terça-feira, 4 de dezembro de 2012

Somos.


Foto: ver fonte.


Somos os que naceron veyos,
fiyos de pais que soñaron a movida,
nun país sempre inmóvil,
reflexo porco en porcos espeyos
de realidades enxamáis vividas
d’úa transición inverosímil
d’aquellas vidas de misa y mantiya.

Fiyos d’aquellas revolucióis da Bruja Avería
qu’escupían «Viva el mal, viva el capital»,
dende úa tele por forza mercantil y colonial.
Fiyos d’aquellos contos que resultaron mentira
naquellas teles que forxaron as memorias
d’aquellas vidas que nun eran máis qu’historias.

Xente ilusa que soñaba
controlar el sou destín,
llibres en mercar y follar
nun soño que nun tía fin.
Soñado embaxo da túa saya,
soñado enriba das mías costas
pola forza da túa palabra marcadas,
cua forza d’un llátigo lliberador
qu’arrancóu da mía boca paxaríos
de colores que nunca enalaron,
de soños rotos, qu’el silencio axordóu.


Y nos meus soños tu pousabas a túa mao sobre as mías costas mancadas, y con sal las curabas y aliviabas, pois nun esiste nos meus soños dolor nin escozor na túa mao.


Foto: ver fonte.

sexta-feira, 23 de novembro de 2012

Asediar.

El SUP pide identificar a los acusados del «asedio» a la Comisaría el 14-N  vía  FUE BOCHORNOSO 
Twitter da delegación asturiana del Sindicato Unificado de Policías (SUP), @supasturias .


Asediar: Cercar un punto fortificado, para impedir que salgan quienes están en él o que reciban socorro de fuera.


El 14 de Novembre convócase úa folga xeneral en varios estados europeos (España, Portugal, Grecia, Malta, Bélxica, Italia y Chipre), con muito seguimento nel noso país, y concretamente na ciudá de Xixón, unde houbo cuatro detidos (ver noticia), y úa posterior concentración ás portas da Comisaría de Xixón. Úa concentración qu'el SUP califica d'asedio, nun sei se dende el desconocemento da palabra ou, máis probablemente, dende a manipulación buscada del llinguaxe, nun exercicio de demagoxa al que se suman os medios de comunicación (que, nun lo esqueizamos, nin son imparciales nin se limitan a informar, senón que construyen opinión y ideoloxía).


Os manifestantes en Xixón (que como nos descubríu 
Arturo Fernández son orcos) asediando a Comisaría de Xixón.


Ún sinte falar d'asedios y inevitablemente pensa en castellos medievales asediados por tropas enemigas que tengan d'engalar parede pr'arriba mentres os outros ye botan aceite ardendo pra que nun trepen. Ou pensa en fougo de morteiro caendo sobre un cuartel nel qu'os soldados resisten con certa heroicidá (a mitoloxía franquista crearía as visióis heroicas dos asedios del Simancas, en Xixón, ou del Alcazar, en Toledo). Asediar é, en todo caso, tanto en gallego-asturiano como en castellano (as declaracióis del SUP tán espresadas nesta llingua, razón pola que tiramos del DRAE pra definir lo qu'é un asedio), úa palabra cargada de connotacióis bélicas, úa palabra que nos suxire úa situación de guerra. Nun é úa palabra qu'utilicemos nas situacióis normales da nosa vida pública. Y é que, dende vei un tempo a Policía tennos avezados a un llinguaxe militarizado que feiría ver a colquer extraterrestre que chegara á Terra qu'a situación nel Reino d'España é cuasemente de guerra. Asina el xefe superior da Policía nel País Valenciano, Antonio Moreno, calificaba a os alumnos del IES Lluís Vives d'enemigos, nun llinguaxe militarizado del todo fora de llugar, xa que falamos d'alumnos de secundaria. Supoño qu'as Unidades d'Intervención Policial (UIP) qu'entraron na Pola Ḷḷena ou en Ciñera (Lleón) condo as últimas movilizacióis mineiras, tamén pensaron tar actuando nun territorio hostil y enemigo. Supoño que condo as forzas de seguridá entenden qu'úa población enteira é territorio hostil, haberá que perguntarse qué ta pasando, como haberá que perguntarse qué pasa condo us estudiantes que rondarán entre os 13 y os 18 anos son calificados d'enemigos.


