sexta-feira, 2 de novembro de 2018

Noite das Desánimas.

«Nuestras vidas son los ríos
Que van a dar a la mar».
Jorge Manrique.


Noite das Ánimas, 
dos mortos que andan nas calellas, 
dos penitentes que vagan sen destín, 
dos que berran os quebrantos. 

Noite das Desánimas, 
dos vivos que dormen despertos, 
dos que en vida penitencia pagan,
dos que calan por non falar.

Noite das Desánimas
que poblades as rúas
dirixidos como cordeiros
a un fin absurdo
                            aburrido
                                           cimprón. 

Noite das Ánimas, 
dos mortos vivintes, 
de almas en pena, 
de Santas Compañas. 

Noite das Desánimas, 
de vivos morintes
que enchedes as rúas
como úa Santa Compaña
máis morta que nunca. 


                

quinta-feira, 1 de novembro de 2018

Os nomes del Medo.

Núa rúa de La Corredoria, 
cidade sen lei, 
un predicador berra contra
                       Halloween 
                               Samaim 
                                  a Noite das Ánimas...
e nalgúa taberna noxenta, 
chía de borrachos,
un camareiro ecuatoriano
brama contra el separatismo catalán
mentres un murciano lo chama sudaca
e na mesa del fondo
úa parella de lesbianas fain burla dun                                                               [travelo.

En colquera lugar un rumano bota contra                                                       [os moros
e un marroquín bota contra os rumanos.
Úa limpadora, 
que traballa por horas, 
bota contra todos dous, 
«eu, que soi española». 
E sou home bota contra as mulleres. 
E úa traballadora del ERA
soña con casar cun picoleto
e non rebaxarse a limpar
nunca máis. 

Serán as formas que adopta el Medo, 
maldito trasno que chega ondequira.
Será que a xente é fata, 
qué sei eu. 

Pode que seña el mundo que conocemos,
que esbarrumba
entre hamburguesas de seitán, 
nazis peruanos, 
ciclistas enfadados, 
mulleres e paisanos, 
católicos ateos
e ateos ortodoxos. 

Qué sei eu. 
Pode que vaiamos al carallo. 

Son os nomes del Medo. 
E non sei se sintir pavor
ou galbana. 

sábado, 20 de outubro de 2018

Movemento sobre rodas.

Vai us cuatro anos que xubín á bici estática da mía mai, por fer el indio, e prestoume. Despois xubín a úa bici normal e dende entós soi un bicicleteiro habitual. Non sendo que chova ás concadas, vou a clase en bici, igual que iba a traballar en bici, ou a amañar papeles ou aos concellos de La Llegra ou onde seña.

Dende vai un tempo percibo nas redes sociales, particularmente nel Facebook, úa sorte de campaña, ou al menos un sentir común contra os ciclistas e bicicleteiros, confundindo el ciclismo deportivo (esos que van en pelotois ocupando as estradas), coel urbano (esos que van pola acera) e con úa acritude que comparten conductores e peois. Especialmente chamadeiro el dos peois que poucas veces se queixan dos coches que ocupan as aceras.

Dicía un amigo meu, ciclista e conductor, que é a xerarquía dos vehículos, que establecería a prioridade dos coches sobre os demais vehículos. Eu, quiciabes un pouco conspiranoico, tendía a pensar que todas as empresas privadas que xestionan parquings e zonas azules (muita mafia hai aí) non estaban mui conforme col maior uso da bici e a progresiva desmotorización das cidades, porque evidentemente eso move muitos cuartos. Non esqueizamos que detrás da deuda de Villa Magdalena, en Uviéu, había úa proposta de eliminar, nin mais nin menos que el Parque San Francisco, para fer... PARQUINGS! Úas empresas (neste caso Comansa) capaces que poer  en resgo un dos pulmois e símbolos da capital non é para tomalo en broma. A peatonalización del centro da cidade non creo que sente ben aos que fain cuartos colos escasos aparcamentos.

Pero coel tempo penso que nin sequera é úa cuestión dos intereses económicos. Coel tempo penso que é mero conservadurismo. É úa forma de entender a vida. Un pouco el que dicía Clint Eastwood, o Bertín Osborne. El mundo énchesenos de maricois, mulleres que non se depilan e comefrores. Polo menos que nos queden os nosos coches como símbolo dese mundo vello onde as cousas sigan sendo como avezaban a ser.

Asina chegan os discursos sobre bicis que circulan polas aceras, que si, que si, que é ilegal... Pero non vemos as redes ferver colos coches nas aceras, ou nos pasos de peatois, ou en dobre fila. Asina, condo se prantían zonas 30, ferven as mesmas redes que non ferven condo os coches pasa de 70 km/h. en casco urbano... Non é que vexamos un problema ou outro, é un discurso contra el cambeo; contra colquera cambeo. Non, non estamos falando de bicis, falamos de todo el demais. Del noso dereto a fer chistes de gangosos, xitanos e mariquitas. 

Cheguei a esta conclusión el outro día, condo lin a noticia de Viomundo, na que se esprica que seguidores del utraderetista brasileiro Bolsonaro agrediron a mulleres transexuales e a un ciclista. As agresiois a persoas LGTB son deplorables, pero enténdense nel discurso LGTBfobo dos fascistas. Dito doutro xeito, asquéame que os fascistas agredas a persoas transexuales pero, por desgracia, non me sorprende. Pero, que hai del agresión a un ciclista? Agredíronlo por ser ciclista? Si.

Estava de bike na Faria Lima, de manhã, e um carro não parou no farol vermelho e avançou para a área que ciclistas atravessam. Com isso, dois ciclistas se assustaram e caíram.


O que deveria acontecer: motorista pedir desculpa, ver se está tudo bem e vida que segue.

O que aconteceu: motorista colocou a cabeça pra fora do vidro e gritou: “Porra, seus viados! Bolsonaro tá vindo e essa mamata de vocês vai acabar! Ano que vem eu passo por cima!”

Esto é, para os fascistas de Bolsonaro, os biciclistas e as persoas LGTB somos pouco mais, pouco menos, el mesmo (enténdaseme ben, el problema de LGTBfobia é terrible, muito mais que el que pódamos sufrir ciclistas, esquerdistas...). Pero, al final, a lóxica del cochecentrismo,é a mesma. Non estamos en Brasil, pero vai dous días que úa moza en coche apretou el acelerador al verme delantre, sacándome da vía a forza, intencionadamente. Non, non é egoísmo, non é temeridade... é un posicionamiento vital e, probablemente, político.

E as redes sociales braman porque el fascismo sempre sema sou discurso con rapidez. Non é que os que compartan esos mensaxes señan fascistas, sensu stricto, como non lo son os que comparten mensaxes contra os refuxiados, os gais ou as denuncias falsas. El sentido común márcalo a extrema dereta, por que non iba a ser asina no viario?

Al final os da bici son os novos negros de Mahoma, que dicía un veceiro da taberna na que traballaba. Os que nos traen os males e destrozan a nosa civilización occidental. Non é úa cuestión de tránsito, é úa cuestión identitaria. Por eso os ricos compran Mercedes e todoterrenos. E por eso, na mía experiencia, os coches caros e todoterrenos son máis agresivos na estrada. Que motivo iba ter un urbanita en comprar un todoterreno para andar por Uviéu se non e telo máis grande?

Por eso, somos tránsito, pero somos muito máis que tránsito. Somos movemento. Elos sábenlo.


Úa das salidas da Masa Crítica.

quinta-feira, 11 de outubro de 2018

Rúas desta guerra.

As rúas son un campo de batalla.
Calzadas anchas
beirarrúas estretas
e carriles bici que levan a naiundes.

As rúas son un campo de batalla.
Xente opaca
xente trafulleira
choreiras de cocodrilo.

