Úa das primeiras manifestaciois ás que fun
en Uviéu (quitando as del Día das Letras Asturianas) foi vai anos, non recordo
cóntos, contra a Constitución e a monarquía. Non era sensu stricto pola
República Española nin pola República Asturiana porque convocaban,
conxuntamente, el PCPE e Andecha Astur.
Eu collín a mía bandeira tricolor,
enfundeila al pescozo e pranteime alí, hasta que vin aparecer us rapaces del
PCPE e axunteime a elos, pois, recén chegado a Uviéu, non conocía a naide.
Aquela bandeira da República Española mercárala na tenda da Feve, el mesmo día
que me instalei en Uviéu. Estuvera comendo colos meus pais na casa e xa vira
(nalgún daquelos viaxes prévios a instalarme) aquela bandeira, asina que decidín
que úa das primeiras cousas que fixera naquela nova vida na capital tía que ser
mercar esa bandeira (que me costara 14€, einda lo recordo, falo del ano 2003).
Naturalmente xa fora a muitas manifestaciois en Navia e ás manifestaciois pola
lingua que pudera haber en Uviéu, pero a primeira manifestación á que iba
desque me instalara en Uviéu foi esa.
Alí me prantara eu, coa mía bandeira da
República Española, que eu daquela chamaba, a secas, republicana, depois
dinme conta de que bandeiras republicanas hai muitas, colquera que represente a
un estado que se constituia en República, sen ir máis aló.
E prantárame coa mía bandeira republicana
e colos meus idearios asturianistas e sintínme nel meu lugar. Despois militei
en distintos sitios. Militei sobre todo na reivindicación lingüística, pero
tamén na política. Empecei a militar (sería nel 2007) en Mocedá d’Izquierda
Asturiana (MIAS) e, con elo, en Izquierda Asturiana (IAS). E alí, en aquelas
organizaciois soberanistas, defendía úa postura federalista. Un Estado
asturiano dentro da República Federal Española. E, como hoi, defendía tamén el
municipalismo, pois nin entendía nin entendo a posibilidade de descentralizar
España pero non descentralizar Asturias.
Esta é tamén úa bandeira republicana.
Conocín e conozo muitos asturianistas federalistas,
pero, a verdade, é que non conocín a ningún republicano asturianista.
Esprícome. Toda a xente que conocín (veinme varios nomes á cabeza) que
postulaba el mesmo que eu, aquela República Federal Española na que Asturias
tuvera capacidade de gobernarse a sí mesma, orbitaban en torno al movemento
asturianista, porque al final non nos sentíamos cómodos nun movemento
republicano que, na teoría, defendía os nosos deretos como poblo, pero que na
práctica estaba controlado por el PCE, as JCA, as UJCE... xente a la que non
era raro verlles un bico de desagrado ou de burla condo un falaba, fora en
asturiano, fora en galego (que tamén nel movemento republicano español de Navia
sintín aquelo).
E é que un esforzouse muito por ser
español, por querer a España. Un fexo esforzos grandes por integrar un discurso
asturianista dentro de España... Pero España e el españolismo, tamén el españolismo
republicano, sempre botou a un para fóra. É úa esperiencia que, falando con
outra xente (esos nomes que me vein á cabeza) se repetíu sistemáticamente. E é
que os asturianistas federalistas que conocín, ou abandonaron el federalismo ou
abandonaron el asturianismo (que tamén los houbo). Algún integrouse dentro de
IU e apostou por asturianizar a formación. Persoalmente admiro muito a esos
compañeiros. Eu estuven a punto de fer el mesmo (mesmo fun de interventor á
mesa electoral de Ortigueira por IU), pero precisamente falando con esa xente
dinme conta de que el asturianismo é, para esquerda española, a nota de color.
Sen que esto seña un cruce de acusaciois, podemos ver cómo, por caso, el
proxecto asturianista de IU (Faciendo País) nun chegou a esporpollar, pesie que
era un proxecto político que ben de xente (xente dentro de IU e xente, como eu,
fóra) víamos con mui bos ollos.
Recordo a manifestación que se improvisou
condo abdicou Xoan Carlos I (traduzo el nome pola mesma razón pola que falamos
de Isabel II e non de Elisabeth II). Despois viron distintas movilizaciois...
Un amigo independentista e eu (que de aquela era federalista) chegamos a un
conceyo republicano, para ver el que se falaba, e prantiábanse varias datas. A
que máis se postulaba coincidía coel Conciertu pola Oficialidá, que a Xunta
pola Defensa de la Llingua Asturiana levaba meses preparando. «Bueno, ¿pero qué
es más importante, el bable o la República?», «¿podrían cambiar ellos la fecha
del concierto?» (un concerto que levaban meses preparando e que, obviamente,
non se podía cambiar), «Pueden adelantar el concierto y despues venir a la
mani» (mani que era en Uviéu e el concerto en Xixón), «oye, que a mí también me
gusta en bable, que soy de Felechosa, rapaz» (en ese mesmo momento
lamentei non ter úa pistola), «sí, sí, para contentar a todos podemos poner la
pancarta también en bable» (mais pistolas, por favor). Falábamos dúa
movilización que non estaba sendo unitaria nel Estado, que en Asturias quería
ferse coincidir coa de Madrid, pero que en outros sitos iban ser un día antias
ou un día despois. Nese mesmo punto entendín que non, que el republicanismo federal
non iba a ser nunca asturianista. Que non, que el federalismo é un proxecto
político pol que xa naide aposta. Os antiguos federalistas foron
posicionándose, us hacia el soberanismo, outros hacia el centralismo.
E pouco a pouco fun vendo que el
republicanismo español acaba sendo úa reivindicación da II República, non da
III República. Que a III República habería ser úa reidición da II, ou, lo que é
máis cutre, a mera ausencia de rei e recuperación da bandeira tricolor e el
escudo coa coroa mural, pero el mesmo modelo social e de estado que temos hoi.
E hoi, 14 de abril de 2017, as redes
sociales de amigos énchense na señardade daquela II República e nel recordo dos
represariados (sen fer muito exercicio en estremar entre republicanos,
comunistas, anarquistas, trostkistas achuquinados pol PCE,
independentistas...). Non imos negar el que supuxo a II República. Nin lo bon,
nin lo malo, nin a reforma agraria, nin que os agraristas de El Aldeano
de Castripol queixáranse de que aquela reforma era prantiada para as
necesidades de Castela e non para las de Asturias, nin á República que nel 36
confrontou el fascismo nin la que nel 34 (Lerroux tamén era república) foi
fascista. Pero, en definitiva, non imos esqueicer a todos aquelos vellos
republicanos que aínda hoi buscan aos sous mortos. Non imos esqueicer a aquelos
que defenderon á democracia, non imos a esqueicer que a República si supuxo un
avance en laicismo... Pero non, non imos ser señaldosos, non imos obviar que os
proxectos políticos del século XXI tein que mirar para el século XXI, non imos
esqueicer que, entre os que hoi enabolan a bandeira tricolor en Asturias,
cóntanse colos didos dúa orella os que tein un proxecto asturianista, os que
non fain un seguidismo absoluto de Madrid. Como dicía Purna núa campaña de vai
us anos, hai que retomar «viellas valors ta nuevos prochectos».