Peró por nun salirnos del que tábamos falando, imos centrarnos nel qu'ocurríu en Xixón el 14 de novembre. Nel contexto d'úa folga xeneral que trescurríu sen mayores altercados, cuatro piquetes son detidos. Como pasa sempre nestos casos, sucédese úa concentración ás portas da comisaría. Pasóu en Uviéu, por caso, colos seis detidos al intentar parar el desahucio de Patricia y Jorge, esperando pola súa salida centos de personas ás portas da Xefatura Superior de Policía, sen que pasara nada, sen qu'os axentes de policía finxiran un medo ridículo a úa situación d'invasión del recinto que naide, naide, cre. Incluso naquel caso unde a xente taba muito máis cerca das portas (porque quen conoza a caye, saberá qu'é úa caye estreta, que nun dá pra máis), nun cabía pensar núa invasión da comisaría. En Xixón a xente nun taba, nin muito menos, cerca da Comisaría, senón que distaban muitos metros pol medio (quen conoza a zona saberá qu'é úa esplanada amplia y con muitos accesos, y a Comisaría nun taba, nin muito menos, nin arrodiada nin aisllada, nin asediada). Este suposto medo dos representantes del SUP a qu'os policías y a propia Comisaría sufrira un ataque inminente das 4.000 personas que taban allí congregadas (qu'algús medios estimaron namáis en 1.000, hailos que se perden cuntando) é irreal se partimos de varios feitos:

Primeiro, é mentira qu'a Comisaría tuvera asediada, nin que, como diz noutros tuits el SUP-Asturias, s'impedira el paso a vehículos. De feito abríuse paso a úa ambulancia que tuvo qu'atender úa lipotimia, y os policías puderon fer, sen nengún impedimento, el cambio de turno (sí, nas situacióis estremas como a que pretende figurar el SUP, de resgo inminente, os trámites llaborales cotidianos, como el cambio de turno ou el hora pral bocadillo, parece que nun sufren ningún cambio).

Segundo, nun houbo ningún intento d'acercarse á Comisaría máis alló del cordón policial. Ningún intento de saltallo. Tampouco ningúa agresión á Policía, nin tan sequera ningúa orde por parte das autoridades pra desaloxar el llugar. Sí é verdá qu'a tensión era muita, y qu'houbo momentos nos que pudo, pudo, darse un resgo d'enfrentamento que nun chegóu a darse.

Terceiro, esa tensión era comprensible, dado qu'a UIP chegóu a entrar, sen orde xudicial algúa, nas dependencias da Casa Sindical de Xixón, dando llugar a un allanamento de morada incomprensible nun Estado de dereto.

Cuarto, nun é novo, como espliquéi primeiro, que se dean concentracióis nas inmediacióis das comisarías, y en concreto da comisaría xixonesa. Non en vano, a comisaría ta xusto al llado das instalacióis da Naval Xixón (¿casualidá?), unde ben de concentracióis y conflictos llaborales se deron. A presencia de trabayadores lluitando polos sous deretos llaborales, llonxe de ser úa situación estrema, é el pan noso de cada día na zona, pois os trabayadores del naval atravesaron muitas situacióis de conflicto llaboral y son dos máis combativos de Xixón.


Os asediantes ás portas da Comisaría de Xixón. Pode apreciarse
a súa actitú estremadamente violenta (ironic mode on)

Desconozo qué interés tén el SUP en afondar nun llinguaxe bélico pra situacióis de conflictividá llaboral comúis en todas as democracias occidentales. Desconocemos el interés del SUP en descontestualizar os conflictos llaborales, tratando a os trabayadores como delincuentes comúis (máis pr'alló de qu'úa acción concreta poda ser llegal ou non), ou mesmo de comparallos cua tolla dos gatos dos Simpson, tal como parecen insinuar nas declaracióis finales da noticia de La Nueva España («Se produjo, además, un evidente ejercicio de desigualdad y aplicación de privilegios con los cuatro miembros del piquete, ya que una ciudadana que fue detenida el día anterior por un supuesto maltrato a un gato y por tirarle un teléfono a un agente de la Policía Local permaneció hasta el día siguiente en Comisaría y fue trasladada ante la magistrada de guardia»), nun exercicio de ridiculización del movemento obreiro asturiano.

Desconozo, tamén, por qué a Policía ten cada vez máis medo dos trabayadores, dos ciudadanos, da xente del común. Por qué se sinte asediada por trabayadores, amas de casa, pensionistas, parados, estudiantes... (ésa era a xente congregada en Xixón, non terroristas chiítas, como pinta el SUP).

Nun soi a comprender os términos cada vez máis militaristas das Unidades d'Intervención Policial y dos voceiros da Policía Nacional y os representantes del SUP (el secretario xeneral del SUP estatal, José Manuel Sanchez Fornet, pidía dar "leña y punto" ante as movilizacióis del 25-S), ese considerar delincuentes a todos os que se moven, de considerallos enemigos, dá igual que señan trabayadores en folga (mesmo xente mayor), alumnos pidindo calefacción en clase, a xente del 15M, os laicos (tamén a prensa) que s'opóin a qu'el Reino d'España financie as visitas del papa y as mocedades católicas ou os mineiros pidindo trabayo. Dá igual quén seña. Somos EL ENEMIGO, asediámoslos, mirámoslos mal, creamos disturbios (anque muitas veces, sabémoslo, os disturbios xenéranlos aquellos que son compañeiros, coño).

Tamos ante úa Policía que cadaldía síntese máis llonxe da xente á que diz protexer. Y eso, nel Reino d'España, nun nos é del todo novo. Y condo a xente que porta armas nun se sinte en sintonía cua población a que defende, nel Reino d'España, é preludio del que todos conocemos. Y é qu'hailos que tein grabado a fougo aquello de que "la política, en España, se hace a golpe de sable".

_______________________________

Nota: Pido disculpas al llector por el esceso de vídeos enllazados, sei que son muitos y poden abrumar pola cantidá, peró consideréi que todos ellos vían a conto y había que reflexar a realidá, qu'en sí é abrumadora.

segunda-feira, 12 de novembro de 2012

14-N. Obreiros del mundo, unídevos.

Ás veces ún cansa de falar sempre de lo mesmo. Ás veces ún pensa que todo el que dice xa ta dito. Y xa nun digo que xa tea dito por outra xente, que claro que primeiro de qu'eu escriba estas llinias outros, con máis xeito qu'eu, pensaron y dixeron todo el que se podía dicir. Digo qu'eu mesmo xa escribín neste blogue, a lo llargo dos últimos tres anos (¡cómo pasa el tempo!) el que pensaba sobre case todo. Ta claro que polo menos xa dixen todo el que pensaba sobre as folgas xenerales, sobre por qué hai qu'apoyallas y sobre por qué os esquiroles me merecen el mayor dos desprecios. De todo eso xa dixen todo el que tía que dicir, y penso que nada novo podería dicir con respecto al post que xa colguéi condo a folga del 29-S.

Peró entre el última folga y ésta hai úa pequena diferencia. Esta folga convócase simultáneamente en España, Portugal, Italia, Grecia, Malta, Bélxica y Chipre. Por úa vez supéranse os marcos dos Estados-nación, por úa vez enténdese que nun é que couda de qu'en España tamos mui mal, que nun ten sentido buscar úa solución nacional a úa serie de problemas que trespasan, con muito, os marcos dos estados tal y como hoi los entendemos (marcos, polo demáis, que vei muito tempo que quedaron caducos). Mui probablemente a mayoría da xente que nel Reino d'España acuda á folga xeneral convocada pra este mércoles nun seña conscente da trescendencia d'esta cuestión. Peró lo certo é qu'é daqué mui trescendente. Por úa vez entendemos qu'ante as agresióis del capitalismo, qu'é internacional, nun podemos aportar solucióis nacionales, senón que temos qu'apostar por solucióis de clase. Por úa vez asumimos, anque seña namáis a grandes rasgos, qu'un trabayador asturiano tén os mesmos intereses y pertenece á mesma colectividá, qu'un obreiro chipriota, y pol contrario, nada ye debe y nada ten que ver col gran empresario asturiano qu'é, precisamente, el culpable da súa situación.

Máis d'úa persona dirá qu'a folga nun é contra os empresarios, qu'éstos nun tein culpa de nada, qu'é contra el Goberno. Cousas asina puden ller eu pola rede. Obvian, os qu'asina falan, que vivimos nun sistema político y económico determinado, con úa carga ideolóxica clara. Esto é, nun sistema ultra-lliberal unde as lleis tein úa carga de clase mui clara. Nun se trata de qu'as lleis tean ben ou mal feitas (muita xente fala da incompetencia del Goberno, condo eu penso todo lo contrario, pra los intereses que representan resultan realmente eficaces, sobre todo condo son capaces de convencernos que nun representan ningún interés, ou qu'eso intereses, en todo caso, nun son de clase). Trátase de que tamos ante úa lluita de clases, unde as institucióis, fieles a os sous amos, y fieles a os sous intereses de clase, se posicionan en favor dos intereses específicos d'úa clase y en contra d'outras clases.

Peró nun vivimos en estados autárticos, vivimos nun mundo, pra ben ou pra mal, globalizado, y con ello, vivimos nun mundo nel qu'as fronteiras administrativas, estatales, políticas... nun son, en nengún momento, fronteiras económicas nin reales. Os problemas específicos dos trabayadores malteses nun son diferentes de los dos trabayadores asturianos, nin tein outro orixe, nin son outros os sous condicionantes. En ese sentido, condo na Unión Europea se falaba d'aumentar a xubilación a os 65 anos, muitos trabayadores españoles nun apoyaron aquella lluita europea porque "Zapatero prometéu que nun iba aplicallo en España". Ben, vemos que nin eso é certo, nin os intereses dos trabayadores alemáis ou marroquís (pois tampouco falo d'un marco europeo, senón univerasal) nos son ayíos. Vemos qu'a pérdida de deretos da clase trabayadora en colqueira parte del mundo acaba indo en detrimento da clase trabayadora de todo el mundo, en contra nosa.

Úa folga que, ante a pérdida de deretos y de calidá de vida dos trabayadores en Europa y nel mundo, ante a privatización paulatina da Seguridá Social nel Reino d'España, ante a pérdida del que durante tanto tempo veu a chamarse Estado del benestar, nun caben os xovinismos nacionalistas (sí, os nacionalistas d'estado nunca reconocen a súa condición de nacionalistas, que sólo ye aprican a os nacionalistas periféricos), sinón a acción internacional, a acción de clase. Porque sí, esto é úa lluita de clases.

El última folga, a del 29-S, perdéuse úa gran oportunidá d'internacionalizar a lluita de clases, xa qu'os sindicatos españoles y os italianos convocaron úa folga con poucos días de diferencia, cada ún mirando pral sou propio estado y esqueicendo por completo que nel outro estado se taba combatindo polo mesmo, como se foran dúas lluitas distintas, como se italianos y españoles nun tuveran nada en común. Por úa vez, por úa vez, ese error subsanóuse. Sí, poderá achacarse, como xa teño sintido, qu'úa folga en España, Portugal, Italia, Grecia, Malta, Bélxica y Chipre, nun é úa folga mundial, que sólo abarca sete estados. ¿Sólo? Seique é un éxito mui grande que sete estados superen os sous xovinismos y convoquen úa folga en conxunto. Seique é el primeiro paso pra qu'esto se repita máis veces, con máis estados. É éste un trabayo nel qu'hai que profundizar.

Os medios de comunicación intentarán meternos medo, intentarán amenazarnos cua bancarrota, el paro, os despidos... Intentarán qu'os trabayadores nos sintamos solos. Peró nun tamos solos, hoi máis que nunca, os compañeiros, dentro y fora del Reino, tamos xuntos. Hoi, máis que nunca, OBREIROS DEL MUNDO, UNÍDEVOS.




quarta-feira, 31 de outubro de 2012

Ojos enlutados.


