domingo, 17 de outubro de 2021

Fer Historia.

Apesar de parecer un tópico, podemos dicir que ointe foi un día histórico pral movemento de reivindicación lingüística e pra Asturias. Vai tempo que parecía que el movemento de reivindicación lingüística parecía parado, pero con todo, xunto coel movemento feminista, é el movemento que máis xente moviliza nas rúas, e esto non é novo.


Ointe foi un día histórico por varias razois. A primeira é que probablemente seña a última manifestación pola oficialidade. Haberá máis manifestaciois pola normalización lingüística, pol cumprimento da toponimia, pol cumprimento da propia oficialidade... Pero todo apunta a que pola oficialidade vai ser el última manifestación, xa que todo apunta que a maioría parlamentaria, actualmente, é favorable á oficialidade e que el actual Executivo non parece disposto a renunciar á declariación deste estatus legal prás nosas linguas (outra cousa é el que el Executivo teña pensado prá redacción del texto, que pode ser máis ou menos ambicioso).





Esta situación parlamentaria nova ten, tamén por primeira vez, úa proxección mesmo fora de Asturias. Medios de comunicación estatales como La Sexta, El Mundo ou La Razón fixéronse eco da multitudinaria manifestación que, tanto La Sexta como El Mundo cifran dúas 30.000 persoas, a maior, sen duda, superando a aquela mítica manifestación del CAO.


Úa manifestación na que se prantiou un discurso nel que se apoia a proposta de oficialidade de Barbón... pero coel condicionante de que esta proposta aporte realmente deretos lingüísticos e a redacción del texto que chegue al Estatuto non seña de mínimos.


Para el portavoz de la Xunta, Xosé Candel, la manifestación de este sábado tiene que ser vista desde el Ejecutivo como un apoyo a su propuesta para la oficialidad, pero también como un aviso de que no vale cualquier reconocimiento. Para ellos, el artículo que declare la oficialidad debe incluir cuatro aspectos esenciales: que se reconozca el asturiano y gallego-asturiano junto al castellano, que se garantice el derecho a conocer y usar esas lenguas, que incluya el compromiso de que por ley se fijarán los términos y ámbitos de su uso oficial y que ninguna persona pueda ser discriminada por la lengua que use. 
El Mundo

 


E úa manifestación na que a nosa lingua, el galego asturiano, non quedou reducida á coletilla “e lo mesmo pral galego-asturiano nel sou ámbito territorial”, senón que, ben ás claras, prantiouse a necesidá de dar un tratamento igual al galego asturiano nel conxunto del país, e plasmalo na redacción del texto estatutario, defendéndose abertamente que non pode haber úa oficialidade aos dous ritmos. E mollándose cúa cuestión que, agora mesmo, pra nós é de vital importancia, el nome que queran darlle á nosa lingua nesa declaración de oficialidade, tomando postura na polémica coel glotónimo da que xa falamos neste blogue.


Pero además, han recordado a los diputados asturiano que el gallego-asturiano no puede quedar marginado en este proceso y que ha de tener el mismo reconocimiento que la lengua asturiana. También han defendido el término gallego-asturiano frente al de eonaviego. "Es hora de seriedad, no de ocurrencias", han advertido a los políticos.

Infolibre


Un recado del que, como me dixo un amigo alí, “van tener que tomar nota dalgunos”. 


Recado como el que deixou Rodrigo Cuevas, recordándonos que el galego asturiano achéganos a Galicia, a Portugal, a Brasil, a Angola... Mensaxe aplaudido por tódolos presentes, sen os complexos e prexuicios que ben de veces pensamos que hai e igual non son tantos.


Podemos congratularnos de que el movemento de reivindicación lingüística teña ben presente que, por un lado, tanto a oficialidade das dúas linguas propias de Asturias como os procesos de normalización lingüística non poden ter dous ritmos distintos, como que non podemos caer en trampas coel glotónimo que busquen un aínda maior illamento da variedade lingüística, e podemos congratularnos de que os convocantes manifesten abertamente esta postura, con mui bon acollemento entre os asistentes.



É evidente que hai muito camín por delantre. É evidente que a declaración da oficialidade non é el fin del camín, senón el principio. É evidente que á xente del Eo-Navia comprometida coa nosa lingua temos por delantre muito traballo pedagóxico, de promoción e visualización,  pra que el conxunto da ciudadanía asturiana conoza el galego asturiano, úa realidade que, evidentemente, aínda non conocen (pero coa que non van poder mirar pra outro lado cuando seña oficial). Del mesmo xeito que imos ter que fer muita pedagoxía coa propia población del Eo-Navia, pra superar medos e complexos del pasado. Us complexos que a oficialidade tamén ha de axudar a superar, en tanto que, como ciudadanos asturianos, faigamos valer os mesmos deretos prá nosa lingua.


Ointe foi, pra min e pra muitísima xente, un día de especial ilusión, un día que pon úa pedra importante na construcción desta nova normalidade lingüística que, a pouco e a pouco, imos construíndo.

 



Nenhum comentário:

Postar um comentário