Contan que houbo un marín que mandou que lo amarraran al mástil pra poder ouguir ás sereas sen atollar.
Mentira.
Naide hai que non atolle
ouguindo os cantos de serea,
de voces suaves
cautivadoras
exóticas
que cantan detrás das llúas mouras
dende el mourén máis escuro
das escuras coradas.
Naide recupera
dos ollos infinitos,
lluceiros nocturnos
que iluminan os mares
nos que hei afogarme.
Como nos encantan
regalándonos el ouguido,
a vista,
el corazón
pra devorarnos ben llougo,
non deixando
nin un óso.
Naide deixoume cego!
Naide deixoume cego!
Naide deixoume cego!
Maldito el home
que cegou á bestia.
Malditos os ollos
que cegaron al home.
Maldito el suspiro
ceibe al aire
sen eco
nin retorno
que fexo úa bestia
del home.
Úa bestia
a la que poder cegar
matar
castrar
nos sous suspiros
sen sentir remordemento.
Maldito el home
que por afogarse nus ollos
pensou beber de ellos
e foi consumido
pola nada.
Maldita Naide
que cegou al patarico,
que na soledá tremaba
envolto en ouca e frío,
envolto en frío e ouca
na tumba submarina
que xa ocupa nesto que chaman
vida.
Maldito!
Malditas as palabras,
malditos os versos,
as noites en vela,
os soños das noites,
malditos todos os poemas.
Malditos
porque botaron raigaño
na mentira,
na ilusión
del ilusionista,
na nada.
Maldito el tonto dos collois
que vivíu namais de ilusiois.
Malditas todas as sereas
que traban
impías
impúdicas
inmisericordes
nas coradas
dos homes
pequenos
como piollos.
dos homes que namáis tein soños,
dos homes destinados a morrer solos,
dos homes destinados a morrer tollos.
Que cho perdone el tou Deus se quer,
que eu non mo perdono.
Malditos os meus ollos, que van zarrarse úa noite máis
admirando el brillo dos tous ollos
mentireiros.
Etiquetas
- Cultura(s) (2)
- É o que há (13)
- Epístolas (2)
- Eunavieguismo (11)
- Integraçom (4)
- Leituras (5)
- Língua(s) (32)
- LSE (2)
- Mobilidade (1)
- Poesía (179)
- Política (70)
- Relatos (4)
- Sexualidade (3)
- Soberanismo e autonomismo (17)
- Traduções (2)
quarta-feira, 30 de setembro de 2015
Condo el home máis probe del mundo quixo mercar un Universo.
«Tú no puedes comprar mi alegría, tú no puedes comprar mis dolores»
Calle 13, Latinoamérica.
Vendería os dous riñois,
el fégado,
a vida,
para mercar,
se mercar puidera,
todas as alegrías,
os ameiceres,
as risadas,
para poer enriba da túa mesa.
Mercaría os ventos
que trouxeran alegrías,
que llevaran dolores
llonxe,
ben llonxe,
onde non poidan alcanzarte.
Mercaría todos os tous sufrimentos,
as noites sen sonos,
os días sen soños,
cada úa das túas llágrimas,
el escuridá
e os medos.
Tiraríalos todos pol sumideiro.
Se con cuartos puidera mercar
mil sonrisos da túa cara,
el meu sangre todo
pagaría polos ameiceres
que dibuxan condo queren
condo poden
os tous llabios.
Pero non podo.
Non podo mercar a risa
para poer na túa mesa,
para que te alimentes de ella.
Non podo mercar el dolor
para espantallo,
alló,
llonxe,
ben llonxe,
onde non poida alcanzarte.
Non podo,
nin con todo el meu sangre,
mercar vida
futuros
alegrías
nin os chuchos dos tous llabios.
Soi tan
tan
tan probe
que nin coa vida
nin coa morte
podo convidarte a úa ronda
de alegrías.
E,
con todo,
hei vender a precio de saldo
el meu sangre,
as mías llágrimas.