Pero vosotros, los comunistas, queréis introducir la comunidad de las mujeres, nos grita a coro la burguesía entera. [...]El matrimonio burgués es, de hecho, la comunidad de las esposas.
Karl Marx y Friedrich Engels, En manifiesto comunista. 




Semblante al suelo,
los ojos de los dedos
tiritan tranquilos,
exclaman serenos
y convencidos
escrutan
en mis ojos tiernos,
combativos, prepotentes y altivos,
que a tus ojos se abrazan y los enlutan
mientras tus ojos serenos
gritando en silencio me escrutan.
¿Qué buscan tus ojos
nocturnos de estrellas,
nocturnos de tinieblas
en mis ojos como en pozos?
¿Qué buscan en mis ojos
que no encuentran
llorando lamentos de miedos
que contra el aire se estrellan?

Izan tus labios moradas banderas,
dibujo en mi pecho rojas estrellas,
y alzando el grito de la revolución
te relegan compañeros al fogón.
Y mis ojos tiernos, ahora desarmados y cautivos
a tus ojos se abrazan y los enlutan
mientras, aún en silencio, tus ojos
fíjamente se me clavan y me escrutan.

terça-feira, 30 de outubro de 2012

Comunicación á decana del meu cese como representante d'alumnos.

Como ben sabedes muitos de vosoutros, desque emprincipióu el proceso de Boloña púxenme a andar a voltas col movemento estudiantil nel ámbito del Campus del Milán. Esto chevóume a participar, entre outras cousas máis, da Xunta de Facultá de Xeografía y Historia, primeiro, y xa condo unificaron as tres facultades del Milán, na Xunta de Facultá de Filosofía y Lletras. Lo que non muitos sabedes é que, por distintos motivos, deixéi d'estudiar na Universidá d'Uviéu, y agora fáigolo na UNED. É por eso polo que, como ex-representante d'alumnos, dirixínme á decana de Filosofía y Lletras pra trasmitirye a mía marcha da Universidá d'Uviéu.

Vei algún tempo fixera un blogue específico como representante estudiantil, peró lo certo é que nunca nun tuvo muita vida, polo que paréceme máis razonable colgallo aquí, pra fer pública a mía carta. Esta é a carta qu'escribín á decana.



Xueves, 4 d’Ochobre de 2012.

