quinta-feira, 30 de junho de 2016

Ruralfobia.

«Se fain esto aquí, imáxínate que non fairan os negros». «Lo pouco que se lava, imaxínate de ser xitano». «Vaia forma de conducir, nin que fora úa muller»... e asina podería reproducir corentamil tópicos, corentamil fobias, corentamil prexuicios colos que, se sodes xente de ben, diríadesme «Moiso, es imbécil, non hai máis». E é que, polo menos en determinados ámbitos, é políticamente incorrecto reproducir prexuicios contra as minorías (outro día falaremos de que é ser minoría, minoritario ou minorizado...). Pero aínda con todo, mesmo nesos ámbitos progres é aceptable dicir cousas como «son xente de poblo, claro, cómo van entendelo», «imaxínate vivir nun poblo, aí hai máis homofobia/machismo/xenofobia...». E aquí faigo un alto nel relato pra manifestar lo que probablemente seña un prexuicio meu, pero curiosamente esas afirmaciois nunca las sinto en galego, en asturiano ou en cualquera outra lingua minorizada, síntolas todas en castelán (e é que os discursos políticos dominantes maniféstanse seguindo a lóxica del poder).

Vai pouco lía en internet úa carta sobre el suposto fraude electoral das últimas elecciois estatales (non me vou manifestar sobre ese suposto fraude). Escribía un rapaz de Barcelona que fora presidente dúa mesa electoral onde relataba/denunciaba úa serie de irregularidades (das que, en todo caso, él como presidente da mesa será el principal responsable) e acababa el relato dicindo algo asina como que se pasa esto en Barcelona, que non pasará nesos poblos da España profunda... (aquí teño el enlaz) condo diz «pensad en uno de esos pueblos o ciudades pequeñas donde todo el mundo se conoce».

Aínda onte fun a úa charla sobre a violencia contra el colectivo LGTB e úa asistente manifestou que como é de poblo soporta máis comentarios homófobos. Outra asistente manifestou as súas dudas sobre que nel ámbito rural e nel urbano haxa grandes diferencias en ese sentido e a conclusión foi aplastante... Condo úa persoa nun poblo diz «mariconadas» é distinto, máis agresivo, que condo úa persoa de cidade diz «mariconadas». Que estraña razón fai que úa mesma expresión teña distintas connotaciois e distinta intensidade según lo diga úa persoa de poblo o de cidade?

Imos partir de que ser de poblo o de cidade é úa cousa circunstancial. Asina, eu nacín en Uviéu, crieime en Mouguías e agora vivo, circunstancialmente en Uviéu. Del mesmo xeito, hai xente que criándose núa cidade acaba vivindo nun poblo... Imos partir de que en Asturias temos cidades moi rurales (hai caseirías en pleno barrio de Fozaneldi, en Uviéu) e poblos moi urbanos (hai moitísimos traballadores industriales nos poblos). Imos partir que naide, naide, vivíu toda a vida sen salir del sou poblo. Nese sentido, dicíame un amigo sardo de poblo, que na súa experiencia a xente de poblo iba cada pouco ás cidades a amañar papeles, a consumir ocio... en contra, a xente das grandes cidades pode vivir (e moitas veces vive) sen salir del sou barrio... Imos partir de que a sociedade dominante é urbanocéntrica, polo que a xente dos poblos conocemos os discursos oficiales das cidades, pero non al revés... Dito doutro xeito, en Asturias podes topar con xente que sintira falar de Lavapiés pero non de Pezós ou de Riosa, el desconocemento non é mutuo, dase dúa parte (a hexemónica) hacia el outra (a minorizada).

Occidente desenvolveu úa sociedade na que é políticamente inaceptable espresar abertamente opiniois contrarias contra determinados segmentos da población (os minorizados), pero na que aínda se pode falar de «catetos», «garrulos»... Ou, nel mellor dos casos, nos que se pode falar de forma paternalista desa probe xente que aínda vive nos poblos.

A población rural, é certo, está moi avellada (en Asturias toda a población está avellada), pero crear el retrato robot de persoa de poblo vella corresponde a un estereotipo interesado. É que non somos de poblo a xente moza? Por non falar del estereotipo que se bota contra a xente de idade (especialmente a rural, pero tamén a urbana), como se os vellos foran, de forma natural, retrógrados, e os novos foran, naturalmente, progresista (seña el que seña eso).

Todos os estereotipos que, sistemáticamente, podemos ouguir contra (contra, non sobre, porque son estereotipos agresivos, que nos violentan) as persoas de poblo son XENOFOBIA, por parte dun segmento da población que entende que son de cidade (insisto na realidade circunstancial de ser dun sito ou doutro) e nós, os aldeanos, somos os outros... «que rural eres» ou «tú llevas mucho tiempo en Oviedo, no eres igual», son comentarios que ouguín ben de veces (parece ser que eu antias de vir a Uviéu era un retrógrado homófobo e machista, pero el paso pola capital deume un barniz de civilización que me faltaba), en ocasiois de xente que forma parte doutros colectivos minorizados que se horrorizarían (con razón) se eu fixera comentarios similares contra (insisto, contra) el sou colectivo minorizado.

É, a ruralfobia, úa realidade aceptada socialmente. E como dixo úa compañeira onte, nesa charla sobre violencia LGTB que mencionei, as fobias non son realmente fobias, son posturas políticas, non medos irracionales. Un non padece de homofobia como pode padecer de aracnofobia, senón que é úa postura política que se impulsa dende el poder. Del mesmo xeito, a ruralfobia, é úa postura política que se potencia dende el poder (todos os estereotipos que se botan dende os mass media, por caso, non son casuales). Quiciabes, precisamente pol caracter circunstancial de ser de poblo ou de cidade, e el éxodo rural que fai que búa parte da mocidade que emigra a cidade se identifique precisamente coa cidade e non coa xente que si quedou nel poblo (talmente que marchar ás grandes urbes é úa sorte de éxito persoal, de superación, e máis exitoso el que emigra a Madrid que a Uviéu), fai máis difícil entender a ruralfobia como el ataque a un colectivo, anque seña namáis porque ese colectivo non ten identidade de tal e, en ben de casos, quer reproducir a identidade hexemónica (como pasa con ben doutros colectivos). 

Al final, os de poblo, temos dúas alternativas, ou fernos de cidade ou asumir que somos como a avola da fabada... ueheheeeeiii. E esto, dende os ambientes progres e combativos.

Acabamos sendo úa puta risión de nós mesmos...

Nenhum comentário:

Postar um comentário