«Vosotros contra nosotros,nosotros contra vosotros,
vosotros sois los buenos,
nosotros somos los malos,
vosotros dais las hostias,
nosotros las llevamos».
Escuela de Odio, Los de siempre.
«Se nun tades atentos, os medios de comunicación van fervos odiar al oprimido e amar al opresor.»
Malcolm X.
Imaxe da páxina de Democracia Nacional, sen comentarios...
Aínda
non chegóu a Asturias nin un refuxado sirio e xa empezan as chamadas
de alarma... Que aquí hai moita xente pasando fame, e eso é
estrictamente verdade, como estrictamente verdade é que aquí naide
pasa fame por culpa nin dos refuxados que aínda non chegaron nin dos
chamados inmigrantes (condo
deixa un inmigrante de ser considerado inmigrante?). Que os sirios
son maioritariamente musulmais (ahá, eso tamén é estrictamente
verdade, é tan certo como irrelevante) e que como musulmais tein úa
cultura e us valores compretamente distintos aos nosos.
Nun teño moi claro que aquí todo el mundo compartamos valores, pero
si teño moi claro que aquí a inmensa maioría da xente non ten
realmente nin idea dos valores
e a cultura dos
musulmais. Mesmo se afiman cousas como que van colársenos centos de
yihadistas (recórdame
a condo nos campings tían que notificar inmediatamente á Policía
condo chegaba un coche con matrícula del País Vasco, por se se
trataba de un terrorista de la ETA).
Que, como me dixo xa máis de úa persona, «esto
non vai trer nada bon» (anque non me quedou aínda nada claro que é
esto).
É
normal preocuparse polo que lle pasa a un, polas necesidades propias
e pola fame propia... Pero non podemos deixarnos enganar. Nas redes
sociales vexo este tipo de mensaxes
Cinismo cutre e racismo núa sola imaxe.
e
quen los colga normalmente non sabe que estos mensaxes salen de
grupos de Facebook ou de páxinas web (ou as dúas cousas) de grupos
de estrema dereta. Esto é, os grupos de estrema dereta, que non son
tontos, saben que á xente lle preocupa non ter traballo, casa... e
por eso saca este tipo de mensaxes, para que a xente, preocupada
polos nosos futuros, polas nosas vidas, sinalemos col dido al
refuxiado, e de aí sinalar al inmigrante é moi moi fácil... E de
aí sinalar al que lleva toda a santa vida entre nosoutros pero naceu
noutra terra (noutro estado, para ser máis precisos), ou é fillo ou
neto de xente que naceu en outra terra, ou ten úa relixión distinta
á oficial (si, aquí énchesenos a boca falando de laicismo e
llibertade de culto e despois...) hai un pasín diminuto. Gustábame
saber que apoio deu a xente da páxina de Facebook Aforo Completo
(eliminada pol propio Facebook por incitar al odio e recuperada con
outro nome, que non vou compartir aquí) a Plataforma de Afectados
pola Hipoteca, ou en que movilizaciois contra a reforma llaboral
participaron...
Ideas
como que aos refuxiados van darlles úa paga de 1.200€ (de verdade
daquén pode crer eso?) ou que en realidade tein máis dieiro que
nosoutros (home, non
sei el dieiro que ten a xente que escribe este tipo de cousas, sei el
que teño eu), ou que van vir millois
de refuxiados (a Asturias vendrían us 150, non, non, 150 millois
non, 150, sen mais, non sumarían a Asturias máis que un 0,01% da
población... vamos, que van quitarnos de todo...). Soanvos ese tipo
de argumentos? Claro, furrulan polas redes... Eu acabo de llellos en
duas entradas da páxina de Democracia Nacional (post 1 e post 2). É
necesario esplicar de onde están salindo esas ideas e quen las está
botando a andar? Honestamente, se os meus análisis coincidiran tan nítidamente colos de Manuel Canduela, pensaría qué é lo que tou pensando mal.
Pero
el mantra sigue aí... nosoutros primeiro.
E en algo ten razón Manolo
cabezabolo e os sous rapaces, nosoutros primeiro.