            Estimada decana:
            Fáigote llegar esta carta pa ponete en conocimientu de que’l 20 de setiembre solicité na secretaría d’esta Facultá’l trespasu d’espediente a la UNED, pa proceder, darréu, a matriculame n’esa Universidá nel Grau de Xeografía y Historia.
            Ello conlleva’l dexar de formar parte de la Universidá d’Uviéu, y con ello de la so Facultá de Filosofía y Lletres, situación que comunico a efectos de manifestar el mio cese como miembru de la Xunta de Facultá y, en consecuencia, de la Comisión d’Evaluación por Compensación.
            El mio pasu pela Universidá d’Uviéu, y per esti campus, resultó ser una esperiencia mui arriquecedora a munchos niveles. Compartir espaciu con alumnes, profesores, becaries, personal de la casa y, tamién, personal esternu, ye un motivu d’arguyu y satisfacción. Compartir espaciu con dalgunes de les persones que llegaron a ser un pegoyu na mio vida ye motivu de fonda felicidá.
Tener participao nel movimientu estudiantil y, como ferramienta estratéxica, nes Xuntes de Facultá, tanto de Xeografía y Historia como de Filosofía y Lletres, tamién resultó enforma arriquecedor. Probablemente a esti pasu pueda achacáse-y más solombra que lluz, probablemente los llogros d’esa llucha estudiantil nun foron los meyores, y probablemente’l mio propiu compromisu particular pa con esa llucha resultare ser deficiente.
Una llucha entendida siempre como una parte de la llucha de clases que, güei, faise entá más manifiesta, a tenor de la situación qu’atravesamos. Una forma d’entender la Universidá asturiana como una Universidá al serviciu del pueblu asturianu, y al traviés d’él, al serviciu de la humanidá entera. Una xera qu’agora s’interrumpe polo qu’a mi me correspuende, pero que ye d’esperar qu’otres faigan xorrecer col puxu que la xente que fuimos quedando quiciabes nun-y llegamos a dar; na construcción d’una Universidá que, por necesidá, ha de ser asturiana y popular, ello ye, a la que tol mundu pueda acceder.
Ési foi el propósitu, non sólo míu, sinón de toles compañeres que dende estos parámetros trabayaron y trabayen na Universidá d’Uviéu, dientro y fuera de los sos muérganos de representación. Unos muérganos de representación que, lloñe de ser la espina dorsal de la vida universitaria, son, sicasí, una ferramienta imprescindible, al mio xuiciu, pa facer llegar la voz de la comunidá universitaria a la institución, y pa faer d’esta voz, una vozona (parafraseando a Fernán Coronas) y tresformala en fechos.
            Insisto, porque ye de xusticia, y porque siempre ye preferible dicilo ún mesmu a que-y lo digan, que la mio aportación a la comunidá universitaria foi realmente de mínimos, pero con too y con ello, ye daqué que llevo comigo. Una actividá qu’anque ameyorable, tuvo siempre l’únicu porgüeyu d’ayudar, por pocu que fuere, a que la Xunta de Facultá sintiera la voz de los estudiantes que, dende la oposición a Boloña, a la xubida de tases y a una Universidá d’escelencia quixeron facese oyer, con más o menos procuru, nos muérganos de representación universitaria. Quixeron valtiar les muries que davezu separten a les sociedaes de les instituciones académiques.
            Ensin otru propósitu que comunicar la mio marcha de la Facultá, y en consecuencia, de la Xunta, recibe’l mio saludu más calurosu, y failo llegar tamién a toles compañeres y compañeros de la Xunta de Facultá. 
Moisés Cima Fernández.

sexta-feira, 28 de setembro de 2012

Contra el monopolio da violencia del Estado.



Tras as recentes movilizacióis nas portas del Congreso dos Diputados, as posteriores cargas policiales sucédense, como nun pode ser d'outro xeito, as correspondentes declaracióis, por medios oficiales, personales ou oficiosos. El mundo das tecnoloxías dixitales é asina, y as declaracióis máis controvertidas nun son as verquidas en entrevistas ou en artículos periodísticos, nin en un comunicado oficial ou non de colqueira das partes litigantes. Non, as declaracióis máis controvertidas nin sequera foron un post en un blogue, senón as declaracióis en Twitter del secretario xeneral del SUP, señor José Manuel Sánchez Fornet (en Twitter @sanchezfornet ), qu'en sucesivas declaracióis que nun sobrepasan os 140 carácteres puxo á opinión pública patas arriba.

Sen entrar a valorar el carácter provocativo das súas declaracióis (fendo da espresión "leña y punto" úa especie de coletilla, el sou particular Carthago delenda est*, cabe resaltar algúas das súas ideas. A primeira, por entrar en evidente contradicción col discurso del estado den benestar que supón defender, é a innecesidá de qu'os policías vayan debidamente identificados, a pesar de que posteriormente núas declaracióis a un medio de comunicación aseguróu qu'él y el sou sindicato foron os primeiros en reclamar qu'os policías llevaran el sou númaro d'identificación visible, asegurando qu'esas palabras mencionóulas porque ye molestaba qu'a xente ye dera máis importancia al númaro d'identificación qu'ás agresióis á policía. En colquera caso, úa persona que representa al principal sindicato policial del estado, nun debería botar a llingua a pacer con tanta facilidá y debería axustar máis as palabras al que quer dicir, exercer un cargo de representación impide, en gran midida, qu'un poda dicir lo primeiro que ye veña á cabeza.