Devecendo por un esbozo de sonriso
nos tous llabios.
terça-feira, 29 de setembro de 2015
El día que me diche úa morte silenciosa.
Morte.
Dícheme morte.
El día que apagache,
inconscente homicida,
todas as lluces
ás mías esperanzas.
Que feliz era,
anque fose sufrindo,
condo aínda soñaba,
e nos soños albergaba
ilusas ilusiois.
Morte.
Dícheme morte,
inconscente homicida,
apagándome as lluces
á,
xa de por sí,
escura vida.
E,
con todo,
como destellas
con toda a túa lluz
eterna.
E,
con todo,
como chucharía
el dorso das túas maos
espidas.
Ou,
sequera,
el aire que acarician
as pequenas maos
que me esconden soños
mundos
universos.
As nosas vidas son os ríos que van a dar al mar, e hai ríos que nacen xa mortos.
Dícheme morte.
El día que apagache,
inconscente homicida,
todas as lluces
ás mías esperanzas.
Que feliz era,
anque fose sufrindo,
condo aínda soñaba,
e nos soños albergaba
ilusas ilusiois.
Morte.
Dícheme morte,
inconscente homicida,
apagándome as lluces
á,
xa de por sí,
escura vida.
E,
con todo,
como destellas
con toda a túa lluz
eterna.
E,
con todo,
como chucharía
el dorso das túas maos
espidas.
Ou,
sequera,
el aire que acarician
as pequenas maos
que me esconden soños
mundos
universos.
As nosas vidas son os ríos que van a dar al mar, e hai ríos que nacen xa mortos.
terça-feira, 15 de setembro de 2015
Nosoutros.
«Vosotros contra nosotros,nosotros contra vosotros,
vosotros sois los buenos,
nosotros somos los malos,
vosotros dais las hostias,
nosotros las llevamos».
Escuela de Odio, Los de siempre.
«Se nun tades atentos, os medios de comunicación van fervos odiar al oprimido e amar al opresor.»
Malcolm X.
Imaxe da páxina de Democracia Nacional, sen comentarios...
Aínda
non chegóu a Asturias nin un refuxado sirio e xa empezan as chamadas
de alarma... Que aquí hai moita xente pasando fame, e eso é
estrictamente verdade, como estrictamente verdade é que aquí naide
pasa fame por culpa nin dos refuxados que aínda non chegaron nin dos
chamados inmigrantes (condo
deixa un inmigrante de ser considerado inmigrante?). Que os sirios
son maioritariamente musulmais (ahá, eso tamén é estrictamente
verdade, é tan certo como irrelevante) e que como musulmais tein úa
cultura e us valores compretamente distintos aos nosos.
Nun teño moi claro que aquí todo el mundo compartamos valores, pero
si teño moi claro que aquí a inmensa maioría da xente non ten
realmente nin idea dos valores
e a cultura dos
musulmais. Mesmo se afiman cousas como que van colársenos centos de
yihadistas (recórdame
a condo nos campings tían que notificar inmediatamente á Policía
condo chegaba un coche con matrícula del País Vasco, por se se
trataba de un terrorista de la ETA).
Que, como me dixo xa máis de úa persona, «esto
non vai trer nada bon» (anque non me quedou aínda nada claro que é
esto).
É
normal preocuparse polo que lle pasa a un, polas necesidades propias
e pola fame propia... Pero non podemos deixarnos enganar. Nas redes
sociales vexo este tipo de mensaxes
Cinismo cutre e racismo núa sola imaxe.
e
quen los colga normalmente non sabe que estos mensaxes salen de
grupos de Facebook ou de páxinas web (ou as dúas cousas) de grupos
de estrema dereta. Esto é, os grupos de estrema dereta, que non son
tontos, saben que á xente lle preocupa non ter traballo, casa... e
por eso saca este tipo de mensaxes, para que a xente, preocupada
polos nosos futuros, polas nosas vidas, sinalemos col dido al
refuxiado, e de aí sinalar al inmigrante é moi moi fácil... E de
aí sinalar al que lleva toda a santa vida entre nosoutros pero naceu
noutra terra (noutro estado, para ser máis precisos), ou é fillo ou
neto de xente que naceu en outra terra, ou ten úa relixión distinta
á oficial (si, aquí énchesenos a boca falando de laicismo e
llibertade de culto e despois...) hai un pasín diminuto. Gustábame
saber que apoio deu a xente da páxina de Facebook Aforo Completo
(eliminada pol propio Facebook por incitar al odio e recuperada con
outro nome, que non vou compartir aquí) a Plataforma de Afectados
pola Hipoteca, ou en que movilizaciois contra a reforma llaboral
participaron...
Ideas
como que aos refuxiados van darlles úa paga de 1.200€ (de verdade
daquén pode crer eso?) ou que en realidade tein máis dieiro que
nosoutros (home, non
sei el dieiro que ten a xente que escribe este tipo de cousas, sei el
que teño eu), ou que van vir millois
de refuxiados (a Asturias vendrían us 150, non, non, 150 millois
non, 150, sen mais, non sumarían a Asturias máis que un 0,01% da
población... vamos, que van quitarnos de todo...). Soanvos ese tipo
de argumentos? Claro, furrulan polas redes... Eu acabo de llellos en
duas entradas da páxina de Democracia Nacional (post 1 e post 2). É
necesario esplicar de onde están salindo esas ideas e quen las está
botando a andar? Honestamente, se os meus análisis coincidiran tan nítidamente colos de Manuel Canduela, pensaría qué é lo que tou pensando mal.
Pero
el mantra sigue aí... nosoutros primeiro.
E en algo ten razón Manolo
cabezabolo e os sous rapaces, nosoutros primeiro.
É dicir, evidentemente condo vou buscar un traballo quero que seña
para min e non para el que está al llado. Eso dicen ellos, pero
ellos fain úa pequena diferencia, se el que está al llado ten un
trozo de plástico que dice que é español
(vaia por Deus), ese ten el mesmo dereto que eu, se non, non... Ou se
si, pero naceu fora de este reino
(vaia por Deus), tampouco. E entós, sen que haxa ningúa razón
aparente, eu teño que sentir úa solidaridade da hostia con José
pero non con Mohamed. É dicir, eu primeiro, despois José, María, Lucía...
e de último Mohamed. Pero, ah amigo, é que eu non conozo a María,
nin a Lucía, nin a José, nin a Mohamed... A Manolo (cabezabolo) si, pero caeme
moi mal, porque as personas miserables non me gustan. Conozo a Xan, a Xicu,
a Olalla a Julia e a Farhannah... e en consecuencia colquera de
ellos me inspira máis preocupación que a xente que non conozo, pero
a mesma solidaridade. Farhannah, Xicu, Julia, Olalla... son amigos,
pero Farhannah, Xan,
Julia, Olalla, Lucía, María, Mohamed, José... son compañeiros.
Son ese os nosos del
que tantas veces sinto falar. E Manolo Canduela, Josep Anglada... non
sólo non son dos meus,
senón que son enemigos. Son enemigos porque ellos lo quixeron.
Quixéronlo dende el momento que lle declararon a guerra a Mohamed e
a Farhannah. Son enemigos dende el momento que decidiron que non
querían que os meus amigos estiveran en este país nin neste estado.
Si,
tedes razón, primeiro nosoutros, primeiro os nosos. Primeiro a xente
que, como nosoutros, non quer a mezquindade neste mundo. Primeiro a
xente que sufre, primerio a xente que lluita, primeiro a xente que se
axuda mutuamente, primeiro nosoutros, os Xicos, as Lucías, as Julias, os Xais, os Mohameds, as Farhannah, as Marías... del mundo,
primeiro nosoutros, despois... despois nosoutros. Nada para os
Manolos Cabezabolos, para os que falan dos de casa
pero non comparten casa, nin prato, nin penas con nosoutros, nada
para os que falan dos de casa
e namáis queren que os de casa nos peleemos entre nosoutros por ver
quen molla dúas veces el pan nel ovo (que diría el chiste da
familia probe que comen todos dun mesmo ovo e un dos nenos molla dúas
veces nel ovo, polo que outro se queixa e el pai sentencia «déixalo,
neno, déixalo, a ver se arreventa»).
