Ás veces ún ten soños raros, inquetantes. Eu, por caso, hoi soñei úa cousa moi rara. Iba eu por Uviéu, pola Escandalera camín da Cai Uría. Iba con úa nena filla de inmigrados á que lle teño moita estima (en realidade aos nenos non se lles ten estima, sen máis se lles quere). Iba coa nena da manía pola Cai Uría e de repente vemos un guirigai de xente e nos acercamos a ver. Había un político en campaña electoral. Aquel político era Josep Anglada. Acercouse á nena a darlle un caramelo, como avezan a fer os políticos en campaña electoral, sen caer en que aquella nena non era lo que él chamaría dos de casa (será que hai xente de casa e xente da corte, del palleiro, del horta...). A nena foi coller el caramelo pero eu collinlle a mao para que non o fixera e lle dixen "de este señor non queremos nada". Increpeilo, chameilo escoria e deseeille a morte. Entós úa señora del Oviedín del alma me dixo que se non me daba vergoña desearlle a morte a daquén, e eu lle dixen que si, que me daba vergoña desearlle a morte en conta de matallo eu mesmo, pero que aí había moita policía. Entós salíu el paisano con el que nel vídeo de Jordi Évole discutía sobre se se pode ser español y musulmán. El paisano volvéu reírse de Anglada, pero eu non me ría, sólo lo miraba con odio. Anglada volveu repetir que non se pode ser español e musulmán, e que eu era español... Mandeilo á merda, díxenlle que non soi español, que soi asturiano. Que a nena tamén é asturiana, nacera onde nacera, fora filla de quen fora filla; e que me daba noxo a súa España. Volvín desearlle a morte. Díxenlle que dalgún día eu iba matallo. Á nena lle dixen que non se preocupara pol caramelo (mirábame colos ollos moi abertos, sen entender as mías palabras duras hacia Anglada), que lle iba a mercar úa bolsa enteira, e que os que eu lle iba dar non taban envenendados.
Espertei. Espertei e na cabeza me daba voltas este poema que despois escribin.
* * *
«Que tierra nuestra quieren,que tierra les daremos.En un hoyo y a puñados,que queden satisfechos.»
(Miguel Hernández, "Canción del antiavionista")
A Josep Anglada, a Manuel Canduela, a los del centro social "namáis para españoles" de Llaviana. Que non atopedes paz nesta vida nin descanso na próxima. Que na hora da morte non teñades a mao amorosa de un fillo que vos zarre os ollos.
Aos nenos da inocencia, aos adultos da lluita mao con mao. Que os vosos pasos enreicen nesta terra. Que os vosos ollos vexan moitas lluces e poucas solombras. Que algún día zarredes coas vosas maos serenas os meus ollos para darme descanso.
Maos invasoras,
garras asasinas,
ollos resecos
de malos soños,
soños mortos.
Quen arrancará todos os sonrisos?
Quen arrancará todos os ollos
inocentes
abertos
entusiastas
que nos rostros de media llúa sonríen
impasibles
inocentes
entrañables?
Quen arrancará de esta terra
as maos
cheas de callos,
de recordos de países
onde non é el barruzo quen baña
as llágrimas da cara?
Quen os soños preocupados?
Quen as noites sen sonos?
Quen os ollos das angustias
que pousan protectores
el volo sobre os ollos da inocencia?
Quen os ollos inocentes
que pousan redentores
el volo sobre os ollos del cuidado?
Quen vai arrancar
a nova semente que medra
nesta terra
callada
pousada
aberta
roturada pra recibir a semente nova
grumada noutras terras
noutros eiros
noutras hortas?
Quen vai pretender,
toupo miserable
rata execrable
pulgón infeccioso
impedir que prenda el tallo
forte
recto
nobre
desta semente
xa nosa?
Naide!
Colle,
llabrador,
a eixada con forza.
Acaba con todas as alimañas
que rondan el tou horta
os tous eiros
os tous soños.
Extermina
hasta el último fungo.
El que mancha
mata
queima
as follas da túa
(quiciabes nunca túa)
anada.
E bota sal.
Bota sal nos eiros enemigos,
semados dos toxos dos odios.
Que non medren.
Que non medre
que non quede
naide
que quira ver seca
a semente nova,
a semente tenra
que nesta terra arraiga.
Nenhum comentário:
Postar um comentário