sexta-feira, 14 de abril de 2017

Adaptabilidade.




Máis ou menos, el mesmo artigo pode verse en LSE aquí.


Construir Asturias é construir úa Asturias igualitaria, onde todos os que habitamos Asturias séñamos iguales, sen importar el orixe, a idade, el sexo, a orientación, el xénero... ou as capacidades de cada un.

Vai pouco estuven con úa persona xorda nel HUCA. Debera ESCANDALIZARNOS que as administraciois públicas non teñan intérpretes de lingua de signos. Non hai úa administación en Asturias que los teña. Debera escandalizarnos que seña el propio usuario quen teña que encargarse de buscar un intérprete. Intérpretes que ufertan fundaciois privadas (por máis que teñan concertos col Principado), nel caso que nos ocupa úa fundación del Bispado, a Fundación Padre Vinjoy. Pode ser grave que non haxa intérpretes nas instituciois públicas, pero máis grave é que as instituciois públicas, e en concreto el HUCA, non poña nada del sou lado para el traballo dos intérpretes. Porque parece que é IMPOSIBLE saber a qué hora un médico vai fer a súa visita para poder avisar con tempo al intérprete para que estea presente, porque, en palabras das enfermeiras, «esto no se sabe, ellos vienen... cuando vienen». Dá igual que espriques que hai que avisar a un intérprete. E é que parece que os enfermeiros e os médicos del HUCA, por algúa razón que non soi a enteder, pero que me parece gravísima, non se comunican. En todo momento os enfermeiros dan a entender que non saben nada dos médicos e os médicos dicen que non sabían que necesitabas úa adaptación especial, apesar que llo espricaras aos enfermeiros cinco veces. Se para úa cousa tan xinxela a comunicación entre enfermeiros e médicos é tan difícil... Que pasa para cousas compricadas? Cómo podemos esperar que haxa un tratamento médico adecuado condo parece que os médicos e os enfermeiros non se falan.

Aparte deixamos cuestiois como que as televisiois dependan dúa empresa privada, que se lucra por minuto que el pacente ve a tele (e as estancias largas encamado poden ser mui aburridas). Televisiois que nin tein audiodescripción para as persoas cegas nin subtítulos para as xordas. Aparte deixamos que os servicios sanitarios ás veces parecen tratar á persoa xorda como menor d’idade, asumindo que non tein capacidade para entender, xa que non se pode comunicar. Pero obvian que, se ven e verdade que a persoa xorda non pode comunicarse oralmente, elos, ouguintes, non son quen a comunicarse por signos, polo que a falla de comunicación está dos dous lados. Ou mellor dito, está do lado dúa Administración que non ten interés ningún en comunicarse colos pacentes, en espricar el que padecen de forma que el pacente seña a entendelo (e esto vale para xordos e para ouguintes), dito doutra forma, que parece que quer el usuario seña obxecto pasivo. Igual é que non queren que falemos?


Non pode enchérsenos a boca de integración condo os casos de discriminación activa son constantes e naturalizados. E tamén nós, os soberanistas, temos que fer desto a nosa luita, para que as persoas que forman parte da nosa sociedade señan, percisamente, soberanas.

República Asturiana.

Úa das primeiras manifestaciois ás que fun en Uviéu (quitando as del Día das Letras Asturianas) foi vai anos, non recordo cóntos, contra a Constitución e a monarquía. Non era sensu stricto pola República Española nin pola República Asturiana porque convocaban, conxuntamente, el PCPE e Andecha Astur.

Eu collín a mía bandeira tricolor, enfundeila al pescozo e pranteime alí, hasta que vin aparecer us rapaces del PCPE e axunteime a elos, pois, recén chegado a Uviéu, non conocía a naide. Aquela bandeira da República Española mercárala na tenda da Feve, el mesmo día que me instalei en Uviéu. Estuvera comendo colos meus pais na casa e xa vira (nalgún daquelos viaxes prévios a instalarme) aquela bandeira, asina que decidín que úa das primeiras cousas que fixera naquela nova vida na capital tía que ser mercar esa bandeira (que me costara 14€, einda lo recordo, falo del ano 2003). Naturalmente xa fora a muitas manifestaciois en Navia e ás manifestaciois pola lingua que pudera haber en Uviéu, pero a primeira manifestación á que iba desque me instalara en Uviéu foi esa.

Alí me prantara eu, coa mía bandeira da República Española, que eu daquela chamaba, a secas, republicana, depois dinme conta de que bandeiras republicanas hai muitas, colquera que represente a un estado que se constituia en República, sen ir máis aló.

E prantárame coa mía bandeira republicana e colos meus idearios asturianistas e sintínme nel meu lugar. Despois militei en distintos sitios. Militei sobre todo na reivindicación lingüística, pero tamén na política. Empecei a militar (sería nel 2007) en Mocedá d’Izquierda Asturiana (MIAS) e, con elo, en Izquierda Asturiana (IAS). E alí, en aquelas organizaciois soberanistas, defendía úa postura federalista. Un Estado asturiano dentro da República Federal Española. E, como hoi, defendía tamén el municipalismo, pois nin entendía nin entendo a posibilidade de descentralizar España pero non descentralizar Asturias.

Bandeira dos Estados Unidos Esta é tamén úa bandeira republicana.

Conocín e conozo muitos asturianistas federalistas, pero, a verdade, é que non conocín a ningún republicano asturianista. Esprícome. Toda a xente que conocín (veinme varios nomes á cabeza) que postulaba el mesmo que eu, aquela República Federal Española na que Asturias tuvera capacidade de gobernarse a sí mesma, orbitaban en torno al movemento asturianista, porque al final non nos sentíamos cómodos nun movemento republicano que, na teoría, defendía os nosos deretos como poblo, pero que na práctica estaba controlado por el PCE, as JCA, as UJCE... xente a la que non era raro verlles un bico de desagrado ou de burla condo un falaba, fora en asturiano, fora en galego (que tamén nel movemento republicano español de Navia sintín aquelo).

E é que un esforzouse muito por ser español, por querer a España. Un fexo esforzos grandes por integrar un discurso asturianista dentro de España... Pero España e el españolismo, tamén el españolismo republicano, sempre botou a un para fóra. É úa esperiencia que, falando con outra xente (esos nomes que me vein á cabeza) se repetíu sistemáticamente. E é que os asturianistas federalistas que conocín, ou abandonaron el federalismo ou abandonaron el asturianismo (que tamén los houbo). Algún integrouse dentro de IU e apostou por asturianizar a formación. Persoalmente admiro muito a esos compañeiros. Eu estuven a punto de fer el mesmo (mesmo fun de interventor á mesa electoral de Ortigueira por IU), pero precisamente falando con esa xente dinme conta de que el asturianismo é, para esquerda española, a nota de color. Sen que esto seña un cruce de acusaciois, podemos ver cómo, por caso, el proxecto asturianista de IU (Faciendo País) nun chegou a esporpollar, pesie que era un proxecto político que ben de xente (xente dentro de IU e xente, como eu, fóra) víamos con mui bos ollos.

Recordo a manifestación que se improvisou condo abdicou Xoan Carlos I (traduzo el nome pola mesma razón pola que falamos de Isabel II e non de Elisabeth II). Despois viron distintas movilizaciois... Un amigo independentista e eu (que de aquela era federalista) chegamos a un conceyo republicano, para ver el que se falaba, e prantiábanse varias datas. A que máis se postulaba coincidía coel Conciertu pola Oficialidá, que a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana levaba meses preparando. «Bueno, ¿pero qué es más importante, el bable o la República?», «¿podrían cambiar ellos la fecha del concierto?» (un concerto que levaban meses preparando e que, obviamente, non se podía cambiar), «Pueden adelantar el concierto y despues venir a la mani» (mani que era en Uviéu e el concerto en Xixón), «oye, que a mí también me gusta en bable, que soy de Felechosa, rapaz» (en ese mesmo momento lamentei non ter úa pistola), «sí, sí, para contentar a todos podemos poner la pancarta también en bable» (mais pistolas, por favor). Falábamos dúa movilización que non estaba sendo unitaria nel Estado, que en Asturias quería ferse coincidir coa de Madrid, pero que en outros sitos iban ser un día antias ou un día despois. Nese mesmo punto entendín que non, que el republicanismo federal non iba a ser nunca asturianista. Que non, que el federalismo é un proxecto político pol que xa naide aposta. Os antiguos federalistas foron posicionándose, us hacia el soberanismo, outros hacia el centralismo.

E pouco a pouco fun vendo que el republicanismo español acaba sendo úa reivindicación da II República, non da III República. Que a III República habería ser úa reidición da II, ou, lo que é máis cutre, a mera ausencia de rei e recuperación da bandeira tricolor e el escudo coa coroa mural, pero el mesmo modelo social e de estado que temos hoi.