Peró, a pesar de qu'esa declaración del señor Sánchez Fornet foi úa das máis polémicas (despóis del sou leña y punto), nun é a que máis m'interesa. Úas declaracióis nas qu'asegura qu'a Policía é quen tén el monopolio da violencia son as que máis interesantes me resultan. Nos estados modernos el Estado resérvase el monopolio da violencia, a través dos sous corpos de seguridá y, chegado el momento, das súas forzas armadas. Esto é asina en aras de manter úa seguridá mínima, pois según el razonamento de colquera, se todos pudéramos ir por ei exercendo de xusticieiros, andaríamos a tiros todo el día. Ben, el razonamento qu'a priori parece válido y case de perogrullo, tras d'úa segunda llectura convértese nun razonamento máis que custionable. Peró pra custionar el monopolio da violencia por parte del Estado, primeiro hemos d'entender el Estado, y, se pinta, custionallo tamén.



Haberá personas que xustifiquen os sous actos y as súas decisióis en función á llegalidá. Lo qu'é llegal pode ferse, lo que non, non. Ben, según ese razonamento se me fumo un canuto en Holanda nun tou fendo nada cuestinable, pero se mo fumo nos Estados Unidos tou fendo daqué deplorable. É bon que nel Reino d'España a xente case cua xente del sou propio sexo, peró al tempo, en Irán é bon que s'execute á xente homosexual, pois é a llei de cada país lo que determina qué ta ben y qué ta mal. Lo qu'é bon nun país é terrible noutro... Evidentemente, a nosa sociedá occidental xeneróu úa serie de valores que se consideran universales ou, a lo menos, universalizables. Úa llista de valores máis ampria ou máis curtia según el poblo que los xenere (por caso, en Francia nun hai matrimonio homosexual, por máis que tamén señan úa sociedá occidental como España), peró qu'en colquera caso, consideramos qu'hai universalizar (as personas que defendemos el matrimonio igualitario nel Reino d'España tamén lo defendemos prá República Francesa y pral mundo). D'esta manera, a llei nun é úa norma moral absoluta, senón que se presenta como as reglas qu'un poblo acorda pra desarrollar a súa actividá cotidiana, y que, nun plano máis realista, resulta ser, máis que nada, a norma qu'as oligarquías establecen pra xestionar a súa producción económica y pra manter un statu quo ventaxoso prás clases dominantes. Núa situación de lluita de clases, resultaría iluso prantiar qu'as lleis son iguales pra todos ou qu'as lleis nun tein carga ideolóxica. Igual qu'os medios de comunicación asumen con toda naturalidá qu'a lleis d'un estado como Cuba son lleis ideolóxicas (en efecto, sonlo), hai qu'asumir qu'as lleis d'un estado como el Reino d'España son lleis ideolóxicas. Por caso, el incremento del IVA grávase sobre as capas populares da población, mentres qu'el IRPF grávase sobre as capas da población que máis rentas tein, polo que nun é d'estrañar que mentres qu'el Goberno d'España suba el IVA mentres que dá úa amnistía fiscal a aquellas personas que defraudaron al fisco (y nun é precisamente el fontaneiro que nun fexo factura el que vei sacar grandes réditos d'esta amnistía).

Entendendo, entós, qu'esiste úa disonancia entre os intereses que representa el Estado y os intereses das clases trabayadoras españolas y internacionales (a solidaridá y a lluita nun pode enzarrarse núas fronteiras, del mesmo modo qu'as agresióis contra as clases populares son globalizadas), el Estado deixa de ser un representante real das clases populares. Ben, agora el llector poderá dicirme, "xa, peró a esos políticos votóulos el poblo, votóulos a xente", y nun imos negar esa realidá. Nun imos negar qu'esiste un sistema electivo que s'acerca muitísimo al turnismo decimonónico nel qu'os dos grandes partidos caciquiles se turnaban nel poder tras úas democráticas eleccióis pra manter el statu quo nel mesmo punto. Nun imos negar que temos un sistema de democracia participativa que deixa pouco sito á ciudadanía (y a os que nun son ciudadanos peró viven y trabayan neste país, que son, polo tanto, parte d'este país y d'este estado). Un sistema que, sendo formalmente democrático, adolece úa serie de carencias democráticas realmente preocupantes.

Y ante a merma de llibertades, ante as agresióis económicas, políticas, sociales ás que someten ás clases populares as clases pudentes, ante a violencia silenciosa da que somos víctimas, úa violencia en forma de desahucios, d'EREs, en forma da eliminación da Seguridá Social, que xa causóu mortos en dalgús centros de salú (tamos falando de daqué tan terrible como daquén que morre núa sala d'espera d'un ambulatorio, nun estado que presume de ser úa potencia europea), úa violencia que s'exerce xa dende as escolas, tanto aculturizando a os nenos d'este Reino que nun forman parte nin da llingua nin da cultura únicas d'esta Una, Grande y Libre España, como negándoyes os comedores y impedindo a os mozos y mozas fiyos de trabayadores qu'accedan a os estudios superiores. Ante esta situación, ¿de verdá el Estado se sinte llexitimado pra considerarse representante dos poblos? Y se nun podemos considerallo como tal... ¿d'únde mana ese ese dereto a exercer el monopolio da violencia? É evidente que nun mana del consenso del pueblo, é evidente que nun son nin un monopolio nin una representatividá aceptadas por la inmensísima mayoría da población, y, polo tanto, nun é llexítimo. A llei nun pode sirvir d'elemento llexitimador d'ese monopolio da violencia, porque é úa llei unillateral por parte del Estado ás costas dos poblos y ás costas das clases populares.

As oligarquías políticas (y non, nun creo que todos os políticos son iguales) que conforman el Estado (ou el nudo forte del Estado), y os sous organismos armados han d'entender que ningúa llexitimidá é incustionable, y qu'os poblos a os que dicen sirvir tán custionando hoi a súa llexitimidá. Y esto é precisamente el que llexitima acabar col monopolio da violencia por parte del Estado, el non reconocemento da llexetimidá d'este monopolio.

Deberán ver hasta qué punto queren tensar a corda, hasta qué punto queren referirse en términos militronchos al hora de falar del sou propio poblo, de falar de baxas y enemigos. Porque de tanto d'usar un palabreiro de guerra, de tanto erguer úa muria entre os trabayadores y ellos, van consiguir qu'ese llinguaxe y ese odio se materialice en formas de violencia máis crudas. A base d'agredirnos y violentarnos económicamente, a base que deixarnos morrer de noxo nos centros médicos, d'arrancarnos das nosas casas, d'arrancarnos das nosas terras, han consiguir qu'a prósima vez qu'a xente tire pral Congreso seña con armas al ombro.



_____________

* Condo as guerras púnicas (± 150 a.C.) Catón el Veyo acababa todas as súas intervencióis nel Senado romano con estas palabras, "Cartago debe de ser destruída", independentemente de qué falara.

quarta-feira, 15 de agosto de 2012

Meiz da terra, ¿quén pisará a túa flor marella?

Báñate el sol colos sous mares,
el llabrego colos sous pesares,
os que se queren colos sous andares
de chuchos, caricias, y cricas y semen
entre as foyas dos meizales,
d'abrazos que nun temen
os escuros futuros mouros,
soñando outros mundos, outros.

Pan del poblo del que maméi,
dignidá arroubada a indias terras de ben llonxe,
dignidá arroubada a terras indias cercanas.
Meizales que medrades orguyosos con coraxe,
que vos erguedes nestas terras campesinas, proletarias.

Pan del poblo que lluita,
del poblo que nun esqueice
a opresion terrible y inxusta
del que nin terra nin pan chora,
del que nin de llingua nin de poblo se dole.

Meizales orguyosos, erguédevos en tallos,
erguédevos en foyas y panoyas,
¡erguédevos, erguédevos como tollos!
contra lleis, fusiles y pistolas,
erguédevos meizales, que nun lo fain as personas.
Erguédevos en armas, de sangrantes flores amapolas,
¡que corra el sangre, qu'el sangre corra!

¡Que morran!
¡Que morran!
os que pisan a flor marella,
os qu'arrouban a panoya,
os que fain del grao moneda.

¡Que morran!
¡Que morran!
os que secan d'augua a terra,
os que de soños a vida secan.

Erguédevos, meices, erguédevos,
erguédevos en sangrantes armas d'amapolas,
orguyosos en tallos, foyas y panoyas,
Erguédevos en armas como tollos.





Mouguías, mércoles 15-8-12