sábado, 20 de outubro de 2018

Movemento sobre rodas.

Vai us cuatro anos que xubín á bici estática da mía mai, por fer el indio, e prestoume. Despois xubín a úa bici normal e dende entós soi un bicicleteiro habitual. Non sendo que chova ás concadas, vou a clase en bici, igual que iba a traballar en bici, ou a amañar papeles ou aos concellos de La Llegra ou onde seña.

Dende vai un tempo percibo nas redes sociales, particularmente nel Facebook, úa sorte de campaña, ou al menos un sentir común contra os ciclistas e bicicleteiros, confundindo el ciclismo deportivo (esos que van en pelotois ocupando as estradas), coel urbano (esos que van pola acera) e con úa acritude que comparten conductores e peois. Especialmente chamadeiro el dos peois que poucas veces se queixan dos coches que ocupan as aceras.

Dicía un amigo meu, ciclista e conductor, que é a xerarquía dos vehículos, que establecería a prioridade dos coches sobre os demais vehículos. Eu, quiciabes un pouco conspiranoico, tendía a pensar que todas as empresas privadas que xestionan parquings e zonas azules (muita mafia hai aí) non estaban mui conforme col maior uso da bici e a progresiva desmotorización das cidades, porque evidentemente eso move muitos cuartos. Non esqueizamos que detrás da deuda de Villa Magdalena, en Uviéu, había úa proposta de eliminar, nin mais nin menos que el Parque San Francisco, para fer... PARQUINGS! Úas empresas (neste caso Comansa) capaces que poer  en resgo un dos pulmois e símbolos da capital non é para tomalo en broma. A peatonalización del centro da cidade non creo que sente ben aos que fain cuartos colos escasos aparcamentos.

Pero coel tempo penso que nin sequera é úa cuestión dos intereses económicos. Coel tempo penso que é mero conservadurismo. É úa forma de entender a vida. Un pouco el que dicía Clint Eastwood, o Bertín Osborne. El mundo énchesenos de maricois, mulleres que non se depilan e comefrores. Polo menos que nos queden os nosos coches como símbolo dese mundo vello onde as cousas sigan sendo como avezaban a ser.

Asina chegan os discursos sobre bicis que circulan polas aceras, que si, que si, que é ilegal... Pero non vemos as redes ferver colos coches nas aceras, ou nos pasos de peatois, ou en dobre fila. Asina, condo se prantían zonas 30, ferven as mesmas redes que non ferven condo os coches pasa de 70 km/h. en casco urbano... Non é que vexamos un problema ou outro, é un discurso contra el cambeo; contra colquera cambeo. Non, non estamos falando de bicis, falamos de todo el demais. Del noso dereto a fer chistes de gangosos, xitanos e mariquitas. 

Cheguei a esta conclusión el outro día, condo lin a noticia de Viomundo, na que se esprica que seguidores del utraderetista brasileiro Bolsonaro agrediron a mulleres transexuales e a un ciclista. As agresiois a persoas LGTB son deplorables, pero enténdense nel discurso LGTBfobo dos fascistas. Dito doutro xeito, asquéame que os fascistas agredas a persoas transexuales pero, por desgracia, non me sorprende. Pero, que hai del agresión a un ciclista? Agredíronlo por ser ciclista? Si.

Estava de bike na Faria Lima, de manhã, e um carro não parou no farol vermelho e avançou para a área que ciclistas atravessam. Com isso, dois ciclistas se assustaram e caíram.


O que deveria acontecer: motorista pedir desculpa, ver se está tudo bem e vida que segue.

O que aconteceu: motorista colocou a cabeça pra fora do vidro e gritou: “Porra, seus viados! Bolsonaro tá vindo e essa mamata de vocês vai acabar! Ano que vem eu passo por cima!”

Esto é, para os fascistas de Bolsonaro, os biciclistas e as persoas LGTB somos pouco mais, pouco menos, el mesmo (enténdaseme ben, el problema de LGTBfobia é terrible, muito mais que el que pódamos sufrir ciclistas, esquerdistas...). Pero, al final, a lóxica del cochecentrismo,é a mesma. Non estamos en Brasil, pero vai dous días que úa moza en coche apretou el acelerador al verme delantre, sacándome da vía a forza, intencionadamente. Non, non é egoísmo, non é temeridade... é un posicionamiento vital e, probablemente, político.

E as redes sociales braman porque el fascismo sempre sema sou discurso con rapidez. Non é que os que compartan esos mensaxes señan fascistas, sensu stricto, como non lo son os que comparten mensaxes contra os refuxiados, os gais ou as denuncias falsas. El sentido común márcalo a extrema dereta, por que non iba a ser asina no viario?

Al final os da bici son os novos negros de Mahoma, que dicía un veceiro da taberna na que traballaba. Os que nos traen os males e destrozan a nosa civilización occidental. Non é úa cuestión de tránsito, é úa cuestión identitaria. Por eso os ricos compran Mercedes e todoterrenos. E por eso, na mía experiencia, os coches caros e todoterrenos son máis agresivos na estrada. Que motivo iba ter un urbanita en comprar un todoterreno para andar por Uviéu se non e telo máis grande?

Por eso, somos tránsito, pero somos muito máis que tránsito. Somos movemento. Elos sábenlo.


Úa das salidas da Masa Crítica.

Nenhum comentário:

Postar um comentário