Porque imos ser claros, aquí (e volvo remitirme aos cabezabolo kits) el problema claro é que se nos chea a casa de moros, e claro, Europa non pode perder as súas reices cristianas... (ás veces acabo vendo a escena pintoresca de ateos e mesmo de xente abertamente anticlerical e non poucas veces belixerante col cristianismo defender esta postura). Nel século XX os xudeos eran os culpables de todos os males habidos e por haber... As crisis económicas eran, sen dúvida algúa, culpa dos xudeos, que ademáis conspiraban todo el santo día para acabar con Europa... De ellos era a culpa de que Alemaña perdera a Gran Guerra e de que os europeos se emprobeceran. Todos sabemos como acabo esa llinia de pensamento (polo que máis querades, non me veñades agora coas grandes familias banqueiras xudeas, porque tamén las había cristianas e el tendeiro de barrio xudeo de Varsovia foi el que acabou nun campo de concentración). Nel século XXI os malos malísimos son os musulmais... e prantíase esta tollura como un prantiamento que, como tantos outros, non é de esquerdas nin de deretas (quero dicir, anque oficialmente toda a esquerda se opón a estos prantiamentos, non é raro ver xente que se autodenomina de esquerdas defender este discurso). E el nazismo, con outros nomes, con outras formas, volve ganar a partida de conquistas ás masas a través del medo, del medo al outro, ointe aos xudeos, hoi aos musulmais.
E dá igual que queran escondernos este discurso de xenofobia de la de toda a vida (como se a xenofobia de la de toda a vida fora en algún punto máis aceptable, como se el "vein de fóra a quitarnos el traballo" fora máis válido, e como se non fóramos todos víctimas potenciales de este tipo de discursos, como podemos ver nel vídeo, por certo que os españoles del vídeo, moi acertadamente, devolven a hostia).
Si, primeiro os nosos, porque valíu, valíu xa de enganarnos. Valíu xa de contarnos histórias cheas de cinismo, de decidir por nosoutros quen é dos nosos, quen son os de casa. Porque non queremos racismo escondido de bos propósitos para os nosos. Os nosos son xente de ben, e a xente de ben, de toda a vida, lle bota úa mao al vecín. Porque naide vai decidir por min quen é uno di noi.
quarta-feira, 9 de setembro de 2015
Ciúmes.
«Tenho ciúmes
das verdes ondas do mar
que teiman en querer beijar
teu corpo erguido às marés.
(Meu amor marinheiro, Fado portugués).
E quen soi eu,
mía dulce nena,
para erixirme en amo e señor
dos tous chuchos,
que nunca son meus,
das túas horas,
dos tous días,
dos sonrisos
que non me das?
E quen soi eu,
mía dulce nena,
nunca mía,
sempre túa,
para esixirte atención,
cariño,
pel contra pel,
contra soños,
contra llingua húmida
pousada nos tous llabios
(que barato sale soñar!
que caro sale espertar!)
de llúas mouras,
de noites mouras,
de pellella suave.
Pero,
aínda sen ser naide,
envidio ás sabas túas,
que visten,
arroupan,
acarician
a túa desnudez.
Celos del pano
que seca as llágrimas,
os mocos
ou as ganas
(quen secara llágrimas e ganas!).
Teño celos dos didos da túa mao esquerda
que se entrellazan colos da dereta.
Teño celos dos didos da túa mao dereta
que se agarran forte aos da esquerda.
Teño celos,
e non soi naide para tellos,
e con todo,
quen fora anello para chuchar
todos os días da mía vida
os tous didos sereos.
Quen soi eu para esixiste que me mires,
que non mires ás estrellas.
Quen soi eu para temer el que podan roubar
as estrellas,
a Llúa,
os homes.
E,
en cambeo,
non podo deixar de mirar.
E,
en cambeo,
se non me miras
morro.
sábado, 29 de agosto de 2015
Políticas lingüística para fer país (I).
Vai
tempo que el asturianismo político está querendo abrir (veremos se
somos quen a fello) un proceso de constitución nacional ou, polo
menos, de constitución política del propio asturianismo político
(valia a rebundancia). Faise, entós, necesario abrir un proceso de
debate político e social en torno a úa serie grandísima de cousas,
el que un amigo e compañeiro chama, fendo a coña col procès de
Vinarós, el procesu
de Ḷḷaciana. Pois ben, este
proceso de Ḷḷaciana (que en realidade pinta que vai ser máis ben
un proceso de Uviéu) necesita de úa serie de debates profundos e,
como persona interesada en que este proceso grume, quero aportar el
meu granín de area.
Quixen
empezar coa cuestión llingüística, anque ben sei que a cuestión
llingüística é usada en demasiadas ocasiois como carta de
presentación del asturianismo político, acabando por confundir el
asturianismo político col llingüístico. Con todo, quixen fello
asina porque vai us anos encargáranme, para úa formación política
estatal na que militaba daquella, un artículo sobre a cuestión
llingüística para el programa electoral en Asturias, que por
distintos motivos nunca se puxo sobre a mesa de debate. Despois
estropiaraseme el ordenador e perdera aquel documento, pero máis ou
menos recordo as ideas que espoía, e quixera recuperallas.
Llinguas
propias, llinguas nacionales.
As
llinguas propias de Asturias son as que se xeraron históricamente en
Asturias, esto é, el asturiano e el gallego. Hoi, en Asturias,
fálase maioritariamente castellano, que é úa llingua xerada fóra
das actuales fronteiras
asturianas pero que forma xa parte da nosa realidá cultural e
llingüística. É llingua maioritaria por mor de un proceso de
sustitución llingüística non rellacionado con procesos migratorios
(esto é, non se trata de que un montón de personas de Castella
chegaran a Asturias traendo con ellas a súa llingua, senón de
que por cuestiois de
prestixio social e de presiois políticas parte da población
asturiana foi abandonando a llingua propia, fora el asturiano ou el
gallego, pola castellana). É
verdade que Asturias tuvo, históricamente, migraciois dende Castella
ou outros territorios peninsulares (castellano
falantes ou non), como é
verdade que esas personas adaptáronse llingüísticamente al
territorio e acabaron falando asturiano ou gallego, según el caso.
Hoi non é posible fer un mapa
(socio)llingüístico de Asturias obviando el castellano, polo que
temos que entender, para mellor ou para peor, que el castellano é
llingua de Asturias.
Inmersos como estamos en un
proceso de recuperación llingüística (tanto del gallego, nel
Eo-Navia, como del asturiano, nel resto de Asturias), temos que
entender que úa cousa é considerar el castellano llingua de
Asturias e outra llingua propia (ou llingua nacional, entendendo el
proceso nun marco de construcción nacional) de Asturias. ¿Por que?
Moi xinxello, é difícil recuperar el gallego en Cuaña e frenar a
súa sustitución pol castellano se entendemos que el castellano é a
llingua propia de Cuaña. É difícil recuperar el asturiano en Uviéu
e frenar a súa sustitución pol castellano se entendemos que el
castellano é a llingua propia de Uviéu. Esto é importante al hora
de falar (como hei falar máis alantre) da normalización e a
nacionalización das llinguas non orixinarias de Asturias faladas en
Asturias.
Neste sentido cabe insistir na
idea de que en Asturias se falan dúas llinguas propias, pero que
ningúa de ellas é propia de todo el territorio asturiano. El
gallego é llingua propia en Cuaña, pero non en Uviéu (máis alló
de que haxa úa comunidade eonaviega importante en Uviéu, de lo que
tamén falaremos). El asturiano é llingua propia en Uviéu, pero non
en Cuaña (máis alló de que poda haber persoas, non falaría eu
aquí, por cuestiois numéricas, de úa comunidade, falantes de
asturiano en Cuaña, xente procedente de outras partes de Asturias).
Sen ser ningúa das dúas llinguas propias de todo el territorio, al
sello de úa parte del territorio (nel caso del gallego de úa parte
máis pequena, nel caso del asturiano de úa parte máis grande) han
entenderse as dúas como llinguas propias e terriotoriales de
Asturias, como as llinguas del poblo asturiano, as llinguas
nacionales, máis alló de que haxa máis ou menos asturianos que
teñan como llingua propia outra llingua (seña el castellano,
maioritaria en Asturias, seña el woloff ou el rumano, minoritarias e
propias de úa parte da población asturiana migrada).
Territorialidade
llingüística.
Prácticamente todo el
asturianismo asume sen maior problema que a nivel municipal en Uviéu
ten que normalizarse el asturiano e en Cuaña el gallego
(gallego-asturiano, eonaviego, fala, falía, cuañés, falas locales
de Cuaña, «como falamos aquí»...). Del mesmo xeito que
prácticamente todo el mundo acaba asumindo que el castellano é úa
llingua que non pode ser obviada.
Neste sentido hai que
diferenciar entre políticas de máximos ou de mínimos
(probablemente máis realistas). Querse dicir, eu non podo pretender
que nel 2015 el Concello de Cuaña faiga a súa política
íntegramente en gallego, que rotule namáis en gallego, que bote
bandos namáis en gallego... Ou que el Concello de Uviéu faiga lo
propio en asturiano (poño estos dous Concellos de exemplo porque son
os que teño de referencia persoal, dame igual falar de Cuaña e
Uviéu que da Veiga e Xixón, Eilao e Morcín, Ibias e Cangas, San
Tiso e Cabrales...). Non podo pretendello porque é non vivir neste
mundo nin nesta sociedade. Pero eso é úa cousa e outra cousa é
aceptar el billingüísmo
como úa política de máximos. Nese sentido, eu si aspiro a úa
Cuaña nel 2040 (úa data posta al tuntún, quen diz 2040, diz 2030)
que rotule, emita bandos, faiga plenos... namáis que en gallego, ou
úa Uviéu que faiga lo propio namáis en asturiano. Digamos que ese
sería el meu obxectivo de normalización llingüística a
llargo prazo. Sen que eso
seña problema para que as persoas castellano falantes podan fer a
súa vida privada e pública en castellano, dirixirse al
administración en castellano, escolarizarse en castellano...
Exactamente como as persoas que formen parte de outras comunidades
llingüísticas con presencia nel país.
Eso no que respecta á
normalización llingüística nos Concellos... Pero qué pasa coa
normalización llingüística a nivel nacional ou estatal?
Afirmamos
que as llinguas nacionales de Asturias son el asturiano e el gallego.
Eso quer dicir que as dúas son llinguas de Asturias e as dúas al
mesmo nivel, anque evidentemente úa ocupa un territorio moito maior
que el outra. Eso quer dicir, entre outras cousas, que el
administración asturiana ten que rotular nas dúas llinguas, emitir
el BOPA nas dúas llinguas (eu entendo que tamén se emita en
castellano e, chegada a situación, noutras llinguas faladas en
Asturias con presencia
abonda), que, por caso, os
vehículos del Principado habrían tar rotulados nas dúas llinguas,
a TPA emitir nas dúas llinguas...
