terça-feira, 7 de setembro de 2021

Asturianía de tódalas Asturias.

Chega el día de Asturias e parece un tópico xa neste blog escribir daqué en relación a esta efeméride. É comprensible, sendo como é un blog soberanista.


Con todo daqué parece estremar el 8 de Setembre de 2021 del resto de 8 de Setembre. En primeiro lugar é el segundo 8 de Setembre pandémico que vivimos, colo que esto supón pra colquera celebración ou pra colquera reivindicación.


En segundo lugar, precisamente Setembre de 2021 é a data afixada pra abrir el proceso de oficialidade del asturiano e del galego de Asturias, aínda que, nel caso da lingua del extremo occidental del país parece que haxa que fer rocambolescas carambolas pra rechazar, xa non el glotónimo galego de Asturias, senón mesmo el glotónimo galego-asturiano, otrora el glotónimo dos bos.


Ábrese, non sabemos se con misa en Cuadonga mediante, ou non, un curso que vai ser duro e pedregoso pral reconocemento dos deretos lingüísticos dos asturianos e as asturianas. Pero... Quen son os asturianos? Ben, parecera que a resposta debera ser fácil, os asturianos somos aquelos que formamos parte da Comunidade Autónoma de Asturias. Mas, se esta definición abonda, sen duda, pra explicar quen somos os ciudadanos asturianos, parece que se falamos de qué el que conforma el ser asturiano, a comunidade humana asturiana, esta definición pode quedarse curtia.


Podéramos dicir que os asturianos somos esa comunidade humana que unidos por úa cultura, úa historia... e un xeito de ser e de estar nel mundo tomamos consciencia política da nosa asturianía e tomamos a decisión colectiva de conformar Asturias. E, como é sabido por todos, as cuestiois lingüísticas avezan a ter un peso importante na construcción das identidades; e, pola contra, a cuestión identitaria aveza a ter un peso importante na concepción das linguas (deso temos falado abondo neste blog).


Dicen, davezo, en Galicia, que se Galicia é Galicia e os galegos son galegos, é por obra e gracia da lingua galega. Esto é, a defensa e el uso da lingua propia dun territorio (independentemente de que esa lingua se dea ou non noutros territorios con outras identidades) é daqué que, sen duda, xune á xente aínda máis al territorio e a colectividade formada. Dito doutro xeito, é comprensible que un galego que defenda que ser galego é máis que úa xeografía, que defenda que ser galego é un xeito de ser e estar nel mundo, defenderá a lingua galega. E del mesmo xeito fairá un vasco, un catalán, un aragonés, un sardo, un bretón... e un asturiano que compartan ese discurso da identidade como xeitos de ser e estar nun mundo enorme e plural.


Pero ben é verdade que un galego lo ten máis fácil, pois a lingua propia de todo el territorio galego é el galego. En Cataluña tein un pequeno trozo que fala outra lingua (e é úa realidade que articulan dun determinado xeito), que é el Vale de Arán, pero se nos imos al concepto dos Païssos Catalans (e non imos neste post a entrar a validez ou non dese proxecto político, porque non é cousa nosa), topámonos que nel País Valenciano hai amplas áreas que non son catalanofalantes, senón castellanofalantes... Lo mesmo nos pode pasar en Navarra, colo que igual temos que darlle úa volta a que el que fai catalán ou vasco a úa persoa é a lingua (ou darlle úa volta ás reivindicaciois territoriales, úa de dúas). Xa non falemos da diversidade lingüística sarda ou del feito de que na capital bretona non se fale bretón.


Os galegos son galegos por obra e gracia da lingua galega. Esto non quer dicir que todos os que compartamos esta lingua séñamos galegos, nin al outro lado del Miño nin a este lado del Eo. Non falta quen quera entender que os asturianos somos (son?) asturianos por obra e gracia da lingua asturiana, independentemente de que fóra de Asturias tamén se fale esta lingua e esto non converta a leoneses ou mirandeses en asturianos. El problema está, non xa en que fóra de Asturias tamén se fale asturiano sen necesidade de que estos asturianofalantes formen parte deste proxecto colectivo que é Asturias, senón que xente que formamos parte deste proxecto colectivo que é Asturias non falamos asturiano (nin úa fala local eonaviega que é pero non é pero hai que fer porque seña pra poder pechar a cuadratura del círculo aquel de un pueblu, una llingua, una nación).


Porque chega el Día de Asturias e chegarán os discursos en asturiano e, sí, probablemente tamén, en fala eonaviega, onde entre outras cousas quereran, outra volta, fernos crer que é a voluntade popular esta concepción tan tan concreta da lingua del extremo occidental de Asturias. E chega el tan ansiado mes de Setembre e abriránse mil debates sobre la 'llingua' y la 'fala', onde el valor identitario vai recaer sobre la que é 'lingua' e non sobre la que é 'fala'. 


Algús pensamos que se Asturias é aínda Asturias é por obra e gracia da lingua asturiana e da lingua galega, e que, pra muitos asturianos, falar galego é el que afirma a nosa asturianía, sendo el galego úa lingua de noso.


Aínda vai un par de días tuven ocasión de falar cúa persoa representante dúa formación política asturiana que está apostando por ter relaciois internacionales con outros poblos deste Reino. E, en concreto, col poblo galego. Falábame este compañeiro que falando con organizaciois galegas chegaban á conclusión de que Galicia había respetar a nosa identidade asturiana e Asturias había de representar a nosa lingua galega, sendo que, ademais, os conceptos pechados que avezamos a ter das fronteiras habería mudar hacia un concepto máis poroso, úa idea coa que, eu, non podo estar máis de acordo (e sobre la que xa falamos neste blog). Aínda máis, estas organizaciois asturianas e galegas chegaban á conclusión de que, nel fondo, Asturias e Galicia non son dúas realidades particularmente diferentes.


Esta é a estratexia que a parte máis vanguardista del soberanismo asturiano e del soberanismo galego están tomando, la de fer das fronteiras lugares de encontro e non de separación. E esto ten muito que ver sobre a identidade asturiana e el concepto de asturianía que queremos xerar, poque se xeramos úa identidade monolítica, irredenta, pechada... pouco lugar imos ter os falantes de galego asturiano. Se pretendemos asturianizar aos eonaviegos, del mesmo xeito que Wert pretendía españolizar aos catalais, estaremos partindo de que a xente dos 18 concellos máis occidentales somos menos asturianos. Se pretendemos xerar conceptos e discursos como los que hai detrás del termo fala eonaviega, similar al LAPAO ou al formenterés, que diría Casado, non podemos esperar outra cousa que úa castellanización galopante, aínda máis, nel Eo-Navia. Pero non xa úa castellanización, senón úa desmantelación ás carreiras de todo el noso patrimonio cultural inmaterial. Entrando en guerras cuturales absurdas, da mao de negaciois lingüísticas (e de deretos) sen sentido, non imos conseguir máis que diluir a nosa cultura e a nosa identidade nel mar del globalismo uniformador que nos amenaza a todos. Porque al final, con qué autoestima podemos enfrentar ese globalismo uniformador os eonaviegos se sempre estamos ante el discurso da negación? Non podemos definirnos polo que non somos, polo que dicimos que non falamos, pero sabemos que si falamos... Porque esto namais crea úa sociedade acomplexada que difícilmente vai ter ferramentas pra afrontar el futuro.


Porque chega el Día de Asturias, pero tamén el Mes de Asturias, el mes nel que se abre el proceso nel que os asturianos e as asturianas séñamos ciudadanos de pleno dereto, pero tamén nel que Asturias se constrúa como Asturias, que constrúa a súa asturianía sobre os deretos e sobre a nosa cultura, mui especialmente nas nosas linguas, nun proceso que non nos deixe fóra e que non nos obrigue a cambiar el xeito que temos de ser asturianos pra estar dentro (porque igual non queremos cambiar el xeito de ser e estar nel mundo que temos, e acaban botándonos a muitos deste proxecto común).


Chega el Día de Asturias e ábrese un debate que debe establecer se Asturias quer siguir autopercibíndose con complexo, limitando a nosa identidade al nacional-cachopismo e escondendo nun grandonismo de portas pra fóra el que de portas pra dentro non é outro que un complexo de identidade grande (os bables, a fala eonaviega, el desprecio á identidade, al patrimonio...). E daqué importante pral autopercepción dos asturianos é entender a nosa realidade lingüística. Acabar coel discurso dos bables («no es lo mismo el bable de Mieres que el de Llanes que el de Boal») e presentar el galego asturiano á sociedade asturiana, axudando a que os asturianos e as asturianas del Eo-Navia pódamos, con tódolos demáis asturianos, fer as paces coa nosa lingua e a nosa identidade.


Bon día de tódalas Asturias.







sexta-feira, 6 de agosto de 2021

Estratexia Xacobea: El Camín de Santiago, a nosa Ruta da Seda.

 

 Este ano, 2021, é Ano Xacobeo. Úa celebración que, sen dúbida, ten muito interés pra os creentes e de non ser pola pandemia, daría muito xogo al turismo que xenera el Camín de Santiago. Hoi, ademáis, é el día de San Salvador, patrón Lloza (Cuaña) e da cidade na que vivo dende vai máis de 15 anos e da que formo parte, Uviéu (aínda que as festas grandes corresponden a outro santo, San Mateo). Hoi vexo esta imaxe nel Facebook del Concello de Uviéu, coel lema da campaña turística coa que Alfredo Canteli (alcalde da mui nobre, mui leal, benemérica, invicta, heroica e boa cidade de Uviéu e el sou Conceyo) tuvo a ben eliminar el topónimo Uviéu dos vehículos dos servizos de limpeza: "Oviedo, origen del Camino"




Ben, qué significa este lema praos uviedíos e pral conxunto dos asturianos? Se atendemos al espíritu da campaña significa que "quien va a Santiago y no al Salvador, visita al vasallo y desprecia al señor", ou lo que é lo mesmo, que hai que vir a Uviéu a comer cachopo e deixar os cuartos, "si ye cola muyer, mejor, que siempre se gasta más", que diría el rexidor da capital. Dúa capital que, como capital provinciana, aspira a que a xente ou os servizos del Principado veñan pra Uviéu e non pra Xixón, Avilés ou outro sito, en conta de apostar por ser a cidade dinamizadora de Asturias. E é que Uviéu, orixe del Camín (como daquén traducíu a campaña sacando a versión del logo coa que quixen abrir este post), debería querer dicir muitas máis cousas que vir a gastar cuartos coa muller.

Imos por pasos. Qué é el Camín de Santiago e por qué Uviéu é a orixe del Camín? Temos que remontarnos al rei Alfonso II regnatem in Ovetus, chamado El Casto por erixir as catedrales de Uviéu e de Santiago. Foi reinando este bon home que toparon úa tumba en Compostela que atribuíron a Santiago Apóstol. Pral que imos falar pouco nos importa se el corpo sepultado é de Santiago, de Prisciliano ou de un paisano de Meiro que morrera aló dúa borracheira. E foi este bon home el primeiro en pelegrinar dende Uviéu a Santiago pol que chamamos, por ser el primeiro, Camín Primitivo. Esto é, el primeiro pelegrín con destín a Santiago foi Alfonso II El Casto, e a primeira orixe foi a cidade onde moraba este casto rei, Uviéu.

Imaxes de San Salvador e de Santiago.



Apareceron despois outros camíos, e é que, se tódolos camíos levan a Roma, non son menos os camíos que levan a Santiago. El máis conocido el Camín Francés, chamado asina porque xunta Francia con Santiago, sendo a cidade que leva a fama de ser orixe del Camín a este lado dos Pirineos a navarra de Orreaga/Roncesvalles e pasando al sur da Cordaleira Cantábrica (librando Asturias, polo que pra nosoutros non é el máis interesante).

Anguano, a nivel turístico, a reivindicación de Uviéu como orixe del Camín podería entenderse como úa promoción del Camín Primitivo e del Camín del Norte frente al Francés, pero a niveles históricos el Camín é muito máis. Temos na capital carbayona úa rúa chamada La Gascona, pola población que, vida da Gascuña, chegóu ás nosas terras e que deu nome ás muitas poblaciois chamadas Francos que podemos topar nel noroeste peninsular. Tan importante foi esta población que nel Foro de Avilés diferénciase entre galaicos (asina chamaban aos pobladores avilesíos orixinarios da antigua provincia Gallaecia) e francos (os pobladores avilesíos orixinarios del outro lado dos Pirineos). Esto é, el Camín de Santiago foi un punto de entrada prá población del norte dos Pirineos que enriqueceu el noroeste peninsular con sangre novo, conocementos e comercio que se movía a través desta rede viaria que supuxo el Camín de Santiago, xa seña el Primitivo ou el Francés. 

Os Camíos de Santiago articularon el

Noroeste Peninsular con Europa.


Vai anos tuvera eu en Gares/Puente la Reina, Navarra, e alí pudera disfrutar del maravilloso románico, con hasta cuatro igrexas que, sen dubida, non terían lugar se non fose por ser un nó nel entramado del Camín (onde se xuntan el camín que vai de Roncesvalles coel que vai de Chaca). Esto é, primeiro de ser un reclamo turístico, el Camín de Santiago foi un entramado humano e comercial que trouxo consigo riqueza cultural e económica, que fexo medrar poblaciois enteiras al sou paso. Un entramado pol que entrou a Orde del Cister nas nosas terras, úa orde relixiosa que trouxo aportaciois socioeconómicas, como por caso a promoción importante del viño nel noso Occidente. Se el viño de Cangas, e de Ibias, e de Pelorde... é hoi úa realidade cultural ben apegada al país é porque el Cister puxo a súa mao sobre él. 


 Mosteiros de Vilanova e de Valdediós


E todo esto nun contexto nel que os reinos cristianos miraban al norte, xa que al sur tíamos el Islam, e con elo xerábase úa tendencia europeísta, sendo exemplo delo as alianzas entre el mencionado Alfonso II e Carlo Magno (aquel emperador que, entre outras cousas, promocionara úa moneda común europea).

Esto é, neste pequeno recuncho del noroeste peninsular, xurdíu úa pequena Ruta da Seda europea. Porque, a outra escala, quiciabes, pero el Camín de Santiago foi un vertebrador europeo al nivel da Ruta da Seda.



A Ruta da Seda

 

El Camín de Santiago é muito mais que un recurso turístico e máis que un patrimonio dun país namáis. Galicia esqueice ben de veces que non hai Camín sen Uviéu, sen León, sen Logroño, sen Pamplona e que non é un patrimonio únicamente sou, aínda que, evidentemente, Galicia ten un peso principal nel Camín que ten como destín a súa capital. É muito máis que el patrimonio dúa cidade, nin Santiago, nin esta Uviéu que se reivindica como orixe pero sen atender a un contexto máis amplo, que inclui el que foron centros de poder e cultura importantes como os mosteiros de Valdediós en Villaviciosa, Courias en Cangas ou el de Vilanova de Ozcos. Del mesmo xeito que a Ruta de la Seda é muito máis que un patrimonio da China.

E é muito máis que Historia. Dende os romanos hasta os nosos días as principales vías de comunicación ibéricas caeron pra contra el Mediterráneo. Foron estas vías mediterráneas as que texeron úa rede económica, cultural, política e social na que el noso noroeste peninsular, el antigua Gallaecia, quedou nun plano periférico. Asina, se comparamos un mapa de calzadas romanas con un mapa das estructuras ferroviarias actuales temos que as vías en certo modo se superpoin, ocorrendo que ningúa vía principal discurre nin pol norte nin pol sur da Cordaleira Cantábrica. Namáis os Camíos francés e Primitivo (coa súa variante del Norte) supoin úa rede cantábrica que nos axunta a Europa.

 

 Mapa das calzadas romanas xunto al mapa del actual mapa ferroviario.

Abaxo, mapa das autoestradas e autovías españolas anguano.

 

 

Uviéu é a orixe del Camín e Santiago el destín. Muito ben. Temos, a conta desto, que as dúas capitales son cidades ermanadas, pero... En qué se diferencia este ermanamento coa capital galega del ermanamento con Tampa ou Holon? El Camín non pode ser un recurso pra encher hostales na capital galega nin pra atraer a esos turistas ás sidrerías da capital asturiana. Non podemos presumir de ser el destín ou el orixe dun Camín que vertebrou Europa e a europeidade e non ter úa estratexia viaria común, nin úa estratexia de relaciois socioeconómicas. Imaxinemos que os chinos chufaran da Ruta da Seda e esto se reducira a úa colección de selos de Correos. China, potencia mundial, recolle el testigo que uferta a Ruta da Seda e crea a Nova Ruta da Seda, con portos comerciales en puntos que xa foran clave na antigua Ruta da Seda e con relaciois comerciales entre estos países. Nós non. Nós temos el Camín que vertebrou Europa no económico, no político, no social, e aspiramos a venderlles imais pral frigorífico aos turistas alemais. Por ter non temos nin un FEVE que atravese el Cantábrico (apesar de que muitos turistas-pelegríos usan a FEVE e hai úa suposta rede xacobea de FEVE). Máis aló das infrastructuras, somos incapaces de imaxinar (xa non digo desenvolver) úa Estratexia Xacobea que estableza lazos económicos, políticos e sociales entre os distintos territorios que atravesa este Camín. Un espacio socio-económico común con relevancia europea (mesmo mundial) e onde nin asturianos, nin galegos, nin leoneses, nin cántabros, nin vascos, nin as xentes del Norte de Castela íbamos ser periferia, senón centro.



A Nova Ruta da Seda potenciada por China.

 

Cómo é posible que nin os políticos asturianos, nin os galegos, nin os leoneses, nin os cántabros, nin os vascos nin os castellanos entenderan primeiro el potencial que supón a nosa particular Ruta da Seda? Cómo é posible que non lo entendéramos os soberanistas asturianos, galegos, leoneses, cántabros, vascos ou castellanos? En particular os noroccidentales, galegos, asturianos, leoneses e cántabros (non é que esclúa a vascos e castellanos, é que pra nós debera ser particularmente úa prioridade), quiciabes tamén el Norte de Portugal, temos a necesidade imperante de xeral un marco económico común, un Marco Xacobeo, nel que aspiremos a ser úa potencia económica e texer a nosa particular Ruta da Seda. Como dixen noutra ocasión, temos que xerar espacios nos que os nosos territorios teñan úa voz e un espacio que lle señan propios, e el Camín de Santiago supón un potencial inmellorable. Úa vía hacia Europa e Asia (se atendemos a que a Nova Ruta da Seda chega mesmo hasta el Golfo de Vizcaia, onde ben podería empalmar cun Novo Camín de Santiago).

Uviéu, Asturias, séñamos a orixe del Novo Camín de Santiago.

segunda-feira, 26 de julho de 2021

Úas reflexiois sobre a III Encuesta sociollingüística del Navia-Eo.

 

El pasado 15 de xullín presentóuse nel Auditorio das Quintas, na Caridá, el Avance de resultados da III Encuesta socio-llingüística del Navia-Eo, relizada pol sociólogo Francisco Llera Ramo.


Tuven el oportunidade de estar aló e, despois, con máis calma, na casa, de ler el avance de resultados. Á espera de ter el estudio completo na mao, con este avance e coa exposición nas Quintas, penso que teño criterio pra botar un par de reflexiois al aire, dende a perspectiva, non del sociólogo (que non lo soi), nin del filólogo nin del lingüísta (que tampouco lo soi), senón del ciudadano comprometido coa lingua del Eo-Navia e a honestidade científica; pois al non ser eu científico, preciso desta nos que si lo son se quero poder chegar a conclusiois válidas a las que, como ciudadano, teño dereto de chegar.


Empezaremos falando un pouco del acto. Chego al acto cun amigo que tuvo a ben arrimarme en coche, xa que eu vivo dende vai anos en Uviéu e non teño carné. Imos directos al Complexo Cultural das Quintas; de primeiras dudamos se el acto é nel Auditorio ou noutro dos espacios que ten el complexo, que é curioso e con varios locales. Perguntamos na Biblioteca e el personal non sabe dicirnos ben, pero mui atentamente (daqué que hai que agradecer) nos buscan el información e nos comentan que el acto é nel Auditorio. Xa nel Auditorio, chámanos el atención que, a cinco minutos escasos de comenzar el acto, non haxa público esperando pra entrar. A esperiencia díceme que nel Auditorio das Quintas (cun aforo dúas 300 persoas) aveza haber público asegurado. Comenza el acto e entramos, pouco a pouco vai chegando el resto da xente, un total de 15 persoas (sen contar ponentes). Das 15 persoas conozo a 12, somos todos militantes dúa ou outra postura. Ben é verdade que é gratificante ver caras conocidas, pero nun acto dirixido al conxunto da sociedade eonaviega, nun auditorio con tirón como é el das Quitas, resulta un pouco descorazonador topar este plantón. Realmente desconozo cuánto puderon publicitar el acto el Concello del Franco ou el Academia de la Llingua Asturiana - Secretaría Llingüística del Navia-Eo.


Comenza el acto cos dous ponentes á mesa, Carmen Muñiz, secretaria da Secretaría Llingüística del Navia-Eo e Francisco Llera Ramo, sociólogo encargado da enquisa. Nun atril, a concelleira de Cultura, Victoria Zarcero, e Cecilia Pérez, alcaldesa del Franco, exercen de anfitrionas dando a benvinda aos presentes e exhortando aos ponentes e al público a fer as cousas ben.


Toma a palabra Llera Ramo e presenta el traballo que se desenvolve en sete capítulos (del 0 al 6), que son:


0.- Ficha técnica.

I.- A identidá asturiana nel Navia-Eo.

II.- A identidá lingüística nel Navia-Eo.

III.- Destreza llingüística y alfabetización.

IV.- Avezos llingüísticos.

V.- Actitudes y demandas llingüísticas.

VI.- Política llingüística.


Fálanos primeiro de nada da metodoloxía. Trátase de perguntas semipechadas feitas por teléfono (as anteriores foran presenciales, pero a situación covid desaconséllalo neste caso), nas que el enquisado responde libremente. A min non me acabou de quedar claro qué quer dicir perguntas semipechadas, e máis alantre iremos falando deso.  As respostas a estas perguntas agrúpanse despois núa serie de items. Sobre el metodo de agrupamento van ir salindo cuestiois a pouco e a pouco, e é nesto nel que vou centrar a maior parte da mía crítica.

 

Sorprende que el primeiro que se prantíe seña a identidade dos eonaviegos. Entendendo que hai úa relación entre a identidade lingüística e territorial, cabe perguntarse por qué é a primeira pergunta.

Outra cousa difícil de entender é por qué namais nel Eo-Navia se pergunta sobre a identidade con respecto a outra comunidade autónoma, xa que nel resto de Asturias pergúntase pola identidade española Vs. la asturiana, pero non por outras identidades. Perguntado por el tema Llera Ramo responde que «no vamos a preguntarle a alguien del Oriente si se siente asturiano o... leonés o cántabro, porque no tiene sentido». Eu pergúntome por qué non ten sentido e vou permitirme recordar aquí que os concellos de Ribedeva e as dúas Peñamelleras pertenceron á provincia de Sanander, colo que a pergunta non sería tan marciana. Qué criterio é el que fai necesario úa pergunta específica e diferenciadora pral Eo-Navia? Pergúntase sobre el que se duda? Parece indudable que a xente de Ribedeva non pode sintirse cántabra (apesar de ter sido santanderíos) pero necesitamos reafirmar que a xente da Veiga se sinte asturiana...


Pero se a formulación da pergunta pode despertar sospeitas sobre os criterios científicos ou sobre os obxectivos estrictamente sociolingüísticos da pergunta, as respostas son mais chamadeiras. Temos xente que se identifica como asturianos e gallegos, simultáneamente, núa identidentidade de fronteira, a decir del informe del 2002. Temos xente que se identifica como asturianos pero tamén galegos, como galegos pero tamén asturianos... e un 70% que manifesta ser asturianos hasta la médula. Esto é, naide, un 0%, manifesta ser asturiano, a secas. Ante a pergunta de por qué del apelido, a resposta é que as perguntas se fixeron de forma abertas e sen guiar pra nada as respostas. Evidentemente hai quen prantía que é mui raro que el 70% use el expresión hasta á medula e non outras mais neutras (vaia, que é mui chocante que naide responda asturiano, sen máis). «Pues sí, el 70% afirma ser asturiano hasta la médula, es lo que responde la gente», manifesta el sociólogo sen ocultar el enfado pola pergunta. Xa é casualidade que nel 2002 a resposta medular fose exactamente nos mesmos termos nel 74% das respostas (perdimos un 4% de médula nestos vinte anos). A estas alturas cualquera pode pensar que, ou ben as perguntas son guiadas ou ben recóllense as respostas dun xeito mui curioso de agrupalas. De verdade podemos crer que tódolos que manifestaron a súa asturianía sen fisuras lo fexo usando el expresión hasta la médula, como se afirmou nas Quintas? Naide manifestou ser asturiano, a secas ou asturiano hasta os collois? Nótese que é a única resposta na que se recolle un apelativo que podemos chamar visceral (naide manifesta ser galego hasta la médula ou español hasta la médula. Reséñase ademais (sen gráfico neste caso, e tampouco lo tíamos nel 2002) que el 78% dos eonaviegos síntense tan asturianos como españoles, e un de cada dez (78,8%) se sinten máis asturianos que españoles, pero non se reseña cuántos se sinten máis españoles que asturianos e cuántos non saben ou non contestan.

 

Gráficos das respostas sobre identidade del 2002 e del 2021.
 

 

Pasamos á identidade lingüística, onde se meclan datos e valoraciois case políticas. Prantíase abertamente que as políticas pra normalizar denominación gallego-asturiano foron un fracaso (esto dícese nel acto, non se recolle nel librín), pois este termo úsalo namais un 7% da población, frente a un 14% que usa asturiano ou bable, un 65% que responde fala eonaviega, un 5% que responde outros e un 8% que non sabe ou non contesta.

 


Confrontando el gráfico del 2002 coel del 2021 non pode deixar de chamarnos

el atención a reducción de items nos que se agrupan as distintas respostas,

aparecendo nel 2021 un item coa suma del que que nel 2002 eran tres items distintos.

 


É chamadeiro que nel 2002 a opción máis escollida (cun 33%) pra chamar á nosa lingua era fala, sen apelido ningún (xa que as opciois con apelido recollíanse nel item, muito máis aséptico, de nomes locales), pero seguida ben de cerca (cun 24%) del que agora aparece como denostado galego-asturiano

 

Nel informe del 2002 xustificábase ese porcentaxe alto del uso de galego-asturiano dicindo que se daba «sin duda por causa del sou uso cada vez máis frecuente en ámbitos oficiales e educaticos», esto é, pasamos de ter un glotónimo, galego-asturiano, que medraba nel sou uso social a ter un glotónimo que, al decir dúa asistente (recordo que tódolos asistentes éramos militantes dúa ou outra postura) «non nos gustaba a naide». Ou daqué non cuadraba nel 2002 (cuando galego-asturiano era el que propoía el ALLA) ou daqué non cuadra agora. E non nos pasa por alto que é nel 2007 cuando el ALLA empeza a apostar tímidamente pol glotónimo eonaviego.

 

Ademais tíamos nel 2002 un porcentaxe pequeno pero recollido (6%) que respondía que la chamaba chaporreo, que ademais coincide coel que recollía maioritariamente, a principios del s. XX, el ALPI como chapurriao. Qué foi desa xente? Cómo pode ser que fala pase de ser a forma máis escollida a non esistir? Aquí entra el xogo da agrupación de respostas, que mencionamos arriba e que Llera Ramo manifesta ter usado al hora de reflexar os datos. Baxo el termo fala eonaviega «s'engloban as súas variantes locales». Esto é, que onde daquén responde que fala fala tapiega, figueirolo, ibiano... apuntamos fala eonaviega, e conste que non lo digo eu, díxolo Llera Ramo. «Pero también tenemos gente que responde "fala eonaviega", eh», afirma el sociólogo, mas non é a darnos el dato («tendría que descargarlo, no lo tengo descargado»).

 

Esto é, el termo fala eonaviega recóllese nun número desconocido e amécenselle tódalas respostas que faen referencia á inmediatez local (tapiego, cuañés...), el termo máis xenérico fala (sen apelidos) e el termo chapurriao/chaporreo, que nas primeiras enquisas se recolleu baxo un item propio por non saber qué quer dicir el termo (sic.), pero neste caso entendeuse que equivale a cualquer denominación local (sic.). Parece ser que dende que el ALPI recolle chapurriao como forma maioritaria nel Eo-Navia hasta anguano non fumos a saber qué quería dicir chapurriao, e aínda máis, non entendemos que chapurriao seña un glotónimo que abarque a tódalas variantes locales del Eo-Navia (apesar de recollerse en todo el territorio) senón que lo interpretamos como úa resposta local (como tapiego ou ibiano). El que queda como úa verdadeira incógnita é que se todas as respostas que non son nin asturiano nin galego-asturiano "agrúpanse" nel termo fala eonaviega (dende ibiano a chapurriao, pasando por fala), qué respostas se está agrupando nese 5% que responde outros? Porque, chocantemente, outra desaparición sospeitosa con respecto al 2002 é el item galego (se ben é verdade que aparecía cun modesto 2% na enquisa del 2002).


Non deixa de chamar el atención, ademais, que nel turno de palabras, cuando se puso en cuestión que tódolos termos locales, máis el xenérico fala, máis chapurriao se englobaran baxo el item fala eonaviega, xerouse muita tensión na sala, chegando el ponente a mandar calar a úa persona del público por ser "demasiado reiterativo" al hora de dicir que fala eonaviega non lo usa naide e defender que hai que siguir apostando pol glotónimo galego-asturiano.


De feito, se na redacción del informe del 2002 usábanse os glotónimos fala e galego-asturiano, núa perceptible aposta institucional por esta forma (nel 2002 era a forma de consenso pola que apostaba el ALLA), na redacción del informe del 2021 úsase el glotónimo fala eonaviega de forma mui maioritaria, nel que parece úa aposta, quer persoal, quer institucional, por un glotónimo cun porcentaxe de uso popular que non se presenta, pero que sirve de nome al caxón de xastre onde entra case todo. Úa denominación distina a la que dá, por un lado, a Lei de Uso, e por outro as propias Normas del Gallego-Asturiano editadas nel 2007 pol ALLA.

 


 


 


Apesar da escueta explicación («s'engloban as súas variantes locales»), esto non se explica nel estudio (ou nel avance) e respóndese ás dudas que este item despertan con nerviosismo e úa actitude que recorda al maestro que reñe al neno respondón. Ademais, mui convenintemente, a prensa publica al día seguinte que el 65% dos asturianos del extremo occidental chaman á súa lingua fala eonaviega. Esto é, a explicación arrancada "á forza" al ponente ante un auditorio de 15 militantes non chega á prensa (que non estaba na sala), pero el idea de que fala eonaviega é un glotónimo popular si chega á prensa, e con elo á población, aínda que queda demostrado que ese porcentaxe responde a úa suma de respostas variadas e, por tanto, non responde á realidade. Pero todo el que se falou nas Quintas non vai chegar al gran público.

 

Trátase dúa enquisa que, como tal, recolle as opiniois da xente, pero na exposición abundan afirmaciois del tipo «esto lo dice así la gente y es así objetivamente», sen que sepamos de onde sale el critero obxectivo. Na propia redacción del avance non queda claro cuándo falamos da opinión manifestada polos enquisados ou de feitos obxectivos, afirmándose nel texto que «el nivel de conocemento da Fala Eonaviega por parte dos habitantes del Navia-Eo é mui alto y cuase el mitá dos falantes tán alfabetizaos, lo que amostra, claramente, el avance del proceso de normalización». Esto é, non se trata de que os falantes percivan subxectivamente que están alfabetizados, senón que lo están, e esta realidade obxectiva (el adxetivo non sale nel avance, pero si saliu na exposición)  responde al avance del proceso de normalización, sen que quede claro se esta explicación la dá el sociólogo ou os enquisados. En cualquera caso parece imposible pensar que a metade dos ciudadanos del Eo-Navia estean alfabetizados cuando a entrada del asignatura de Galego-Asturiano (nome oficial da materia) nas escolas data de finales da década de 1990, e aínda tarda en xeneralizarse nos centros educativos del territorio estudiado. Eso por non mencionar que a población eonaviega está particularmente avellada... Alfabetizouse en fala eonaviega na escola franquista a maior parte da xente? A resposta ven rápida, «la alfabetización no tiene por qué ser en la escuela, puede ser autodidacta, por ejemplo yo no me alfabeticé en asturiano en la escuela franquista, sino por mi cuenta, de forma ineficiente -asegura- pero suficiente». Ben, el señor Llera Ramo foi autodidacta, como eu e como tantos militantes... De verdade é defendible dende a estatística que a metade da población eonaviega alfabetizouse de forma autodidáctica?


Afírmase, por úa banda, que a metade da población eonaviega está alfabetizada gracias al proceso de normalización lingüística, e por outra banda el 40% ten un «relativo estrañamento llingüístico [que] espeya el lento y incompleto proceso de normalización social del Eonaviego». Home, ben é verdade que sálenos metade e metade... un proceso de normalización lingüística que nel 2002 conseguira poer el termo oficial galego-asturiano como el segundo en popularidade pero que nel 2021, apesar dos vinte anos de normalización, cae na marxinalidade.


Reitero el que dixen al principio, eu non soi sociólogo (poucas gracias), pero resúltame cuestionable a metodoloxía seguida e presentada neste traballo. A incomprensible explicación da naturaleza das perguntas semipechadas, a máis que cuestionable agrupación das respostas baxo items viscerales (hasta la médula), que costa crer que señan representativos, e úa denominación claramente minoritarias nel conxunto de respostas agrupadas (fala eonaviega) que coincide coa que dende vai un tempo ven promocionando el ALLA pero de la que non se pode afirmar que haxa ningún uso popular.

