«¿Deben estudiar los alumnos de
forma obligatoria Llingua o CulturaAsturiana en Primaria?» Esta pergunta, asina de sesgada,
é coa que La Nueva España, el periódico fundado por Falange Española nel
primeiro ano triunfal (postos a meter el dido nel oyo, todos podemos fello)
abríu recentemente un debate social completamente infundado y fóra de llugar.
Pergunta sesgada porque mui conscentemente ta prantiada pra chamar á confusión,
xa que colquera que la llea podería pensar que “llingua asturiana” y “cultura
asturiana” verían a ser lo mesmo y qu’os nenos tein qu’estudialla de forma
obrigatoria, cousa que nun é certa (ergo, é mentira). Con todo, con todo
el rechazo que, naturalmente, supón todo el qu’imprique a palabra obrigación
(y é que naide fala de qu’el asignatura de Llingua Castellana si qu’é
obrigatoria, peró élo), a enquisa tuvo un resultado abrumador a favor de qu’os
nenos escoyan entre Llingua Asturiana y Cultura Asturiana (tengo en cunta de
que mui probablemente muitos dos que participamos na enquisa y votamos si
en realidá el que queremos é qu’a de Llingua Asturiana seña úa asignatura
troncal).
El conflicto
(por chamallo de dalgún xeito) sigue nos chamados medios d’información (que xa
é un xeito mui xeneroso de chamallos) y el medio de comunicación estatal El
Confidencial, supuemos que despóis de mirar y remirar un mapa pra saber
únde queda Asturias, publica qu’«Asturias blinda la enseñanzadel bable en detrimento del
francés u otra segunda lengua». Dito asina parecería qu’en
Asturias s’estudian menos horas de francés ou de colquer outra segunda
llingua qu’en outras comunidades d’este estenso reino, y dito asina
parecería qu’os nenos asturianos tein úa formación en llinguas de fóra del
estado menor qu’en outras comunidades. Nada máis llonxe da realidá.
Case, y sólo case, ye alegra a ún, dende el Eo-Navia, nun esistir prá opinión
pública, xa que tanto falar del estatus del asignatura de Llingua Asturiana
esquéicesenos (y tamén é un falar) el asignatura de Gallego-Asturiano. Como
sempre, qué máis dá, a situación é a mesma (sic.) y con falar d’úa xa nos vale
pr’aludir ás dúas, eso si, imos falar da mía. Peró con todo, si qu’el que se ta
falando é cousa das dúas comunidades llingüísticas orixinarias d’Asturias
(comunidades llingüísticas en Asturias hai un porrón d’ellas, dalgúas asentadas
de veyo, como a castellana, y outras máis de novo, como a china ou a uolof, peró
orixinarias hai dúas, nin máis nin menos).
Os ataques de La Nueva España á normalización llingüística en Asturias
vein xa de veyo y son xa conocidos por todos. A pesar de que de condo en condo
aparecen páxinas en asturiano, dándose a paradoxa de qu’el periódico que máis
subvención recibe pra normalizar el asturiano é, al tempo, el que máis fai
contra a súa normalización. Y falamos d’asturiano, y nun lo femos estensible al
gallego-asturiano porque este periódico nun dedica ningúa páxina a esta
llingua; todo lo máis que fai é alimentar outras polémicas, porque pra La
Nueva España el único discurso aceptable é el de xenerar polémicas
alrededor das nosas llinguas pra deixar el pouso de que sólo en castellano
s’acaba coas polémicas. Desde a polémica qu’alimenta eternamente sobre a
filiación llingüística d’esta fala qu’escribo (y el medo de qu’os tanques
gallegos atravesen el Eo) hasta as polémicas estúpidas sobre a toponimia (y é
que nunca diximos Quimarán os que nun sabíamos qu’esistía Quimarán, y é que San
Polayo sólo lo dicen os gangosos y os borrachos, de dixo daquén nel periódico
falangista) ou sobre a diversidá maléfica del asturiano (os mil bables,
fenómeno que nun se dá en ningúa outra llingua del mundo). Peró rara vez nos
medios estatales, por máis que señan panfletos de tiradas reducidas, miran pra
este trozo de mundo que conocemos como Provincia de Oviedo, perdón,
Asturias, con algúa escepción como as burlas á llingua asturiana
(evidentemente, el Eo-Navia sigue sendo un desconocido) de Jiménez
Losantos (úa persona que, polo demáis, creo que ye ten el mesmo noxo
á cultura aragonesa qu’á asturiana).
Y el noso, el noso movemento de reivindicación llingüística ten que tar atento
a estos ataques (xa nel Valle Baḥu, xa en Luiña, Ibias). Primeiro de nada
porque válenos pr’amosar a nosa forza ou, nel caso contrario, a nosa debilidá,
y de mostrar forza igual lo pensan antias d’empiorar máis, se cabe, a situación
das nosas llinguas nas escolas. De mostrar debilidá, pois nada, xa nada vei
quitaryes d’acabar de matar a situación das nosas llinguas nas nosas escolas.
