quinta-feira, 31 de dezembro de 2015

Ano novo...


Empeza el ano e cola entrada de xeneiro avezamos a fer promesas de rexeneración persoal que, normalmente, quedan esqueicidas antias de que chegue a primavera. Empeza el ano e empezamos a botar conta del tempo que pasa. Empeza el 1 de xeneiro, anque pral calendario gregoriano, porque pral xuliano (que usan prás súas festas os ortodoxos) é un cimpre 19 de decembre. Un irrelevante 20 de telvet del ano 5776, nin máis nin menos pra os xudeos e un non máis relevante 20 de rabi' al-awwal pra os musulmais, que empezaban el ano 1437 nel noso 15 de outubre (el sou 1 de muharram). E asina poderíamos botar mao del calendario chino, del hindú... en definitiva, de colquera. E é que sabemos que os calendarios, a forma de repartir as semanas, os meses, os anos... son namais que convencionalismos sociales. Mui útiles, si, porque nas sociedades necesitamos midir el tempo, que pasa inexorablemente, pero a midida é un convencionalismo, úa invención.

Dígolo porque mentres nel mundo occidental (e por estensión outras sociedades non occidentales pero con un maior ou menor grado de occidentalización, a globalización eche el que che ten) estamos a celebrar que se acaba un ano e nace outro, e con elo enchemos el final del día de hoi con promesas e desexos botados al aire, noutras sociedades deitanse e érguense coa mesma parsimonia monótona coa que nos deitamos e nos erguimos nosoutros colquera 30 de abril.

E é que empeza el ano, porque un tal Gregorio XIII (de profesión, papa) decidíu fer cambeos nel calendario que a Cristiandade vía usando hasta entós (e que siguiron usando os ortodoxos, que lles valía ben pouco el que Gregorio XIII dixera ou deixara de dicir). Empezamos el ano e é un momento como colquera outro pra ferse promesas que se romperan primeiro de que acabe el mes, ou quiciabes este ano séñamos un pouco máis serios con nosoutros mesmos. Empeza un ano e vaise outro, que davezo solemos calificar de malo, anque namais seña pra reclamar el pretendido dereto de que el ano que entra seña bon, ou a lo menos (a lo máis) mellor que este. E é que un quixera crer, anque namáis fora de condo en condo, na maxia. Ha ser as reminiscencias da cultura pagana que subsisten na sociedade occidental, esas que nos fain celebrar os solsticios, xa seña vistíndolos da Natividade del Señor ou del San Xuan bautista, esas que nos fain pañar el augua da rosada en San Xuan e enchernos pol Nadal. Pero un sabe (maldita Ilustración que nos trouxo el despertar, como condo os pais lles confesan aos nenos que non esisten máis Reis que os que nos oprimen) que non hai noites máxicas, e que se mañá empezamos axenda nova na que apuntar plais novos que volver saltarnos por siguir os vezos vellos, é namáis por un convencionalismo histórico e cultural (que non é pouco).

E con todo, un haberá apuntar nesa axenda nova, por estrenar, un feixado de plais, úa montueira de bos desexos, de soños que construir. Porque si, hoi é un día igual de bon que colquera outro pra empezar de novo.

Que pasedes úa feliz noite e téñades un gran ano por delantre.




segunda-feira, 21 de dezembro de 2015

Cantar á muller elefante.

Quérote ben.
Quérote tan ben
que quixera verte vella,
arrugada,
chea de verrugas,
deforme.

Quérote ben.
Quérote tan ben
que non quixera que foras
escrava,
prisioneira,
cautiva
desos ollos que eclipsan,
desos labios que atolan.

Non quixera que
pra min,
pra tantos,
pra ti,
namais foras úa cara guapa,
máis que guapa,
un bon corpo.

Pero desenganémonos,
se non fora por eso,
polo que te amarra,
polo que me cautiva,
eu non iba quererte,
nin ibas quererte tu.

Quérote tan ben,
que te quixera libre
del espello,
da cámara del móbil,
del sonriso ensaiado,
de ti mesma.

Probe de ti!
Prisioneira e carceleira.

Optimismo.

Todos imos morrer.
E aínda menos mal.
Que doloroso sería
vivir úa eternidá
sen nada que fer
realmente bon.

Todos imos morrer,
e aínda menos mal.
Que doloroso sería
sintir úa eternidá
cómo se desgarra
el alma del corpo.

terça-feira, 15 de dezembro de 2015

Patria estranxeira, ou os fillos de Urano.

Nunca estuveron as rúas tan baleiras,
nunca a xente foi tan extraña,
nin as linguas nosas tan forasteiras.
Nunca estuven tan fóra estando na casa,
nunca tuven por madre úa madrastra
nin quedei tan espido en medio da invernada.

Patria estranxeira,
onde botache aos fillos
sen esperanzas nin eixadas
coas que labrar as vellas utopías,
as utopías novas,
las das alas cercenadas?

Extrañas son as rúas,
extraños os homes,
as mulleres extrañas,
desta extraña terra
de extraños días
de amores escapados.

De amores castrados,
de revoluciois silenciadas
de maos amputadas,
mutiladas,
sen corpos espidos que acariñar
nin armas sangrantes que empuñar.

E us ollos cegos,
arrancados das concas
e botados sobre el terrén.
Ollos que non han ver
fillos medrando libres
e bebendo fantasías.

E un costado aberto.

Madre mía,
madre mía,
por que me abandonache?

segunda-feira, 14 de dezembro de 2015

Carta a un pai.

Úa mesa probe.
A máis probe de todas as mesas.
Un pouco de queixo
e pan de antointe.

Úa velleira mala de levar,
el peso dos anos nos ombros
e a levedá da vida
a paso firme frente os ollos.

A duda eterna
que atormenta a todo home,
«botei ben aos fillos?»,
«cumprín abondo na vida?».

E un corpo
suave
          cálido
                    espido
durmindo al tou lado.

E us ollos
vivos
         brillantes
                         enchidos
de amor pola mañá.

E un nicho.
E úa mao.
Úa mao que zarre
us ollos xa cansados da vida.

Como quixera eu
todas as miserias túas.
Morrer con vida
e non vivir morrendo
esta vida baleira 
de maos amputadas
sen un corpo que acariñar
nin úa vida
que poda chamarse propia;
que poda atesourar.

sexta-feira, 11 de dezembro de 2015

Sonrisos.

Hai sonrisos que son ameiceres,
que é velos e saber que un sol nace,
que se abre el día,
que hai úa vida espertando.

Hai sonrisos que son atardeceres,
que é velos e saber que el sol morre
e empeza a noite
escura e fría.

E si,
son preciosos os atardeceres,
xusto antias de sumirte nel escuridá,
xusto antias de afogarte nel frío.

Son ameiceres ou atardeceres
os tous sonrisos?

E si,
son preciosos os tous sonrisos
xusto antias de salir pola porta
sen despedirte.

E quedo inundado de noite
por outra eternidá,
polo menos
hasta mañá.

quinta-feira, 10 de dezembro de 2015

Soi soberanista, soi internacionalista.

internacionalismo substantivo masculino 1 Carácter internacional. A característica máis importante do proxecto é o seu internacionalismo.2 Doutrina segundo a cal prevalecen as relacións e os intereses internacionais sobre os nacionais. Cada vez téndese máis ao internacionalismo.3 Doutrina que preconiza a unión internacional dos traballadores contra o capitalismo.

soberanía substantivo feminino 1 Calidade de soberano, de quen ten a autoridade suprema. A soberanía do pobo non se pode cuestionar.2 Carácter dunha nación ou organismo que non está sometido a outro. Defender a soberanía nacional das agresións externas.


nacionalismo substantivo masculino 1 Doutrina política que exalta o sentimento nacional. Nacionalismo alemán.2 Doutrina política que no caso das nacións sen estado, defende a liberdade da comunidade nacional na decisión da forma política que quere adoptar para si. Teorías sobre o nacionalismo galego.

(Diccionario da Real Academia Galega, DRAG).

Soi soberanista. Ou lo que é lo mesmo, aposto por úa Asturias capaz de dirixirse a si mesma, úa Asturias que non necesite del permiso de Madrid pra tomar as súas propias decisiois, úa Asturias que se teña a si mesma como centro político e como suxeito político. Ou lo que é lo mesmo, úa Asturias que se asuma a si mesma como país.

Ou lo que é lo mesmo. Non che me considero español. Vale, é verdade, un pode considerarse español e ser soberanista (era el meu caso hasta non vai tanto), pero al final é difícil de xestionar. E sobre todo, como soberanista teño fundamentalmente como ámbito de actuación política Asturias, anque eso é relativizable, xa que un, afortunadamente, sale de Asturias, conoce outros países e interactúa con xente de outros países.

Davezo me perguntan sobre se soi nacionalista, e esto é difícil de responder. Que é ser nacionalista? Non gosto moito das definiciois de diccionario, especialmente pra términos políticos que avezan a ser máis compricados del que un diccionario da lingua especifica. Pero vou botar mao das definiciois del DRAG pra esplicalo de forma máis ou menos comprensible. El DRAG fala da exaltación del sentimento nacional, e pon por caso a doutrina del nacionalismo alemán. Soi nacionalista? Non. Pero tamén fala de, nel caso das naciois sen estado, a defensa da libertade e da creación de un estado propio. Pon de exemplo as doutrinas del nacionalismo galego (poderíamos falar tamén das doutrinas del nacionalismo asturiano) Soi nacionalista? Neste caso, é posible. Eu soi asturiano, el meu país é Asturias e é el que teño por suxeito político. Ben, quer dicir eso que hai pola mía parte úa exaltación da nación asturiana? De ningún xeito. De feito a nación asturiana é tan cuestionable como colquera outra; como la española, sen ir máis lonxe. De feito soi de un pedacín de Asturias onde se fala galego, e el meu proxecto político é el da República Asturiana (lonxe de discursos esencialistas dúa lingua, úa nación, que nos condenaría a non poder decidir qué nación queremos construir e nos metería na República Galega si ou si). El meu proxecto político é Asturias, pero eso non quita que, por caso, estea aberto a discutir sobre el asturianía de tal ou cual territorio ou mesmo sobre a conveniencia ou non de séremonos asturianos ou de séremonos españoles. Asturias non é tampouco intocable. Sería incongruente criticar el discurso de que España non pode ser intocable e manter el discurso del nacionalismo español pra Asturias.

Pero si, el meu país é Asturias. Un país de 10.603,57 km² con 1.044.481 habitantes (e é que por grande que seña un país sempre ha ser máis pequeno que el mundo, pero por pequeno que seña un país, non deixa de ser un país). Este é el país nel que vivo e nel que desenvolvo as mías actividades, entre elas, como non, as políticas.

Ben de veces, e recentemente, me perguntan «pero, onde quedou el internacionalismo?». Teño que reconocer que nunca entendín moi ben esta pergunta. Soi internacionalista. Entendo que non hai razón ningúa pra estremar el que pasa en Cuaña del que pasa en Damasco (bueno, si, que en Cuaña, afortunadamente, non nos está bombardiando a democracia). Tamén entendo que eu non vivo en Damasco e que, en consecuencia, non podo interactuar con esa realidade aló, anque si podo interactuar con esa realidade dende aquí. Soi internacionalista porque traballo políticamente con xente doutros países (sobre todo de países que, como el meu, non tein estado, anque na maioría dos casos formen parte del mesmo estado que el meu). Soi internacionalista porque conozo as problemáticas doutros estados e doutros países sen estado. Dito doutro xeito, sei pra onde queda Francia, pero tamén sei pra onde queda Occitania; fáigome cargo de que en Cerdeña viven al menos cinco comunidades lingüísticas autóctonas, máis as migradas máis os italiano falantes; teño úas nociois básicas dos conflictos entre árabes e amazighs nel Magreb, sei dos conflictos étnicos que enfrentaron a uigures e han nas terras máis occidentales de China... Esto é, soi internacionalista porque pinto un mapamundi de poblos, etnias, relixiois, grupos humanos diversos, e non sólo de estados. Porque falar da problemática demográfica de China está moi ben, falar da problemática por segmentación de sexos e moi importante e relevante, pero falar da realidade demográfica de China sen entender que non existe un poblo chino, é non entender nada. Non entender que el poblo chino en realidade son os han, e que a Historia contemporánea de China, dende a caída da dinastía Qing, é úa continua confrontación de grupos étnicos (que é como chamamos aos poblos fora de Europa, en Europa pra falar de europeos témoslle tirria/medo al término, non sendo condo falamos de minorías como os xitanos) e ser máis interesatalista que internacionalista.

E, sobre todo, soi internacionalista porque defendo que as clases populares de todo el mundo temos que axuntarnos para derribar el capitalismo. Que de nada sirve derribar el capitalismo en Cuba se non se derrota nel Congo, de nada vale derribalo na India se non se derriba en Asturias, e de nada sirve derribalo en Asturias se non se derriva nel Rif ou en Córcega.

Pero asumámoslo, non conozo a naide que milite en ningúa organización que seña enteramente internacional. Compañeiros que militan en IU, en Podemos, nel PCPE... e que as veces me perguntan por qué zarro el meu ámbito de actuación a Asturias. Porque se daquén milita en Conceyu Abiertu ou en Darréu, tal parece que únicamente lle interesa el que pasa en Asturias. Pero a realidade é que el que milita en Conceyu Abiertu ten un marco de militancia nacional, Asturias, e el que milita en IU ten outro marco de actuación nacional, España.

Pero... Se militas nun marco español axuntas outros poblos a Asturias, militas con andaluces, galegos, vascos, castelanos... Efectivamente, España é territorial e demográficamente máis grande que Asturias. Acaso é máis internacionalista un comunista estadounidense que uno portugués? Non, anque obviamente os Estados Unidos son moito máis grandes territorial e demográficamente que Portugal. Qué pasa colos islandeses? Ellos tein como marco de referencia un país de pouco máis de 300.000 habitantes. A cidade de Xixón ten case a mesma población que Islandia enteira... Daquén vai acusar aos comunistas islandeses de non ser internacionalistas por ter como marco referencia un país coa mesma población que Xixón? E además militan en islandés... Tal pareza que pra elos que as cousas estean escritas en islandés seña importante... De verdade non sería mellor que el Partido Comunista Islandés deixara os localismos e se fusionara col Noruego e usaran todos el inglés como única lingua? Noruega, por certo, con dalgo máis de 5.000.000 de habitantes, menos que Cataluña (que ten case oito millois). E Pepe Mujica? En que está pensando? Fala constantemente del Uruguai, un país de apenas us tres millois de habitantes, máis ou menos os mesmos que ten Galicia. Un home profundamente localista que non acepta que el sou país se volva a integrar en Brasil (a Provincia Cisplatina formou parte de Brasil) ou en Arxentina. Evidentemente naide nega que Pepe Mujica seña internacionalista (de feito forma parte dese gran proxecto latinoamericano, del mesmo xeito que tantos e tantos soberanistas defendemos proxectos europeos, ibéricos, atlánticos...).

Logotipo del Frente Amplio.


Daquén vai interpretar que el Frente Amplio (onde se integran el Movimiento de Participación Popular e el Partido Comunista de Uruguay) seña úa formación localista ou menos internacionalista que el PCE en función a que Uruguai seña un país colos mesmos habitantes que Galicia independizado de España, primeiro, de Portugal e de Brasil despois? Que razón hai pra pensar que se el ámbito de actuación de daquén ou a súa identidade nacional de referencia seña Asturias esa persona é menos internacionalista que la que ten como referencia España?

«Pero é que eu non teño ningúa identidade nacional de referencia», dice moita xente. Ben, nego la maior. De feito non é raro que daquén faiga esta afirmación e al tempo enarbole a bandeira da República Española. É obvio que daquén que enarbola a bandeira da República Española está sintindose identificada con España, con España baxo un proxecto político moi concreto, pero España. Tamén Portugal é úa república, sonlo Francia, Irlanda, Italia, Malta, Mongolia, China (a Popular e a Nacional), Alxeria, Exipto, México ou Arxentina; de querer exaltar os valores republicanos un podería coller colquera de esas bandeiras... Pero exaltan os chamados valores republicanos (todas as repúblicas que citamos tein, en realidade, modelos moi dispares) pra úa realidade nacional concreta, España. Eu exalto esos mesmos valores, namáis que apricados a úa realidade nacional moi concreta, Asturias, un país non moito máis pequeno en km² que Uruguai (176.215 km² de Uruguai, frente aos 10.603,57 de Asturias) e máis habitado que Islandia. Querse dicir con esto que non me importa que se apriquen esos valores a Galicia, León ou Andalucía? Por suposto que me importa, por eso defendo e apoio (moralmente sempre, condo podo activamente) os movementos soberanistas galegos, leoneses ou andaluces. Como apoio os movementos similares en Córcega, Cerdeña, el Rif, Alxeria ou Senegal (porque a soberanía vai moito máis aló de ter un estado propio e tamén é necesario defender a soberanía e el independecia dos estados independentes, por caso, condo defendemos a soberanía de Grecia ou del Reino de España frente aos poderes da Troika e a UE, sen que eso signifique que queramos darlles as costas aos demais poblos ou aos demais estados da UE).

Cuantas veces interactua el internacionalismo español fora das fronteiras patrias? En que se traduce ese internacionalismo e hacia quen se dirixe?

Porque, imos ser claros, el internacionalismo español, pensado en clave española, conoce moi ben a problemática palestina porque é a problematica máis conocida, conoce moi ben as problemáticas da América Española porque son os fillos que se fixeron grandes, as antiguas colonias. A solidaridade é moito maior con Cuba, con Venezuela, con Uruguai, Arxentina.... países todos que tein como lingua oficial el castellano (anque en algús casos como el boliviano se emponderaran outras linguas) que coel Reino de Marrocos, que con Alxeria, que con outros estados americanos como Surinam, Guiana, Xamaica... De condo en condo se conoce e se reconoce a Brasil, porque é un estado xigantesco e falar de América Latina e obviar al Brasil é un pouco descarado. A solidaridade col Sáhara Occidental está moi moi ligada á súa condición de antigua colonia e al trauma que supuxo a pérdida de esa colonia (curiosamente hacia os antiguos territorios del Protectorado Español de Marrocos, Ifni, Tarfalla e Guinea Ecuatorial non esiste esa solidaridade... mesmo sendo Guinea Ecuatorial el único estado africano onde se fala castelán, quitando os territorios aficanos que aínda son españoles). Elo é, estados moi cercanos xeográficamente, estados con úa relevancia política incuestionable (penso en Sudáfrica, penso en Mozambique ou Angola, verdadeiros berzos da Revolución dos Craveles) pásannos compretamente desapercibidos porque nin falan castelán nin tuveron relación ningúa con España (úa vez máis, que se obvie tan descaradamente Guinea Ecuatorial, que dá motivos de sobra pra reclamar a solidaridade con ela, escandaliza e dá que pensar).

Despois está el internacionalismo pra con Europa, porque claro, formamos parte del mesmo proxecto supraestatal, e despois están outro tipos de internacionalismos... Aquelos que fain que condo úa organización estalinista en colquera parte del mundo é perseguida, todo el estalinismo español (pero namáis el estalinismo) se poña en pé de guerra, condo úa organización trostkista é perseguida seña el trostkismo español el que se pon en pé de guerra ou condo úa organización anarquista é perseguida, todo el anarquismo español se poña en pé de guerra (teño que dicir, que os anarquistas son probablemente os únicos que se cren realmente el discurso internacionalista). 


 Bandera        Ubicación de
 A bandeira da República Española é, fundamentalmente, a bandeira dun país e de un proxecto nacional. Un país que tía úa estensión colonial en África que non convén esqueicer.


Soi soberanista porque creo na soberanía deste pequeno país chamado Asturias. Creo que os asturianos somos os que temos que decidir os nosos futuros, e non sólo nas insituciois asturianas (na Xunta Xeral, nel Goberno asturiano...), senón nos Concellos, nas Parroquias, nos barrios... porque non creo nel soberanismo sen el municipalismo nin sen recuperar el noso dereto constitudinario (falo da figura legal das Parroquias, que non se decida dende a capital del país nin dende as capitales dos concellos, eso de que decida a xente tan de moda agora xa forma parte el deret constitudinario asturiano). E, por suposto, que decidamos nós, non ningúa corporación, ningún lobby. Que Asturias seña pra os asturianos (entendendo que os asturianos somos todos os que formamos parte deste país). Soi soberanista porque quero a soberanía tamén pra os demais países. Quero soberanía pra que a Golden Mines nun se apropie de Tapia, pra que non se apropie del Congo o de Colombia (os nosos enemigos al final son os mesmos, como non ser internacionalista?). 

E ser soberanista non é, de ningún xeito, fer como que non hai mundo máis aló del Payares, máis aló del Eo, máis aló del Deva. Precisamente en Asturias, que compartimos lingua, cultura, espacio... con outros países da nosa contorna. Porque por úa banda nel Eo-Navia falamos galego, por outro lado, nel País Leonés falan asturiano (tamén galego), en Cantabria... Cantabria acaba de protexer el pericote, con eso dígolo todo. Precisamente Asturias que recibimos moita inmigración doutros puntos del estado e del mundo, e non é raro que moitísimos soberanistas señan descendentes de estremeños, de andaluces, de galegos... E el que máis e el que menos temos familia que emigrou primeiro a Castela, Uruguai, Arxentina, México... despois a Alemaña, Suiza, agora a Inglaterra... Como imos zarrar os ollos al mundo os soberanistas asturianos condo somos un poblo en continua diáspora?

E soi internacionalista porque defendo a soberanía de todos os poblos, empezando pol que teño máis cerca, el meu. Soi internacionalista porque conozo que hai estados con moitos grupos humanos, porque sei que en Cerdeña se fala albanés, porque sei que os uigures son musulmais e reclaman a independencia de China ou, polo menos, úa verdadeira soberanía respecto a lo que a propia Constitución china chama xovinismo ha, porque sei que os amazigh foron os marxinados del Magreb e que ser israelín de orixe etíope non é lo mesmo que ser israelín de orixe ruso. Soi internacionalista porque sei que en Uruguai falan galego-portugués misturado col castellano, el portuñol, moi parecido al galego-portugués de Asturias, porque sei que el mapa de África trazáronlo a escuadra e cartabón coel esfouto de non deixar títere con cabeza e enfrentar poblos (para que a soberanía fose namáis formal, pero nunca real), sei que el nacionalismo da descolonización de Alxeria, Angola, Senegal, Tanzania... non é el nacionalismo decimonónico alemán, nin el francés, nin el español; que condo Julius Nyerere foi presidente da Tanganica (independizada del Reino Unido) e despois de Tanzania (na que se federaron Tanganica, Zanzíbar e Unión) impulsou por un lado el suahili e a conciencia africana (el orgullo de seren africanos, el emponderamento da súa cultura, del folclore, das propias tradiciois) e por outro impulsou a soberanía económica frente al antigua potencia colonial e potencias como Sudáfrica. Úa Sudáfrica onde se practicaba ferozmente el apertheid e a la que se enfrentou Nyerere, socialista.


Condo digo que soi soberanista non falta quen me pergunta «onde quedou el internacionalismo?» Pero acaso hai internacionalismo sen poblos soberanos? Acaso el socialismo non é a soberanía dos poblos? Acaso se pode ser cidadano del mundo sen pertenecer a algúa terra, a algúa lingua, a algúa cultura? Dicía el Che que «a revolución é a tenrura dos poblos». Acaso hai daqué máis internacionalista que querer aos poblos? Non eran internacionalistas aquelos que berraban, precisamente, «patria ou morte!» nel asalto al Moncada?

Puta España.

"Puta España!"
e berrar tolos de alegría.
"Puta España!"
E se poidéramos botar todas as culpas
a ese ser montruoso
que é "España"?

Os días sen ilusiois,
os chuchos botados al aire,
á nada,
a quen non los quixo;
as noites de desvelos
e as vidas sen soños.

"Puta España!"
E berrar tolos de alegría,
afogando as nosas moitas miserias,
as nosas poucas esperanzas,
en litros
               e litros
                            e litros
de alcohol.

Que fácil resultaría
xiringar úa bandeira,
a nosa,
e botar contra a bandeira de elos,
e cuspila,
e mexala.

"Puta España!"
E todas as dúbidas,
colquera fraqueza,
perderían importancia.

"Puta España!"
E xa non importaría
a falta dun proxecto pra un país,
dun país pra us fillos,
dus fillos pra un país.

"Puta España!"
E poder esqueicer
dúa puta vez,
que a cama che queda grande
e que non hai bandeira ardendo que tapeza
el cheirume da soledá.

quinta-feira, 3 de dezembro de 2015

El amargura da felicidá.

