domingo, 20 de maio de 2018

Non morreredes?

Na rúa
dous cais lládranse el sou odio.
Parecera que van matarse,
se non fora porque todos sabemos
que non van ferse nada.

Son como os paisanos,
que por ter el rabo entre as patas,
tamén lladran como se non fora teatro.

Na rúa
algún fato lle dá caña al coche.
Sería boa pena que se matase contra
                                             [úa farola
e la rompera.
Non lle ten a culpa
a farola.

Eu fumo na mía shisha
buscando en min
a paz que fóra non hai.
Fóra
é todo hostil,
un mundo en guerra.

Contra que lluita toda esa xente?
Contra sí mesmos.
Ódianse.
É normal.
Eu
tamén los odio.

A lo menos eu sei por qué los odio.

E,
ás veces,
daquén
chámame pol teléfono
para contarme merdas
que nada me importan.

Non callaredes?
Teño meus problemas.
Problemas serios.
E é que,
ás veces,
el carbón da shisha non tira,
ou quedo sen tabaco,
ou non prende el chisqueiro.

Pergunteivos eu as vosas miserias?
Non vos importa,
porque os vosos ollos miran namais
                                        [para adentro.
Normal que esteades anoxados,
eu tamén lo estaría
de estar mirando
merda
todo el puto día.

Aí fóra hai un mundo
en guerra.
E dame igual.
Tírame da miruca.
Quen sodes?
Por que habería de importarme?

E,
na cama,
espérame a mía amiga
que me reconforta
coel sou silencio,
cos sous didos que falan,
cos sous ollos que brillan.

Reconfórtame
deste mundo-merda
que é tan hostil.

Hoi teño tabaco
e a mía amiga espérame na cama.
Déstesme ben pol cul,
pero esta batalla,
esta guerra,
gánola eu.

Durmide vós,
xente-piollo
coas vosas miserias
golpiándonos nas cacholas
de cocho
que ferven
veneno.

Deixádevos morrer
nas vosas vidas-morte.
E,
por úa vez,
deixade de dar pol cul.

Nenhum comentário:

Postar um comentário