domingo, 26 de junho de 2016

Asturias 2.0.

Aínda non sabemos nada del resultado das elecciois estatales (aínda queda moito pra que salia el reconto, son, nel momento que escribo estas linias, as 19:10) e xa están as redes sociales botando fume vaticinando resultados electorales (en realidade xa levan semanas de oráculos amateur). As elecciois, pero estas moi particularmente, tein sempre el sou componente de holliganismo, de votar aos meus porque son os meus e de sodes todos úa puta merda menos os meus, que son a hostia en verso. Esto é, apelar aos sentimentos máis irracionales, máis tribales da xente, anque moitas veces se esconda detrás de úa falsa retórica intelectual (intelectualoide e intelectualista) en que os programas pouco importan...

Eu non vou ser menos e vou falar dos meus. E é que eu esta vez votei (non votara en decembre). E votei pol enemigo. Votei pol enemigo porque nestas elecciois (bueno, nestas e nas anteriores, e nas anteriores, e as anteriores tamén...) non se pode ser asturiano, soberanista, de esquerdas, feminista, internacionalista... e non votar pol enemigo (non sendo que non votes ou votes nulo). Porque si, votei por quen nos dá el coñazo constate coa grande nación española (esa nación na que non creo e que, ademais, quero destruir). Quen tampouco prantía que se retiren, xa que falamos de política estatal, as vallas de Ceuta e de Melilla, quen defendeu a Unión Europea tanto como a casta...

«Entós por que los votache?», cabe perguntar. Non sei, supoño que eu tamén (tu quoque, Brute) me deixei camelar polo novo, pol botar (con B, nesta ocasión) aos de sempre, pol cambeo que ben sei que non cambia nada, pero que podera abrir novos escenarios políticos onde, quen sabe, quiciabes téñamos a un interlocutor que, polo menos, nos identifique como interlocutores... Dito doutro xeito, vexo máis probabilidades de sentarme núa mesa con Sofía Castañón que con Adriana Lastra, anque despois Sofía Castañón teña que envolverse na bandeira española, na da UE, nel euro... porque xa se sabe que Madrid...

A cuestión é que vivimos na era 2.0, e na era 2.0 vexo el marcaxe de paquete en tempo real e penso se de verdade quero determinados interlocutores. E vexo lo crudo que lo ten el soberanismo asturiano (aínda menos mal que Croacia botou a España da Eurocopa), e vexo úa realidade que non sei se vai solucionarse sentando ás mesas improbables a tal ou cual interlocutor ou luitando nas rúas... nas rúas? Con que forza? Con qué efectivos?

E non desespero, sigo prantiando a necesidade de luitar pola soberanía, de traballar por un marco político que nos dea a posibilidade de, polo menos, emprincipiar a andar, de siguir construíndo úa alternativa propia... E soi plenamente conscente de que nos queda demasiado por andar, demasiado. Pero que é andable. E é urxente.

Um comentário:

  1. Fe de erratas: Dícenme que Croacia gañou a España, pero que non la descalificou, que siguen as dúas calificadas... xD

    ResponderExcluir