E hoi, 14 de abril de 2017, as redes sociales de amigos énchense na señardade daquela II República e nel recordo dos represariados (sen fer muito exercicio en estremar entre republicanos, comunistas, anarquistas, trostkistas achuquinados pol PCE, independentistas...). Non imos negar el que supuxo a II República. Nin lo bon, nin lo malo, nin a reforma agraria, nin que os agraristas de El Aldeano de Castripol queixáranse de que aquela reforma era prantiada para as necesidades de Castela e non para las de Asturias, nin á República que nel 36 confrontou el fascismo nin la que nel 34 (Lerroux tamén era república) foi fascista. Pero, en definitiva, non imos esqueicer a todos aquelos vellos republicanos que aínda hoi buscan aos sous mortos. Non imos esqueicer a aquelos que defenderon á democracia, non imos a esqueicer que a República si supuxo un avance en laicismo... Pero non, non imos ser señaldosos, non imos obviar que os proxectos políticos del século XXI tein que mirar para el século XXI, non imos esqueicer que, entre os que hoi enabolan a bandeira tricolor en Asturias, cóntanse colos didos dúa orella os que tein un proxecto asturianista, os que non fain un seguidismo absoluto de Madrid. Como dicía Purna núa campaña de vai us anos, hai que retomar «viellas valors ta nuevos prochectos».



domingo, 5 de março de 2017

Noites de grilos.

Hai noites que son luz.
Outras,
en cambeo,
son escuridá.
Hai noites frías,
noites cálidas,
noites de torbuada,
noites de xelada
e noites de grilos tolos
berrando desesperados
por safarse del calor que los abrasa.
E hai homes fatos
que pensan que cantan
alegrías estivales,
os grilos.


Os grillos visten de mouro.
Parecera que andan enluitados.



quinta-feira, 23 de fevereiro de 2017

Fazer caminho.

Vai pouco puxéronse en contato comigo para escribir un artigo para Sermos Galiza, que estaban amañando un semanal que titularon O galego no exterior, Eo-Navia, Bierzo e As Portelas (anque a ese punto habería que poñerlle muitos peros, xa que en realidade el galego, galego-portugués, portugués... fora de Galiza fálase en muitos sitios máis que en Asturias, El Bierzo e As Portelas de Zamora, ademais de que el termo exterior non é el que eu usaría, por galegocéntrico, para falar desta lingua común). Pidíronme un artigo de 2.000 carácteres sobre el galego-portugués falado nel Eo-Navia, algo que teño que reconocer que me costou pola mía pouquísima capacidade de síntesis.

Condo me prantiaron escribir un artigo xurdíronme dúas dúbidas. A primeira, sobre que escribir. Ben, tía claro que a temática era el galego asturiano, pero non sabía mui ben que contar, tendo en conta que tía que ser escueto. Decidín falar del que me parece úa urxencia, a necesidade de xuntar esforzos. E decidín dar úa visión reintegracionista, a visión que levo tempo defendendo (aquí e, máis claramente, aquí e aquí, podedes ler a mía xa conocida opinión). E eso levoume a mía segunda dúbida, que normativa iba a usar? E é que este blogue xa conocéu varias grafías, as Normas ortográficas del gallego-asturiano editadas pola Academia de la Llingua Asturiana, úa grafía propia transitoria á espera de dalgúa nova proposta, e a grafía que uso agora, as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias (editadas en Eilao en 1990 pola Mesa pola Normalización del Galego de Asturias e a cultura da comarca - MDGA). Con todo, a mía postura é reintegracionista (xa espliquei que aposto polas normas da MDGA por úa cuestión táctica, pero que a estratexia a medio prazo sería reitegracionista). Asina que había dúas opciois, apostar por usar a norma que veño usando aquí, a da MDGA, ou úa grafía que pudera ser netamente eonaviega (entendendo dalgús discursos reintegracionistas que se dan en Galiza que se prantían precisamente úa forma reintegrada que non por eso deixe de ser galega).

Se aposto por esta grafía da MDGA por úa cuestión táctica para el Eo-Navia, non é menos certo que aposto, en termos estratéxicos, por úa grafía reintegracionista, asina que non foi tan difícil apostar por úa grafía reintegracionista (colos consellos dun bon amigo filólogo) para úa publicación non eonaviega. Úa grafía que espero e conto incorporar a pouco e a pouco nun proceso reintegracionista que pode ser lento pero é imparable.

