Máis ou menos, el mesmo artigo pode verse en LSE aquí.
Construir Asturias é construir úa Asturias
igualitaria, onde todos os que habitamos Asturias séñamos iguales, sen importar
el orixe, a idade, el sexo, a orientación, el xénero... ou as capacidades de
cada un.
Vai pouco estuven con úa persona xorda nel
HUCA. Debera ESCANDALIZARNOS que as administraciois públicas non teñan intérpretes
de lingua de signos. Non hai úa administación en Asturias que los teña. Debera
escandalizarnos que seña el propio usuario quen teña que encargarse de buscar
un intérprete. Intérpretes que ufertan fundaciois privadas (por máis que teñan
concertos col Principado), nel caso que nos ocupa úa fundación del Bispado, a
Fundación Padre Vinjoy. Pode ser grave que non haxa intérpretes nas instituciois
públicas, pero máis grave é que as instituciois públicas, e en concreto el
HUCA, non poña nada del sou lado para el traballo dos intérpretes. Porque
parece que é IMPOSIBLE saber a qué hora un médico vai fer a súa visita para
poder avisar con tempo al intérprete para que estea presente, porque, en
palabras das enfermeiras, «esto no se sabe, ellos vienen... cuando vienen». Dá
igual que espriques que hai que avisar a un intérprete. E é que parece que os
enfermeiros e os médicos del HUCA, por algúa razón que non soi a enteder, pero
que me parece gravísima, non se comunican. En todo momento os enfermeiros dan a
entender que non saben nada dos médicos e os médicos dicen que non sabían que
necesitabas úa adaptación especial, apesar que llo espricaras aos enfermeiros
cinco veces. Se para úa cousa tan xinxela a comunicación entre enfermeiros e
médicos é tan difícil... Que pasa para cousas compricadas? Cómo podemos esperar
que haxa un tratamento médico adecuado condo parece que os médicos e os
enfermeiros non se falan.
Aparte deixamos cuestiois como que as
televisiois dependan dúa empresa privada, que se lucra por minuto que el
pacente ve a tele (e as estancias largas encamado poden ser mui aburridas).
Televisiois que nin tein audiodescripción para as persoas cegas nin subtítulos
para as xordas. Aparte deixamos que os servicios sanitarios ás veces parecen
tratar á persoa xorda como menor d’idade, asumindo que non tein capacidade para
entender, xa que non se pode comunicar. Pero obvian que, se ven e verdade que a
persoa xorda non pode comunicarse oralmente, elos, ouguintes, non son quen a
comunicarse por signos, polo que a falla de comunicación está dos dous lados.
Ou mellor dito, está do lado dúa Administración que non ten interés ningún en
comunicarse colos pacentes, en espricar el que padecen de forma que el pacente
seña a entendelo (e esto vale para xordos e para ouguintes), dito doutra forma,
que parece que quer el usuario seña obxecto pasivo. Igual é que non queren que
falemos?
Non pode enchérsenos a boca de integración
condo os casos de discriminación activa son constantes e naturalizados. E tamén
nós, os soberanistas, temos que fer desto a nosa luita, para que as persoas que
forman parte da nosa sociedade señan, percisamente, soberanas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário