quinta-feira, 14 de maio de 2020

El chucho de Xudas, a traición de Xesús.

Despois acercouse a Xesús e díxolle: "Salve, Maestro", e chuchoulo. Pero Xesús contestoulle: "Amigo, a que veis?"
Mateo, 26, 49

Pero todo esto sucedeu pra que se cumpliran as Escrituras dos profetas.
Mateo, 26, 56.


E el Señor Deus dixo: "Hei aquí que el home féxose como un de nós en conocemento del ben e el mal; non vaia agora alargar a súa mao e tome tamén da árbore da vida, coma dél e viva pra sempre.

Xénese, 3,2

E se Xudas,
sempre maldito,
nunca escuitado,
non chuchara a Xesús?

Non habería crucifixión,
nin volvería el Mesías
dentre os mortos.

E se Xudas,
sempre maldito,
nunca escuitado,
non chuchara a Xesús?

Non habería holocausto,
nen Cordeiro de Deus
que quitara el pecado del mundo.

Quen limparía
el pecado universal,
pecado de nacer,
pecado de vivir,
se Xudas,
sempre maldito,
nunca escuitado,
non chuchara a Xesús?

Que verdades esconde
el Evanxelio de Xudas
pra que lle señan ocultas
al home
as súas palabras, 
como oculta foi
a árbore da vida?

Vede aí,
colgado dúa soga,
al home que,
cun chucho,
fexo salva
á Humanidade.  
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário