terça-feira, 15 de dezembro de 2015

Patria estranxeira, ou os fillos de Urano.

Nunca estuveron as rúas tan baleiras,
nunca a xente foi tan extraña,
nin as linguas nosas tan forasteiras.
Nunca estuven tan fóra estando na casa,
nunca tuven por madre úa madrastra
nin quedei tan espido en medio da invernada.

Patria estranxeira,
onde botache aos fillos
sen esperanzas nin eixadas
coas que labrar as vellas utopías,
as utopías novas,
las das alas cercenadas?

Extrañas son as rúas,
extraños os homes,
as mulleres extrañas,
desta extraña terra
de extraños días
de amores escapados.

De amores castrados,
de revoluciois silenciadas
de maos amputadas,
mutiladas,
sen corpos espidos que acariñar
nin armas sangrantes que empuñar.

E us ollos cegos,
arrancados das concas
e botados sobre el terrén.
Ollos que non han ver
fillos medrando libres
e bebendo fantasías.

E un costado aberto.

Madre mía,
madre mía,
por que me abandonache?

Nenhum comentário:

Postar um comentário