quinta-feira, 10 de dezembro de 2015

Soi soberanista, soi internacionalista.

internacionalismo substantivo masculino 1 Carácter internacional. A característica máis importante do proxecto é o seu internacionalismo.2 Doutrina segundo a cal prevalecen as relacións e os intereses internacionais sobre os nacionais. Cada vez téndese máis ao internacionalismo.3 Doutrina que preconiza a unión internacional dos traballadores contra o capitalismo.

soberanía substantivo feminino 1 Calidade de soberano, de quen ten a autoridade suprema. A soberanía do pobo non se pode cuestionar.2 Carácter dunha nación ou organismo que non está sometido a outro. Defender a soberanía nacional das agresións externas.


nacionalismo substantivo masculino 1 Doutrina política que exalta o sentimento nacional. Nacionalismo alemán.2 Doutrina política que no caso das nacións sen estado, defende a liberdade da comunidade nacional na decisión da forma política que quere adoptar para si. Teorías sobre o nacionalismo galego.

(Diccionario da Real Academia Galega, DRAG).

Soi soberanista. Ou lo que é lo mesmo, aposto por úa Asturias capaz de dirixirse a si mesma, úa Asturias que non necesite del permiso de Madrid pra tomar as súas propias decisiois, úa Asturias que se teña a si mesma como centro político e como suxeito político. Ou lo que é lo mesmo, úa Asturias que se asuma a si mesma como país.

Ou lo que é lo mesmo. Non che me considero español. Vale, é verdade, un pode considerarse español e ser soberanista (era el meu caso hasta non vai tanto), pero al final é difícil de xestionar. E sobre todo, como soberanista teño fundamentalmente como ámbito de actuación política Asturias, anque eso é relativizable, xa que un, afortunadamente, sale de Asturias, conoce outros países e interactúa con xente de outros países.

Davezo me perguntan sobre se soi nacionalista, e esto é difícil de responder. Que é ser nacionalista? Non gosto moito das definiciois de diccionario, especialmente pra términos políticos que avezan a ser máis compricados del que un diccionario da lingua especifica. Pero vou botar mao das definiciois del DRAG pra esplicalo de forma máis ou menos comprensible. El DRAG fala da exaltación del sentimento nacional, e pon por caso a doutrina del nacionalismo alemán. Soi nacionalista? Non. Pero tamén fala de, nel caso das naciois sen estado, a defensa da libertade e da creación de un estado propio. Pon de exemplo as doutrinas del nacionalismo galego (poderíamos falar tamén das doutrinas del nacionalismo asturiano) Soi nacionalista? Neste caso, é posible. Eu soi asturiano, el meu país é Asturias e é el que teño por suxeito político. Ben, quer dicir eso que hai pola mía parte úa exaltación da nación asturiana? De ningún xeito. De feito a nación asturiana é tan cuestionable como colquera outra; como la española, sen ir máis lonxe. De feito soi de un pedacín de Asturias onde se fala galego, e el meu proxecto político é el da República Asturiana (lonxe de discursos esencialistas dúa lingua, úa nación, que nos condenaría a non poder decidir qué nación queremos construir e nos metería na República Galega si ou si). El meu proxecto político é Asturias, pero eso non quita que, por caso, estea aberto a discutir sobre el asturianía de tal ou cual territorio ou mesmo sobre a conveniencia ou non de séremonos asturianos ou de séremonos españoles. Asturias non é tampouco intocable. Sería incongruente criticar el discurso de que España non pode ser intocable e manter el discurso del nacionalismo español pra Asturias.

Pero si, el meu país é Asturias. Un país de 10.603,57 km² con 1.044.481 habitantes (e é que por grande que seña un país sempre ha ser máis pequeno que el mundo, pero por pequeno que seña un país, non deixa de ser un país). Este é el país nel que vivo e nel que desenvolvo as mías actividades, entre elas, como non, as políticas.

Ben de veces, e recentemente, me perguntan «pero, onde quedou el internacionalismo?». Teño que reconocer que nunca entendín moi ben esta pergunta. Soi internacionalista. Entendo que non hai razón ningúa pra estremar el que pasa en Cuaña del que pasa en Damasco (bueno, si, que en Cuaña, afortunadamente, non nos está bombardiando a democracia). Tamén entendo que eu non vivo en Damasco e que, en consecuencia, non podo interactuar con esa realidade aló, anque si podo interactuar con esa realidade dende aquí. Soi internacionalista porque traballo políticamente con xente doutros países (sobre todo de países que, como el meu, non tein estado, anque na maioría dos casos formen parte del mesmo estado que el meu). Soi internacionalista porque conozo as problemáticas doutros estados e doutros países sen estado. Dito doutro xeito, sei pra onde queda Francia, pero tamén sei pra onde queda Occitania; fáigome cargo de que en Cerdeña viven al menos cinco comunidades lingüísticas autóctonas, máis as migradas máis os italiano falantes; teño úas nociois básicas dos conflictos entre árabes e amazighs nel Magreb, sei dos conflictos étnicos que enfrentaron a uigures e han nas terras máis occidentales de China... Esto é, soi internacionalista porque pinto un mapamundi de poblos, etnias, relixiois, grupos humanos diversos, e non sólo de estados. Porque falar da problemática demográfica de China está moi ben, falar da problemática por segmentación de sexos e moi importante e relevante, pero falar da realidade demográfica de China sen entender que non existe un poblo chino, é non entender nada. Non entender que el poblo chino en realidade son os han, e que a Historia contemporánea de China, dende a caída da dinastía Qing, é úa continua confrontación de grupos étnicos (que é como chamamos aos poblos fora de Europa, en Europa pra falar de europeos témoslle tirria/medo al término, non sendo condo falamos de minorías como os xitanos) e ser máis interesatalista que internacionalista.

E, sobre todo, soi internacionalista porque defendo que as clases populares de todo el mundo temos que axuntarnos para derribar el capitalismo. Que de nada sirve derribar el capitalismo en Cuba se non se derrota nel Congo, de nada vale derribalo na India se non se derriba en Asturias, e de nada sirve derribalo en Asturias se non se derriva nel Rif ou en Córcega.

Pero asumámoslo, non conozo a naide que milite en ningúa organización que seña enteramente internacional. Compañeiros que militan en IU, en Podemos, nel PCPE... e que as veces me perguntan por qué zarro el meu ámbito de actuación a Asturias. Porque se daquén milita en Conceyu Abiertu ou en Darréu, tal parece que únicamente lle interesa el que pasa en Asturias. Pero a realidade é que el que milita en Conceyu Abiertu ten un marco de militancia nacional, Asturias, e el que milita en IU ten outro marco de actuación nacional, España.

Pero... Se militas nun marco español axuntas outros poblos a Asturias, militas con andaluces, galegos, vascos, castelanos... Efectivamente, España é territorial e demográficamente máis grande que Asturias. Acaso é máis internacionalista un comunista estadounidense que uno portugués? Non, anque obviamente os Estados Unidos son moito máis grandes territorial e demográficamente que Portugal. Qué pasa colos islandeses? Ellos tein como marco de referencia un país de pouco máis de 300.000 habitantes. A cidade de Xixón ten case a mesma población que Islandia enteira... Daquén vai acusar aos comunistas islandeses de non ser internacionalistas por ter como marco referencia un país coa mesma población que Xixón? E además militan en islandés... Tal pareza que pra elos que as cousas estean escritas en islandés seña importante... De verdade non sería mellor que el Partido Comunista Islandés deixara os localismos e se fusionara col Noruego e usaran todos el inglés como única lingua? Noruega, por certo, con dalgo máis de 5.000.000 de habitantes, menos que Cataluña (que ten case oito millois). E Pepe Mujica? En que está pensando? Fala constantemente del Uruguai, un país de apenas us tres millois de habitantes, máis ou menos os mesmos que ten Galicia. Un home profundamente localista que non acepta que el sou país se volva a integrar en Brasil (a Provincia Cisplatina formou parte de Brasil) ou en Arxentina. Evidentemente naide nega que Pepe Mujica seña internacionalista (de feito forma parte dese gran proxecto latinoamericano, del mesmo xeito que tantos e tantos soberanistas defendemos proxectos europeos, ibéricos, atlánticos...).

Logotipo del Frente Amplio.


Daquén vai interpretar que el Frente Amplio (onde se integran el Movimiento de Participación Popular e el Partido Comunista de Uruguay) seña úa formación localista ou menos internacionalista que el PCE en función a que Uruguai seña un país colos mesmos habitantes que Galicia independizado de España, primeiro, de Portugal e de Brasil despois? Que razón hai pra pensar que se el ámbito de actuación de daquén ou a súa identidade nacional de referencia seña Asturias esa persona é menos internacionalista que la que ten como referencia España?

«Pero é que eu non teño ningúa identidade nacional de referencia», dice moita xente. Ben, nego la maior. De feito non é raro que daquén faiga esta afirmación e al tempo enarbole a bandeira da República Española. É obvio que daquén que enarbola a bandeira da República Española está sintindose identificada con España, con España baxo un proxecto político moi concreto, pero España. Tamén Portugal é úa república, sonlo Francia, Irlanda, Italia, Malta, Mongolia, China (a Popular e a Nacional), Alxeria, Exipto, México ou Arxentina; de querer exaltar os valores republicanos un podería coller colquera de esas bandeiras... Pero exaltan os chamados valores republicanos (todas as repúblicas que citamos tein, en realidade, modelos moi dispares) pra úa realidade nacional concreta, España. Eu exalto esos mesmos valores, namáis que apricados a úa realidade nacional moi concreta, Asturias, un país non moito máis pequeno en km² que Uruguai (176.215 km² de Uruguai, frente aos 10.603,57 de Asturias) e máis habitado que Islandia. Querse dicir con esto que non me importa que se apriquen esos valores a Galicia, León ou Andalucía? Por suposto que me importa, por eso defendo e apoio (moralmente sempre, condo podo activamente) os movementos soberanistas galegos, leoneses ou andaluces. Como apoio os movementos similares en Córcega, Cerdeña, el Rif, Alxeria ou Senegal (porque a soberanía vai moito máis aló de ter un estado propio e tamén é necesario defender a soberanía e el independecia dos estados independentes, por caso, condo defendemos a soberanía de Grecia ou del Reino de España frente aos poderes da Troika e a UE, sen que eso signifique que queramos darlles as costas aos demais poblos ou aos demais estados da UE).

Cuantas veces interactua el internacionalismo español fora das fronteiras patrias? En que se traduce ese internacionalismo e hacia quen se dirixe?

Porque, imos ser claros, el internacionalismo español, pensado en clave española, conoce moi ben a problemática palestina porque é a problematica máis conocida, conoce moi ben as problemáticas da América Española porque son os fillos que se fixeron grandes, as antiguas colonias. A solidaridade é moito maior con Cuba, con Venezuela, con Uruguai, Arxentina.... países todos que tein como lingua oficial el castellano (anque en algús casos como el boliviano se emponderaran outras linguas) que coel Reino de Marrocos, que con Alxeria, que con outros estados americanos como Surinam, Guiana, Xamaica... De condo en condo se conoce e se reconoce a Brasil, porque é un estado xigantesco e falar de América Latina e obviar al Brasil é un pouco descarado. A solidaridade col Sáhara Occidental está moi moi ligada á súa condición de antigua colonia e al trauma que supuxo a pérdida de esa colonia (curiosamente hacia os antiguos territorios del Protectorado Español de Marrocos, Ifni, Tarfalla e Guinea Ecuatorial non esiste esa solidaridade... mesmo sendo Guinea Ecuatorial el único estado africano onde se fala castelán, quitando os territorios aficanos que aínda son españoles). Elo é, estados moi cercanos xeográficamente, estados con úa relevancia política incuestionable (penso en Sudáfrica, penso en Mozambique ou Angola, verdadeiros berzos da Revolución dos Craveles) pásannos compretamente desapercibidos porque nin falan castelán nin tuveron relación ningúa con España (úa vez máis, que se obvie tan descaradamente Guinea Ecuatorial, que dá motivos de sobra pra reclamar a solidaridade con ela, escandaliza e dá que pensar).

Despois está el internacionalismo pra con Europa, porque claro, formamos parte del mesmo proxecto supraestatal, e despois están outro tipos de internacionalismos... Aquelos que fain que condo úa organización estalinista en colquera parte del mundo é perseguida, todo el estalinismo español (pero namáis el estalinismo) se poña en pé de guerra, condo úa organización trostkista é perseguida seña el trostkismo español el que se pon en pé de guerra ou condo úa organización anarquista é perseguida, todo el anarquismo español se poña en pé de guerra (teño que dicir, que os anarquistas son probablemente os únicos que se cren realmente el discurso internacionalista). 


