terça-feira, 26 de abril de 2016

Pozos.

Hai pozos dos que non se sale.
pozos fondos
escuros...

Valíu.
Porque nel fondo del pozo
escuro e fondo
parecera que non hai salida.
Que naide poidera escapar
dus ollos profundos
pechados.

Hai pozos nos que caes
e recaes
e volves caer
infinitamente.

Porque non,
non estás morto,
ben de veces lo quixeras,
pero non estás morto.

Hai pozos dos que se sale
nadando.
Doutros non se sale
se non é furando pra abaxo,
fundíndote na lama
e salindo
pol culo
del pozo,
del mundo,
desta ilusión
que chamamos vida.

quarta-feira, 13 de abril de 2016

Acto de redención.

Fozar
como un raión tolo
pueril
entre as túas tetas
e levar nel focico,
nas barbas,
nas navallas
(de leite aínda)
todo el arume da ilusión
que quer ser felicidá,
da señardá
dos tempos non vividos,
dos chuchos non dados
e as noites solitarias.

Sintir que a ilusión
é máis real
que a vida.

terça-feira, 12 de abril de 2016

[sen título]

Que fer condo se confunden
amor
e odio?
Que fer condo non atopas
máis que sangre nas túas maos,
nos tous ollos,
na túa lingua
enchendo col ferruñento cheirume
dende el célo da boca
ás profundidades da gorxa.

Abrazar
disparar
chuchar
apuñalar
follar
       follar
              fallar.

Cúspelle a Deus
todas as putas benaventuranzas
e chucha
a todas as putas
que seman de lágrimas as rúas,
as esquinas,
os calellois
da memoria.

Elas son as únicas
que han salvarte.