quarta-feira, 30 de setembro de 2015

Coradas viscerales ou a maldición del (auto)engano anunciado.

Contan que houbo un marín que mandou que lo amarraran al mástil pra poder ouguir ás sereas sen atollar.

Mentira.

Naide hai que non atolle
ouguindo os cantos de serea,
de voces suaves
                        cautivadoras
                                            exóticas
que cantan detrás das llúas mouras
dende el mourén máis escuro
das escuras coradas.

Naide recupera
dos ollos infinitos,
lluceiros nocturnos
que iluminan os mares
nos que hei afogarme.

Como nos encantan
regalándonos el ouguido,
a vista,
el corazón
pra devorarnos ben llougo,
non deixando
nin un óso.

Naide deixoume cego!
Naide deixoume cego!
Naide deixoume cego!

Maldito el home
que cegou á bestia.
Malditos os ollos
que cegaron al home.
Maldito el suspiro
ceibe al aire
sen eco
          nin retorno
que fexo úa bestia
del home.
Úa bestia
a la que poder cegar
                               matar
                                       castrar
nos sous suspiros
sen sentir remordemento.

Maldito el home
que por afogarse nus ollos
pensou beber de ellos
e foi consumido
pola nada.
Maldita Naide
que cegou al patarico,
que na soledá tremaba
envolto en ouca e frío,
envolto en frío e ouca
na tumba submarina
que xa ocupa nesto que chaman
vida.

Maldito!
Malditas as palabras,
malditos os versos,
as noites en vela,
os soños das noites,
malditos todos os poemas.

Malditos
porque botaron raigaño
na mentira,
na ilusión
del ilusionista,
na nada.

Maldito el tonto dos collois
que vivíu namais de ilusiois.
Malditas todas as sereas
que traban
impías
         impúdicas
                        inmisericordes
nas coradas
dos homes
pequenos
como piollos.
dos homes que namáis tein soños,
dos homes destinados a morrer solos,
dos homes destinados a morrer tollos.

Que cho perdone el tou Deus se quer,
que eu non mo perdono.

Malditos os meus ollos, que van zarrarse úa noite máis
admirando el brillo dos tous ollos
mentireiros.

Condo el home máis probe del mundo quixo mercar un Universo.

«Tú no puedes comprar mi alegría, tú no puedes comprar mis dolores»
Calle 13, Latinoamérica.


Vendería os dous riñois,
el fégado,
a vida,
para mercar,
se mercar puidera,
todas as alegrías,
os ameiceres,
as risadas,
para poer enriba da túa mesa.

Mercaría os ventos
que trouxeran alegrías,
que llevaran dolores
llonxe,
ben llonxe,
onde non poidan alcanzarte.

Mercaría todos os tous sufrimentos,
as noites sen sonos,
os días sen soños,
cada úa das túas llágrimas,
el escuridá
e os medos.

Tiraríalos todos pol sumideiro.

Se con cuartos puidera mercar
mil sonrisos da túa cara,
el meu sangre todo
pagaría polos ameiceres
que dibuxan condo queren
                                      condo poden
os tous llabios.

Pero non podo.
Non podo mercar a risa
para poer na túa mesa,
para que te alimentes de ella.
Non podo mercar el dolor
para espantallo,
alló,
llonxe,
ben llonxe,
onde non poida alcanzarte.

Non podo,
nin con todo el meu sangre,
mercar vida
                 futuros
                          alegrías
nin os chuchos dos tous llabios.

Soi tan
         tan
             tan probe
que nin coa vida
nin coa morte
podo convidarte a úa ronda
de alegrías.

E,
con todo,
hei vender a precio de saldo
el meu sangre,
as mías llágrimas.
Devecendo por un esbozo de sonriso
nos tous llabios. 

terça-feira, 29 de setembro de 2015

El día que me diche úa morte silenciosa.

Morte.
Dícheme morte.
El día que apagache,
inconscente homicida,
todas as lluces
ás mías esperanzas.

Que feliz era,
anque fose sufrindo,
condo aínda soñaba,
e nos soños albergaba
ilusas ilusiois.

Morte.

Dícheme morte,
inconscente homicida,
apagándome as lluces
á,
xa de por sí,
escura vida.

E,
con todo,
como destellas
con toda a túa lluz
eterna.

E,
con todo,
como chucharía
el dorso das túas maos
espidas.

Ou,
sequera,
el aire que acarician
as pequenas maos
que me esconden soños
                                    mundos
                                               universos.




As nosas vidas son os ríos que van a dar al mar, e hai ríos que nacen xa mortos.

terça-feira, 15 de setembro de 2015

Nosoutros.



«Vosotros contra nosotros,
nosotros contra vosotros,
vosotros sois los buenos,
nosotros somos los malos,
vosotros dais las hostias,
nosotros las llevamos».
Escuela de Odio, Los de siempre.

«Se nun tades atentos, os medios de comunicación van fervos odiar al oprimido e amar al opresor.»
Malcolm X.



Imaxe da páxina de Democracia Nacional, sen comentarios...
 
Aínda non chegóu a Asturias nin un refuxado sirio e xa empezan as chamadas de alarma... Que aquí hai moita xente pasando fame, e eso é estrictamente verdade, como estrictamente verdade é que aquí naide pasa fame por culpa nin dos refuxados que aínda non chegaron nin dos chamados inmigrantes (condo deixa un inmigrante de ser considerado inmigrante?). Que os sirios son maioritariamente musulmais (ahá, eso tamén é estrictamente verdade, é tan certo como irrelevante) e que como musulmais tein úa cultura e us valores compretamente distintos aos nosos. Nun teño moi claro que aquí todo el mundo compartamos valores, pero si teño moi claro que aquí a inmensa maioría da xente non ten realmente nin idea dos valores e a cultura dos musulmais. Mesmo se afiman cousas como que van colársenos centos de yihadistas (recórdame a condo nos campings tían que notificar inmediatamente á Policía condo chegaba un coche con matrícula del País Vasco, por se se trataba de un terrorista de la ETA). Que, como me dixo xa máis de úa persona, «esto non vai trer nada bon» (anque non me quedou aínda nada claro que é esto).



É normal preocuparse polo que lle pasa a un, polas necesidades propias e pola fame propia... Pero non podemos deixarnos enganar. Nas redes sociales vexo este tipo de mensaxes

  
Cinismo cutre e racismo núa sola imaxe.
 
e quen los colga normalmente non sabe que estos mensaxes salen de grupos de Facebook ou de páxinas web (ou as dúas cousas) de grupos de estrema dereta. Esto é, os grupos de estrema dereta, que non son tontos, saben que á xente lle preocupa non ter traballo, casa... e por eso saca este tipo de mensaxes, para que a xente, preocupada polos nosos futuros, polas nosas vidas, sinalemos col dido al refuxiado, e de aí sinalar al inmigrante é moi moi fácil... E de aí sinalar al que lleva toda a santa vida entre nosoutros pero naceu noutra terra (noutro estado, para ser máis precisos), ou é fillo ou neto de xente que naceu en outra terra, ou ten úa relixión distinta á oficial (si, aquí énchesenos a boca falando de laicismo e llibertade de culto e despois...) hai un pasín diminuto. Gustábame saber que apoio deu a xente da páxina de Facebook Aforo Completo (eliminada pol propio Facebook por incitar al odio e recuperada con outro nome, que non vou compartir aquí) a Plataforma de Afectados pola Hipoteca, ou en que movilizaciois contra a reforma llaboral participaron...



Ideas como que aos refuxiados van darlles úa paga de 1.200€ (de verdade daquén pode crer eso?) ou que en realidade tein máis dieiro que nosoutros (home, non sei el dieiro que ten a xente que escribe este tipo de cousas, sei el que teño eu), ou que van vir millois de refuxiados (a Asturias vendrían us 150, non, non, 150 millois non, 150, sen mais, non sumarían a Asturias máis que un 0,01% da población... vamos, que van quitarnos de todo...). Soanvos ese tipo de argumentos? Claro, furrulan polas redes... Eu acabo de llellos en duas entradas da páxina de Democracia Nacional (post 1 e post 2). É necesario esplicar de onde están salindo esas ideas e quen las está botando a andar? Honestamente, se os meus análisis coincidiran tan nítidamente colos de Manuel Canduela, pensaría qué é lo que tou pensando mal.
 
Pero el mantra sigue aí... nosoutros primeiro. E en algo ten razón Manolo cabezabolo e os sous rapaces, nosoutros primeiro. É dicir, evidentemente condo vou buscar un traballo quero que seña para min e non para el que está al llado. Eso dicen ellos, pero ellos fain úa pequena diferencia, se el que está al llado ten un trozo de plástico que dice que é español (vaia por Deus), ese ten el mesmo dereto que eu, se non, non... Ou se si, pero naceu fora de este reino (vaia por Deus), tampouco. E entós, sen que haxa ningúa razón aparente, eu teño que sentir úa solidaridade da hostia con José pero non con Mohamed. É dicir, eu primeiro, despois José, María, Lucía... e de último Mohamed. Pero, ah amigo, é que eu non conozo a María, nin a Lucía, nin a José, nin a Mohamed... A Manolo (cabezabolo) si, pero caeme moi mal, porque as personas miserables non me gustan. Conozo a Xan, a Xicu, a Olalla a Julia e a Farhannah... e en consecuencia colquera de ellos me inspira máis preocupación que a xente que non conozo, pero a mesma solidaridade. Farhannah, Xicu, Julia, Olalla... son amigos, pero Farhannah, Xan, Julia, Olalla, Lucía, María, Mohamed, José... son compañeiros. Son ese os nosos del que tantas veces sinto falar. E Manolo Canduela, Josep Anglada... non sólo non son dos meus, senón que son enemigos. Son enemigos porque ellos lo quixeron. Quixéronlo dende el momento que lle declararon a guerra a Mohamed e a Farhannah. Son enemigos dende el momento que decidiron que non querían que os meus amigos estiveran en este país nin neste estado.
 
