uviéu e frenar a súa sustitución pol castellano se entendemos que el castellano é a llingua propia de Uviéu. Esto é importante al hora de falar (como hei falar máis alantre) da normalización e a nacionalización das llinguas non orixinarias de Asturias faladas en Asturias.

Neste sentido cabe insistir na idea de que en Asturias se falan dúas llinguas propias, pero que ningúa de ellas é propia de todo el territorio asturiano. El gallego é llingua propia en Cuaña, pero non en Uviéu (máis alló de que haxa úa comunidade eonaviega importante en Uviéu, de lo que tamén falaremos). El asturiano é llingua propia en Uviéu, pero non en Cuaña (máis alló de que poda haber persoas, non falaría eu aquí, por cuestiois numéricas, de úa comunidade, falantes de asturiano en Cuaña, xente procedente de outras partes de Asturias). Sen ser ningúa das dúas llinguas propias de todo el territorio, al sello de úa parte del territorio (nel caso del gallego de úa parte máis pequena, nel caso del asturiano de úa parte máis grande) han entenderse as dúas como llinguas propias e terriotoriales de Asturias, como as llinguas del poblo asturiano, as llinguas nacionales, máis alló de que haxa máis ou menos asturianos que teñan como llingua propia outra llingua (seña el castellano, maioritaria en Asturias, seña el woloff ou el rumano, minoritarias e propias de úa parte da población asturiana migrada).

Territorialidade llingüística.

Prácticamente todo el asturianismo asume sen maior problema que a nivel municipal en Uviéu ten que normalizarse el asturiano e en Cuaña el gallego (gallego-asturiano, eonaviego, fala, falía, cuañés, falas locales de Cuaña, «como falamos aquí»...). Del mesmo xeito que prácticamente todo el mundo acaba asumindo que el castellano é úa llingua que non pode ser obviada.

Neste sentido hai que diferenciar entre políticas de máximos ou de mínimos (probablemente máis realistas). Querse dicir, eu non podo pretender que nel 2015 el Concello de Cuaña faiga a súa política íntegramente en gallego, que rotule namáis en gallego, que bote bandos namáis en gallego... Ou que el Concello de Uviéu faiga lo propio en asturiano (poño estos dous Concellos de exemplo porque son os que teño de referencia persoal, dame igual falar de Cuaña e Uviéu que da Veiga e Xixón, Eilao e Morcín, Ibias e Cangas, San Tiso e Cabrales...). Non podo pretendello porque é non vivir neste mundo nin nesta sociedade. Pero eso é úa cousa e outra cousa é aceptar el billingüísmo como úa política de máximos. Nese sentido, eu si aspiro a úa Cuaña nel 2040 (úa data posta al tuntún, quen diz 2040, diz 2030) que rotule, emita bandos, faiga plenos... namáis que en gallego, ou úa Uviéu que faiga lo propio namáis en asturiano. Digamos que ese sería el meu obxectivo de normalización llingüística a llargo prazo. Sen que eso seña problema para que as persoas castellano falantes podan fer a súa vida privada e pública en castellano, dirixirse al administración en castellano, escolarizarse en castellano... Exactamente como as persoas que formen parte de outras comunidades llingüísticas con presencia nel país.

Eso no que respecta á normalización llingüística nos Concellos... Pero qué pasa coa normalización llingüística a nivel nacional ou estatal?


Afirmamos que as llinguas nacionales de Asturias son el asturiano e el gallego. Eso quer dicir que as dúas son llinguas de Asturias e as dúas al mesmo nivel, anque evidentemente úa ocupa un territorio moito maior que el outra. Eso quer dicir, entre outras cousas, que el administración asturiana ten que rotular nas dúas llinguas, emitir el BOPA nas dúas llinguas (eu entendo que tamén se emita en castellano e, chegada a situación, noutras llinguas faladas en Asturias con presencia abonda), que, por caso, os vehículos del Principado habrían tar rotulados nas dúas llinguas, a TPA emitir nas dúas llinguas...


