terça-feira, 22 de março de 2022

Camíos andados.

Imos andando
camíos xa andados.
Naide fai camíos
nunca feitos.

Andamos camíos
que outros andaron
reinventando
lo xa inventado.

Andamos camíos
que outros encharcaron
coas llágrimas
                     coel sudor
                                    coel alma
seguindo pasos marcados.

Imos andando
camíos xa andados
pra que el sangre novo
enanche os nosos pasos.




segunda-feira, 7 de março de 2022

Islla dos Pataricos.

Islla dos Pataricos,

del outro llado del mar,

onde Polifemo cego quedou

e Ulises aos sous homes perdeu.


Islla dos Pataricos,

del outro llado del mar,

onde as almas dos nosos

van descansar.


Chórante as ondas

con berridas e bramidas,

chórate el mar,

como non te vai chorar!


Islla dos Pataricos,

del outro llado del mar,

onde Polifemo rompeu a chorar,

sen poder a Naide culpar.


Islla dos Pataricos,

del outro llado del mar,

dende onde miras pra nós

neste el noso naufragar.


Has comernos as coradas todas,

Islla dos Pataricos,

has vernos chorar,

del outro llado del mar.


Has vernos escondidos

tras as pellellas das ovellas,

has vernos tremar,

del outro llado del mar.


Has vernos maldecir a Polifemo,

máis imos maldecir a Posidón,

que coas súas ondas tollas

llevanos al tou atolón.


Islla dos Pataricos,

del outro llado del mar,

has vernos chorar,

mais nunca naufragar.



Foto grande: Illas das Portelas, Meirengos (Ribadeo).


quinta-feira, 3 de março de 2022

Cuando a Patria chama.

Onde deixache a túa dulce casa,
amigo Vládimir,
da que subiche al tren que ha llevarte
a terras llonxanas?

Onde deixache á dulce Irina,
que iba encher a túa vida
núa pequena aldea llabrega
das túas terras del Norte?

Onde deixache al tou pai enfermo,
amigo Volódimir,
que descanso pedía na súa cama
nun barrio obreiro del Oeste?

Onde deixastes as vosas vidas?
Esas vidas que eran vosas,
antias de que en vida
vos deran úa bandeira por mortaxa?

Alló van os treis
imparables,
baxo el augua que axeitín chora
os vosos destíos inevitables.

Corre Vládimir!
Corre Volódomir!
Chámavos a Patria
sedenta del voso sangre novo!

Sedenta da vosa mocidá
chama a Patria aos vosos brazos,
ás vosas maos,
que non han coller nin aixada nin martello.

Que fusiles han coller,
que han esfaragullar sangrantes amapolas
e arrancar coradas enemigas.
Que vos chama a Patria!

Probe de ti,
amigo Vládimir.
Esfaragulladas as amapolas
non has poder poer ningúa
nos rizos de ouro
da dulcísima Irina.
Quedou elluitada antias de viuda.

Probe de ti,
amigo Volódimir.
Esfaragulladas as amapolas
non has poder poer ningúa
na lápida fría
del tou amantísimo pai.
Marchou sen un fillo que lle cerrara os ollos.

Alló, nas estaciois,
ruxen os treis militares.
Cargados de héroes de guerra.





sábado, 19 de fevereiro de 2022

Antroido.

Chega Antroido

Antroido chega

e toca enmascarar.


A Vida enmascara de Morte,

de Morte a Vida enmascara.

A Morte de Vida viste,

de Vida viste a Morte.


Chega Antroido

Antroido chega

e toca enmascarar,

enmascarar toca.


De sonrisos enmascaran as llágrimas

de felicidá as mías coradas.

As coradas mías visten

cun lluito de mil colores.


Porque enmascarar toca,

toca enmascarar

e chega Antroido

e la vida es un Carnaval.


Enmascaran os corvos mouros

de vivaces andolías

e de paporrubios  alegres vestidas

cubren as pegas os mouros lluitos.