Sé feliz tu,
xa que eu non puiden.
Sé feliz tu,
anque seña lonxe de min.

Sé feliz onde non te vexa,
que non é cousa de torturarme
inútilmente.
Sé feliz onde te sepa,
que vai ser bon consolo.

Sé feliz tu,
xa que eu non puiden.
Que a lo menos
un dos dous acaricie as estrelas.

Nel día de hoi, 20de safar de 1437.

20 de safar de 1437.
Ou lo que é lo mesmo,
3 de decembre de 2015.

Nel día de hoi,
vencidos e desarmados os valores humanos,
alcanzaron as tropas capitalistas
os sous primeiros obxectivos
nos campos de petróleo del ISIS.
A guerra comezóu.

Poede agora,
fatíos,
lazos mouros
                         bandeiras porcas
                                                         sangre nel augua
nel que lavades as maos asasinas
e as linguas cómplices
                                          caladas
                                                        falaces.

Mándannos á guerra
a sirvir al rei
                      espido,
e chamádeslo democracia.
Mexan por nós,
e dicides que chove.

Algo bon hai de todo esto,
con un pouco de sorte
morredes
                 morremos
                                    todos.

terça-feira, 1 de dezembro de 2015

Fillos de puta.

Sodes us fillos de puta.
E que me perdonen as putas.
Pidiríalles perdón ás vosas mais,
pero nin a elas
nin aos vosos pais
(tamén culpables)
lles perdono non metervos úa pinza de  hostias
condo tan ben os feiría.

Sodes us fillos de puta.
E que me perdonen as putas.
As putas,
as únicas que non enganan.
Os sous "quérote" son de pago,
sen enganos.

Sodes us fillos de puta,
e nen sequera tedes collois,
ovarios,
pra selo aberamente.
E si,
eu tamén soi un fillo de puta.
Que me perdonen as putas,
que me perdone a mía mai
(ella si me cascou as hostias
que me correspondían).

Soi un fillo de puta.
A lo menos eu reconozo
a gran
            grandísima merda
que me mira
dende el espello.

Sodes us fillos de puta.
Sonrintes,
afables,
simpáticos.
A lo menos os criminales
non esconden as súas miserias.

Sodes ús fillos de puta.
E que me perdonen as putas.

E si,
mataríavos a todos.

Sentido.

Pra que?
Pra que botamos el alma
en proxectos
                        ideas
                                  soños?
Pra que deixamos el pelello
en semar futuros
en eiros ermos?
Pra que?
Se non hai onde colgar un sombreiro?

Pra que botar el alma,
quemala,
agotala?
Se non chía el prato
e,
nesta vida de rúas
                                 xentes baleiras
namáis de pan come el Home?

Soño.

Pra ti, que poderías ter medrado nos meus brazos.
Pra ti, que has medrar esqueicendo meu nome.
Porque eu non hei esqueicer el tou, pra ti. 

É tan cedo
que aínda durmes.
Tou corpo
pequeno
             fraxil
                     sereo
descansa inmóbil
baxo a suavidá das sabas frescas.

E soi a loba selvaxe,
que guarda ás crías na noite,
Rómulo,
            Remo,
                     Onde tades? 
deslizándome na escuridá del tou cuarto
pra regalarche un chucho na frente;
pra recibir en pago a túa respiración tranquila,
apacible,
onírica.

Como a loba selvaxe
salio al mundo
a conquistalo pra ti,
non sen deixarte lista a merenda
(ben sei el que deveces pol chicolate,
polos máis dulces bombois mouros
en bandexa de branca porcelana,
devezo eu).

Salio al mundo.
Quedas na cama,
soñando.
Tan pequena
que aínda non sabes
el mundo que che espera.

Salio al mundo.
Na cabeza úa pergunta:
Que será el que queda soñando,
cuberta pola Llúa chía,
a mía pequena?

E un hostia de carambio golpíame na cara.
Porque nunca estuven nel tou cuarto,
nin es tu a mía pequena.
Soi eu quen está soñando,
es todo producto de su imaginación.

Espertar, ás veces, é duro.
Espertar, ás veces, é morrer en vida.