Por outro llado temos que revisar os nosos discursos. ¿Qué é eso de defender a voluntariedá
ou a optatividá del aprendemento das nosas llinguas? Primeiro de nada
nun taba de más entender d’úa vez cuál é a diferencia, que nun é ningúa fatada,
entre úa asignatura voluntaria (como a Relixón) y úa optativa
(como el Francés ou a Informática). Despóis taba ben nun confundir el dereto a
escoyer a llingua que ques falar col d’escoyer a llingua que ques estudiar, ou
na que ques estudiar, porque eu podo querer falar en gallego-asturiano, y
querer qu’os meus fiyos, caso de tellos, falen en gallego-asturiano, peró non
por eso podo escoyer que nun estudien a llingua castellana. Del mesmo xeito ten
que ser al rovés. As nosas llinguas tein qu’estudiarse en todo el sistema
educativo como llinguas troncales. Y nun taba de máis qu’houbera el opción
d’estudiar as dúas llinguas en todo el país, tambén fóra dos sous ámbitos
territoriales (porque el ámbito territorial teinlo todas as
llinguas, valíu xa de falar del gallego-asturiano nel sou ámbito territorial,
porque el asturiano, el castellano ou el checo tamén se falan nel sou ámbito
territorial).
Y digo esto porque ás veces dentro del propio asturianismo hai úa sorte de
defensa da voluntariedá/optatividá del aprendemento das nosas llinguas que nun
é comprensible. Ese «é qu’eu nun quero obrigar a naide...», ou el «é qu’eu nun
creo nas obrigacióis...», peró ben que callamos ante el resto d’obrigacióis que
nos impoin, entre ellas a de falar castellano. Non, os padres nun tein dereto a
escoyer. Y eso asúmenlo perfectamente todos os padres condo falamos d’outras
materias. Por máis que Educación Física ou Música señan asignaturas que nun
gocen de prestixo entre os padres (y esto daría pra outro post, peró nun é el
tema agora), ningún padre pretende escoyer se pode ou non matricular al neno en
Educación Física y por suposto todos os padres asumen qu’el neno ten
qu’estudiar Matemáticas ou Llingua Castellana. É dicir, el dereto dos pais a
escoyer nun se dá en ningún caso (sólo el de Relixón, que polo demáis, nun
é comparable, pois é úa asignatura con un claro interés ideoloxizador). ¿Ou é
qu’agora son os padres os que van amañar el currículum escolar? Porque entós
igual temos que puer a os pais y as mais a decidir cóntas horas puemos de
Tecnoloxía y cóntas de Bioloxía ou d’Historia, ¿non?
Nun nos enganemos, el dereto dos pais a escoyer é un engano, é segregar
a os alumnos en función da llingua. Máxime condo toda a comunidá educativa sabe
de sobra que tantas y tantas veces os centros educativos animan a os nenos
a escoyer Gallego-Asturiano (ou Llingua Asturiana) ou Francés ou Informática,
ou el que pinte en función á súa valía, porque si, temos un sistema
educativo al que sólo ye falta midir as capacidades craniales dos nenos con un
compás pra separtar entre os que valen y os que nun valen (carne
d’FP). Ese dereto a escoyer qu’afonda en diferencias de clase ou d’orixe
«non, non, a Rachid nun lo vamos a matricular en Gallego-Asturiano, qu’anque
vivíu toda a súa vida en Meiro os pais son marroquíos y eso incapacítalo pra
entender esta forma de falar tan peculiar rara y inutil que temos», ou «non,
non, Sara nun vamos matriculalla en Gallego-Asturiano, miyor matritulalla en
Francés ou en Alemán, qu’é mui búa estudiante, en Gallego-Asturiano imos
apuntar a Miguel, que total nun dá máis de sí y vei acabar col gado na casa». Y
as cousas como son, os pais acaban aceptando el conseyo dos centros educativos.
Y as cousas como son, ben de maestros y profesores pelian todos os días contra
este tipo d’actitudes desgastando a súa enerxía contra un poder muito mayor
qu’ellos y, ben de veces, contra muitos compañeiros que nun los valoran por ser
el de fala/el de bable.
Nun vou aneciar na idea de qu’el aprendemento da llingua propia axuda al
aprendemento d’outra terceira llingua, nin na idea de qu’os nenos billingües
tein máis facilidades pr’aprender úa llingua que nun conocen qu’os
monollingües, porque é daqué que xa sabemos, é daqué que xa se dixo y
escribíuse tantas veces que xa é úa aburrición insistir nello. Sabémoslo, y
ellos, os que tanto se queixan porque os nenos aprenden gallego-asturiano ou
asturiano y non francés (os mesmos que nun saben dicir nin úa puta palabra en
francés, os mesmos que condo ven un turista y yes fala en inglés nin entenden
nin queren entender, porque en español, que estamos en España) tamén lo
saben. Sábenlo, como saben qu’a naide se ye ta perseguindo con úa porra pra que
fale en gallego, en asturiano, en catalán, en vasco, en aragonés... Sábenlo,
como saben qu’ellos son os únicos que nos obrigan, ou nos queren obrigar, a
falar núa llingua determinada. Sábenlo, como saben que neste momento as
asignaturas de Gallego-Asturiano y de Llingua Asturiana nun son obrigatorias.
Taba ben que nosoutros tuvéramos as cousas tan claras como as tein ellos. Que
touvéramos claro qu’el que queren nun é llibertá d’escoyer, sinón borrar
todo rastro de normalización llingüística y de presencia das nosas llinguas nas
escolas.