E aí estás tu,
reconfortando en silencio
todas as hostias que dá eso que chaman
humanidá.


As rúas son un campo de batalla.
Un campo de batalla hostil,
unde naide é quen diz ser,
onde non hai verdá algúa. 

E aí estás tu, 
axudándome a caminar na escuridá. 

Quiciabes os silencios
señan el única verdá,
el único real.

Putas rúas, que estoupan baxo os pés nosos. Puta xente, putos lanzachamas sen gas.


quarta-feira, 10 de outubro de 2018

Semadores de odio.

Vai un ano el poblo de Cataluña inentaba votar. Lo que a vista del nacionalismo español era un golpe de Estado (desconocendo que quer dicir el expresión golpe de Estado, que para chamárselle asina necesariamente ha de ser un levantamento armado), a ruptura de España e da democracia (que como todo el mundo sabe é incompatible coel voto).

Non vou estenderme aquí a falar del que foi el 1 de Outubre del ano pasado, porque xa lo fixen nel sou momento. É, sen dúvida algúa, un suceso que marcou a Historia deste Reino. De feito, como tal efeméride, ten a súa celebración. Porque todo el mundo sabe que en tódo-los atentados contra a Lei homenaxéase aos policías que intervein anualmente... Úa mostra máis del carácter político das intervenciois policiales que se fixeron vai un ano.

Despois chegaron as reivindicaciois de Jusapol. Úa asociación de policías nacionales e guardias civiles con tintes sindicales (apesar de que os guardias civiles, en tanto que militares, non se poden sindicar). Pouco podemos dicir de Jusapol, máis aló de que é úa organización vinculada al partido de extrema dereta Vox. E pouco podemos dicir da reivindicación de equiparación salarial da Guardia Civil e a Policía Nacional colos Mossos d'Esquadra e a Ertzantza, en tanto que a Guardia Civil e a Policía Nacional non tein nin os mesmos salarios nin as mesmas condiciois (cumpre recordar que a Policía Nacional é un corpo policial e a Guardia Civil úa institución armada, non son policías, son militares, razón pola que acceden a Casas-Cuartel). Tampouco os mossos d'esquadra e os ertzainas comparten condiciois nin salarios, como non tein que compartirlos os policías del conceyo de Cuaña e de Navia. Como tampouco comparten condiciois nin con us nin con outros a Policía Foral ou a Policía Autonómica Canaria, nin a Policía Portuaria, nin os Guardas Forestales... Cimpremente, el traballador dúa empresa ou dúa Administración pode non compartir condiciois concretas con traballadores equivalentes doutras empresas ou Administraciois. Insistindo, ademais, en que a Guardia Civil, como institución armada, non ten el sou equivalente en instituciois policiales (como a Policía Nacional, os Mossos d'Esquadra, a Ertzantza, a Policía Foral Navarra e a Policía Autonómica Canaria).

Pero non nos desviemos, este debate non é sobre a cuestión policial (tamén sobre eso discurremos nel Paporrubio). Dicíamos que a organización de caracter sindical de policías e guardias civiles Jusapol, vinculada al partido de extrema dereta Vox, fixeron úa concentración pola chamada equiparación salarial. Úa reivindicación salarial hacia el Ministerio del Interior que, obviamente, féxose na cidade na que se sitúa el Ministerio, na capital de España, Barcelona. E núa data cercana al 1 de Outubre. Colquera diría que estaban buscando bronca, ou que esteamos ante úa manifestación "inoportuna, ambigua y populista". Non son adxectivos postos por min, por ningún odiador da Policía ou un indepe odia España, senón polos sindicatos policiales SUP, CEP, UFP e SPP, tamén a AUGC (asociación de guardias civiles) montrou a súa preocupación polas acciois de Jusapol.

Pero, a pesar de todo; a pesar de ser úa asociación pero non un sindicato, apesar de ter aos sindicatos policiales e al AUGC en contra, parece que esta organización vinculada a Vox cobra forza e voz, a pesar de ferlle escraches al partido nel Goberno (insisto nel carácter militar da Guardia Civil).

Pero temos que dicir que non están solos. Que hai un movemento civil de extrema dereta, en pleno conflicto, aparecen colgados en Valencia monecos con esteladas. Mui en sintonía coel a por ellos de vai un ano.

Ninots esteladas
A que estamos esperando? a que esta
imaxe seña úa realidade?

Imaxinemos, por un segundo, que el imaxe fora al revés. Sería apoloxía del terrorismo, delito de odio...

E esto condo os partidos da extrema dereta collen forza e a dereta tradicional vira á extrema dereta. Namais como un viraxe á extrema dereta podemos entender a campaña contra a normalización lingüística del PP asturiano, que mesmo el periódico fundado por Falange califica de "combativo". E é que, non nos enganemos, esto é un combate.

Estamos centrándonos a falar del problema español (por que aceptar el termo problema catalán? ¿Acaso non é a concepción nacional de España el que está supoendo un problema?), pero avanzan, al tempo, os discursos xenófobos máis agresivos. En toda Europa, tamén nel Reino de España. Non vai tanto un humorista de medio pelo sirvía de altavoz aos discursos xenófobos que podería firmar Salvini (e os medios de comunicación danlle hasta apoio, como el mesmo medio que enlazo).

E a esquerda témoslo que ter ben claro, el fascismo está aí. Medra. Pero non medra en abstracto, medra nos nosos barrios, nos nosos centros de traballo, de estudio, nos bares, nas rúas, na cola del supermercado e nas filas ás portas das escolas ("que se vayan a su país", sintín el outro día a us pais e úas mais á porta da escola). Está entre os nosos amigos, familiares, compañeiros... Mesmo entre compañeiros de militancia supostamente de esquerdas...

Os semadores de odio están aquí.

domingo, 20 de maio de 2018

Non morreredes?

Na rúa
dous cais lládranse el sou odio.
Parecera que van matarse,
se non fora porque todos sabemos
que non van ferse nada.

Son como os paisanos,
que por ter el rabo entre as patas,
tamén lladran como se non fora teatro.

Na rúa
algún fato lle dá caña al coche.
Sería boa pena que se matase contra
                                             [úa farola
e la rompera.
Non lle ten a culpa
a farola.

Eu fumo na mía shisha
buscando en min
a paz que fóra non hai.
Fóra
é todo hostil,
un mundo en guerra.

Contra que lluita toda esa xente?
Contra sí mesmos.
Ódianse.
É normal.
Eu
tamén los odio.

A lo menos eu sei por qué los odio.

E,
ás veces,
daquén
chámame pol teléfono
para contarme merdas
que nada me importan.

Non callaredes?
Teño meus problemas.
Problemas serios.
E é que,
ás veces,
el carbón da shisha non tira,
ou quedo sen tabaco,
ou non prende el chisqueiro.

Pergunteivos eu as vosas miserias?
Non vos importa,
porque os vosos ollos miran namais
                                        [para adentro.
Normal que esteades anoxados,
eu tamén lo estaría
de estar mirando
merda
todo el puto día.

Aí fóra hai un mundo
en guerra.
E dame igual.
Tírame da miruca.
Quen sodes?
Por que habería de importarme?

E,
na cama,
espérame a mía amiga
que me reconforta
coel sou silencio,
cos sous didos que falan,
cos sous ollos que brillan.

Reconfórtame
deste mundo-merda
que é tan hostil.

Hoi teño tabaco
e a mía amiga espérame na cama.
Déstesme ben pol cul,
pero esta batalla,
esta guerra,
gánola eu.

Durmide vós,
xente-piollo
coas vosas miserias
golpiándonos nas cacholas
de cocho
que ferven
veneno.

Deixádevos morrer
nas vosas vidas-morte.
E,
por úa vez,
deixade de dar pol cul.