terça-feira, 22 de julho de 2025

Esqueizo

Un gato botado á rúa.

Un día de torbón que xa escampou.

Úa vaca berrándolle á nada.

Un home de ollos pechados 

descansando 

el sono dos xustos.


El tren da vida

que pasa namais úa vez.

Pasa

tarde,

mal

e nunca 


Esqueizo.

Todo ha quedar 

varrido polo esqueizo.


Tamén estos meus ollos

que todo lo miran,

míranlo todo

cansos

de mirar

e de callar.


E de berrarlle á nada 

como úa vaca

que á nada lle berra.


Han pecharme os ollos

e todo,

todo el que úa vez fun 

ha quedar cuberto

por un manto escuro

de esqueizo.



Nenhum comentário:

Postar um comentário