quarta-feira, 19 de dezembro de 2012

Que ye vou fer, se nacín nas frías terras del norte.

Qué le voy a hacer, si yo
nací en el Mediterráneo.
                             Mediterráneo - J.M. Serrat.

Non, eu nun nacín nel Mediterráneo,
eu nacín nas frías terras del norte,
unde á terra dícenye orbayo,
barruzo, augua, torbón.

Unde á terra dícenye carbayo
y al mar chámanye xardía.
A terra unde nun queda xa trabayo
y pasan os días de tarde en tardía.

Eu nun nacín nel Mediterráneo,
tampouco teño guitarra nin sei cantar
a úa terra que tampouco nun ten ouguidos,
nin forzas, nin muyeres nin homes con agayo.

Todos foron ben llonxe, deixándose llevar.
Y mortos os días, ún tras outro
comigo van morrendo.

 
     Foto propia: Faro d'Ortigueira y Praya d'Arnelles.

quinta-feira, 6 de dezembro de 2012

Os constitucionalistas.


«E por moito que digan, son os únicos separatistas que coñecemos. Fórono de Portugal, sono de Cataluña, serano de Euscadi e de Galiza». 

Castelao, Sempre en Galiza.



Dase a paradoxa de qu’os que tanto defenden España odian os poblos d’España, y quen tanto defende a Constitución, odia as institucióis autonómicas qu’establece ese mesmo testo. Úa serie de paradoxas que faen qu’os mesmos políticos que defenden a España das Autonomías frente al separatismo catalán, propoñan castigar a Cataluña pol sou secesionismo retirándoye el autonomía. Esos mesmos políticos qu’en Asturias votan contra a proposta de nun baxar os salarios a os funcionarios del Principado porque nas Cortes Xenerales decidiron baxaryes el salario a os funcionarios del Estado, anque ellos nun tán d’acordo (dicen)... Nun sei cómo se pode ser diputado na Xunta Xeneral y nun crer qu’el parlamento autonómico teña que ter dél d’autonomía con respecto al estatal, como de feito, marca esa Constitución que tanto defenden.

El odio qu’esa xente ye profesa a os distintos poblos del Reino d’España é tal que chegaron a propuer crear macro-rexóis nas que, por un caso, siguindo el caudal del Río Ebro, tuveran A Rioxa, Navarra y Aragón, núa triste y patética imitación das prefecturas que Xosé Bonaparte quería instaurar a imitación das francesas, unde, por caso, Asturias nun era Asturias, senón a prefactura del Cabo Peñas (y unde búa parte del Eo-Navia, anque non todo, taba dentro del Miño Alto, que se vendría corresponder, grosso modo cua provincia de Lugo), unde nin a historia, nin a voluntá política dos poblos tería nada que dicir, y unde sólo os accidentes xeográficos, garrados d’un xeito máis ou menos aleatorio, servirían de criterio. Si, si, nun vos asustedes tanto, esta proposta chegóu a salir das filas d’UPyD. Os mesmos que nunca acpetarían (pese a qu’a santa Constitución prevé esa posibilidá) úa unificación de Navarra cua Comunidá Autónoma Vasca nin, tan sequera, incorporar el Condado de Trebiñu á provincia d’Álava (por certo, que cuas prefacturas napoleónicas, el Condado de Trebiñu quedaba inxerto na prefectura del Cabo de Machichaco, con capital en Vitoria). Anque dito seña de paso, a España constitucional tamén xugóu a construir prefecturas imposibles, se non que yo pergunten a os lleoneses, que se viron absorvidos por úa comunidá qu’unificaba a Castella meridional col País Lleonés, pasando por enriba d’identidades y voluntades.

Ese mesmo odio hacia a «las demás lenguas de España», qu’a Constitución establece que tein que ser oficiales, peró qu’a os defensores da Constitución yes parece que cada ún pode falallas na súa casa, peró non nos espacios públicos, unde sólo hai espacio pral castellano. Os mesmos defensores da Constitución que, despóis de clamar que nun se pode tocar, pase el que pase, la cambían pr’adaptalla a os mandatos da emperatriz Angela I Merkel. Esa mesma Constitución qu’os militares xuraron defender, y con ella a sacrosanta unidá d’España, y que de condo en condo nos lo pretenden recordar fendo suar el ruido dos sous oxidados sables (xa vei muito qu’España deixóu de ser un imperio nel que nun se puía el sol) xugando al que miyor saben xugar, al medo.

