segunda-feira, 22 de junho de 2015

Úa posibilidá.

Dicen que hai úa posibilidá entre dezmil en atopar un trébole de cuatro follas (pois hai ún por cada dez mil de tres follas). Moito máis pequena ten que ser atopallo nel día máis llargo del ano (que como sabedes, non sempre coincide con San Xuan, e neste ano el día máis llargo é hoi). Dicen que hai úa posibilidá entre dez mil de chegar aos tous ollos...



Úa posibilidá entre dez mil
parece moi
                 moi improbable.
Úa posibilidá entre dez mil
parece cousa dos soños
colos que manteño esperto
el deseo de tous ollos;
colos que manteño dormidos
os suspiros de desalento.

Úa posibilidá,
úa.
Úa entre dez mil.
Úa posibilidá entre dez mil
cabe na palma da mao.
Cóllesla con dous didos.
Quen lo diría!
Úa posibilidá
parece tan liviana...

Contas posibilidades hai
de atopar nel célo da noite
dous Universos
entre tantas estrellas?

Contas posibilidades hai
de beber un solo suspiro
entre tantos
tantísimos ventos?

Úa.
Úa entre cen mil,
corenta mil millois.
Úa.
Pequena como úa forniga
frente un elefante.

Úa.
Úa pequena posibilidá diminuta.
Úa
que cabe na palma da mao.

Úa posibilidá.
A mía.
Leve
como un sonriso.

E el tou Deus sabe
que guardo máis sonrisos
nos ollos
(nos meus ollos,
nos tous ollos)
que estrellas hai na noite. 



Nenhum comentário:

Postar um comentário