Si, tedes razón, primeiro nosoutros, primeiro os nosos. Primeiro a xente que, como nosoutros, non quer a mezquindade neste mundo. Primeiro a xente que sufre, primerio a xente que lluita, primeiro a xente que se axuda mutuamente, primeiro nosoutros, os Xicos, as Lucías, as Julias, os Xais, os Mohameds, as Farhannah, as Marías... del mundo, primeiro nosoutros, despois... despois nosoutros. Nada para os Manolos Cabezabolos, para os que falan dos de casa pero non comparten casa, nin prato, nin penas con nosoutros, nada para os que falan dos de casa e namáis queren que os de casa nos peleemos entre nosoutros por ver quen molla dúas veces el pan nel ovo (que diría el chiste da familia probe que comen todos dun mesmo ovo e un dos nenos molla dúas veces nel ovo, polo que outro se queixa e el pai sentencia «déixalo, neno, déixalo, a ver se arreventa»).

Porque imos ser claros, aquí (e volvo remitirme aos cabezabolo kits) el problema claro é que se nos chea a casa de moros, e claro, Europa non pode perder as súas reices cristianas... (ás veces acabo vendo a escena pintoresca de ateos e mesmo de xente abertamente anticlerical e non poucas veces belixerante col cristianismo defender esta postura). Nel século XX os xudeos eran os culpables de todos os males habidos e por haber... As crisis económicas eran, sen dúvida algúa, culpa dos xudeos, que ademáis conspiraban todo el santo día para acabar con Europa... De ellos era a culpa de que Alemaña perdera a Gran Guerra e de que os europeos se emprobeceran. Todos sabemos como acabo esa llinia de pensamento (polo que máis querades, non me veñades agora coas grandes familias banqueiras xudeas, porque tamén las había cristianas e el tendeiro de barrio xudeo de Varsovia foi el que acabou nun campo de concentración). Nel século XXI os malos malísimos son os musulmais... e prantíase esta tollura como un prantiamento que, como tantos outros, non é de esquerdas nin de deretas (quero dicir, anque oficialmente toda a esquerda se opón a estos prantiamentos, non é raro ver xente que se autodenomina de esquerdas defender este discurso). E el nazismo, con outros nomes, con outras formas, volve ganar a partida de conquistas ás masas a través del medo, del medo al outro, ointe aos xudeos, hoi aos musulmais.

E dá igual que queran escondernos este discurso de xenofobia de la de toda a vida (como se a xenofobia de la de toda a vida fora en algún punto máis aceptable, como se el "vein de fóra a quitarnos el traballo" fora máis válido, e como se non fóramos todos víctimas potenciales de este tipo de discursos, como podemos ver nel vídeo, por certo que os españoles del vídeo, moi acertadamente, devolven a hostia).




Si, primeiro os nosos, porque valíu, valíu xa de enganarnos. Valíu xa de contarnos histórias cheas de cinismo, de decidir por nosoutros quen é dos nosos, quen son os de casa. Porque non queremos racismo escondido de bos propósitos para os nosos. Os nosos son xente de ben, e a xente de ben, de toda a vida, lle bota úa mao al vecín. Porque naide vai decidir por min quen é uno di noi.


quarta-feira, 9 de setembro de 2015

Ciúmes.

«Tenho ciúmes
das verdes ondas do mar
que teiman en querer beijar
teu corpo erguido às marés.
(Meu amor marinheiro, Fado portugués).


E quen soi eu,
mía dulce nena,
para erixirme en amo e señor
dos tous chuchos,
que nunca son meus,
das túas horas,
dos tous días,
dos sonrisos
que non me das?

E quen soi eu,
mía dulce nena,
nunca mía,
sempre túa,
para esixirte atención,
cariño,
pel contra pel,
contra soños,
contra llingua húmida
pousada nos tous llabios
(que barato sale soñar!
que caro sale espertar!)
de llúas mouras,
de noites mouras,
de pellella suave.

Pero,
aínda sen ser naide,
envidio ás sabas túas,
que visten,
arroupan,
acarician
a túa desnudez.

Celos del pano
que seca as llágrimas,
os mocos
ou as ganas
(quen secara llágrimas e ganas!).

Teño celos dos didos da túa mao esquerda
que se entrellazan colos da dereta.
Teño celos dos didos da túa mao dereta
que se agarran forte aos da esquerda.

Teño celos,
e non soi naide para tellos,
e con todo,
quen fora anello para chuchar
todos os días da mía vida
os tous didos sereos.

Quen soi eu para esixiste que me mires,
que non mires ás estrellas.
Quen soi eu para temer el que podan roubar
as estrellas,
a Llúa,
os homes.

E,
en cambeo,
non podo deixar de mirar.
E,
en cambeo,
se non me miras
morro.