terça-feira, 21 de junho de 2016

26X.

Despois de que as Cortes Xerales non foran quen a constituir un Goberno de España, convócanse úas novas elecciois que, en gran medida, están prantiándose como úa segunda volta das anteriores, por máis que el sistema electoral español non seña (creo que afortunadamente) de voltas (máis común en sistemas presidencialistas).

Úas novas elecciois que se venden como úa especie de remix das anteriores, onde a gran novidade parece ser a xuntura de IU, Podemos e Equo núa coalición, Unidos Podemos, na que a coalición históric que lidera Alberto Garzón parece perder todo el peso en beneficio da nova formación que lidera Pablo Iglesias. E é que nestas elecciois el asunto dos liderazgos personales parece ter moito peso, máis que os discursos políticos, as dinámicas históricas ou as traxectorias políticas.

Úas elecciois nas que, como sempre nas elecciois estatales, úa población de un millón de habitantes pouco peso pode ter sobre 40 millois. E aínda imos ter que estar agradecidos pol sistema de circunscripciois que, polo menos, non nos condenan al total anonimato, se ben é verdade que a representatividade territorial nas Cortes Xerales podería prantiarse doutros moitos xeitos e, sobre todo, que nós (as soberanistas e os soberanistas) reclamamos conto menos úa maior descentralización que faiga que non necesitemos ter moitos representantes en Madrid pra poder fer políticas asturianas dende Asturias (del mesmo xeito que reclamamos esa mesma descentralización dentro del noso país).

Un remix electoral que non sólo deixa Asturias, pra non variar, fora de xogo, senón que insite na mesma idea de sempre, que namais hai un xeito de fer política e é presentarse ás eleccióis e/ou votar. Outra vez, a ilusión de un país (España, claro, el único país que é tido en conta) pasa polas urnas, nunca pol traballo organizado, pola militancia diaria, pola creación de discurso nas rúas, nas prazas, nos centros de traballo, de estudio... (onde quedou aquelo de tomar as prazas?). Un xogo electoral que, ademais, deixa fora, outra vez, tantos e tantos debates que habrían tar sobre a mesa. Asina, aínda ningún partido dos cuatro grandes (e é que pasamos del bipartidismo al tetrapartidismo) prantiou quitar os valados da vergonza que levantan en Ceuta en en Melilla, ningún dos cuatro grandes prantiou un aloxamento importante de refuxiados sirios (vale, vale, si, nun plano teórico si se prantiou... pero non se están poñendo nin números nin infrastructuras enriba da mesa), ningún prantiou a salida da OTAN, ningún prantiou avanzar en políticas de soberanía alimentaria, de soberanía enerxética... (anque fose pensando en clave española), e mesmo na cuestión del modelo de Estado, se ben Podemos afirmou vai tempo defender un referéndum en Cataluña, agora parece que queda todo en augua de ovos.

As políticas estatales, necesariamente, han contar coas políticas autonómicas e locales... e aquí tampouco podemos vernos moi contentos. Probablemente el principal logro dos novos en Asturias fora precisamente el da capital, anque en Uviéu ás veces costa caro diferenciar as novas políticas das vellas, e topámonos con úa Policía del Concello especialmente feroz al hora de cumplir úa lei ciudadana que, de momento, os novos non foron a derogar.

Dos vellos pouco se pode dicir. Son os de sempre. Os que levan tanto tempo machacando este país, os que se enriqueceron con fondos mineiros, coa Educación (aí esta el caso Renedo), os que fixeron úa lei mordaza a midida pra que naide poda protestar... 

Pero úa cousa tein en común os novos e os vellos, e é sobrestimar el poder electoral. E non, eu non soi particularmente anarquista, nin creo que haxa que eliminar as instituciois. Creo, pol contrario, que hai que fortalecer as instituciois con un verdadeiro poder popular, lo que, dende un prisma asturiano, é ben fácil, xa que somos un país de namais un millón de habitantes repartidos en 78 concellos e mais de 300 parroquias (qué fácil resulta el asamblearismo e a descentralización condo botamos mao del dereto consuetudinario asturiano). Non estou en contra de gañar as instituciois, por suposto que non, pero... sírvenos de dalgo gañar as instituciois condo somos incapaces de gañar a xente? Se non somos capaces de gañar as rúas, el sentido común (porque lonxe de convertir el sou sentido común nel sentido común hexemónico, dalgús el que fain é convertir el sentido común hexemónico nel sou sentido común), que podemos esperar dúa pugna meramente electoral? Úa ensalada de números colos que negociar col enemigo?

A esquerda soberanista asturiana ten moito que fer, sen dúbida. É moito máis el que nos queda por andar que el que andamos, moito máis el que nos queda por aprender que el que aprendimos, moito máis el que nos queda por construir, que el que construímos... Pero non podemos perder de perspectiva algúas cousas básicas, como que a política se fai dia a día nos espacios que compartimos con compañeiros, con vecíos, con amigos... Mesmo con xente que a priori podera parecer que non ten moito en común con nós. Que a política non é un cambio de cromos, senón úa andadura persoal e colectiva na que ún vai acumulando bagaxe e experiencias, e que non podemos acumular bagaxe e experiencias con outras persoas se a estas persoas namais lles reservamos un papel na política, votar. Que non queremos xente que nos dea el sou voto e a súa confianza (cega, acrítica...) senón xente que bote a andar con nós na construcción dun futuro mellor, encontrándonos e desencontrándonos hasta topar espacios comuis nos que construir de tu a tu, sen necesidade de que naide marque el camín.

Estas elecciois Asturias é a gran ausente. Pero non sólo en clave nacional, tamén en clave social. Grandes ausencias hai condo non se poñen enriba da mesa tantas e tantas cousas que se tían que poñer, e máis condo non se fai por úa estratexia del silencio (eso mellor non falalo agora, que igual quita votos...).

Por eso, anque eu vou prantiarme moi seriamente votar estas elecciois (non lo fixen nas pasadas), el que teño claro é que a política non se fai cada cuatro anos. E que non quero que naide discurra por min.



final_galast_web

Nenhum comentário:

Postar um comentário