sexta-feira, 5 de janeiro de 2024

Cigoñas



En Zamora,

foi en Zamora

que por primeira vez

eu vira cigoñas.


Ellas abrían as maxestuosas alas

e abría eu a boca

e a xente miraba pra min

como se mira á xente tolla.


En Zamora,

foi en Zamora

que por primeira vez

eu vira cigoñas.


Recordaba a mía mai

que en tempos había cigoñas

e nel campanario da igresia

aniaban.


Cousa tolla,

en Mouguías cigoñas?

Eu nunca vira,

nunca sintira.


En Zamora,

foi en Zamora

que por primeira vez

eu vira cigoñas.


E prá mía sorpresa

veño a enterarme

que xa las houbera

na mía terra.


Qué mal lles fixeran

os meus vecíos

pra que volver

non quixeran?


Qué mal lles fixeran

pra que nos deixaran tan solos

nesta Terra.

Nenhum comentário:

Postar um comentário