quarta-feira, 28 de dezembro de 2016

El fin dúa etapa.

Os proxectos políticos marcan etapas políticas, como parece obvio, pero tamén etapas persoales, non sólo porque a militancia afecta no persoal, senón porque ademais, ás veces a impricación cos compañeiros políticos chega a ter un grande fondo persoal. El 22 de decembre acabou un proxecto que para min foi ben importante.

Condo vai us anos úa amiga coa que tropecéi nun chigre me falou dos almorzos que, daquela, dábanse en Partycipa, na cai Paraísu de Uviéu e despois nel Ca Beleño, nunca pensei que tanta xente que conocera aí iba marcarme de tal xeito. Vai pouco presentaba na Llegra el meu primeiro poemario que non sería se eu non participase nestos almorzos e compartinlo con xente moi especial que en casos ben importantes conocín nos almorzos, fora de forma directa ou indirecta. Aprendín, neste tempo, moitas cousas. Aprendín a dicir salute, lelellef, ostada, aprendín que Asturias é un país que temos que construir de tal xeito que seña un país de moitas linguas e moitas culturas, aprendín cuestiois sobre relixión, sobre a vida... E aprendín que para que un neno almorce e non se entreteña é bon retalo a úa carreira, que chocala é el mellor xeito de fer amigos para sempre, que a xente tende a pensar que os militantes vivimos en Militandia e se sorprenden al vernos polas mesmas rúas, que os nenos tein úa memoria da hostia e non esqueicen os sonrisos anque podan pasar anos, que os adultos tamén temos memoria, anque séñamos máis tímidos, que non hai murias infranqueables e que hai compañeiros políticos colos que enxamais pensarías compartir espacio pero colos que fais ben de cousas. A ser máis pancho.

E todas as esperiencias vitales tein os sous lados escuros, dos que tamén se aprende. E úas esperiencias levan a outras e conocer úa xente leva a conocer a outra e fer úas cousas levan a fer outras e... E al final a roda sigue xirando. Porque son cousas das que tampouco ten xeito falar aquí, que non é el lugar, pero que algús sabedes e que deixaron pisada. Aprendín que para fer país hai que fer comunidade, para combatir el fascismo hai que fer comunidade, para fer comunidade hai que fer cousas normales, del del día a día, tomar un café, por caso. Porque anque quiciabes poucos lo teñan claro, ésta foi (dicía un compañeiro de La Llegra) úa experiencia antifascista.

Por eso, os almorzos acábanse, e vai costarme non erguerme polas mañás e cruzarme con Ana nel semáforo da Cruz Vermella. E vai costarme non lamber nocilla e non falar de relixión ou de política con algúa xente. Porque si é verdade que os almorzos foron máis que un proxecto político e condo se fala da familia del Ca Beleño non é úa expresión namáis. Porque anque moita xente esperara ver neníos famélicos choramicando (en plan «¿me da un penique, señor?»), os almorzos foron un espacio de alegría e dignidade. Por eso, por todo, gracias. Vémonos nas rúas compañeiras.



La familia de los desayunos en su casa que es el Ca Beleño.
Foto de El Comercio, non están todos os que son, pero son todos os que están.

Nenhum comentário:

Postar um comentário