Chega Antroido

Antroido chega

e tu,

maldita a gracia,

vististe de ausencia.






quinta-feira, 30 de dezembro de 2021

Cuarenta aniversario del Estatuto de Autonomía de Asturias

Tal día como hoi, 30 de decembre, en 1981, aprobábase el Estatuto de Autonomía de Asturias. Tal día como hoi debera ser de relevancia nel calendario institucional e social asturiano, pero non é asina. Este ano cúmprense 40 anos del noso Estatuto, ou lo que é lo mesmo, da nosa Autonomía. Se cuando se cumpren efemérides importantes respecto á Constitución se faen celebraciois institucionales coel fin de fomentar el conocemento del texto constitucional, chegando a regalarse á población exemplares da Constitución (eu mesmo teño un exemplar del 25º aniversario da Constitución, que regalaba daquela Correos) non se entende el motivo pol que non se fai lo mesmo coas efemérides autonómicas.

 

Se celebramos el 8 de Setembre como día institucional de Asturias, se iluminamos el Palacio da Presidencia coa bandeira de Asturias el 25 de Maio... non debera ser menos relevante el reconocemento del noso Estatuto. 

 

A nosa Autonomía cumpre hoi 40 anos. Asturias, como suxeto político despois da morte de Franco e a recuperación de instituciois propias, cumple 40 anos. E precisamente nel 40º aniversario da nosa Autonomía afrontamos el reto de cambiar el noso Estatuto. Penso que esta suma de circunstancias non debera pasar desapercibida á sociedade asturiana, aos medios de comunicación asturianos nin, muitísimo menos, á clase política asturiana.

 

Non debe pasar desapercibida polos logros autonómicos (el reconocemento da Autonomía, as transferencias en Sanidade, Educación, Política Territorial...) e polas cousas que quedaron nel tinteiro (deretos lingüísticos, reconocemento xeneralizado da Parroquia Rural, trasferencia del sistema ferroviario...).

 

Ábrese, este 40º aniversario del Estatuto, un proceso de reforma que tén como un dos sous puntos centrales a oficialidade del asturiano e del galego, aínda que dalgús quiran darlle voltas al concepto novo de fala eonaviega. Máis alá dos deretos lingüísticos das persoas que usamos estas linguas, que non é pouca cousa, está el feito de que coa oficialidade e coa normalización das nosas linguas vén un autorreconocemento que Asturias, como sociedade, vai gañar. Vai gañar porque úa sociedade que se reconoce tal como é e que se quer, que quer a súa cultura, as súas linguas, namais pode gañar. Un autorreconocemento que vería a ser un “estos somos nós, non queremos ter que disculparnos por séremonos nós”. Daqué que ten que apricarse al Eo-Navia, “estos somos nos, este é el noso xeito de séremonos asturianos e non temos que deixar de falar galego nin darlle voltas al que falamos pra séremonos asturianos”.

 

Difícilmente imos conseguir este autorreconocemento se non somos capaces de fer nin un pequeno acto institucional, nin úa pequena referencia, aos 40 anos (dícese pronto) de Autonomía, de séremonos nós nel actual marco constitucional. Difícilmente imos conseguir este autorreconocemento se non somos capaces de poer el Estatuto asturiano nel centro da esfera política dos asturianos. Difícilmente imos ser capaces de conseguir este autorreconocemento se non femos outro que darlle voltas á realidade lingüística de Asturias, aos nosos distintos xeitos de séremonos asturianos, falando asturiano (non cuarenta bables, como aínda hai quen anecia) ou falando galego (non fala eonaviega, falías, falucas... como aínda hai que anecia... dende as propias instituciois).


Cuarenta anos de Estatuto e de Autonomía. Felicidades, asturianos. Felicidades, asturianas.






terça-feira, 30 de novembro de 2021

Vida en allén.

Mirar a vida en allén,

como quen mira 

a vida doutra persoa,

dúa formiga.

Como quen mira el aire que arrampla

coas follas dos castañeiros

deixándolos espidos

na dura invernada.

 

E con todo, 

nada sinten

os castañeiros.

 

Mirar a vida en allén

como quen mira 

a vida doutra persoa,

dúa formiga.

Sintir el airón que arrampla

coas follas dos meus ollos

deixándome espido

na dura invernada.

 

E con todo,

nada sinto

deste frio.





segunda-feira, 22 de novembro de 2021

Os edificios desta ciudá.

Esbarrumban os edificios

e choran sangre moura.

Polas rúas deambula xente morta

que enche os espacios,

que baleira os tempos.


E chove.


Esbarrumban os edificios,

esbarrumban os tempos

del pasado

del futuro

deste triste presente.


Esbarrumban os célos

sobre as cabezas nosas

e todo é nada.