sexta-feira, 9 de dezembro de 2016

Fuck de Police?

Pois aí vamos, a falar de lo máis incómodo, a meter el dido na mancadura e fer amigos.

Se el movemento soberanista asturiano quer ofertar un discurso que verdadeiramente xenere movemento político en Asturias, se de verdade queremos fer política real e non quedarnos nos discursos fáciles dos anti, temos que ser consecontes e poer enriba da mesa todo el que pode afectar al noso país e todo el que se supón que queremos xestionar. E temos que xerar un discurso que non seña marciano nin allén á nosa sociedade. Esto é, como dicíamos condo falábamos de autonomismo, é moi guapo falar de da República Asturiana, Socialista e Soberana, pero temos que ter en conta como é a sociedade asturiana e entender que non imos construir socialismo nin un discurso soberanista sen avanzar primeiro nos discursos sociales máis básicos e nel autonomismo. Del mesmo xeito, haberá quen cuestione a existencia dos corpos de seguridade/corpos represivos del Estado, pero, imos ser claros, un programa soberanista que prantiara á sociedade asturiana con estos termos «queremos eliminar colquera forma de Policía» sería entendido pola nosa xente, non sen razón, como úa marcianada hippy allea por completo á nosa realidade. E é que condo á vecía del 5o tán maltratándola, por poer un caso entre outros moitos, quédannos dúas opciois, ou chamar á Policía ou subir con un machete, e como dende esta páxina non imos chamar al linchamento nin aos motines sistemáticos, pois imos asumir que a Policía forma parte da nosa sociedade (servidor non cree na bondade intrínseca del ser humano, como non cree que nos próximos 500 anos seña factible úa sociedade completamente educada na que a violencia non teña cabida).

Claro, que non parece nada viable tampouco que Asturias vaia convertirse nos próximos 20 anos núa República (nin moito menos núa República Socialista), pero eso non quita para fer un discurso soberanista, hoi, nel século XXI, para el século XXI, coas posibilidades que temos, que pode que non señan as mellores, pero son as que temos.

Vai us anos apareceu en escena a Policía Autonómica, que, daquela, parece que levantou un sutil (e non moi intelixente) entusiasmo en delos compañeiros. Recordo a primeira vez que vin a aquelos uniformados que un compañeiro comentou «por que levan a bandeira de España tamén se é el autonómica?», a lo que outro lle respondeu que non era «a bandeira de España», era el logo que levan nel brazo a Policía Nacional española, porque aquelos señores formaban parte del Corpo Nacional de Policía del Reino de España, pero que, según el artigo 20 del Estatuto, «a Comunidade Autónoma pode convir col Estado el adscripción de unidades del Corpo Nacional de Policía», neste caso á Consellería de Xustica (que daquela levaba Francisco Fernández Valledor). Porque algún xa veía úa sorte de Mossos d’Esquadra asturianos. Necesitámoslos? Eu creo que non, e hoi é úa reivindicación que caeu del discurso soberanista, pero houbo un tempo nel que non era tan raro ouguir falar dúa hipotética Xendarmería Asturiana (el nome non era del todo afortunado). Que ben, que falo del Pleistoceno, que eso xa non lle importa a naide... Pero aí lo deixo.

PSOE y PP legislarán sobre la policía autonómica para evitar incluirlo en el Estatuto
Enrique Montero, junto al nuevo vehículo de la Policía Local de Coaña.

Non, non vou aquí a defender úa Xendarmería Asturiana na que non creo, nin creo que hoi naide prantíe aquela vella postura de ter úa Policía propia que seña del mesmo xeito que la española pero cambiando a bandeiría del brazo.

Pero somos soberanistas e aspiramos a ter certas cotas de poder. E temos que xestionar. Xestionou a Policía del Concello a esquerda soberanista vasca condo chegou al Concello de Donostia, por caso. Que pasaría se, por caso, a esquerda asturiana chegara a ter el alcaldía del Concello de Noreña? Quedaría Noreña sen Policía del Concello. Quedarían sen Policía del Concello Uviéu ou Xixón? Nun falamos da Policía Popular da República Socialista Asturiana, falamos de daqué máis próximo, de que femos nos Concellos. E nel Principado? Se mañá conseguimos meter un diputado soberanista na Xunta Xeral... Non vai haber propostas sobre asuntos policiales por parte dese hipotético diputado? (que diputados xa tuvemos, por certo).