Nese
sentido temos exemplos a evitar noutras Comunidades Autónomas. Está
el caso de Navarra. En Navarra féxose úa política llingüística
basada nos tres territorios llingüísticos, a zona vasco falante del
norte, a zona castellano falante del sur e a chamada zona
mixta del centro, os territorios
hoi castellano falantes nos que históricamente se falou vasco. Esa
política territorial llevou a normalizar el vasco namáis onde se
fala, chegando á situación de que a xente de La Ribera non sólo
desconoce a llingua vasca (e con ello non pode opositar aos postos
administrativos navarros que piden esa llingua), senón que síntenla
como allea a ellos. Sería marciano un Eo-Navia desconocedor da
llingua asturiana (que ademáis frenaría el movemento dos
funcionarios por todo el territorio), como sería marciano úa
Asturias desconocedora del gallego. Un modelo educativo (por poer
namáis un caso) que prantiara que nel Eo-Navia se aprenda gallego e
asturiano e nel resto de Asturias asturiano pero non gallego, non
sólo sería pouco igualitario, senón que partiría da idea real de
que el asturiano é a llingua nacional de Asturias e el gallego é úa
llingua territorial, condo se nos poemos, ou as dúas son nacionales
ou as dúas son territoriales, ou mellor dito, son as dúas
nacionales e territoriales al tempo. Anque sobre el modelo educativo
quero falar máis adelantre.
Castellano.
Falamos das llinguas propias
(nacionales) de Asturias, llinguas que ademais de ser as que se
xeraron históricamente nel noso país, tein un valor identitario
forte. Falamos asturiano porque somos de Asturias (del Asturias
asturiano falante), falamos gallego porque somos de Asturias (del
Eo-Navia). Pero, evidentemente, non falamos castellano porque séñamos
de Asturias, anque sendo de Asturias podemos falar castellano, ter el
castellano como llingua materna (meu caso, sen ir máis llonxe, e el
de tantísima xente que reivindicamos colquera das dúas llinguas
propias ou as dúas), e mesmo se pode ser monollingüe en castellano
sendo asturiano (e sendo soberanista, anque, evidentemente, dende
aquí defendemos el poliglotismo dos militantes de este país
políglota). Evidentemente sería absurdo pretender pasar dúa
situación de marxinación absoluta dos falantes de gallego e de
asturiano a úa situación de marxinación (del tipo que seña) dos
falantes de castellano. Por outra banda non podemos obviar que, hoi,
el castellano é a llingua maioritaria de Asturias.
Por outra banda non podemos
obviar, como diximos arriba, que el castellano é llingua maioritaria
en Asturias en virtude da sustitución llingüística. Esto é, as
políticas de imposición del castellano fain que el inmensísimo
número de castellano falantes que hai en Asturias (sobre todo na
Asturias urbana, tamén na villana) non se podan considerar úa
situación normal. A situación del castellano en Asturias non se
debe a un fluir natural das llinguas, a procesos llingüísticos
naturales. Ademáis, a situación del castellano en Asturias é
dependente da situación del gallego e del asturiano (e viceversa).
Querse dicir, a boa vitalidade del castellano en Asturias é a costa
da mala vitalidade del gallego e del asturiano, a costa de comer
falantes a estas dúas llinguas.
Con todo, en Asturias fálase
castellano. Cabe señalar que neste apartado condo falo del
castellano que se fala en Asturias e, con ello, da comunidade
castellano falante del país, estou escruíndo á población migrada
de países castellano falantes ou de países baxo a presión
castellana ou que sufren a mesma sustitución llingüística. Querse
dicir, non estou falando de castellanos, andaluces ou dominicanos que
chegan a Asturias nin estou falando de gallegos (si, ten coña),
estremeños, lleoneses (tamén ten coña) ou catalais que cheguen a
Asturias falando castellano. Falo de xente de orixe asturiano que
fala castellano. Faigo esa diferencia porque, como dixen arriba, el
castellano non se espande por Asturias por motivos migratorios e
porque das poblaciois migradas falaremos máis abaxo.