Tanto é el odio qu’os defensores d’España ye profesan a España, que todos os que nun entramos nel sou modelo d’español de ben temos que ser españolizados, y hai qu’españolizarnos porque somos españoles (si, asina d’incongruente pode ser el discurso del nacionalismo escluínte español). Y é que nun queren dicillo, peró odian España. Odian España porque odian Cataluña, odian Aragón, Andalucía, Estremadura, Asturias, Galicia, Las Vascongadas (como inda hai que las chama)... ¡Mesmo odian Castella! Imaxinaron nas súas cabezas úa España unde todos falamos igual, todos pensamos igual, todos pertenecemos á única y increíble cultura uniforme... Qu’acaban odiando dende el cava catalán (patéticos intentos de boicot) hasta a gaita asturiana, dende a dulzaina castellana hasta a llingua vasca. Todo lo odian. Son ellos os que nun nos queren españoles, a nun ser que séñamos como ellos queren que séñamos, todos d’un mesmo color.

Mapa das prefecturas de Xosé Bonaparte.


A paranoya centralista chegóu al punto de pretender unificar conceyos sen ton nin son. Y nun é que nun se poda prantiar, chegado el momento, úa unificación de conceyos, claro qu’é prantiable (en política case todo se pode discutir), senón que na súa voráxine centralizadora obviaron cousas como qu’el orixe, y polo tanto a estensión, dos municipios castellanos nun é el mesmo qu’el dos conceyos asturianos. Pasando, de paso, porriba dos efectos desastrosos que tería prás poblacióis diseminadas a reducción de conceyos, favorecendo a concentración (¡inda máis!) da población nas grandes ciudades (y é qu’el 80% da población asturiana vive nel Centro).

Os defensores da Constutución, os defensores da España grande, nun sólo odian a os poblos que compoñen el Reino d’España, odian a os sous súbditos, digo, ciudadanos. En particular ás clases trabayadoras. Asina, nin el dereto a vivenda ten úa importancia máis que nominal na Carta Magna, nin el tan cacarexado Estado de benestar que nos fía sintir el orguyo de ser españoles (sempre despóis de La Roja, claro) ten nengúa valía, desmoronándose a Seguridá Social (que nalgo tían que puerse d’acordo Artur Mas y Esperanza Aguirre), y retrocendendo nos deretos constitucionales básicos, que fían del Reino d’España un orguyoso estado democrático que superara felizmente úa dictadura militar (que non fascista, nun se diga...). Porque os mesmos que defenden a Constitución, España y a democracia (as tres cousas vein sendo úa mesma) son os que defenden recortes nel dereto á folga (os que defenden el tamén sacrosanto dereto a trabayar, sólo un día al ano, sólo el día da folga), de reunión ou mesmo de comunicación, prohibíndo gravar abusos policiales nun estado unde, pase el que pase, vei todo ben. Un estado unde, pra os defensores da democracia, acercarse muito as inmediacióis del Congreso pode ser un delito, a nun ser que lleves un arma y tricornio ou, tamén vale, úa corona real.

Estos son os nosos queridos constitucionalistas, qu’hoi tán de festa, recordándonos a todos lo afortunados que somos de vivir núa España plural, unde podes manifestarte de oito y media a nove, pola acera y en silencio, falar gallego-asturiano na intimidá y dicir, de condo en condo y sen abusar, que nun é cousa de romper España, un simpático y integrador collons.

terça-feira, 4 de dezembro de 2012

Somos.


Foto: ver fonte.


Somos os que naceron veyos,
fiyos de pais que soñaron a movida,
nun país sempre inmóvil,
reflexo porco en porcos espeyos
de realidades enxamáis vividas
d’úa transición inverosímil
d’aquellas vidas de misa y mantiya.

Fiyos d’aquellas revolucióis da Bruja Avería
qu’escupían «Viva el mal, viva el capital»,
dende úa tele por forza mercantil y colonial.
Fiyos d’aquellos contos que resultaron mentira
naquellas teles que forxaron as memorias
d’aquellas vidas que nun eran máis qu’historias.

Xente ilusa que soñaba
controlar el sou destín,
llibres en mercar y follar
nun soño que nun tía fin.
Soñado embaxo da túa saya,
soñado enriba das mías costas
pola forza da túa palabra marcadas,
cua forza d’un llátigo lliberador
qu’arrancóu da mía boca paxaríos
de colores que nunca enalaron,
de soños rotos, qu’el silencio axordóu.


Y nos meus soños tu pousabas a túa mao sobre as mías costas mancadas, y con sal las curabas y aliviabas, pois nun esiste nos meus soños dolor nin escozor na túa mao.


Foto: ver fonte.