quinta-feira, 21 de julho de 2016

Autonomismo.

Ben de veces defendemos aquelo de que Asturias é nación e dende vai un tempo boa parte del soberanismo asturiano usamos el hasgstag (agora que están de moda esas cousas) #LuitandoPolaSoberania 
(#LluchandoPolaSoberanía  na súa versión en asturiano). Pero ás veces esqueicemos empricipiar pol principio... Asturias é un país sen demasiada voluntade de ser país, as cousas como son. E primeiro de falar de soberanismo non estaba de máis defender el autonomismo. Ser autonomista, na Asturias del século XXI é reivindicar, primeiro de nada, el cumprimento del Estatuto de Autonomía. Reivindicar, por caso, que se estructuren as parroquias rurales con personalidade xurídica propia, tal cual relata el Estatuto. É reivindicar el traspaso de competencias aí onde non se deu (por caso, na xestión ferroviaria), é reclamar que as instituciois asturianas traballen acorde col sou marco xurídico na normalización (e oficialización) da lingua galega e da lingua asturiana en Asturias. Que a Xunta Xeral traballe nestas linguas. Que a Xunta Xeral teña a capacidade para convocar elecciois ela mesma, como ten el Parlamento galego, el catalán ou el vasco. 

Reivindicar el autonomismo é reivindicar úas instituciois asturianas que, sen necesidade de ser de ninguna forma rupturistas, nen sequera renovadoras, xinxelamente apricando el marco legal que xa garantiza (supostamente) a Constitución, prantíen políticas pensadas para Asturias y dende Asturias.

E, nun plano máis íntimo, reivindicar el autonomismo é reivindicar que el movemento soberanista asturiano conoza el Estatuto de Autonomía, lo lea e lo debata. Que el movemento soberanista asturiano conoza algo de lexislación asturiana, algo das nosas instituciois... e a ser posible, algo del noso dereto consitudinario. Porque podemos enarbolar a bandeira dúa Asturias libre, soberana, socialista... Pero el poblo asturiano, mentres, vai siguir mirando para a TPA, para La Nueva España, para todos os factores ben lonxe de ser soberanistas. En definitiva, podemos falar de soberanía, pero non ten xeito nengún se lle falamos de soberanía a un poblo que nin sequera pensa na autonomía, nun poblo que non ten maior conciencia dél mesmo e ten os ollos clavados en Madrid.

Reclamar el autonomismo, é, en definitiva, estar cerca da xente de Asturias e, a partir de aí, intentar transformar a sociedade hacia el soberanismo. Debatir e fer política achegada á realidade de cadaldía dos asturianos e as asturianas.


Nenhum comentário:

Postar um comentário