terça-feira, 6 de dezembro de 2016

30 de decembre, día del Estatuto de Autonomía.

El 30 de decembre de 1981 el órgano preautonómico asturiano aprobaría a Lei Orgánica 7/1981, de 30 de decembre, de Estatuto de Autonomía para Asturias (despois cambiaríase ese para por un de, quedando en Estatuto de Autonomía del Principado de Asturias). Este Estatuto foi consecuencia daquel café para todos, pero tamén dúa sociedade civil, a sociedade civil asturiana, que reivindicou nas rúas el autogoberno para este país. Sen dúbida aquelo non era as masas reclamando a creación da República Socialista Asturiana, nin tomando a Diputación Provincial (el edificio que hoi alberga el parlamento asturiano, a Xunta Xeral), pero si era un poblo, el poblo asturiano, reclamando nas rúas que se crearan úas instituciois de obediencia asturiana, para el poblo asturiano.


Nel asturianismo falamos ben davezo de efemérides. Falamos da efeméride del 8 de Setembre e da efeméride del 25 de Maio, e discutimos cuala das dúas habera ser el Día de Asturias. Un amigo e compañeiro resolvía el conflicto dun xeito ben intelixente, reivindicando un 8 de Setembre como Día de Asturias (ou Día da Nación Asturiana) e un  25 de Maio como Día da Soberanía Asturiana, pois non están os tempos como pra deixar pasar a oportunidade de salir ás rúas en Asturias. 

Non vai tanto falábamos aquí da necesidade que temos de pensar na construcción dun discurso autonomista, porque si, el autonomía asturiana é probe, paupérrima, pero é el marco xurídico que, para ben ou para mal, temos. E é un marco xurídico que convén non esqueicer pois en non poucos casos é el que temos que reivindicar, por caso condo reivindicamos cousas como ser os amos del noso propio tren. E é que vivimos núa sociedade que non é precisamente soberanista e que, nin sequera, reivindica a súas institucióis. Tanto é asina que na efeméride da Constitución española faise úa xornada de portas abertas na Xunta Xeral, pero non en efemérides asturianas como el Día de Asturias (al menos non de forma sistemática, anque algún ano si se fai) ou pol aniversario del noso Estatuto.

El noso Estatuto pode ser úa merda, vale, pero como diría el outro, é a nosa merda. E é el marco xurídico que temos. Esto é como se os soberanistas catalais aceptaran ataques contra el sou Estatuto porque elos avogan por un marco mellor. Obviamente os soberanistas asturianos avogamos por un marco maior e mellor, pero non por elo imos desaprovetar el marco que xa temos e que nos permitiría crear el noso propio ferrocarril como xa fixeron os vascos col Euskotren (empresa pública que xestiona os tramos ferroviarios da Comunidade Autónoma Vasca, os tranvías de Bilbao e Vitoria e de autobús (en comuna coas administraciois forales de Bizcaia e Guipúzcoa e el Concello de Eibar), pois temos competencias sobre «os ferrocarriles, estradas e camíos que el sou itinerario se desenvolva íntegramente nel territorio da Comunidade Autónoma, e nos mesmos termos, el transporte terrestre, fluvial, por cable ou tubería» (art. 10.5, das competencias del Principado de Asturias), asina como de «portos de refuxio, portos, aeroportos e heliportos que non señan de interés xeral del Estado» (art. 10.9), hai que recordar, por caso, que el aeródromo del Campo Llugo (Llanera) é de competencia asturiana, e é algo que non avezamos a prantiarnos como se xestiona.

Un estatuto que, máis aló del debate sobre as funciones da Policía ou de cómo se ten que xestionar, sobre a necesidade ou non dúa Policía autónoma ou se deberan existir corpos policiales, establece a posibilidade de coordinar «as policías del Concello asturianas, sen perxuicio da súa dependencia das autoridades del Concello» (art. 20.), algo que nunca se prantiou, anque si se levou a cabo a midida máis dependente e caciquil (falábase da guarda pretoriana de Tini, condo era presidente) a «adscripción de unidades del Corpo Nacional de Policía» al Goberno del Principado (art. 20.2). Podería xestionarse esto doutro xeito máis soberano e municipalista se na Xunta Xeral houbera un asturianismo conocedor del noso Estatuto ou se nas rúas existira nel movemento asturianista un conocemento del Estatuto?

Non, non estou chufando del corto, cortísimo, probe, pauérrimo Estatuto de Autonomía asturiano. Non estou reivindicando este estatuto. Pero Asturias necesita reivindicar as súas propias insitituciois. Non é razonable que se nos encha a boca falando dúa República Asturiana e non séñamos quen a prantiar úa resposta para as necesidades das instituciois asturianas hoi. E, gústenos máis ou menos, esas institiciois son as que son, e regúlanse pol Estatuto del 81. E, máis xinxelamente, como imos reivindicar a República Asturiana sen reivindicar primeiro el Autonomía asturiana? Como imos proxectar un discurso soberanista se non somos quen a que se cumpra el noso Estatuto? Imos pretender crear un Estado propio condo Asturias nin sequera administra el que lle corresponde administrar nel actual marco xurídico? Un día para reivindicar, por caso, que seña a Xunta Xeral quen convoque ás elecciois autonómicas (como pasa en Galica, el País Vasco e Cataluña) e que non seña dende Madrid dende onde se convocan as elecciois asturianas. Para reivindicar úa facenda propia, para reivindicar que Asturias, como Canarias, seña quen cobra os impostos sobre e tabaco e el alcohol. Que seña Asturias quen administre el peaxe del Güerna (ou quen decida que se elimine ese peaxe), un día para recordarlle al Principado as súas competencias na pesca ou na gadeiría, un día para pasar revisión ás instituciois asturianas e perguntarlles, públicamente, se están comportándose como tal.

Non habería, en definitiva, el 30 de decembre úa efeméride máis para meter nel discurso asturianista, non para chufar nin reivindicar el Estatuto, pero si para reivindicar el cumprimento del Estatuto e asunción de competencias aínda non asumidas por parte del Principado? Úa efeméride, non tanto para fer grupo, para nós mesmos, como para ese enemigo que ten copadas as nosas instituciois. Úa efeméride para poer, úa enriba doutra, as demandas al Goberno asturiano, á Xunta Xeral, demandas de construir Asturias e construir asturianismo que poden ser asumidas mesmo neste marco político e xurídico que queremos botar por terra. Pero faise difícil botar por terra el que non se conoz; faise difícil tomar por asalto os celos se non somos quen de poer os pes na terra. Porque úa sociedade que nin pon en valor el sou autonomía, non vai loitar pola soberanía. Úa sociedade que pode calar a boca se se suprimira el Estatuto (daquén notaría a diferencia?) non pode reclamar úa Constitución socialista (nin liberal, nin de ningún tipo) asturiana.

Esqueda, versión en asturiano del Estatuto, publicado por Servicio
de Publicaciois del Principado de Asturias  en 1986.

Dereta, Constitución española e Estatuto de
Autonomía del Principado de Asturias (en castelán as dúas)
publicados pola Xunta Xeral en 1999.

2 comentários:

  1. Buah, el problema non ta no estuto sinon nas mesmas clases políticas que levaron a cabo a política autonómica. Os cuadros da FSA e del PP foron completados por xente que tuveron en contra d'un estatuto d'autonomía para Asturias e inclusive contra el mesmo estado autonómico; non foron quén entender este modelo

    ResponderExcluir
  2. Completamente de acordo, Xaime, el Autonomía xestiónanosla el enemigo. Por eso era boa cousa empezar a reivindicala nós.

    ResponderExcluir