domingo, 29 de outubro de 2017

Berrar nel monte.

E que esperades de min?
Estranxeiro na mía terra.
Escondendo linguas
                                     didos
                                                soños
como as mancaduras del leproso
que tapa el terrible secreto que lo condena.

Que esperades de min?
Morto del medo dos covardes
condo pasades ondiando bandeiras,
rompendo cristales,
levando xudeos
aló ben lonxe.
A aquelos países estraños
onde a terra non pesa embaxo dos pes,
onde a terra pesa enriba das cabezas.

Afuxo dos vosos ollos,
non vaia ser que sepades os meus secretos
e me acusedes coel dido.

Bruxa!
Bruxa!
Bruxa!

Que esperades de min?
Orfo de patria.
Orfo de futuro.
Orfo de vosoutros,
meus verdugos vecíos.

Que esperades?,
decídeme.
Que esperades?
Senón que me erga en rebeldía
berrando.
Berrando nel monte,
si,
pero berrando.

Mala soledade sufriría
se tamén eu mesmo me abandonara.

Nenhum comentário:

Postar um comentário