Nese sentido temos exemplos a evitar noutras Comunidades Autónomas. Está el caso de Navarra. En Navarra féxose úa política llingüística basada nos tres territorios llingüísticos, a zona vasco falante del norte, a zona castellano falante del sur e a chamada zona mixta del centro, os territorios hoi castellano falantes nos que históricamente se falou vasco. Esa política territorial llevou a normalizar el vasco namáis onde se fala, chegando á situación de que a xente de La Ribera non sólo desconoce a llingua vasca (e con ello non pode opositar aos postos administrativos navarros que piden esa llingua), senón que síntenla como allea a ellos. Sería marciano un Eo-Navia desconocedor da llingua asturiana (que ademáis frenaría el movemento dos funcionarios por todo el territorio), como sería marciano úa Asturias desconocedora del gallego. Un modelo educativo (por poer namáis un caso) que prantiara que nel Eo-Navia se aprenda gallego e asturiano e nel resto de Asturias asturiano pero non gallego, non sólo sería pouco igualitario, senón que partiría da idea real de que el asturiano é a llingua nacional de Asturias e el gallego é úa llingua territorial, condo se nos poemos, ou as dúas son nacionales ou as dúas son territoriales, ou mellor dito, son as dúas nacionales e territoriales al tempo. Anque sobre el modelo educativo quero falar máis adelantre.


Castellano.

Falamos das llinguas propias (nacionales) de Asturias, llinguas que ademais de ser as que se xeraron históricamente nel noso país, tein un valor identitario forte. Falamos asturiano porque somos de Asturias (del Asturias asturiano falante), falamos gallego porque somos de Asturias (del Eo-Navia). Pero, evidentemente, non falamos castellano porque séñamos de Asturias, anque sendo de Asturias podemos falar castellano, ter el castellano como llingua materna (meu caso, sen ir máis llonxe, e el de tantísima xente que reivindicamos colquera das dúas llinguas propias ou as dúas), e mesmo se pode ser monollingüe en castellano sendo asturiano (e sendo soberanista, anque, evidentemente, dende aquí defendemos el poliglotismo dos militantes de este país políglota). Evidentemente sería absurdo pretender pasar dúa situación de marxinación absoluta dos falantes de gallego e de asturiano a úa situación de marxinación (del tipo que seña) dos falantes de castellano. Por outra banda non podemos obviar que, hoi, el castellano é a llingua maioritaria de Asturias.

Por outra banda non podemos obviar, como diximos arriba, que el castellano é llingua maioritaria en Asturias en virtude da sustitución llingüística. Esto é, as políticas de imposición del castellano fain que el inmensísimo número de castellano falantes que hai en Asturias (sobre todo na Asturias urbana, tamén na villana) non se podan considerar úa situación normal. A situación del castellano en Asturias non se debe a un fluir natural das llinguas, a procesos llingüísticos naturales. Ademáis, a situación del castellano en Asturias é dependente da situación del gallego e del asturiano (e viceversa). Querse dicir, a boa vitalidade del castellano en Asturias é a costa da mala vitalidade del gallego e del asturiano, a costa de comer falantes a estas dúas llinguas.

Con todo, en Asturias fálase castellano. Cabe señalar que neste apartado condo falo del castellano que se fala en Asturias e, con ello, da comunidade castellano falante del país, estou escruíndo á población migrada de países castellano falantes ou de países baxo a presión castellana ou que sufren a mesma sustitución llingüística. Querse dicir, non estou falando de castellanos, andaluces ou dominicanos que chegan a Asturias nin estou falando de gallegos (si, ten coña), estremeños, lleoneses (tamén ten coña) ou catalais que cheguen a Asturias falando castellano. Falo de xente de orixe asturiano que fala castellano. Faigo esa diferencia porque, como dixen arriba, el castellano non se espande por Asturias por motivos migratorios e porque das poblaciois migradas falaremos máis abaxo.

Como dicíamos, el castellano, sendo llingua alóctona, é llingua de Asturias, pero a sello por un proceso de sustitución llingüística sería un error imperdonable e de consecuencias terribles para a normalización del gallego e del asturiano consideralla llingua nacional. Eso non quer dicir que, evidentemente, os castellano falantes de Asturias tein que ter os mesmos deretos llingüísticos que os gallego falantes e os asturiano falantes. Por outra banda, alfabetizar ás persoas castellano falantes en gallego ou/e en asturiano é úa prioridade del movemento de recuperación llingüística. Polo demais, naide pode negar el utilidade que ten el castellano para os falantes de gallego e de asturiano, e naide pode negar que a presencia del castellano en todos os niveles educativos aporta úa serie de beneficios.