quarta-feira, 16 de novembro de 2016

El soño español.

Si,
despois de todo este tempo berrando
"puta España"
por úa Asturias
libre
        socialista
                         soberana,
teño que confesalo.
Eu,
tamén eu,
sigo como os outros
el soño español
(irmao pequeno
e fato
del soño americano).

Erguerse cedo,
ás seis
            ás cinco
                           ás cuatro.
Traballar para el inglés.
Volver á casa,
parar nel chigre,
enfilarme
dormila
erguerme
outra volta
cedo
e traballar para el inglés.

E,
un día,
se hai sorte, máis pronto que tarde,
morrer probe
e tranquilo.
Por úa vez
tranquilo
               tranquilo
                              tranquilo.

Úa vida baleira
pero real
(ou aceptada como real
por algúa
gris
convención social).
Úa morte gris
como todas.

Confeso a  mía traición.
Se daquén hai libre de pecado...

Um comentário: