quinta-feira, 15 de dezembro de 2016

Lentes.

Parecera que us lentes non poden ter moita historia. Son un artiluxio que poes delantre dos ollos, ben amarradíos ás orellas, para ver mellor. Pero us lentes poden ter moita historia. Us lentes como estos da imaxe, que rompín vai ven de anos nun Conciertu pola Oficialidá fendo us pogos con Dixebra.

Romper us lentes pode parecer un problema extrictamente económico. Úa putada como colquera outra. Un rompe us lentes e ten que mercar outros. Un rompe us lentes e ábrese, de golpe, todas as rupturas que soporta el alma. Un rompe us lentes e de sútaque descubre que vai rompéndoselle a vida a pouco e a pouco. Que a vida pasa e todo esbarrumba. Un rompe us lentes e ten amigos que recollen os lentes e recóllenlo a un mesmo. Que recollen os lentes e guárdanlos durante... cinco anos? para poerchos delantre nos bos momentos, para que los volvas pisar nos bos momentos. Para recordar que os bos momentos suceden aos malos, sempre.

E os bos momentos chegan, e non sólo nel que se poden chamar éxitos (nunca me acabou de prestar el idea del éxito, necesariamente vencellada á idea del fracaso), senón nel que é un mesmo, nel que ún sinte, el que un construi na súa vida. E os momentos poden ser bos, malos ou, ás máis das veces, navegar entre lo bon e lo malo; pero sobre todo un é un mellor momento, porque asume as cousas doutro xeito ben distinto.


E se un recorda aos amigos nos malos momentos, e, lo que é máis importante, se os amigos recórdanlo a un nos malos momentos, non está de máis acordarse nos bos momentos dos amigos e agradecer que estean aí. Tampouco está de máis recordar os malos momentos nos bos momentos e recordar que, como diz a mía mai, todo ten solución agás a morte. Razón pola que esos lentes rotos colgan enriba da mesía de noite, para non esqueicelo.

  

Nenhum comentário:

Postar um comentário