E este foi el artigo que escribín, apostando por úa maior comunicación entre Asturias e Galiza, e entre Asturias e a Lusofonía.





Fazer caminho.


Pidem-me que escreva sobre o galego das Astúrias, e pidem-me que o faga nom polos meus conhecementos linguísticos, senom pola minha militança política na reivindicaçom lingüística. Ũa militancia da que de posturas ilhacionistas fum cambiando ás posturas reintegracionistas que podedes intuir na minha grafia, se bem é verdade que a sociedade asturiana e a sociedade eonaviega (o Eu-Návia, as Astúrias de fala galega) nom evolucionam os seus discursos nem o mesmo ritmo que eu, nem na mesma direçom necesariamente. Tampouco tenho nada claro que comparta os discursos do galeguismo, reintegracionista ou nom.

A sociedade do Eu-Návia nom asume que fala galego. Nom o asume porque teme que isso suponha renunciar à sua identidade asturiana (e muitas vezes o galeguismo linguístico e político ajudou a fomentar este medo). Isso dificulta a difussom do reintegracionismo, razom pola que eu normalmente uso a norma da MDGA (ũa vez descartada a norma da ALLA e a filosofia que conleva).  Apartir daí o que diga a ciência importa pouco a niveis de normalizaçom. E nom podemos esperar que as Administrações assumam um papel protagonista na normalizaçom nem na normativizaçom da língua (isso seria normal num pais onde o autoódio nom fosse tam patentente). A iniciativa tem que toma-la a sociedade civil comprometida. O galeguismo tem um normal interesse na língua comum, e o asturianismo tem um interesse normal em que as línguas das Astúrias se normalicem. E isso só se pode traduzir nũa colaboraçom e num múto conhecemento entre os dous paises e os dous movimentos dende o respeito e a irmandade, sem vitimismos nem paternalismos. A pergunta é se seremos quem a facê-lo ou nom. Eu tenho ũas esperanzas moderadas, mas esperanzas, ao fim, e estou disposto a trabalhar nesse caminho e sei bem que como eu hai muitos dispostos a anda-lo, assim que adiante.






sexta-feira, 30 de dezembro de 2016

Ta bien claro que la vida nuna ciudá pequeña nun ye lo mesmo (La Marika B@rroka).

Aló pola década dos 2000 amañábase en Salamanca el que chamaron La Marika B@rroka, que en palabras del meu amigo Metabolic eran úas festas «con música, travestismu baratu, modernéu y coses rares». Vai un par de semanas estuven falando en La Llegra con dous nembros del colectivo Bujarra e salíu precisamente el tema de La Marika B@rroka, a lo que recordei que nel número 27 da revista Asturias Gai (Abril-Xullo de 2007) Metabolic escribira un artigo sobre esta experiencia de autoorganizacion realmente interesante. Reproducimos el artigo aquí, na súa lingua orixinal (el asturiano) tal como foi publicado en Asturias Gai. As fotos que acompañan al texto son sacadas tamén da revista. Recomendo a visita al fotolog ( www.fotolog.com/marikaborroka ).


Metabolic

Ta bien claro que la vida nuna ciudá pequeña nun ye lo mesmo.


Ta bien claro que la vida nuna ciudá pequeña nun ye lo mesmo que nuna grande. D’eso sabemos muncho los que vivimos en Salamanca. Magar de la so fama de la so fama como ciudá d’estudiantes, a lo llargo los años va notándose cómo pasu ente pasu va quedando una migaya curtia. La cuarta parte de la población ye xente mozo, supuestamente con ganes de vivir y enfotu creativu, amás de disponer de tiempu llibre pa malgastar en milenta coses.

A la que lleves equí una bona temporada, seyan ocho años como yo, seyan unos meses como’l mio collaciu Pepa, notes que si nun te presta’l reggaeton, si nun yes hetero y quies adientrate nel mundu l’ambiente y tien ganes de facer daqué más que pimplate y dir de carrilanada fasta que’l cuerpu aguante a base de sustancies químiques, tas perdíu. La ufierta de llocales nun ye abondo pa cubrir lo que nós tamos buscando. Y por ello, inspiraos na filosofía punk del «failo tu mesmu» punxímonos a ello.