 

A todo esto hai que amecerlle actitudes concretas que son, al meu ver, cuestionables. Por úa banda, ningúa das persoas que manifestou el apoio al termo eonaviego lo fexo nel uso da palabra, xa que ningún pedíu a palabra (daqué que chocou, habendo como había personalidades relevantes na defensa deste glotónimo), senón interrumpindo a palabra dos outros. Podemos pensar que, al fin, el público responde como responde nun clima de manifesta tensión, pero resulta inadmisible que el ponente mande calar a daquén que lle está perguntando, que el alcaldesa, anfitriona del acto, lle diga á salida al ponente, respecto dúa persoa que lle perguntara, "este é galleguista" ou que peche as intervenciois, por motivos de tempo pero despois dedique 20 minutos a fer súas as tesis del ponente. Como resulta chamadeiro que se manifeste que este estudio, financiado pol Ministerio de Cultura, non saliu a concurso porque se tira dun académico del ALLA, pero l tempo se quera presentar el informe como un texto independente encargado a úa insitución externa (el Euskobarómetro).

 

Esperaremos á presentación nel Milán del informe completo, e esperamos que, agora si, se individualicen os datos agrupados e podamos saber el porcentaxe real de xente que respondeu chamando á nosa lingua fala eonaviega, cuánta respondeu chapurriao... El compromiso de felo quedou nel aire.

sexta-feira, 18 de junho de 2021

Augua que non dá vida, mata.

 



Chove nesta terra

onde a terra é augua
e el augua
                   chuiva
                                 orballo
                                            barruzo
el augua sonche lágrimas.

Chove nesta terra
e nunca choveu que non parara.
Quen lo diría!
Cuarenta e cuarenta anos de torbuada!

Úa desas torbuadas de verao
dun 18 de xullín
de non se sabe xa cuando
que sementou a semente
dúa España Nova
que hoi cheira a vella
pero non despega el sou raigaño
desta terra,
terra na que chove.

Chove nesta terra
e móllanse os de sempre,
los que nunca tuveron chamarra,
los que sen chamarra quedaron.

E el augua ten sempre
sempre
sempre
os mesmos nomes
e os mesmos apelidos.

Das mesmas nubres mouras
ven el augua que mata
                           de tedio
                                    de frío
                                          de fame.

Cuarenta e cuarenta anos.
Nunca choveu que non parara!
Mexan por nós
e chámanlo democracia.

quinta-feira, 22 de abril de 2021

Ríos.

 Nuestras vidas son los ríos

que van a dar en la mar,

que es el morir.

                        Jorge Manrique.


As nosas vidas son os ríos

que van dar na mar,

que é el morrer.


El que naide dixo

é que os ríos foran el vivir,

que foran caudales

de augua pura

                         cristalina

                                         fresca.


Naide dixo que os ríos son,

en verdade,

el sumidoiro onde botan auguas fecales,

merda,

as ciudades.


Naide dixo

dos ríos

que están atravesados por tuberías

de residuos

                    de silencios

                                         de medo.

como as tuberías que cruzan

a praia

           de Foxos

onde botan,

los que poden,

tódalas miserias súas.

E los que non podemos,

botamos as ganas.


Botan al Ganxes

as cinzas dos mortos

os que mortos tein

e poden incineralos.

Botan os que non poden,

aínda que mortos teñan,

os corpos enteiros.


De tal xeito son

os ríos das vidas nosas,

que van dar na mar,

que é el morrer.


Cheos de días mortos

que flotan como inertes caimais,

recordándonos que,

aínda que quéramos ver un Ganxes sagrado,

temos por vida un sumidoiro

de días

            de vidas

                          de tempos.


E pola noite aluma a Lúa,

mesmo nel Ganxes,

chen de mortos,

que nel Navia,

cruzado por tuberías.


E brilla.

E parece que é

                         de día.





terça-feira, 20 de abril de 2021

Yo soi un uvieín.


Tengo señaldá de la ciudá na que vivo

dende va quince años.
Señaldá de les primeres veces.
De la primer vez qu'entré nesti cuartu.
De cuando andaba pel Milán.
De la primer vez que llegué tarde a clase
de Juan Tresguerres
Prehistoria Universal
y eche-y la culpa a los semáforos
de peones.

Tengo señaldá de les espiches y les tertulies.
Señaldá de la Casa Posafuelles.
Mesmo señaldá del Chigre'l Naranco.
Tengo señaldá del Esperteyu ya'l Ca Beleño.

Señaldá de les manis pola oficialidá,
de La Pita.
Desti cuartu nel qu'habité nel que siempre hebo
un escudu de Cuaña
colgáu na parede.
Un escudu que ta nel cuartu
qu'agora habito.

Porque siempre fui,
siempre seré
un cuañés.

Pero quince años,
quince,
rondando esta ciudá,
fainme uvieín.
Doce años viviendo en Vetusta,
trés na Corredoria y toos ellos rondando
los barrios d'abaxo.
Ventanielles,
El Postigo,
La Tenderina,
Teatinos, Pumarín ya'l Milán...
Quince años ayén al Oviedín del Alma,
viviendo l'Uviéu de los uvieínos,
onde tomar una botella sidra
nuna sidrería china
a ritmu de palmes flamenques.
Quince años
faen de min
un arguyosu uvieín.

quarta-feira, 14 de abril de 2021

Hacia úa República Federal?


Hai quen ve nel Reino de España certos cambios na súa estrutura política. Persoalmente cóstame velo, pero non pouca xente interpreta que dos escándalos del anterior rei de España, heredados, en certo modo, pol actual rei (e os mesmos escándalos de Felipe VI) supón úa crise pra Coroa, como institución, e con elo al sistema monárquico. Por outra banda, algús son, pral meu criterio, extremadamente entusiastas coa entrada de Unidas Podemos nel Goberno de España, interpretándolo como el principio del cambio. É esta a xénese dúa III República Española? Eu penso que non hai razois pra pensar asina, pero poñámonos en que seña asina, de que modelo republicano estamos a falar?

A nivel territorial é evidente que España tuvo sempre úa relación traumática coas súas distintas realidades nacionales/rexionales/provinciales/forales... Un trauma que en gran medida, é úa apreciación mui persoal, ven dun verdadeiro desconocemento da realidade territorial española (desconocemento fomentado, por suposto). Póñamos por caso, un pouco tonto, se queremos: Cuantas Comunidades Autónomas ten España? Daquén responderá, con seguridade, 17. E quen quira sacar nota dirá "e dúas Cidades Autónomas". Ben, é úa carallada, pero España ten 16 Comunidades Autónomas (rexidas por Estatutos de Autonomía), úa Comunidade Foral (Navarra, rexida por un foro) e, efectivamente, dúas Cidades Autónomas. Esto ten por consecuencia que, por caso, el 155 non se lle podería aplicar a Navarra. Ou que se se lle aplicara al País Vasco el 155, parte desas competencias vascas colleríalas el Estado, pero outra parte volverían ás Diputaciois Forales.

Pero falábamos da III República Española e de que forma podería ter. Mesmo sen chegar a prantiar a proclamación da República, non falta en España quen defende úa realidade estatal distinta. Esto ven sendo el conflicto secular del Estado español, non nel actual réxime constitucional, senón na súa Historia, dende as guerras carlistas e a defensa dos foros (perdidos en algús territorios), mesmo dende as guerras de sucesión nas que Aragón perde os sous foros, hasta os proxectos federales da I República, pasando polas guerras cantonales en Murcia e chegando aos conflictos del Estado Catalán coa II República Española ou as reticencias désta a reconocer Estatutos de Autonomía (tamén pra Asturias) hasta a España Una Grande y Libre e el posterior café para todos con dúas vías pra acceder al Autonomía.

Este discutinio territorial é a constante española (pra algús a razón pola que podemos dicir que España é, en certo modo, un Estado fallido). E forma a principal preocupación española en cualquera sistema político, quer democrático, quer dictatorial, quer republicano, quer monárquico, quer centralista, quer autonómico.

Coel procés catalán apareceron voces federalistas, mais, polo que seña, acabou el procés e acabaron esas voces federalistas. Pero non é menos certo que boligan outra volta certas voces federalistas ante posibles cambios constitucionales.

E, mirando prá casa, mirando pra Asturias, ábrese úa reforma del Estatuto (ou supoemos que se abre, porque aínda non se abríu e a cousa vai eternizádosenos un pouco) que nos medios ten como principal cuestión a cuestión lingüística, a oficialidade del asturiano (e del galego-asturiano), o como gustamos de dicir neste blogue, a oficialidade del galego e del asturiano. Pero non é solo a oficialidade lo que as asturianas e os asturianos nos xugamos na reforma del Estatuto. É el acceso a maiores competencias. Competencias maiores sobre el transporte (el traspaso del sistema ferroviario que tan ben se fexo nel País Vasco e que está incruído nel Estatuto de Autonomía asturiano). Competencias al hora de realizar cambios nas estructuras internas de Asturias (el famoso reconocemento institucional das Parroquias Rurales, tamén presente nel noso Estatuto, pero apricado a úa minoría de parroquias asturianas). Competencias pra realizar cambios na fiscalidade e deretos sociales dos asturianos, el acceso a úa tarifa eléctrica asturiana (que as eléctricas non se leven el que producen coa forza dos nosos ríos, el exemplo clarísimo del Navia, monopolizando os nosos montes ou contaminando el noso aire, pra máis inri con carbón del outro lado del mundo). Competencias pra impedir que as empresas que producen en Asturias fiscalicen en paraísos fiscales dentro del Reino (paraísos prás empresas, non praos ciudadanos desos territorios que se ven privados de servicios básicos). Competencias pra que el acceso a novos sistemas de protección social (benvidos, por suposto) non supoñan retirar competencias autonómicas; falo agora del traspaso efectivo de competencias coa sustitución del salario social, de competencia autonómica, pol ingreso mínimo vital, competencia estatal, colo que se da, de facto, un traspaso de competencias. Acaso cabe falar de federalizar España recentralizando competencias?

Non está de máis recordar, nese sentido, el Forismo Xuntista del que falou nalgúa ocasión Sánchez Vicente, e reivindicar un dereto histórico dúa nacionalidade histórica, seña núa República Federal ou nun Reino federalizante. E, por suposto, este foralismo asturiano ten que ser de obrigada defensa por parte das instituciois autonómicas, reivindicando e tendo como principal vocación ter el máximo de autonomía que se poda ter nel sistema político que téñamos en cada momento, seña un futurible sistema republicano federal, monárquico federalizante ou mesmo nel marco actual da Constitución del 78 e el Estatuto del 81, poendo especial énfase nel réxime fiscal (temos aí el réxime fiscal foral dos vascos e navarros, pero tamén el réxime especial dos canarios) que nos ía permitir profundizar nas maiores competencias ou mesmo pra non vernos abocados a renunciar, de facto, as competencias que xa tíamos asumidas, e dándonos un maior márxe pra que el Autonomía e el atención á estructuración de Asturias non seña esternalizada (penso na esternalización de facto que supón el CTA en favor da empresa Alsa, que non sei onde tributa, por certo), ou que non podan planear obscuros intereses privatizadores sobre el sistema ferroviario asturiano. Esta ten que ser a linia principal que traballar cara á próxima reforma estatutaria, amén de reconocer os deretos lingüísticos pra tódolos asturianos en todo el territorio (sen ámbitos territoriales que valian).

Porque seña núa España monárquica ou núa España republicana, a cuestión territorial ha ser a principal preocupación deste Estado. E Asturias non pode corformarse con ir a remolque del que pase noutros territorios. Se caminamos hacia úa España máis federal (coronada ou sen coronar), Asturias ha ter a súa voz propia. E ese é el republicanismo que temos que afrontar as asturianas e os asturianos se de verdade temos na cabeza úa idea de Liberdade, Igualdade e Fraternidade.