Asina, neste pequeno compromiso en ir conocendo pouco e a pouco el marco nel que operamos (porque queremos fer política anguano), gustaríame traballar hoi este tema, difícil polos non poucos prexuicios que temos, pola necesidade que temos en pensar dualmente (elos e nós). Mencionábamos el artigo 20 del Estatuto de Autonomía; e é que a nosa autonomía la xestiona el enemigo e non la reivindicamos nós, asina nos vai... Este mesmo artigo fala da posibilidade de coordinar as Policías del Concello dos distintos concellos de Asturias. Que quer dicir esto? Pois máis aló de que a Policía del Concello de Pravia vaia a Cangas a botar úa mao col tráfico condo a Descarga (que está moi ben), abre a posibilidade de fer úa coordinadora de Policías del Concello xestionada pol Principado (sen menoscabo del autoridade del Concello, en coordinación), colo que poderíamos ter algo asomeñado a úa policía asturiana, pero sen crear un corpo, senón aprobetando os que xa existen nos Concellos (é que condo falamos de municipalismo, tamén falamos destas cousas, de que os Concellos teñan úa presencia fundamental na xestión da seguridade e outras funciois policiales).


Resultado de imaxes para asturias policia municipal


E agora non vou meter el dido na mancadura, vou meter a mao enteira, hasta el codo. Ben de veces criticamos a Podemos el sou acercamento ás forzas policiales e militares... Non, non soi de Podemos, nin simpatizo nin voto... Pero imos ser claros, Podemos aspira a gobernar el Reino (e el Principado), e aspiran a felo non núa República Socialista Española, senón nel Reino de España tal como lo conocemos (porque é que é a sociedade que temos). En consecuencia, saben que coa Policía, a Guardia Civil, el Exército... na contra, asina como col funcionariado e traballadores políticos na contra, non van poder establecer un goberno estable. Nós non queremos gobernar el Reino (obviamente), pero sí el Principado, ou polo menos ter úa presencia guapa na Xunta Xeral. E ter presencia guapa e gobernar nos Concellos (nalgús xa metimos a cabecía). Quixera eu ver un alcalde de Uviéu (ou de Navia, eme lo mesmo),  coa Policía del Concello enfrente. E, ademáis, con un hipotético alcalde de Conceyu Abiertu (por dicir un algo, que naide se enfade) nel Concello de Uviéu, a capital asturiana iba seguir tendo Policía, e teríamos que ver qué fai esa Policía. Non sólo é que non quira ver a úa Policía del Concello dun hipotético Uviéu gobernado pol soberanismo á caza del manteiro (que eso sobrenténdese), é que quero ver á esa Policia del Concello apricando leis sociales (as leis sociales que establecería ese Concello). Quero ver úa coordinación netamente asturiana para que as Policías del Concello traballen en común para aplicar esas políticas sociales e para, a pouco e a pouco, ir collendo (como reivindicamos nos tempos nos que se falaba daquela Xendarmería Asturiana) autonomía sobre este aspecto tan importante nas nosas vidas. E non felo a la española (que é el que se fexo noutros territorios del Reino, aquelo de que «te dan galletas integrales, te dan galletas los forales», que dicían Lehendakaris Muertos), senón dende úa óptica popular e, necesariamente, municipalista (el único xeito de ser popular). Porque non se trata nin de poer a bandeiría a úa Policía que reprima en asturiano (ou en galego) nin de fer un fuck de Police que non oferta alternativa ningúa (máis que os supostos grupos de autodefensa, que non son outro que macarras linchando xente polas rúas según un criterio establecido por naide sabe quen).

E non podemos esqueicer que nos Concellos hai certa demanda de coordinar estas Policías (Como el caso de Morcín, La Ribera e Riosa que estudiaron fer un corpo de Policía Rural), vamos, que non falo de nada del outro mundo nin ultra-innovador, de ningúa marcianada. Ademáis collo de base el marco legal que xa temos, non porque me preste, senón porque de traballar, haberá que traballar en base a daqué existente.



La menor detenida, ayer, al salir del centro de salud de Lugones con agentes de la Policía Local de Siero.


Porque a nosa non é úa sociedade libre de delincuencia (os Estados con índice de delincuencia máis baxos tein tamén Policía, por certo, pero non operan como matois de barrio, al estilo dos Estados con máis delincuencia), e porque a resposta necesariamente é policial (ou linchamento). Por eso, el soberanismo temos que traballar nesa linia tamén, e el Estatuto (úa vez máis ser soberanista pasa por ser autonomista) danos certo marxe para traballar. Agora está da nosa mao se nos poemos nelo ou preferimos non tocar temas que señan sensibles por medo a ser criticados.

Nenhum comentário:

Postar um comentário