sexta-feira, 5 de janeiro de 2024

As gaviotas.

 En Uviéu non hai mar,

pero asta as rúas de La Corredoria

chegan volando

as gaviotas.


Chegan a lluitar,

terribles,

contra ratas

e palombas.


En Uvieu non hai mar,

pero a min góleme a ouca

cuando sinto graznar

ás gaviotas.

Cigoñas



En Zamora,

foi en Zamora

que por primeira vez

eu vira cigoñas.


Ellas abrían as maxestuosas alas

e abría eu a boca

e a xente miraba pra min

como se mira á xente tolla.


En Zamora,

foi en Zamora

que por primeira vez

eu vira cigoñas.


Recordaba a mía mai

que en tempos había cigoñas

e nel campanario da igresia

aniaban.


Cousa tolla,

en Mouguías cigoñas?

Eu nunca vira,

nunca sintira.


En Zamora,

foi en Zamora

que por primeira vez

eu vira cigoñas.


E prá mía sorpresa

veño a enterarme

que xa las houbera

na mía terra.


Qué mal lles fixeran

os meus vecíos

pra que volver

non quixeran?


Qué mal lles fixeran

pra que nos deixaran tan solos

nesta Terra.

quinta-feira, 3 de agosto de 2023

El deserto del fareiro.

 Úa islla deserta.

E na islla,

               un faro.

E nel faro,

                un fareiro.

E nel fareiro,

                  un silencio.


Úa mirada ensoñada

afuxe con alegres tolías

derriba das ondas del mar,

que vein,

             que van.


Úa mirada ensoñada

afuxe con alegres tolías

derriba das ondas del mar,

que é

        el soñar.


Onde marchan

onde van

as alegres tolías

cabalgando

                 as ondas del mar?


 Úa islla deserta.

E na islla,

               un faro.

E nel faro,

                un fareiro.

E nel fareiro,

                  un silencio.


Marchan as tolías todas

sobre as ondas del mar.

Todas as tolías marchan

derriba da espuma branca.


Llevóulas úa dura resaca

al fondo del mar

al mourén

onde nada se ve.


Al mourén

onde non chega a lluz

nin del faro

nin del fareiro


 Úa islla deserta.

E na islla,

               un faro.

E nel faro,

                un fareiro.

E nel fareiro,

                  un silencio




Callado.


Ribadeo. A foto saqueila dun grupo de Facebook.


quarta-feira, 2 de agosto de 2023

Desaparecer.


Enquanto eu acreditava que elas,
borboletas e palmas
poderiam me fazer desaparecer
esfumaçada no desvio lento,
assim como elas eram o puro
excesso do efêmero.

Adrianne Savazoni, "De borboletas e palmas" Yuqueri.


Desaparecer

envolto nun aire de paxarellas

                                                de palmas

                                                               de lloureiros

dos que choran a paixón

dun Cristo

crucificado.


Desaparecer

e que me lleve el aire

que el aire me lleve

onde nunca chove

nin habita el frío

nin esta escuridá

que todo lo apaga.


Salir volando

núa nubre de paxarellas

a aquellos tempos 

de balancíos en coqueiros

                                         nozales

                                                    ocalitos.


E que me lleve el aire

que el aire me lleve

al llugar onde habita

El Esqueizo.






quinta-feira, 20 de julho de 2023

Nación de naciois.

Á xeración que nel Reino de España medramos con Cobi e Curro, ou coel Tebeo de Ibáñez (recentemente falecido), ensinarannos nas clases de Ciencias Sociales daquela EXB que España era una nación de naciones. Aquelo ensinábanlo nas escolas, mais tamén era algo que se escuitaba nos medios de comunicación. Era el xeito nel que aquela España postfranquista explicaba el paso dun Estado centralista a un Estado das Autonomías. Aquela España de las Autonomías, de la que, daquela, tanto se falaba.


Colexio de Xarrio. El idea da nación de naciois era transmitida desde a propia escola e asumida por todo el espectro político.


Aquela expresión, nación de naciois, non deixaba de ser sumamente imprecisa e ñoña. Imprecisa porque, qué é úa nación de naciois? El concepto de Estado plurinacional é claro, pero non é lo mesmo que se transmitía naquela nación na que cabían naciois, que non eran naciois senón nacionalidades históricas, rexiois e, como nel noso caso, algúa comunidá histórica, pero úa nación úa e indivisible, España. E ñoña porque pretendíase acabar dun plumazo con cualquera aspiración soberanista núa sorte de abrazo de unicornios bañados en purpurina. Cataluña, el País Vasco, ou Murcia xa eran pequenas naciois dentro dúa nación grande, e xa tían el maior nivel de autonomía posible (outro mantra que non por falso tuvo menos peso). Dábase, asina, a idea de que non cabía en España conflicto territorial, e case non cabía conflicto político, xa os rojos e os azules se perdoaran y xa recuperáramos aquel abrazo fraterno entre españoles, naquela Transición exemplar na que non se falaba de presos, asasinatos...

Pero, con todo, chegamos á década dos 90, a aquel Barcelona 92 e Sevilla 92. Al «váyase, señor González». E España siguía sendo, en palabras dos medios de comunicación e dos maestros nas aulas, úa nación de naciois, fora lo que fora eso. E se na escola ondeaban bandeiras (poucas veces pasaba), non podía faltar la asturiana, pois vivíamos na España das Autonomías. E el discurso oficial era que, como ciudadanos españoles, podiamos sintirnos máis españoles ou máis da nosa comunidá autónoma, e non pasaba nada. E os asturianos puían bandeiras asturianas nas bandexas dos coches (algo que xa non se ve), e aquelo era normalidá constitucional.




Congreso dos Deputados e Senado,
a Cámara que ten a función da representación territorial,
non de cemiterio de elefantes.

Dícenos agora el candidato del partido con nome de diccionario (irónicamente), que se él goberna coel PP, vai haber conflicto en Cataluña. Lo certo é que el procés vai xa muito que entrou en vía morta. A Generalitat vai tempo que non volveu falar delo, os CDR vai tempo que non se sabe delos... En definitiva, el procés acabou. 

Dice Abascal que Rajoy foi tibio al aplicar el 155. Non sei qué pretendía exactamente. Disolver os Mossos d'Esquadra? Arrebatar el Autonomía per secula seculorum a Cataluña? Sería úa anormalidá difícil de explicar que, agotado el procés, Cataluña fora a excepción na España das Autonomías, que fora a única comunidá sen autonomía, non? Non sendo que úa Cataluña sen autonomía non fose úa excepción, e é que a naide se lle escapa que al partido que diz defender a Constitución a ultranza tamén se opón a un dos pilares da mesma Constitución, a España das Autonomías

E é que pasamos de ensinar aos nenos nas escolas que España é úa nación de naciois a montar la de Deus é Cristo porque nel Estatuto catalán apareza que Cataluña é úa nación. Pasamos de presentar as Autonomías como el maior avance da democracia a querer eliminalas, aínda que a Constitución non recolle esa posibilidá...

E qué diz Feijoo? Al cabo, Abascal mencionoulo nas súas ameazas contra el Autonomía catalana, «si gobernamos con el PP». El que fora precisamente presidente dúa Comunidá Autónoma cala. Non se desmarca. E todos sabemos que el PP non vai poder gobernar solo. Vai ser Feijoo el presidente que merme as competencias autonómicas? Incluídas las del Autonomía que él mesmo gobernou?

Pazo do Hórreo, sede del Parlamento Galego. El que fora presidente dúa Comunidá Autónoma vai entrar nel trapo dos que queren acabar coas Autonomías?


Sabemos que en gran midida é palabrería, un Goberno no pode saltarse a Constitución como quira. Aínda que é boa verdá que tampouco hai enfrente un Tribunal Constitucional que lles fora a plantar cara. Pero habería que ver cómo defenden nas Cortes que se lle aplique el 155 a úa Comunidá na que non hai procés, non?


Vai poucos días Adrián Barbón tomou posesión del cargo de presidente del Goberno de Asturias. Úa Asturias na que, xa non, non hai posibilidá de reformar el Estatuto de Autonomía. Nin pra aprobar a oficialidá, nin pra crear úa Policía Autónoma (penso que estaba na lista de posibles), nin pra ferse cargo del sistema ferroviario (ah, non, eso xa está nel actual Estatuto...), nin pra plantear úa redistribución territorial (aínda que esto cabe tamén nel actual Estatuto). Esa oportunidá volou (e el partido del deputado Pumares, que iba darnos a oficialidá pero non, agora goberna Xixón con Vox, el partido que acosou públicamente a Pumares, qué cousas).

Xunta Xeral del Principado de Asturias.
Desde as instituciois asturianas non se pode
mirar pra outro lado se alguén quer limitar as súas funciois.


El 23 de xullín, este domingo, toca votar. E temos delantre xente que promete derogar (a lei trans, a lei de eutanasia, impuer un pin parental que permita que os padres decidan se os nenos poden estudiar a teoría da evolución...) e suspender Autonomías (crear tensión en Cataluña e non solo en Cataluña). 

Pero, aínda que haxa quen non lo quira aceptar, en Asturias siguimos tendo instituciois. Seguimos tendo Autonomía. E as instituciois e os ciudadanos de Asturias debemos defender a nosa Autonomía. Non aceptemos pasar, en non tantos anos, de falar con naturalidá da nación de naciois á España Una, Grande y Libre. Non era a Constitución aquel marco «que nos hemos dado todos» pra convivir? Cómo é posible que os autodenominados alalides del constitucionalismo español son os que vein a acabar coa España das Autonomías? Aquelo da nación de naciois que valía na década dos 90 non vale nos 20 deste novo século?

Malamente imos ser quen a defender
proxectos máis ambiciosos pra Asturias
se non somos quen a defender el noso Estatuto.


segunda-feira, 24 de abril de 2023

Monte Fuji.

 Chora Tokio al monte Fuji.

Chora Xapón enteiro

e un mar de llagrimas

anega el alma nipona.


Chora Tokio polo llume

e arde el monte sacro

dos antiguos deuses

da terra onde nace el Sol.


Chora Uviéu al monte Naranco.

Chora Asturias enteira

e un mar de llágrimas

anega el alma nosa.


Chora Asturias os montes de sou,

de Eilao a Piloña.

Llume e cinza,

cinza e llume.


Baten as ondas del mar

na cinza que baña Ḷḷuarca.

Chora el Nazareno da Villa Blanca

cos ollos rellumantes de llume.


Non esqueicen e choran

as sereas na praia de Torbas

pola cinza que emporcara

as súas límpidas caras.


Transformouse esta terra nosa

nun Ave Fénix atípico

que queima pra non renacer,

que queima pra remorrer.


El mundo escurece

e nunca ameice,

nun mundo que se torna

urna fúnebre.


Urna que guarda

                           encerra

                                         apresa

as cinzas del que un día

foi vida.


Úa vida encerrada

nel eterno esqueizo


Chora Tokio al monte Fuji

e a úa terra que morre

e remorre,

na que xa non quedan

heroicos samurais

que rompan úa llanza

por un mundo que é xa

cinza

namais.




domingo, 12 de março de 2023

Prioridades.

 

Leo en La Nueva España que « El supuesto AVE cantábrico” no está en elorden del día del encuentro entre los gobiernos del norte que ha convocado elPaís Vasco para el lunes ni “estamos hablando de eso”. El vicepresidente delPrincipado, Juan Cofiño, no se apea del tren a la Meseta, de la Variante dePajares y “nuestra unión con el corredor ferroviario del noroeste”. Esa es “laapuesta clara”, “la gran prioridad”. “No podemos distraernos con otros asuntos”».

 

Non podemos distaernos da prioridá central, claro, que non é outra que el AVE a Madrid. Son palabras, nin máis nin menos, que del vicepresidente de Asturias, Juan Cofiño. Núa Cimeira cantábrica establécese que a prioridá non é un AVE cantábrico, senón un corredor del Noroeste, que estaría mui ben... se podéramos concluir mellor qué é. De primeiras, el corredor del Noroeste sería úa conexión coel Corredor Atlántico. Si, ese corredor que entra por Irún e vai correr directamente a Madrid sen pasar por ningúa das comunidades atlánticas. Esto é, as prioridades asturianas son dúas, un AVE a Madrid con parada en Ḷḷena, Uviéu e Xixón e un corredor (non sabemos de qué ancho) a Irún e de aí a Madrid, por el corredor non-atlántico.

 ´

El chamado Corredor Atlántico.



Dende Asturias non se valora, en ningún momento, criticar en absoluto el trazado del Corredor (non) Atlántico. Non se pensa cuestionar, en ningún momento, por qué el trazado atlántico non pasa por Asturias, por Galicia e nos conecta con Portugal. Dende Galicia as críticas vein porque el Goberno de España está en maos del PSOE, non porque Feijoo teña outro modelo pra España. Curiosamente é dende el sur del Miño, dende Portugal, onde máis se insiste que el Corredor Atlántico ten que pasar por Galicia e contectar a Comunidá galega coel Norte de Portugal. Imaxino que aos portugueses lles dea un pouco igual se despois esa conexión tira por Asturias ou por León, como igual parece que lle dá al vicepresidente Cofiño.

 

Non podemos distraernos, diz Cofiño. Non podemos distraernos nin reclamando un AVE cantábrico que vertebre as nosas Comunidades, nin apricando el noso Estatuto de Autonomía, que diz nel sou artículo 10:

 

«El Principado de Asturias tén a competencia exclusiva nas materias que a continuación se sinalan:

[...]

5. Os ferrocarriles, estradas e camíos cuxo itinerario desenvólvase íntegramente nel terrorio da Comunidá Autónoma, e nos mesmos termos el transporte fluvial, por cable ou tubería».


Non cabe distraerse en xerar úa empresa propia, como fixeron nel País Vasco coel Euskotren, e ofertar us servicios á población rural asturiana que a antigua FEVE (xestionada dende Madrid aínda que alí non hai nin un metro de vía de ancho métrico), inxerta na RENFE, non ofrece.


Mentres el País Vasco asumíu as competencias
en materia ferroviaria, Asturias abstúvose de
desenvolver el sou Estatuto de Autonomía,
deixando que a FEVE se desmorone baxo a xestión
dun Estado al que non lle importa muito este escaso millón
de habitantes.


 

Non cabe distraerse comunicando Asturias coas Comunidades que la rodean. Non cabe distraerse xerando outros centros, us centros que non nos deixen eternamente na periferia.

 

Non, non cabe distraerse, porque quiciabes a Xunta Xeral seña pequena e a nosa verdadeira aspiración seña calentar algún Escano nel Senado.