Como
dicíamos, el castellano, sendo llingua alóctona, é llingua de
Asturias, pero a sello por un proceso de sustitución llingüística
sería un error imperdonable e de consecuencias terribles para a
normalización del gallego e del asturiano consideralla llingua
nacional. Eso non quer dicir
que, evidentemente, os castellano falantes de Asturias tein que ter
os mesmos deretos llingüísticos que os gallego falantes e os
asturiano falantes. Por outra banda, alfabetizar ás persoas
castellano falantes en gallego ou/e en asturiano é úa prioridade
del movemento de recuperación llingüística. Polo demais, naide
pode negar el utilidade que ten el castellano para os falantes de
gallego e de asturiano, e naide pode negar que a presencia del
castellano en todos os niveles educativos aporta úa serie de
beneficios.
terça-feira, 21 de julho de 2015
El meu Inferno.
Perguntaba úa búa amiga:
Qué é el Inferno?
Amiga,
verás
esto é el Inferno:
El ausencia dos sous ollos.
A presencia dos sous chuchos,
noutro,
non en min.
El silencio.
As voces
que adornan,
estridentes,
el silencio.
As voces del silencio.
A soledá.
Apáganse todas as llúas
mouras,
todas as lluces,
las que eran dos sous ollos
para os meus ollos.
Apágase a semente,
el anada,
la que nunca fora mía.
El saqueo codiciado
de chuchos
e abrazos
e sonrisos.
Escuro é el Inferno.
Non hai llume
nin frío
nin nada.
Distancia.
Únicamente
distancia
esqueizo
soledá.
Non hai maos
que apreten maos.
Corpo
contra corpo
contra cama
contra terrén
contra a vida
seca
erma
estéril
como un agosto sen tormentas,
sen augua que chore
vida
sobre a terra.
El roce da sua pel,
desconocido xa para sempre
pola mía pel,
na pel de outro.
Os sous llabios zarrados
al meu destín.
E a sequedá dos xenitales,
os meus,
chorando a falta de prole,
de fruto,
como un agosto
sen augua,
sen tormentas,
sen vida.
Como os agostos
de suplicio asturiano
esperando renubreiros
dos desertos africanos
que boten vida.
Pero Xan Cabrito
abandonou a mía patria,
a patria que quixen súa,
a patria dos espatriados,
dos naide,
dos homes mortos,
dos abrazos
dos chuchos
castrados
abortados.
Ben lo sabes,
amiga,
lo que é el Inferno.
Tu
ben lo sabes.
Deitarme todos
todos
todos
os días
solo.
Erguerme sen soños.
E saber
que esto non vai cambiar
nunca.
Qué é el Inferno?
Amiga,
verás
esto é el Inferno:
El ausencia dos sous ollos.
A presencia dos sous chuchos,
noutro,
non en min.
El silencio.
As voces
que adornan,
estridentes,
el silencio.
As voces del silencio.
A soledá.
Apáganse todas as llúas
mouras,
todas as lluces,
las que eran dos sous ollos
para os meus ollos.
Apágase a semente,
el anada,
la que nunca fora mía.
El saqueo codiciado
de chuchos
e abrazos
e sonrisos.
Escuro é el Inferno.
Non hai llume
nin frío
nin nada.
Distancia.
Únicamente
distancia
esqueizo
soledá.
Non hai maos
que apreten maos.
Corpo
contra corpo
contra cama
contra terrén
contra a vida
seca
erma
estéril
como un agosto sen tormentas,
sen augua que chore
vida
sobre a terra.
El roce da sua pel,
desconocido xa para sempre
pola mía pel,
na pel de outro.
Os sous llabios zarrados
al meu destín.
E a sequedá dos xenitales,
os meus,
chorando a falta de prole,
de fruto,
como un agosto
sen augua,
sen tormentas,
sen vida.
Como os agostos
de suplicio asturiano
esperando renubreiros
dos desertos africanos
que boten vida.
Pero Xan Cabrito
abandonou a mía patria,
a patria que quixen súa,
a patria dos espatriados,
dos naide,
dos homes mortos,
dos abrazos
dos chuchos
castrados
abortados.
Ben lo sabes,
amiga,
lo que é el Inferno.
Tu
ben lo sabes.
Deitarme todos
todos
todos
os días
solo.
Erguerme sen soños.
E saber
que esto non vai cambiar
nunca.
Assinar:
Postagens (Atom)


