segunda-feira, 24 de abril de 2017

Memoria.




Un cementerio é un espacio de referencia. El espacio onde descansan os mortos, pero tamén a memoria dos poblos. É el camposanto, terra sagrada, en colquera relixión. Mesmo para a xente que non profesamos relixión algúa, os cementerios son espacios a respetar.

El mes de abril sempre é un mes nel que, nel Reino de España, se recorda a represión franquista e, con ela, as fosas comuis. Eu recordo de neno condo iba al cementerio de Mouguías que me chamara muito el atención úas cruces de ferro (ou ferralla) chantadas nel terrén de colquera manera. Chamábanme muito el atención porque estaban de colquera forma, todas mui xuntías. Al perguntar a daquén, a historia que me contou era que aí estaban enterrados os nenos que naceran mortos e os que morreran primeiro de seren bautizados. Col tempo souben que aquelo era a fosa común. Úa fosa que, polo que se vía, debía ocultar algúa vergonza, condo daquén sintíu a necesidade de contarlle aquela estraña historia a un neno. Parece ser que constan al menos dúas persoas enterradas alí nos anos da guerra (se mal non recordo, nel 36), un de 50 anos e outro de 30, un de Navia e outro de Viḷḷapedre (que tamén é curioso, pois Navia e Viḷḷapedre tein cementerios, non?).

Fosa común de Mouguías, coas cruces xa desaparecidas.


Os poblos esconden as súas vergonzas e é prohibido falar delas. Hai temas que a xente non quer tocar, hai culpas que expiar ou que esconder...

E aí siguíu a fosa común de Mouguías, calada. Hasta vai us anos. Hai us anos as cruces ferruñentas chantadas nel terrén desapareceron misteriosamente. Curiosamente condo el cementerio se tuvo que ampriar por falta de espazo... E condo hai un serio problema para fer nichos novos. E, úa vez máis, un manto de silencio cubre todo el que teña que ver coa fosa común de Mouguías. A fosa desaparece, deixa de ter nada que faiga entender que hai daqué aí, e pasa a ser un desos pedacíos de céspede del cementerio, desos espacios que non tein uso... Desos espacios que poden aprovetarse para levantar (e vender) úa filía de nichos?


As vergonzas dos poblos son difíciles de descubrir, naide quer falar delas... Pero máis difíciles son de cubrir, porque rescamplan. Os cementerios son espacios de referencia, nelos descansa a memoria dos poblos. E un poblo é fácil de comprender en véndose como trata al sou cementerio, á súa memoria.


Nenhum comentário:

Postar um comentário