É dicir, evidentemente condo vou buscar un traballo quero que seña
para min e non para el que está al llado. Eso dicen ellos, pero
ellos fain úa pequena diferencia, se el que está al llado ten un
trozo de plástico que dice que é español
(vaia por Deus), ese ten el mesmo dereto que eu, se non, non... Ou se
si, pero naceu fora de este reino
(vaia por Deus), tampouco. E entós, sen que haxa ningúa razón
aparente, eu teño que sentir úa solidaridade da hostia con José
pero non con Mohamed. É dicir, eu primeiro, despois José, María, Lucía...
e de último Mohamed. Pero, ah amigo, é que eu non conozo a María,
nin a Lucía, nin a José, nin a Mohamed... A Manolo (cabezabolo) si, pero caeme
moi mal, porque as personas miserables non me gustan. Conozo a Xan, a Xicu,
a Olalla a Julia e a Farhannah... e en consecuencia colquera de
ellos me inspira máis preocupación que a xente que non conozo, pero
a mesma solidaridade. Farhannah, Xicu, Julia, Olalla... son amigos,
pero Farhannah, Xan,
Julia, Olalla, Lucía, María, Mohamed, José... son compañeiros.
Son ese os nosos del
que tantas veces sinto falar. E Manolo Canduela, Josep Anglada... non
sólo non son dos meus,
senón que son enemigos. Son enemigos porque ellos lo quixeron.
Quixéronlo dende el momento que lle declararon a guerra a Mohamed e
a Farhannah. Son enemigos dende el momento que decidiron que non
querían que os meus amigos estiveran en este país nin neste estado.
Si,
tedes razón, primeiro nosoutros, primeiro os nosos. Primeiro a xente
que, como nosoutros, non quer a mezquindade neste mundo. Primeiro a
xente que sufre, primerio a xente que lluita, primeiro a xente que se
axuda mutuamente, primeiro nosoutros, os Xicos, as Lucías, as Julias, os Xais, os Mohameds, as Farhannah, as Marías... del mundo,
primeiro nosoutros, despois... despois nosoutros. Nada para os
Manolos Cabezabolos, para os que falan dos de casa
pero non comparten casa, nin prato, nin penas con nosoutros, nada
para os que falan dos de casa
e namáis queren que os de casa nos peleemos entre nosoutros por ver
quen molla dúas veces el pan nel ovo (que diría el chiste da
familia probe que comen todos dun mesmo ovo e un dos nenos molla dúas
veces nel ovo, polo que outro se queixa e el pai sentencia «déixalo,
neno, déixalo, a ver se arreventa»).
Porque imos ser claros, aquí (e volvo remitirme aos cabezabolo kits) el problema claro é que se nos chea a casa de moros, e claro, Europa non pode perder as súas reices cristianas... (ás veces acabo vendo a escena pintoresca de ateos e mesmo de xente abertamente anticlerical e non poucas veces belixerante col cristianismo defender esta postura). Nel século XX os xudeos eran os culpables de todos os males habidos e por haber... As crisis económicas eran, sen dúvida algúa, culpa dos xudeos, que ademáis conspiraban todo el santo día para acabar con Europa... De ellos era a culpa de que Alemaña perdera a Gran Guerra e de que os europeos se emprobeceran. Todos sabemos como acabo esa llinia de pensamento (polo que máis querades, non me veñades agora coas grandes familias banqueiras xudeas, porque tamén las había cristianas e el tendeiro de barrio xudeo de Varsovia foi el que acabou nun campo de concentración). Nel século XXI os malos malísimos son os musulmais... e prantíase esta tollura como un prantiamento que, como tantos outros, non é de esquerdas nin de deretas (quero dicir, anque oficialmente toda a esquerda se opón a estos prantiamentos, non é raro ver xente que se autodenomina de esquerdas defender este discurso). E el nazismo, con outros nomes, con outras formas, volve ganar a partida de conquistas ás masas a través del medo, del medo al outro, ointe aos xudeos, hoi aos musulmais.
E dá igual que queran escondernos este discurso de xenofobia de la de toda a vida (como se a xenofobia de la de toda a vida fora en algún punto máis aceptable, como se el "vein de fóra a quitarnos el traballo" fora máis válido, e como se non fóramos todos víctimas potenciales de este tipo de discursos, como podemos ver nel vídeo, por certo que os españoles del vídeo, moi acertadamente, devolven a hostia).
Si, primeiro os nosos, porque valíu, valíu xa de enganarnos. Valíu xa de contarnos histórias cheas de cinismo, de decidir por nosoutros quen é dos nosos, quen son os de casa. Porque non queremos racismo escondido de bos propósitos para os nosos. Os nosos son xente de ben, e a xente de ben, de toda a vida, lle bota úa mao al vecín. Porque naide vai decidir por min quen é uno di noi.
Nenhum comentário:
Postar um comentário