La idea de les fiestes de La Marika B@rroka (pronunciáu La Marika B@rroka) surdió nuna d’eses tardes d’abociu na tienda cómics de Trimegisto. Ficimos una llista con tolo que podríemos facer, y too ello col enfotu d’entamar un rollu guapu que-y prestara a los collacios y, si’l tiempu y l’ésitu d’estos aconceyamientos lo permitiere, espardelo a tol mundu que tuviere interesao. Asina, na trestienda’l llocal (más conocida nos pases de puerta como «El Lugar Convenido de Siempre») entamemos facer reuniones mensuales, con música, travestismu baratu, modernéu y coses rares.


Lo qu’entamó siendo un conceyu de collacios pa disfrutar d’una nueche de fiesta distinta a la convencional nesta ciudá foi medrando fasta’l puntu que tomemos Trimegisto y yo la decisión de dar el gran blincu: fairíemos la folixa nun bar. Asina foi como lleguemos a contactar colos del Café Moderno equí en Salamanca, quienes ufrieron el so sofitu al proyeutu. El día 11 de Mayu celebremos la IV Marika B@rroka con una asistencia grande de públicu y cola collaboración d’Oskar LaDemonio, DJ de Barcelona que mos fizo disfrutar d’una de les sos sesiones PutiCLUB qu’ella entama en clubs de la ciudá condal de forma regular. Una gran sesión amenizada poles sos sobrines: Alba y Cecilial y cola presencia de La Toyota dende Madrid. Pudimos igualmente cuntar cola presencia a los platos de Juan Belmonte, conocidísimu productor musical debío a que foi integrante del proyeutu Pumpin’ Dolls. Nun hai pallabres pa describir lo que foi l’eventu. En fotolog.com/marikaborroka y nos sos enllazos hai información gráfico al respeutu.

El próximu 22 de Xunu va ser la V Marica B@rroka, nel mesmu bar y cola presencia de la gran Oskar LaDemonio otra vuelta y l’actuación del grupu Michael Jackson y Las Sacerdotisas de Baal. Esperamos qu’esta edición tenga tantu o más ésitu que l’anterior, y animamos a tol mundu que tea per Salamanca neses feches que s’avere al Moderno a pasar una nueche d’allegría.


Trimegisto y yo tamos percontentos de ver cómo una historia como ésta, na que punximos muncha ilusión, realmente presta. Gracies y que sirva d’exemplu pa muncha xente que quier fecer coses pero nun s’atreve. Nunca tuvo pa min tantu sentíu la espresión «querer ye poder».


quarta-feira, 28 de dezembro de 2016

El fin dúa etapa.

Os proxectos políticos marcan etapas políticas, como parece obvio, pero tamén etapas persoales, non sólo porque a militancia afecta no persoal, senón porque ademais, ás veces a impricación cos compañeiros políticos chega a ter un grande fondo persoal. El 22 de decembre acabou un proxecto que para min foi ben importante.

Condo vai us anos úa amiga coa que tropecéi nun chigre me falou dos almorzos que, daquela, dábanse en Partycipa, na cai Paraísu de Uviéu e despois nel Ca Beleño, nunca pensei que tanta xente que conocera aí iba marcarme de tal xeito. Vai pouco presentaba na Llegra el meu primeiro poemario que non sería se eu non participase nestos almorzos e compartinlo con xente moi especial que en casos ben importantes conocín nos almorzos, fora de forma directa ou indirecta. Aprendín, neste tempo, moitas cousas. Aprendín a dicir salute, lelellef, ostada, aprendín que Asturias é un país que temos que construir de tal xeito que seña un país de moitas linguas e moitas culturas, aprendín cuestiois sobre relixión, sobre a vida... E aprendín que para que un neno almorce e non se entreteña é bon retalo a úa carreira, que chocala é el mellor xeito de fer amigos para sempre, que a xente tende a pensar que os militantes vivimos en Militandia e se sorprenden al vernos polas mesmas rúas, que os nenos tein úa memoria da hostia e non esqueicen os sonrisos anque podan pasar anos, que os adultos tamén temos memoria, anque séñamos máis tímidos, que non hai murias infranqueables e que hai compañeiros políticos colos que enxamais pensarías compartir espacio pero colos que fais ben de cousas. A ser máis pancho.

