El noso peor enemigo é el noso medo. Os
medos son os que nos paralizan. Son aquela cabeza que diz non condo el corazón
quer dicir si. E con todo, a maioría de nós vivimos imbuídos nel medo. Son os
medos, máis ou menos xustificados, máis ou menos reales, os que fain de guía en
búa parte das nosas vidas.
Tuvera un compañeiro de piso en Uviéu (úa
persoa da que aprendín moito) que dicía que condo falaba de min a palabra que
máis repetía era medo. Eu xa sabía que soi medo con patas, anque non era
conscente que pudera ser igual de evidente para outra persoa. Pero polo que se
ve, élo. Non me preoucupa, entre os moitos medos que teño, el de que se vexa que
teño medo non é un delos; de selo non estaría escribindo este post.
Non vou relatar os meus moitos medos
porque hasta el meu afan exhibicionista ten un límite que cómpre non
sobrepasar. Tampouco son de relevancia para el que estou a falar.
É el medo el que nos fai agredir, ser
violentos... E el que nos fai fuxir, tamén daquelo que queremos conseguir. É el
medo el que nos fai alonxarnos das persoas que nel fondo máis quermos, el medo
a non estar al altura, a que nos xulguen con dureza, a que nos
manquen... E, en consecuencia, el medo é el que nos fai xulgar aos demáis, pois
sacar á luz as miserias dos demais non poucas veces é el xeito que temos de que
non salian a relucir as nosas non poucas miserias... É el medo el que nos fai
cerrar diálogos ou non abrilos. É el medo el que nos impide vernos nel espello
sen sintir noxo e nerviosismo, ou sen quererse de xeito narcisista, que non
deixa de ser outro xeito de terse noxo.
Vai pouco falaba con úa moza que, se
seguimos os cánones de guapura aceptados socialmente, é lo que se diz un
pibonazo, e confesábame (e, por úa vez, non me suou a falsa modestia) que
pensaba que era fea. A pesar de ter moitos atributos que chamaban moito el
atención, ela chamaba el atención sobre aquelas partes del sou corpo menos
normativos (non por elo menos guapos). Úa moza que quiciabes coa premisa de que
can non morde a can perdéu el medo a dicirme que tía un problema serio
de autoestima. Benvida al club, mía nena.
El medo guía os nosos pasos. Pero temos
tanto medo al medo como as cousas ás que lles temos medo. Asina que col medo al
medo femos lo que femos col resto dos nosos medos, escondelo. Temos demasiado
medo a ser débiles, demasiado medo a ser fortes, demasiado medo á morte,
demasiado medo á vida, a máis dura das mortes.
Medo. Medo a todo. Medo a nada. Medo a
querer a daquén pero, sobre todo, temos medo a querernos a nós mesmos. Porque
el medo que nos temos levounos a odiarnos. Odiámonos en silencio. Quixéramos
ser outra persoa. Se puideras ser outra persoa quen serías?, avezamos a
perguntar, como se non tuvera un pijo de importancia. E queremos cambiar el
noso corpo (que é el que primeiro ven o demais), a nosa intelixencia, a nosa
sensibilidade, por norma xeral para endurecela, pois temos medo a sentir, a
sufrir e a sintir demasiado placer, el placer descontrolado, el placer de
comer, el placer de follar, el placer de estar solo condo ques estar solo... Al
final, a falta de control sobre as nosas vidas. E ese medo é el que nos fai
perder el control das nosas vidas, para deixarlle el control á nosa propia
obsesión por non perder el control, el medo, el odio, a escuridade.
É el medo. É el medo que todo lo cubre. É
el medo que nos mata. Estaría ben safarnos dél, se non nos dera tanto medo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário