Vai un ano el poblo de Cataluña inentaba votar. Lo que a vista del nacionalismo español era un golpe de Estado (desconocendo que quer dicir el expresión golpe de Estado, que para chamárselle asina necesariamente ha de ser un levantamento armado), a ruptura de España e da democracia (que como todo el mundo sabe é incompatible coel voto).
Non vou estenderme aquí a falar del que foi el 1 de Outubre del ano pasado, porque xa lo fixen nel sou momento. É, sen dúvida algúa, un suceso que marcou a Historia deste Reino. De feito, como tal efeméride, ten a súa celebración. Porque todo el mundo sabe que en tódo-los atentados contra a Lei homenaxéase aos policías que intervein anualmente... Úa mostra máis del carácter político das intervenciois policiales que se fixeron vai un ano.
Despois chegaron as reivindicaciois de Jusapol. Úa asociación de policías nacionales e guardias civiles con tintes sindicales (apesar de que os guardias civiles, en tanto que militares, non se poden sindicar). Pouco podemos dicir de Jusapol, máis aló de que é úa organización vinculada al partido de extrema dereta Vox. E pouco podemos dicir da reivindicación de equiparación salarial da Guardia Civil e a Policía Nacional colos Mossos d'Esquadra e a Ertzantza, en tanto que a Guardia Civil e a Policía Nacional non tein nin os mesmos salarios nin as mesmas condiciois (cumpre recordar que a Policía Nacional é un corpo policial e a Guardia Civil úa institución armada, non son policías, son militares, razón pola que acceden a Casas-Cuartel). Tampouco os mossos d'esquadra e os ertzainas comparten condiciois nin salarios, como non tein que compartirlos os policías del conceyo de Cuaña e de Navia. Como tampouco comparten condiciois nin con us nin con outros a Policía Foral ou a Policía Autonómica Canaria, nin a Policía Portuaria, nin os Guardas Forestales... Cimpremente, el traballador dúa empresa ou dúa Administración pode non compartir condiciois concretas con traballadores equivalentes doutras empresas ou Administraciois. Insistindo, ademais, en que a Guardia Civil, como institución armada, non ten el sou equivalente en instituciois policiales (como a Policía Nacional, os Mossos d'Esquadra, a Ertzantza, a Policía Foral Navarra e a Policía Autonómica Canaria).
Pero non nos desviemos, este debate non é sobre a cuestión policial (tamén sobre eso discurremos nel Paporrubio). Dicíamos que a organización de caracter sindical de policías e guardias civiles Jusapol, vinculada al partido de extrema dereta Vox, fixeron úa concentración pola chamada equiparación salarial. Úa reivindicación salarial hacia el Ministerio del Interior que, obviamente, féxose na cidade na que se sitúa el Ministerio, na capital de España, Barcelona. E núa data cercana al 1 de Outubre. Colquera diría que estaban buscando bronca, ou que esteamos ante úa manifestación "inoportuna, ambigua y populista". Non son adxectivos postos por min, por ningún odiador da Policía ou un indepe odia España, senón polos sindicatos policiales SUP, CEP, UFP e SPP, tamén a AUGC (asociación de guardias civiles) montrou a súa preocupación polas acciois de Jusapol.
Pero, a pesar de todo; a pesar de ser úa asociación pero non un sindicato, apesar de ter aos sindicatos policiales e al AUGC en contra, parece que esta organización vinculada a Vox cobra forza e voz, a pesar de ferlle escraches al partido nel Goberno (insisto nel carácter militar da Guardia Civil).
Pero temos que dicir que non están solos. Que hai un movemento civil de extrema dereta, en pleno conflicto, aparecen colgados en Valencia monecos con esteladas. Mui en sintonía coel a por ellos de vai un ano.
A que estamos esperando? a que esta
imaxe seña úa realidade?
Imaxinemos, por un segundo, que el imaxe fora al revés. Sería apoloxía del terrorismo, delito de odio...
E esto condo os partidos da extrema dereta collen forza e a dereta tradicional vira á extrema dereta. Namais como un viraxe á extrema dereta podemos entender a campaña contra a normalización lingüística del PP asturiano, que mesmo el periódico fundado por Falange califica de "combativo". E é que, non nos enganemos, esto é un combate.
Estamos centrándonos a falar del problema español (por que aceptar el termo problema catalán? ¿Acaso non é a concepción nacional de España el que está supoendo un problema?), pero avanzan, al tempo, os discursos xenófobos máis agresivos. En toda Europa, tamén nel Reino de España. Non vai tanto un humorista de medio pelo sirvía de altavoz aos discursos xenófobos que podería firmar Salvini (e os medios de comunicación danlle hasta apoio, como el mesmo medio que enlazo).
E a esquerda témoslo que ter ben claro, el fascismo está aí. Medra. Pero non medra en abstracto, medra nos nosos barrios, nos nosos centros de traballo, de estudio, nos bares, nas rúas, na cola del supermercado e nas filas ás portas das escolas ("que se vayan a su país", sintín el outro día a us pais e úas mais á porta da escola). Está entre os nosos amigos, familiares, compañeiros... Mesmo entre compañeiros de militancia supostamente de esquerdas...
Os semadores de odio están aquí.
Nenhum comentário:
Postar um comentário