 Bandera        Ubicación de
 A bandeira da República Española é, fundamentalmente, a bandeira dun país e de un proxecto nacional. Un país que tía úa estensión colonial en África que non convén esqueicer.


Soi soberanista porque creo na soberanía deste pequeno país chamado Asturias. Creo que os asturianos somos os que temos que decidir os nosos futuros, e non sólo nas insituciois asturianas (na Xunta Xeral, nel Goberno asturiano...), senón nos Concellos, nas Parroquias, nos barrios... porque non creo nel soberanismo sen el municipalismo nin sen recuperar el noso dereto constitudinario (falo da figura legal das Parroquias, que non se decida dende a capital del país nin dende as capitales dos concellos, eso de que decida a xente tan de moda agora xa forma parte el deret constitudinario asturiano). E, por suposto, que decidamos nós, non ningúa corporación, ningún lobby. Que Asturias seña pra os asturianos (entendendo que os asturianos somos todos os que formamos parte deste país). Soi soberanista porque quero a soberanía tamén pra os demais países. Quero soberanía pra que a Golden Mines nun se apropie de Tapia, pra que non se apropie del Congo o de Colombia (os nosos enemigos al final son os mesmos, como non ser internacionalista?). 

E ser soberanista non é, de ningún xeito, fer como que non hai mundo máis aló del Payares, máis aló del Eo, máis aló del Deva. Precisamente en Asturias, que compartimos lingua, cultura, espacio... con outros países da nosa contorna. Porque por úa banda nel Eo-Navia falamos galego, por outro lado, nel País Leonés falan asturiano (tamén galego), en Cantabria... Cantabria acaba de protexer el pericote, con eso dígolo todo. Precisamente Asturias que recibimos moita inmigración doutros puntos del estado e del mundo, e non é raro que moitísimos soberanistas señan descendentes de estremeños, de andaluces, de galegos... E el que máis e el que menos temos familia que emigrou primeiro a Castela, Uruguai, Arxentina, México... despois a Alemaña, Suiza, agora a Inglaterra... Como imos zarrar os ollos al mundo os soberanistas asturianos condo somos un poblo en continua diáspora?

E soi internacionalista porque defendo a soberanía de todos os poblos, empezando pol que teño máis cerca, el meu. Soi internacionalista porque conozo que hai estados con moitos grupos humanos, porque sei que en Cerdeña se fala albanés, porque sei que os uigures son musulmais e reclaman a independencia de China ou, polo menos, úa verdadeira soberanía respecto a lo que a propia Constitución china chama xovinismo ha, porque sei que os amazigh foron os marxinados del Magreb e que ser israelín de orixe etíope non é lo mesmo que ser israelín de orixe ruso. Soi internacionalista porque sei que en Uruguai falan galego-portugués misturado col castellano, el portuñol, moi parecido al galego-portugués de Asturias, porque sei que el mapa de África trazáronlo a escuadra e cartabón coel esfouto de non deixar títere con cabeza e enfrentar poblos (para que a soberanía fose namáis formal, pero nunca real), sei que el nacionalismo da descolonización de Alxeria, Angola, Senegal, Tanzania... non é el nacionalismo decimonónico alemán, nin el francés, nin el español; que condo Julius Nyerere foi presidente da Tanganica (independizada del Reino Unido) e despois de Tanzania (na que se federaron Tanganica, Zanzíbar e Unión) impulsou por un lado el suahili e a conciencia africana (el orgullo de seren africanos, el emponderamento da súa cultura, del folclore, das propias tradiciois) e por outro impulsou a soberanía económica frente al antigua potencia colonial e potencias como Sudáfrica. Úa Sudáfrica onde se practicaba ferozmente el apertheid e a la que se enfrentou Nyerere, socialista.


Condo digo que soi soberanista non falta quen me pergunta «onde quedou el internacionalismo?» Pero acaso hai internacionalismo sen poblos soberanos? Acaso el socialismo non é a soberanía dos poblos? Acaso se pode ser cidadano del mundo sen pertenecer a algúa terra, a algúa lingua, a algúa cultura? Dicía el Che que «a revolución é a tenrura dos poblos». Acaso hai daqué máis internacionalista que querer aos poblos? Non eran internacionalistas aquelos que berraban, precisamente, «patria ou morte!» nel asalto al Moncada?

Nenhum comentário:

Postar um comentário