E todas as esperiencias vitales tein os sous lados escuros, dos que tamén se aprende. E úas esperiencias levan a outras e conocer úa xente leva a conocer a outra e fer úas cousas levan a fer outras e... E al final a roda sigue xirando. Porque son cousas das que tampouco ten xeito falar aquí, que non é el lugar, pero que algús sabedes e que deixaron pisada. Aprendín que para fer país hai que fer comunidade, para combatir el fascismo hai que fer comunidade, para fer comunidade hai que fer cousas normales, del del día a día, tomar un café, por caso. Porque anque quiciabes poucos lo teñan claro, ésta foi (dicía un compañeiro de La Llegra) úa experiencia antifascista.

Por eso, os almorzos acábanse, e vai costarme non erguerme polas mañás e cruzarme con Ana nel semáforo da Cruz Vermella. E vai costarme non lamber nocilla e non falar de relixión ou de política con algúa xente. Porque si é verdade que os almorzos foron máis que un proxecto político e condo se fala da familia del Ca Beleño non é úa expresión namáis. Porque anque moita xente esperara ver neníos famélicos choramicando (en plan «¿me da un penique, señor?»), os almorzos foron un espacio de alegría e dignidade. Por eso, por todo, gracias. Vémonos nas rúas compañeiras.



La familia de los desayunos en su casa que es el Ca Beleño.
Foto de El Comercio, non están todos os que son, pero son todos os que están.

quinta-feira, 22 de dezembro de 2016

Apartheid.

Recentemente sorprendíanos a noticia de que nel Reino de España (estado libre de dereto, que dicen), as persoas con discapacidades intelectuales, psicolóxicas ou sensoriales (lo que incluir, por caso, ás persoas cegas e xordas) van necesitar un certificado médico que garantice que son capaces de tomar decisiois por si mesmos. Ou lo que é lo mesmo, van necesitar un documento que los habilite legalmente (condo lo común é que para as persoas incapaces de decidir se tramite úa inhabilitación, non tramitar el habitalización ás persoas capaces de decidir). Distintas organizaciois de xordos e cegos (como a ONCE) manifestaron sou rechacho, como non podía ser doutro xeito. A solución proposta pol Ministerio de Xusticia non é outra que pasar úa circular sinalando aos funcionarios que namáis terán que cumplir ese requisito condo el caso de incapacidade para decidir seña evidente (colo que deixamos al arbitraxe e responsabilidade del funcionario decidir qué casos son derivados aos médicos e qué casos non, cousa que imaxino que al funcionario lle fairá moita gracia). En ningún caso parece viable derogar a lei e refela de novo. Non, todo se soluciona cúa circular que non é lei e que non garantiza nada máis que el que el Ministerio quira garantizar durante el tempo que el Ministerio quira garantizalo. Úa arbitrariedade nada propia dun Estado, como lles gusta dicir, libre y de dereto.

A Confederación Estatal de Personas Sordas, pola súa parte, emitíu un comunicado e úa carta-modelo para que firmen as persoas xordas, pero que pode editarse (aí onde pon «yo, fulano de tal, persona sorda») e que eu, persona ouguinte, vou firmar. A carta enlázovosla al final del post. Úa carta que vai dirixida al Ministerio de Xusticia (en Madrid e tamén ás Xerencias Territoriales del Ministerio en cada provincia), al Defensor del Poblo e á Oficina de Atención á Discapacidade, todo elo organismos estatales, sendo como é úa lei estatal.

Este é un blogue soberanista e dende aquí sempre se pensa en clave soberanista, polo que penso que el noso Parlamento e os nosos Concellos tamén poderían dicir moito. Por caso, sería interesante que os Concellos emitisen úa circular aos xuices de paz, que anque seña tan voluntarista como a circular ministerial, a lo menos é un xesto. Úa protesta clara e enérxica por parte dos Concellos e da Xunta Xeral tamén sería algo interesante, que el Parlamento asturiano esixira oficialmente ás autoridades españolas a derogación desa lei inefable que impide ás persoas con discapacidade vivir legalmente colos mesmos deretos que el resto das persoas sería algo necesario para poder entender a Xunta Xeral como un parlamento mínimamente democrático.


Como sempre, a loita na rúa é a base e a sociedade civil asturiana debéramos salir ás rúas a esixir a derogación dúa lei de apartheid que vulnera os deretos máis básicos das persoas.


A discriminación por motivo de discapacidade
non é nada distinta á xenofobia, un Apartheid
que non imos asumir.




A carta-modelo da Confederación Estatal de Personas Sordas atopádesla aquí: 


E as direcciois ás que podedes mandarlas, aquí: