Núa rúa de La Corredoria,
cidade sen lei,
un predicador berra contra
Halloween
Samaim
a Noite das Ánimas...
e nalgúa taberna noxenta,
chía de borrachos,
un camareiro ecuatoriano
brama contra el separatismo catalán
mentres un murciano lo chama sudaca
e na mesa del fondo
úa parella de lesbianas fain burla dun [travelo.
En colquera lugar un rumano bota contra [os moros
e un marroquín bota contra os rumanos.
Úa limpadora,
que traballa por horas,
bota contra todos dous,
«eu, que soi española».
E sou home bota contra as mulleres.
E úa traballadora del ERA
soña con casar cun picoleto
e non rebaxarse a limpar
nunca máis.
Serán as formas que adopta el Medo,
maldito trasno que chega ondequira.
Será que a xente é fata,
qué sei eu.
Pode que seña el mundo que conocemos,
que esbarrumba
entre hamburguesas de seitán,
nazis peruanos,
ciclistas enfadados,
mulleres e paisanos,
católicos ateos
e ateos ortodoxos.
Qué sei eu.
Pode que vaiamos al carallo.
Son os nomes del Medo.
E non sei se sintir pavor
ou galbana.
Nenhum comentário:
Postar um comentário