sábado, 16 de março de 2019

Metropoliteiros.

Parece que volve estar nel axenda política el tema dun área metropolitana asturiana, la que chamaban Cidade Astur, aquel proxecto político nunca del todo definido que, entre outras cousas, fexo aos políticos asturianos chamar a búa parte del noso país as alas, como se el Occidente e el Oriente fosen territorios anexos á verdadeira Asturias (a Cidade Astur e as zonas de influencia directas, zonas que tampouco iban a salir beneficiadas, condenadas a ser úa sorte de zonas dormitorio da verdadeira Asturias).

El complexo da élite asturiana, el mesmo que lles fae discriminar ás nosas linguas, el mesmo que lles fae querer, a toda costa, medrar, aspirar a calentar un asento nel Senado, é el que lles fae querer fer úa pequena Madrid en Asturias (xa hai quen fala con sorna de unificar Uviéu e Xixón e fundar Ovijón).



Esta é a Asturias que quer construir certa clase política asturiana, querer potenciar un área metropolitana urbana nun país de namaiss 1.028.244 de habitantes, que acaba de pechar as últimas minas, que sufre úa importante crise nel sector agropecuario e con úa industria que morre. Un país que, perdendo habitantes, parece querer concentrar á súa  población en menos dun tercio del sou territorio.

El problema territorial asturiano é un doble problema de población. Por úa banda, perdemos población, que entre 2014 e 2015 se reduciu nun 11%, e ademáis temos un problema de ordenación demográfica, mantendo al 80% dos asturianos nel Centro, el 50% dos asturianos nos concellos urbanos de Uviéu e Xixón. Se desindustrializamos Asturias, se acabamos coel rural asturiano... De qué pretendemos que viva esa población urbana? E  é que apesar de que a población asturiana se concentra as áreas asturianas, a capital asturiana perde población. E outro tanto pasa coa principal cidade asturiana, Xixón.

Non, non somos Madrid. Madrid, con 6.587.711 de habitantes desenvolveu un área metropolitana que ocupa gran parte da comunidade. Pero que, ademais, alberga a capital del Reino e, con elo, convírtese na cidade de referencia para os madrilanos, pero tamén para os case 50.000.000 de españoles que tein nesta cidade metropolitana el sou referente de poder. Uviéu é referente para un millón de habitantes, Madrid para cinconta millois. Queremos fer imitaciois entre cidades?



Resultado de imagen de madrid area metropolitana


Esqueicemos en Asturias a nosa tradición territorial. Apesar de que nel Estatuto de Autonomía se reconoce el carácter político da parroquia rural, mui poucas parroquias asturianas desenvolven esta condición. A pesar de que el Estatuto del 81 reconoce ás nosas instituciois competencias sobre infraestructuas e ferrocarril, el Goberno del Principado non sólo non asumiu as competencias ferroviarias, senón que botanse millois de euros núa variante del Payares para poernos máis cerca con Madrid, que pode supoer úa sangría de población hacia ese gran área metropolitana, mentres que non hai grandes conexiois ferroviarias coel Cantábrico para que, por caso, el aluminio galego chegue al Musel nun tren que non seña Feve. Esto é, queremos un área metropolitana que non estea especialmente ben conectada coel resto de Asturias nin coas comunidades vecías.

Asturias ten 1.028.244 de habitantes para úa superficie de 10.603,57, 99,91 habitantes por km2. Ben cerca, a Comunidade Autónoma Basca (CAB) ten 2.164.311 de habitantes para 7.234 km2. 299,19 habitantes por km2. Ten a CAB máis población en menos territorio. Úa población dividida en tres provincias, con tres cidades importantes, Bilbao (345.821 hab.), Donostia (186.665 hab.) e Vitoria (249.176 hab.). Tres provincias que se reparten, grosso modo, a partes iguales el territorio basco (falamos namais da Comunidade Autónoma Basca, Navarra non ten a población distribuída de forma proporcional).





En el Reino de España a circunscripción electoral é a provincia, con dúas excepciois, Murcia (coa circunscripción de Murcia e a de Cartaxena) e Asturias. As circunscripcióis asturianas non é que repartan Asturias en partes iguales, xa que temos úa circunscripción central máis pequena e mais poblada e úa occidental máis grande e menos poblada, pero, máis ou menos podemos falar de que Asturias ten tres rexiois, Occidente, Centro e Oriente. Pero todas as poblaciois importantes asturianas están nel Centro.Úa partición provincial en Asturias sería imposible por úa razón, nin nel Occidente nin nel Oriente temos cidades que podan exercer de capital provincial. Esto é, Asturias é un país con tres rexois, pero nin el Occidente nin el Oriente tein cidades de referencia, a nosa referencia única é este Ovijón central.





Esá claro que dende el soberanismo asturiano, como dende el basco, ou el galego, ou el catalán, a provincia nunca foi, non é, úa proposta de ordenación del territorio. As nosas propostas tein que ser a parroquia e el concello, como apuntábamos arriba. Podería tomarse a comarca como referencia? Sería posible, pero tampouco hai un mapa comarcal claro. Lo máis próximo que temos á comarcalización de Asturias son as Áreas Sanitarias.

Resultado de imagen de areas sanitarias asturias sespa


Pero úa estruccturación comarcal del territorio asturiano namais é viable se promocionamos úa coordinación adecuada entre el Asturias rural, as cidades asturianas e úa rede de vilas ben comunicada e estructurada. Estas vilas son as que históricamente dotaron de servicios al territorio rural asturiano, que simultáneamente surtía ás vilas de beis. Estas vilas, que concentran servicios médicos, comerciales, industriales, de ocio... e se reparten a lo largo e ancho del país. Temos vilas na costa occidental (A Veiga, Tapia, Navia, Ḷḷuarca, Cuideiru...), nel interior occidental (Cangas, Tinéu, Salas...), nel Centro (Candás, Lluanco, Villaviciosa, Sama, La Felguera, La Pola Siero, Mieres, La Pola Ḷḷena...), nel Oriente (Llanes, Ribesella, Cangues...), e temos tres cidades que están ben comunicadas (Uviéu, Xixón e Avilés). Necesitamos que estas vilas estean ben comunicadas coas cidades asturianas, estar ben comunicados coas comunidades vecías, manter e xerar industria, servicios, producción agropecuaria... En definitiva, debemos pensar en clave de país, non en clave dun área metropolitana que condena ás alas a quedar fora de Asturias. Que condena ás vilas del Centro a perder a súa autonomía e ser meros barrios dormitorio dese Ovijón irreal que pretenden construir e que condenan aos habitantes de Ovijón a vivir núa macrourbe atestada nun país que perde habitantes e estructura industrial. Úa cidade metropolitana que, al non ser un polo de atracción para naide (aí a diferencia con Madrid), está condenada a ser úa urbe decadente en pouco tempo. Úa urbe decadente nun país desestructurado (se mal nos queren aos ciudadanos das alas, aos ciudadanos de Uviéu e Xixón non nos queren mellor). E todo por un complexo de aldeanos que arrastran os dirixentes deste país. Será un complexo compartido polos sous votantes? 

Era hora de que créramos un pouquín neste país chamado Asturias e pensáramos en clave asturiana e deixarnos de contos metropoliteiros.

Nenhum comentário:

Postar um comentário